Familiares e Oficiais do Santo Oficio da Inquisición

16?? Jacinto Sarmiento de Barraganes. Conde de San Román. Capitán de caballos e carrozas en tempos da guerra con Portugal, Cabo e Gobernador da praza de Vigo. Familiar do Santo Oficio de número de Redondela.

16?? Diego Sarmiento de Valladares. Algúns autores citan a Redondela como o seu lugar de nacemento. Emparentado co Marqués de Valladares e o Conde de San Román. Inquisidor General e Presidente do Consejo durante a minoría de idade de Carlos II. (Ver tamén Persoeiros>Relixión)

16?? Luis Sarmiento de Valladares. I Marqués de Valladares. Caballero de la Orden de Santiago e Alguacil Mayor del Consejo de Su Majestad de la Santa Inquisición. (Ver tamén Persoeiros>Nobreza)

16?? Alberto Álvarez Mera. Licenciado, mordomo do hospital de Redondela e abade da parroquial. Comisario do Santo Oficio. Natural de Barcia de Mera, criouse en Redondela onde vivía cun tío seu. O 22-8-1670 como abade de Redondela, aceptou a renuncia do garda do convento da Illa de San Simón a celebrar a Misa de Alba en Redondela dúas veces por semana. Aparece en 1680 como testigo nas Probas para ser oficial da Inquisición de Martín de Nogueira Blanco.

16?? Juan de Nogueira Duarte. Rexidor de Redondela en 1678. Familiar do Santo Oficio.

16?? Martín de Nogueira Blanco (Redondela). Abogado de los Reales Consejos y de presos de la Inquisición de Galicia.Fixéronselle as probas para familiar do Santo Oficio en outubro de 1680.

16?? Gabriel Lorenzo de Beiro. Familiar do Santo Oficio e veciño de Redondela. En 1680 testifica nas probas de Martín de Nogueira Blanco, En1692 fai o propio durante as probas de Jacinto Sarmiento de Valladares y Zamudio, aparecendo como Notario familiar do Santo Oficio en Redondela. Levaba daquela residindo 40 anos en Redondela, mais era natural de Muros.

16??Marcos Carballo García. Familiar do Santo Oficio, natural de Vilavella e veciño de Redondela en 1680, cando testifica nas probas de Martín de Nogueira Blanco, para familiar do Santo Oficio da Inquisición. Tamen testifica en 1692 como Familiar e Notario do Santo Oficio do número de Redondela, nas probas de Jacinto Sarmiento de Valladares.

1692 Jacinto Sarmiento de Valladares e Zamudio. Conde de San Román, neto de Jacinto Sarmiento de Barraganes. Oficial da Inquisición tras pasar as probas o 29 de decembro de 1692.

17?? Ventura Alfaro. Catastro de Enseada de Reboreda (1752)- Presbítero e dono de 2 muíños. Comisario do Santo Oficio da Inquisición e capelán de San Boaventura en Reboreda.

1800 Juan Núñez Sotomayor y Otero.Natural de Vilavella, criouse en Santiago e vivía en Madrid cando iniciou as probas o 25 de novembro de 1800.

1805 Nicolás Núñez de Otero. Nado o 6-2-1780 en Vilavella, irmán de Juan Núñez Sotomayor y Otero. Presentou solicitude para as probas en 1805.


Texto: J. Migueles

Actualizado: 01-10-2014

Escribir comentario

Comentarios: 0