FERROVIARIOS

Xefe da estación de ferrocarril de Redondela

 

189? Juan Nieto. Multado porque o 9 de marzo de 1896 estiveron a piques de chocar dous trens pola súa falla de previsión.

 

 

 

1901, maio. Rafael Maestú. Anteriormente xefe da estación de Ricamonde. Trasladado con ascenso a Monforte en 1919.

 

?? Eloy Madero. Estaba en setembro 1921, cando tivo unha filla. En maio de 1922, foi ascendido a xefe de primeira clase.

 

192? Manuel Quiroga Rivero. Xefe suplente, faleceu repentinamente en xullo de 1923.

 

192? Rafael Maestú Ulibarry. No cargo en decembro de 1925. Xubilouse en setembro de 1935.

 

 

 

19?? Luis Cabaleiro Pedreira. Factor en 1935, chegaría a xefe da estación cargo que desempeñaba en 1962.

 

19?? Joaquín Abad Sánchez. Xubilouse antes de 1964.

 

1958, maio. Sebastián Muíños Blanco. Natural de Redondela, permaneceu no cargo ata a súa xubilaión en xullo de 1968.

 

1969, outubro. Manuel Iglesias Fernández.

 

 

 

Factor da estación de Redondela

 

1897, marzo. Manuel Rodríguez. Natural de Monforte. En xullo de 1898 desapareceu con cartos da empresa.

 

19?? José del Campo. No cargo en 1900.

 

19?? Braulio Coya Fernández. En 1912

 

19?? Ramón Arines. Ascendido en 1923 e trasladado á estación de Ourense.

 

19?? Rafael Álvarez Mosquera. En 1924.

 

19?? José Otero Bouzón. Gardagullas. Traballaba en 1925 cando faleceu o seu fillo, Alfredo Otero Carballo.

 

192? Alfredo Otero Carballo. Faleceu a finais de 1925 atropelado por un tren.

 

19?? Damián Santos Parada.En Redondela en 1959.  Trasladado despois á estación de Lugo, onde seguía en 1964.

 

 

Telegrafista da estación de Redondela

 

18??-1893 Jose María González. Telegrafista da estación de Redondela, faleceu en Ourense en outubro de 1893.

 

19?? Delio Maestú. Trasladado a Monforte en maio de 1924.

 

1934, maio. Manuel Lozano Pérez. Anteriormente na estación de Carril.

 

 

 

Outros telegrafista Ferrocarril

 

Manuel Vázquez Adán. Telegrafista do ferrocarril que en 1925 casou en Vilavella con María Villasante Pérez.

 

 

 

Garda de noite da estación de Redondela

 

19?? Santiago Fernández Carballo. De Reboreda. En 1912

 

 

 

Xefe da Estación de Chapela

 

19?? Alfredo Palencia. Cara a 1945.

 

 

 

Factor da Estación de Chapela

 

19?? Lorenzo Ezquerra Posada. Faleceu en maio de 1950.

 

 

 

Outros ferroviarios

 

José Quintán.  Factor da estación de Pontevedra, que en 1902 casou coa señorita de Redondela, Claudina Pombo

 

19?? Fidel Prieto Díez. Expendedor na estación de redondela. En 1923 ascendido e trasladado á de Ourense.

 

Tomás Rodríguez, en 1930 empregado xubilado da Compañía de Medina del Campo.

 

1923 Paulino Rodríguez Saulés. Fillo de Tomás Rodríguez. Proposto para sustituir a Fidel Prieto en 1923. En 1930, sendo factor da estación ferroviaria de Ribadavia, casou con Carmen Tojeiro Fernández,

 

Manuel Martínez Martínez. Factor da estación de Ourense, faleceu en Redondela en 1926.

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 12-04-2016

BIBLIOGRAFÍA

 

Galiciana> La Correspondencia Gallega, La Idea, El Pueblo Gallego, La Noche, Gaceta de Galicia...

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0