Forzas do Orde II

 

Tenente, Xefe da sección de Carabineiros

 

189?/1897, xullo. Juan Piñeiro. En xullo de 1897 faise cargo interinamente do mando da sección de carabineiros de Arbo.

 

 

 

1903, febreiro. Leoncio Jaso y Paz.

 

 

 

192? /1925, xullo. Manuel Elizari. En 1924. Ascendido a Alférez en xullo de 1925 e trasladado a Baleares.

 

1925, agosto. Sergio Gómez (ou González). Continuaba en 1929

 

 

 

Suboficial de Carabineiros

 

1934, xullo. Manuel Vega Flores

 

 

 

Carabineiro (soldado)

 

1914, abril. Cipriano Hernández García

 

 

 

Comandante de Carabineiros do posto de Rande

 

192? Antonio Salvador. En 1928.

 

 

 

Carabineiros. Outros.

 

Marcial Blanco Figueroa. Tenente de carabineiros retirado que faleceu en Redondela en marzo de 1903.

 

Juan Carballo Pérez. Sarxento de carabineiros ao que en agosto de 1889 se lle concede o retiro para Redondela.

 

 

 

Contramestre do Porto

 

1931, decembro. Bernardino Rodríguez Velo. Primeiro como interino e definitivamente en abril de 1934.

 

 

 

Ayudante Militar de Marina en Redondela

 

1867, xuño. Desaparece a Audantía de Mariña de Redondela, provocada pola supresión dos partidos xudiciais de Redondela e Pontecaldelas.

 

1871 Restitución da Axudantía de Mariña

 

19?? Arsenio Nicanor Río Pena. No cargo cando menos dende 1964. En 1971 destinado a Vigo.

 

1971, marzo. José Mariño González. Tenente de navío procedente de O Ferrol.

 

 

 

Celador 1º da Ayudantia Mil. Mar. /Celador do Porto

 

192? Juan Rico Seoane. No cargo en outubro de 1929.

 

1936, xullo. Manuel González Muradás

 

194? Siro Nieto Díaz. Celador do porto en xaneiro de 1949.

 

19?? /1950, abril. Francisco Gómez Pérez. Desempeña o posto de xeito accidental ata novo nomeamento.

 

1950, abril. José Dafonte Fernández. Sarxento da Armada. En febreiro de 1951 deixa o cargo, indo destinado á Comandancia de Mariña de Vigo.

 

1951, febreiro. Siro Nieto Díaz. Xa desempeñara o mesmo cargo en Redondela con anterioridade.

 

 

 

1958, novembro. José Dafonte Fernández. No cargo por segunda vez.

 

19?? Hermenegildo García. En setembro de 1960.

 

196? Andrés González Pérez. Xa estaba no cargo en xullo de 1962. Ascendido a Subteniente en febreiro de 1963. Xubilouse en novembro de 1970 como “Mayor de Primera de la Armada”.

 

 

 

Celador 2º do porto de Redondela /Cesantes

 

19?? Antonino Fernández de Retana y Díaz de Mendivil. Celador 2º ascendido a Sarxento Primeiro en febreiro de 1963. En abril de 1967 trasladado a San Sebastián.

 

 

 

Cabo do Mar (Redondela)

 

 

 

Cabo do Mar (Chapela)

 

1910, xaneiro. Antonio García y García, que servía o mesmo cargo en Ribadeo.

 

 

 

 

Alguacil do Cárcere

 

17?? Antonio de Bastos

 

 

 

Xefe/Alcaide da Prisión

 

O Cárcede de Redondela suprimido en maio de 1935, voltou a empregarse tralo inicio da Guerra Civil

 

 

 

18?? Florindo Alonso. En xullo de 1890 trasladado ao cárcere de Tives.

 

 

 

1893, febreiro. José Rodríguez López.

 

1900, xaneiro. José Linares, por permuta, anteriormente en Da Vecilla (León).

 

1901, xaneiro. Perfecto Amoedo Iglesias. Anteriormente vixiante no mesmo cárcere.

 

1906, marzo. Prudencio Milian

 

1906, xuño. Ramón Varela. Anteriormente, vixiante do cárcere de Pontevedra.

 

190?-1907, maio. Juan Gaitán

 

1907. Miguel Vidal. Faleceu en Pontevedra en agosto de 1907, estando no cargo.

 

1911, xaneiro. Benito Copado González. En agosto de 1912 foi trasladado a Betanzos.

 

1922, maio Juan Úbeda Guerrero. Nomeado en maio de 1922, anteriormente xefe do cárcere de Ribadavia. O 17 de maio de 1934 foi trasladado á prisión de Caldas de Reis por ser suprimida a de Redondela.

 

1935, setembro. Bernardino González.

 

 

 

Oficial de Prisións

 

19?? Claudio Pastor Balsero. Estaba en 1925. En outubro de 1927 foi trasladado a Pontevedra.

 

19?? Ricardo Muñóz López deixou o cargo o 12-4-1928 pasando a prestar os seus servicios na Escola Industrial de Alcalá de Henares.

 

1930, 21 de febreiro. Isaías Castellano Sánchez.

 

1931, decembro. José Vázquez.

 

19?? Benigno González. O 17 de maio de 1934 foi trasladado á prisión de Tui por ser suprimida a de Redondela.

 

1934, maio. José Sánchez Guerra. Anteriormente no cárcere do partido de Tui. Pouco exerceu na nosa vila porque o 17 de maio foi trasladado á prisión de Caldas de Reis por ser suprimida a de Redondela.

 

1936, abril. Diodoro Cruz Martín. Procedente de Zamora.

 

1936, 16 de decembro. Camilo Rey Avalos. Anteriormente na prisión do partido de Lalín.

 

19?? Francisco Alegre

 

 

 

Vixiante do cárcere

 

1911, febreiro. Marcial Puch Gálvez. Vixiante do cárcere de Vigo destinado a Redondela.

 

1914, decembro. Martín Aguilar. Anteriormente servía en Fonsagrada.

 

 

 

Vixiante de 2ª do cárcere

 

1911, abril. José Blanco García. Anteriormente servía na de Vigo.

 

1912, xaneiro. Agrelo Carballo, que servía no cárcere de Pontecaldelas.

 

 

 

Guardián de Prisión

 

19?? Florentino Varandeta. O 17 de maio de 1935 foi trasladado á prisión de Cambados por ser suprimida a de Redondela.

 

 

 

“Llavero” de Prisión

 

1893, febreiro. Fermín Monroy.

 

 

 

 

Vocal de Somatén

 

Somatén. Institución de carácter parapolicial ten a súa orixe en Cataluña en 1068. Nos seus inicios era un corpo armado de autoprotección civil, separado do exército, para a propia defensa e a da terra. No 1945 o réxime franquista dalle o nome de “Somatén Armado”, tendo a laboura de colaborar coa Garda Civil para combatir aos maquis. Coa chegada da democracia sería disolto polo Senado en 1978.

 

En Redondela tan só existiu durante o goberno de Primo de Rivera.

 

1924 Ricardo Contreras Valiñas. Cando menos entre 1924 e 1928.

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 30-09-2016

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

 

            Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es =>  El Diario de Pontevedra, El pueblo gallego, El Ejemplo Diario de la Coruña, Vida gallega, El Correo de Galicia (Bos Aires), El Progreso, La Opinión diario de Pontevedra...

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0