Diputados a Cortes polo distrito de Redondela.

1810-1823 se diferencian la División Administrativa del territorio y dentro de ella la circunscripción o los distritos.

1834- 1936 Se permite la recuperación por  circunscripciones y distritos.

8.3.1871 / 28.4.1871 Juan Manuel Pereira (Reboreda, 24-5-1820 / Barbañas (Ourense), 15-4-1896)

Renunciou ao cargo por ser nomeado Enviado Extraordinario e Ministro Plenipotenciario no Imperio da China e nos Reinos de Siam e Annam. Voltaría a ser Deputado por Redondela en 1873. Tamén representaría aos distritos de Ponteareas (1846), Zamora (1869) e outro sen específicar na circunscricpción de Pontevedra (1854). (Ver Persoeiros>Política)

 

3.7.1871 / 24.1.1872 Ramón Martínez Saco. Alcalde de Redondela. Deputado provincial polo distrito de Redondela.

 

2.4.1872 / 28.6.1872 Eduardo Fontán Marcó del Pont. Alfonsino. Xuíz municipal de Madrid, governador civil de Ilo Ilo (Filipinas), maxistrado togado do Tribunal de Contas de Filipinas, xuíz de primeira instancia en Filipina, alcalde maior da Habana e secretario xeral de Correos. Faleceu en 1910, cando ostentaba o cargo de xuíz municipal en Vilagarcía.

 

 

24.8.1872 / 22.3.1873 Marcos Sanz. Radical. En xaneiro de 1873 presentoulle ao presidente do Consello de Ministros unha carta firmada polo comité e varios veciños de Redondela, felicitándoo a el e ao ministerio polo proxecto de lei de abolición da escravitude en Porto Rico. Votou a favor da I República trala abdicación do Rei Amadeo I, da casa Saboya. En 1880 pertencía ó partido democrático progresista.

 

 

Proclamación da I República, 11 de febreiro de 1873.

 

 

10.5.1873 / 8.1.1874 Juan Manuel Pereira. Radical. Nomeado despois de votar a favor da I Republica como Senador pola provincia de Ourense.

 

20.1.1876 / 30.12.1878 Rafael Serrano Alcázar. (Murcia, 1845 / ¿? 03-10-1901)

            Elexido cun increible cen por cen dos votos. Despois sería elexido Deputado a cortes pola circunscripción de Albacete en sete ocasións (1879,  -86, -91, -93, -96, -98 e -99) e unha pola de Murcia (1884). Dirixiu o xornal “La Revista de Albacete”. Escribiu tanto ensaios políticos como poesía.

 

 

20.4.1879 / 25.6.1881 Francisco Javier Boguerín Acedillo (Madrid, 01-12-1824 / 1886)

 

Enseñeiro de camiños. Era conservador. Anterior deputado polo distrito de Tui (1876) propiciando a realización da ponte internacional sobre o Miño. Ao seu nomeado por Redondela negouse a recibir soldo do Estado para poder desempeñar con máis liberdade o cargo de deputado. O seu traballo “Memoria del trazado obras de arte: viaductos y túneles” e o primeiro documento onde se recolle a construción do viaducto de Madrid. Entre outras cousas acadou a reparación da estrada de Vigo a Ourense e a inclusión do ferrocarril de Pontevedra a Carril entre as liñas subvencionadas

 

21.8.1881 / 31.3.1884 Manuel Ruíz Higuero.

Liberal. Reelexido en 1882 e 1883. Anteriormente fora elexido deputado en 1871 polo distrito de Gaucín (Málaga).

 

27.4.1884 / 8.3.1886 Francisco Javier Boguerín Acedillo. Volta a representar a Redondela, falecendo no cargo antes de rematar o seu mandato.

 

4.4.1886 / 7.1.1889 Tomás Piñeiro Aguilar (Madrid, 23-02-1835 / Madrid 4-1-1916)

Marqués de Bendaña e Grande de España. A Comisión de actas declarou grave a súa elección, na que derrotou a Luis Díaz Cobeña. Deixou o cargo en sesión do 7 de xaneiro de 1889, por ser nomeado Enviado Extraordinario e Ministro Plenipotenciario en Constantinopla, logo o sería en Lisboa e México. Senador por Pontevedra (1881-82).

 

4.4.1886 / 29.12.1890 Alfonso Flórez de Losada y Quiroga. (Valdeorras, 1835 / 1923)

Reelexido en febreiro de 1889. Avogado. Propietario rendista. Tamén representou no periodo 1865-66 ó distrito de Xinzo de Limia (Ourense) e no 1893-95 ó de Valdeorras (Ourense). Senador pola provincia de Ourense (1898-99).

 

1.2.1891 / 5.1.1893 Luis Díaz Cobeña. (Madrid, 1837 / Madrid, 17-08-1915)

            En 1884 xa fora elexido Deputado a Cortes polo distrito de Noia (A Coruña). Voltou a representar a Redondela en 1896. Senador por Badajoz (1899-90), Lugo (1903-04) e Ourense  (1905-07); e Senador Vitalicio (1908-09). Rechazou a carteira de ministro por non abandoar a avogacía. Foi Decano do Colexio de Abogados de Madrid, institución que lle erexiu un busto trala súa morte. No seu bufete traballaron como pasantes Niceto Alcalá Zamora e Manuel Azaña. Tamén se adicou ao xornalismo, colaborou en varias publicacións e escribiu romances e dramas. Algúns dos seus traballos firmounos co seudónimo de “Lucio Viñas Deza”. Unha rúa leva o seu nome en Madrid.

5.3.1893 / 1.7.1895 Francisco de Federico y Martínez (Madrid, 15-04-1846 / Madrid, 1910)

Enxeñeiro de Camiños. Cuñado do Marqués de Riestra. Ministro de Fomento dende o 04/12/1906 a 25/01/1907 no governo do Marqués de la Vega y Armijo. Tamén ostentou o cargo de vicepresidente do Congreso. Deputado por A Estrada en 1896. Voltou a ser elexido deputado por Redondela en 1898.

 

5.4.1896 / 26.2.1898 Luis Díaz Cobeña. Repite no cargo.

 

27.3.1898 / 14.4.1910 Francisco de Federico y Martínez.

Mantívose no cargo ata a súa morte, sendo reelexido no 1899, 1901, 1903, 1905 e 1907. Entre outras obras, realizou a estrada Fornelos-Redondela e a Travesía de Vilavella en 1902.

 

8.5.1910 / 20.12.1926 Francisco de Federico y Riestra (Pontevedra, 12-07-1884)

Fillo do anterior, Francisco de Federico y Martínez. Avogado. Liberal. Derrotou nestas eleccións ó Xeneral Rubín que contaba co apoio das Sociedades Agrarias e a Sociedade de Mariñeiros. Reelexido en 1914 (proclamación sen elección ao non ser admitida a candidatura de Juan Amoedo Seoane) e 1916. Nese último ano renunciou ó cargo para desempeñar o de Gobernador Civil de Alicante. A súa maior aportación foi a mellora das infraestructuras viarias, xestionando  construcción da estrada á praia de Cesantes a través da Marisma.

 

9.4.1916 / 1920 Raimundo Riestra Calderón (Pontevedra, 1882/A Toxa, 10-8-1967)

II Marqués de Riestra, curmán de Francisco de Federico Riestra. Avogado e banqueiro. Liberal demócrata. Proclamado Deputado electo pola Junta Provincial con arreglo ao artigo 29 da Lei Electoral (proclamación sen elección). Reelexido en 1918 (como demócrata, outra vez polo Art. 29, proclamación sen elección) e 1919.  Elexido tamén polo distrito de A Estrada (1907, 1910 e 1914). En 1918 foi nomeado Subsecretario da Presidencia do Consello de Ministros.

 

19.12.1920 / 6.4.1923 José Barreras Massó. (Vigo, 28-02-1867 / 29-06-1950)

Conservador. Enseñeiro, industrial naval e conserveiro vigués. Consolidou a empresa familiar “Hijos de J. Barreras S. A.”. En marzo de 1922 foi nomeado Gobernador Civil de Lugo, compaxinando ese cargo co de deputado a Cortes por Redondela. Renunciou a presentarse á reelección por este distrito por motivos de disciplina política por acordos alcanzados entre os partidos. En 1922 saiu ileso dun accidente de tren en Paredes.

 

 

29.4.1923 / 15.9.1923 Luis de Zulueta y Escolano. (Barcelona, 1878 / Nova Iorke (EE. UU.), 1964)

Reformista e agrarista. Proclamado Deputado electo pola Junta Provincial con arreglo ao artigo 29 da Lei Electoral (proclamación sen elección). Relegado do cargo tras o golpe de Estado de Primo de Rivera. Catedrático e profesor de Pedagoxía e Historia da Pedagoxía na Escola Superior de Maxisterio. Profesor de Ernestina Otero en Madrid, recibiu o seu apoio durante esta campaña e a anterior na que perdera as eleccións. Deputado por Barcelona (1910, 1911 e 1913), Madrid (1919) e Badajoz (1931). Sería Ministro durante a República entre o 16/12/1931 e o 12/06/1933. Posteriormente, tería que exiliarse.

           

Golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera.

 

1927-1929 /1943-1977 La designación se realiza por apartados y dentro de ellos secciones y subsecciones.

 

Proclamación da II República. 14 abril 1930

 

Deputados redondeláns noutros distritos.

López Vázquez Ballesteros, Ramón María

            Elexido Deputado a Cortes en 9 ocasións pola circunscripción de Pontevedra (as 4 últimas polo distrito de Tui) entre 1837 e 1851. (Ver Persoeiros>Políticos)

 

López Vázquez Ballesteros, Joaquín.

Irmán do anterior. Deputado a Cortes 3 veces pola provincia de Pontevedra (1843-44 e 51) e 1 pola de Ourense (1844). (Ver Persoeiros>Políticos)

 

Rubín Celis Oroña, Leoncio.

Deputado ás Cortes polo distrito de Pontecaldelas en 1854 e reelexido en 1863 e 1864.En 1865 foi elexido deputado a cortes por Vigo, sendo reelexido en 1869. (Ver Persoeiros>Militares)

 

Rubín Homent, Antero.

            Proclamado sen elección, Deputado a Cortes polo distrito de Quiroga (Lugo). Deixou o cargo o 16-3-1916. Presentouse as eleccións por Redondela en 1910, sendo derrotado. (Ver Persoeiros>Militares)

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 26-12-2016

Escribir comentario

Comentarios: 2
  • #1

    eu (martes, 24 septiembre 2013 22:20)

    E posible que che falte jesus perez varela (foi conselleiro de cultura ...)
    (Perdon, non sei poñer tildes na tablet)

  • #2

    Anecdotario (miércoles, 25 septiembre 2013 15:56)

    Jesús Pérez Varela aparece en Persoeiros>Política