Deputados Provinciais

 

Deputados Provinciais (polo distrito de Redondela (e Pontecaldelas))

 

 

1836 Período dos gobernadores civís. Presidentes da Deputación en exclusiva

 

 

 

1836-febreiro-12. Manuel Rubín.

 

18??-1843, outubro. Leodegario Rubín.

 

1843- outubro. Ramón Martínez Saco. Progresista. Como suplente tiña a Juan Manuel Pereira.

 

 

 

Outubro de 1843 Alzamento de Vigo

 

 

 

1843-decembro. Manuel Troncoso Almansa. Avogado conservador. Reelexido en xullo de 1847, renuncia ao cargo aducindo razóns personais. Voltou ao cargo en 1856.

 

1847-Juan Manuel Pereira . Foi o único candidato presentado. Axiña deixa o cargo por incompatibilidade, ao ser elexido Deputado a Cortes.

 

1847-José María Avalle

 

 

 

 

1850 Vólvese á denominación de gobernadores civís

 

1850 Ramón Mosquera.

 

 

 

Revolución 1854.

 

 

 

1854. Leodegario Rubín. O R. Decreto de 7 de agosto de 1854 mandaba restablecer ás Deputacións cos membros que a compoñían en abril de 1843, suplíndose as vacantes con aqueles que ocuparan o cargo nos tres anos anteriores; correspondíalle así a representación de Redondela a Leodegario Rubín, pero como houbese discrepancias na interpretación da lei neste distrito e no de Vigo, unha semán despois decídese que non se incorpore, o que foi considerado como unha aldraxe por parte de Rubín

 

1854 Ramón Mosquera. Seguiu no cargo ata 1856.

 

1856-agosto. Jose Mateo Otero.

 

1856-outubro. Roque Suárez. Comandante do exército retirado e comandante.

 

1856-novembro. Manuel Troncoso Almansa.

 

1863 Ramón Martínez Saco. Reelexido en 1865. Entre 1864 e 1865 presidiu 6 sesións da Deputación de Pontevedra. Daquela elixíase un presidente en cada reunión.

 

 

 

 

Período dun presidente da Deputación para cada sesión

 

Este período está regulado pola Lei de gobernos de provincia de 25 de setembro de 1863, que no seu artigo 37 contempla a elección de presidente: "A Deputación Provincial no primeiro día de cada reunión ordinaria ou extraordinaria nomeará de entre os seus individuos a un presidente".

 

 

 

1866 Manuel Troncoso Almansa

 

 

 

Revolución de 1868 (a Gloriosa).

 

Desde o inicio do denominado "Sexenio revolucionario" ata que entra en vigor a Lei provincial do 20 de agosto de 1870, volve a figura do gobernador-presidente da Deputación de forma similar ó período inicial.

 

 

 

1868, outubro Ramón Martínez Saco. Levaba como suplente a Luciano Fernández. Cesa en febreiro de 1872. Das súas intervencións destaca o apoio á restitución da independencia dos concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén que foran agregados pola Xunta Revolucionaria ao de Redondela (sesión de 28 de outubro) e a solicitude dunha subvención de 8.000 escudos para que se remate de construir o camiño de Redondela a Moscoso por Amoedo.

 

1875, 23 de decembro. Manuel Sestelo Veiga. Secretario cesante de Gobernos de provincia, avogado e propietario.

 

 

 

 

 

Proclamación da I República, 11 de febreiro de 1873.

 

Durante os anos 1874 e 1875 as corporacións provinciais constitúense coa intervención directa dos gobernadores civís. Os presidentes son nomeados polo gobernador civil e nalgún caso pola mesma corporación.

 

Coa entrada en vigor da Lei provincial do 2 de outubro de 1877 vólvese ó procedemento de elección de presidente por parte da corporación.

 

 

 

1881 Fermín Alfaya Milijosa (Redondela o 20/11/1834, Red. 13/02/1900). Avogado.

 

 

 

O 31-8-1882 publícase a nova distribución dos distritos electorais: Distrito Redondela e Pontecaldelas. Elíxense 4 deputados cada 4 anos.

 

 

 

1882. Fermín Alfaya Milijosa

 

1885, decembro. Evaristo Pérez de Castro

 

188? Luciano Fernández Gándara: Foi alcalde de Redondela en varias ocasións. Nomeado Caballero de la Cruz de Carlos III. Faleceu en 1898.

 

 

 

1886, setembro. Antonio López de Neira, Limeses, José María Guerra Cobián e Fermín Alfaya Milijosa.

 

 

 

1890, 07 decembro. José María Guerra Cobián, silvelista; Antonio López de Neira, conservador; Fermín Alfaya Milijosa, liberal, e Lorenzo García Vidal, silvelista. Votaron en Redondela: 10.374 persoas.

 

  • 1891 José María Guerra Cobián. Presidente da Deputación entre 1891 e 1892.

  • 189? Antonio López de Neira. Nomeado vicepresidente en novembro de 1892.

  • 1892, novembro. Fermín Alfaya Milijosa (Redondela, 1834). Liberal. Avogado. En 1892, sendo Deputado fixo unha proposta para a construcción dun apeadeiro ou estación en Rande, a petición dos concellos de Moaña, Lavadores e Redondela. En decembro de 1893 formou parte da terna elevada á Dirección Xeral co fin de nomearse vocal da Deputación na Xunta de Instrucción Pública. En 1895 conseguiu que a Deputación aprobara un plan de camiños veciñais, que se levaría a cabo case na súa totalidade

  • 189? Lorenzo García Vidal

 

1894, setembro. Jose María Guerra Cobián, silvelista; Lorenzo García Vidal, silvelista; Víctor Novoa Limeses, conservador; Salustiano Méndez Ponte y Andrade, liberal. (Fermín Alfaya Milijosa resultaría reelexido pero por Ponteareas-A Cañiza)

 

  • 1895 Víctor Novoa Limeses. Renunciou ao cargo antes de rematar o ano.

  • 1895, decembro. Antonio López de Neira. Renunciou ao cargo en xaneiro de 1897 para ser nomeado alcalde de Vigo.

  • 1897, xullo. Luis Ozores Camino. Sustitue a López de Neira. Natural de Vigo. Anteriormente primeiro tenente alcalde daquela cidade. Na seguinte lexislatura resultou electo polo distrito de Ponteareas-A Cañiza.

  • 1896 Salustiano Méndez Ponte y Andrade. No cargo en marzo de 1896.

  • 1897, outubro. Lorenzo García Vidal. Conservador.

 

 

 

 

 

1898, setembro. Eduardo Iglesias Aniño, liberal; Salustiano Méndez Ponte y Andrade, liberal; José María Vidal, conservador; e Lorenzo García Vidal, conservador.

 

  • 1898 Salustiano Méndez Ponte y Andrade. Liberal. Ex-alcalde de Redondela.

  • 189? Lorenzo García Vidal. Deixa o cargo en xullo de 1899, por ser nomeado Governador Civil de Pontevedra.

  • 1899, 23 xullo. José Estévez

  • 190? Salustiano Méndez Ponte y Andrade. No cargo en outubro de 1901.

  • 1902, abril. José María Vidal González.

 

1903, abril. José Mª Vidal González e José Estévez, conservadores e Eduardo Iglesias Aniño e Cándido Otero García, liberais.

 

  • 1903. Jose María Vidal González. Faleceu en outubro de 1904 cando ostentaba a presidencia da deputación e o cargo de deputado polo distrito de Redondela-Pontecaldelas.

  • 1905, marzo/ 1905, decembro. Antonio López de Neira. Conservador, sustitue ao seu compañeiro de partido falecido. Renunciou en decembro. Presidente da Deputación entre 1905 e 1907.

  • 1905, decembro. Cándido Otero García (Redondela). No cargo ata nova elección.

  • 1906. José Estévez. Sustituido por ser declarada a súa incompatibilidade para desempeñar o cargo.

  • 1906, abril. Lorenzo García Vidal. Ex-Governador de Lugo e Ourense, elexido sen oposición. Ao mes seguinte sería nomeado vocal da comisión provincial para o bienio 1906-07.

  • 190? Cándido Otero García. No cargo en xaneiro de 1907.

 

 

 

1907, marzo. Eduardo Iglesias Aniño, 4.739 votos; Cándido Otero García, 4.735; Antonio López de Neira, 4.691; Lorenzo García Vidal, 4.637.

 

1907 / 1909, 30 abril Eduardo Iglesias Añino. Liberal.

 

  • 1909, 01 maio / 1910, 1 de maio. Cándido Otero García. Ao ser elexido como deputado por Redondela-Pontecaldelas, cesou no como vicepresidente da deputación, cargo que ostentaba. Faleceu en maio de 1910 estando no cargo. Fora alcalde de Redondela, o seu pobo natal, e en Vigo, onde actualmente residía, era presidente do Casino, Vice-presidente da comisión da Cruz Vermella, e representante da compañía naviera Lloyd Real Holandés. Tiña tamén as honras de xefe Superior de Administración Civil.

  • 1910, 30 maio. Antonio López de Neira. Comisión xestora polo falecemento do anterior ata o nomeamento dun novo deputado.

  • 1910 / 1911, abril. Manuel Cacheiro Cardama (Redondela). Avogado.

 

 

 

1911, marzo. Antonio López de Neira, Eduardo Iglesias Aniño, Lorenzo García Vidal e Manuel Cacheiro Cardama (Faeceu no cargo en xullo de 1912) . Repiten todos no cargo.

 

  • 1911, marzo. Lorenzo García Vidal.

  • 1912, 1 de maio. Eduardo Iglesias Aniño. Remata o seu mandato en abril de 1913, sendo daquela vicepresidente da Comisión Provincial.

  • 1913, marzo. José López Boullosa. Ex-Alcalde de Pontecaldelas. Conservador, nomeado Deputado Provincial por primeira vez, para sustituir ao falecido Manuel Cacheiro. Nomeado en marzo, inicia o seu mandato en maio

  • 1914, 1 de maio. Antonio López de Neira

 

 

 

1915-marzo Eduardo Iglesias Añino (Faleceu no cargo en 1916), Antonio López de Neira, Lorenzo García Vidal e José López Boullosa.

 

  • 1915, Eduardo Iglesias Aniño. Problemas de saúde non lle permitiron rematar o seu mandato, falecendo en xuño.

  • 1916-maio-1 José López Boullosa. Xa viña desempeñando o cargo sustituindo a Eduardo Iglesias.

  • 1916-setembro-4 Claudio Contreras Valiñas (Redondela). Avogado. Nomeado por falecer Eduardo Iglesias e ser o único en presentarse ao cargo. O seu nomeamento provoca a súa renuncia como alcalde de Redondela.

  • 19?? Antonio López de Neira. Falecería a principios de 1919 aos 92 anos.

 

 

 

1919, xullo. José López Boullosa, Antonio Casas Medrano, e Lorenzo García Vidal, conservadores; e Claudio Contreras Valiñas, liberal.

 

  • 19?? Claudio Contreras Valiñas. No cargo de deputado en abril de 1922.

  • 192? Antonio Casas Medrano. Avogado de Pontevedra. Exercía en outubro de 1922, repetiu na seguinte lexislatura, renunciando a unha terceira en 1930. O seu irmán Carlos era deputado por Ponteareas e A Cañiza, presidindo a Deputación entre 1919 e 1921 e chegando a ser Gobernador Civil. Outro irmán, Manuel, sería tamén presidente da Deputación en 1930.

 

 

 

1923, 4 de xuño. José López Boullosa, Antonio Casas Medrano, e Lorenzo García Vidal, conservadores; e Pedro Otero Milleiro, reformista. Proclamados polo artigo 29.

 

  • Pedro Otero Milleiro (Redondela). Farmacéutico. Foi alcalde de Redondela entre 1916 e 1918.

 

 

 

 

1923. Golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera.

 

O Real decreto do directorio militar, de data 12 de xaneiro de 1924, restablece de novo o sistema de nomeamento de deputados polo gobernador e elección entre eles do presidente.

 

Mediante o Estatuto provincial do 20 de marzo de 1925 establécese de novo o nomeamento dos deputados por parte do gobernador e a elección dun presidente por un período de seis anos.

 

 

 

1924, xaneiro. Ramón Laforet, enxeñeiro e propietario da fábrica de carburo de calcio de Arcade; César Lois Vidal, agrario e abogado de Pontecaldelas; Ramón González Fernández, propietario; e José Olmedo, comerciante.

 

 

 

1924-setembro-27. Pedro Otero Milleiro, Ramón González Fernández (en xuño de 1925 foi nomeado “Fillo Adoptivo” de Redondela), Juan Losada e César Lois Vidal.

 

 

 

1930-febreiro-22 Antonio Casas Medrano. Avogado que renunciou ao cargo.

 

1930, 24 de febrero. Claudio Contreras Valiñas. Volta á deputación sendo cesado pouco despois pola proclamación da II República.

 

 

 

 

 

Por Real orde do 8 de abril de 1930 e segundo o Real decreto do 15 de febreiro de 1930 o gobernador dálles posesión ós deputados e elíxese presidente.

 

 

 

Proclamación da II República. 14 abril 1930

 

O 15 de abril de 1931 toma posesión o Comité, que se fai cargo da Deputación por delegación do Goberno Provisorio da República e noméase presidente por delegación a Amancio Caamaño Cimadevilla (republicano).

 

O 25 de abril de 1931 toma posesión a Comisión Xestora da Deputación tras o cal se procede no sucesivo á elección do presidente de entre os membros que a compoñen.

 

 

 

1931, 25 de abril. Pedro Otero Sestelo (Redondela). Nomeado primeiro como membro da comisión xestora e definitivamente en xuño. Coa proclamación da II República tamén foi nomeado alcalde de Redondela. Presentou a dimisión dos sous cargos en xullo de 1932 por incompatibilidade, co de inspector farmacéutico municipal de Redondela.

 

1933, maio. Antonio Pousada Pérez. Republicano. Natural de Cotovade.

 

1935, decembro. Rafael Rodríguez Álvarez. Reelexido en xaneiro de 1936.

 

1936, 19 de marzo. Gabino Castro Estévez. Agrario de esquerdas.

 

 

 

Golpe Militar do 17 de Xullo de 1936 (inicio da Guerra Civil).

 

O 24 de xullo de 1936 o Goberno Militar dá posesión como delegado-presidente da Deputación a Rafael González Fernández Besada.

 

O 15 de decembro de 1936 constitúese a nova Comisión Xestora sendo os presidentes nomeados por designación a través do Goberno da provincia.

 

1936, 15 de decembro. Francisco Cunqueiro Montenegro. Alcalde de Redondela.

 

1938, 03 outubro. Juan Esteso Alján.

 

 

 

 

Parte da Deputación é ocupada pola “representación dos Concellos”. Nesta etapa polo Partido xudicial de Redondela (Pontecaldelas ten o seu propio representante) soe elexirse ao alcalde de Redondela.

 

 

 

1949, marzo. Francisco Cunqueiro Montenegro. Médico e alcalde de Redondela.

 

1952, 23 de marzo. Juan Muíños Iglesias. Alcalde de Redondela dende setembro de 1951.

 

1958, abril. Mario José Piñeiro Durán. No cargo ata 1964, cando expirou o seu mandato.

 

1964, 29 de marzo. Pedro Otero Rey. Reelexido en 1967 e 1971. Dende 1966 compaxinou este cargo co de alcalde de Redondela.

 

 

 

1979 Primeiras eleccións democráticas

 

 

 

1979-1983. Jose Antonio Molinos Rivera. Axente de seguros. Tan só estivo unha lexislatura, deixando o cargo en 1983. Tenente alcalde de Redondela por UCD no mesmo periodo, ocupando a concellería de deportes e abandoando despois a actividade política.

 

1983-2011. Emilio González Iglesias. Do PSOE. Compaxinou este cargo co de concelleiro e tenente alcalde de Redondela nos mandatos de Xaime Rey. Despois de casi tres décadas coma deputado, en maio de 2010 presentou a súa dimisión como portavoz do PSOE na Deputación. Isto supuxo o seu adeus da política ao rematar a lexislatura, xa que tampouco se presentou as municipais do 2011.

 

¿199_? Amado Ricón Viruleg. En 1958 emigrou a EEUU onde exerceu como profesor na Universidade de New York. Xubilado en 1992, retornou a Galicia onde recibiu a Medalla Castelao. En 1996 ocupou o cargo de alcalde de Redondela grazas a unha moción de censura. Foi presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

 

2003, xullo-2007. Xosé Carlos Pazos Docampo. Durante moitos anos presidente do BNG de Redondela. Tan só estaría unha lexislatura na Deputación, abandoando o cargo o 17 de xullo do 2007. No 2011 renuncia a presentarse nas municipais abandoando a vida política.

 

2003-2007/2009-2011. Francisca "Paqui" Canal Gómez. Lider do PP redondelán remata a súa lexislatura en xuño de 2007. O 3 de marzo de 2009 volta á deputación sustituindo a Corina Porro, quen pasa a formar parte da lista electoral á Xunta. En novembro dese mesmo ano deixa a presidencia do PP local, co que venceu en número de votos pero non acadou a alcaldía.

 

2011-2015. Eduardo Reguera Ocampo. Presidente do PSOE local.

 

2011-2012. Jose Alberto Pazos Couñago. Anteriormente concelleiro do PP en Redondela. Deixou o cargo ao ano seguinte por acceder ao Parlamento Galego.

 

2015, xuño. Digna Rivas. Segunda da lista do PSOE nas eleccións municipais dese ano e voceira do grupo socialista na anterior lexislatura. Accede ao cargo polo compromiso de paridade asinado polo PSOE local.

 

2016. Javier Bas Corujeira. Compaxina este cargo co de alcalde de Redondela. Ocupa unha das tres actas que lle corresponden ao PP no partido xudicial de Vigo e substitúe a Jesús Vázquez Almuíña, nomeado conselleiro de Sanidade

 

 

 

 

 

Presidentes redondeláns da deputación de Pontevedra.

 

Juan Manuel Pereira de Castro. En agosto de 1854 foi nomeado pola Xunta de Goberno Gobernador Civil de Pontevedra (Presidente Dep. Pontevedra). (Ver Persoeiros>Política)

 

Ramón Martínez Saco. Entre 1864 e 65 foi, por varias veces, presidente da Deputación de Pontevedra. Daquela elixíase un presidente en cada reunión.

 

Casto Sampedro Folgar. O 19 de marzo de1843, cando se constitue o partido Conservador de Pontevedra, aparece como secretario do mesmo. En 1901 é elexido deputado Provincial por Pontevedra, sendo reelexido en 1903, 1919 e 1921. En 1930, co governo de Primo de Rivera moi debilitado, volta ser nomeado deputado por Pontevedra e por unanimidade, presidente interino da Deputación Provincial durante un corto periodo, entre o 25 de febreiro e o 14 de abril. (Ver Persoeiros>Educación e Investigación)

 

Enrique Lorenzo na inauguración de Fexdega (Vilagarcía) Foto: Arquivo da Memoria Social de Vilagarcía de Arosa
Enrique Lorenzo na inauguración de Fexdega (Vilagarcía) Foto: Arquivo da Memoria Social de Vilagarcía de Arosa

Presidentes residentes en Redondela

Enrique Lorenzo Docampo (Vigo, 1892-1981). Empresario fundador de Factorías Vulcano. Casou nesta vila con María (Maruja) Feijoo Alfaya dona do Pazo Pousadouro e da leira Meu Lar. Nomeado deputado por primeira vez en 1960, ocupou a presidencia da Deputación de Pontevedra durante sete anos (1963-1970).

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 27-03-2017

BIBLIOGRAFÍA

Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.

Deputación de Pontevedra www.depo.es

Redondelans. www.galeon.com/redondelans/  

Internovas. www.ipdca.com/internovas/ 

Aportacións Gonzalo Amoedo

Faro de Vigo

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Gaceta de Galicia  Diario de Santiago, La correspondencia gallega (Pontevedra), Eco de Galicia  diario de la tarde, El eco de Galicia  órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas, El regional, Galicia  diario de Vigo, El Progreso, El pueblo gallego, El Tea

 

Escribir comentario

Comentarios: 0