Mestres-as. I

 

         

Os datos máis antigos referintes ao ensino lévanos a varios relixiosos nados en Redondela:

Pedro Martínez de Lobera

            Catedrático de Filosofía en Santiago. No 1570 foi nomeado Rector do colexio de Fonseca.

Juan Mariño de Lobera

            Rector do colexio de Santiago Alfeo en 1616.

Francisco Groba Carballido.

            Rector do colexio de Fonseca no 1658, logo ocuparía unha das canonxías da catedral tudense.

Madre Constanza de Jesús.

Fundadora do Colexio dos Remedios as Orfas de Santiago de Compostela.

           

No Catastro de Enseada (1752) de Cesantes aparece:

“Un labrador llamado Juan García al cual por el oficio de enseñar gramática tiene utilidad al año 200 reales de vellón. Otro labrador también se ejercita en poner escuela y enseñar niños llamado Bartholome Fernández y por ello tiene de utilidad al año 150 r. v.”

S. XIX

            Na segunda metade do s. XIX a publicación dos primeiros xornais nos permite ter máis información da actividade educativa. Os mestres-as eran pagados polos Concellos que debían proveer de casa ao mestre. Isto levaba a continuas polémicas polas catalogacións que se facían das escolas e os educadores, xa que provocaban as subidas ou baixadas de soldos. Tamén se daban casos de impagos dos alugueres que debían adiantar os mestres. Para facernos unha idea da situación da educación dos máis pequenos dicir que en toda Galicia tan só había tres escolas de Párbulos, o que hoxe sería Educación Infantil.

En 1886 existían, dende había moito tempo, no casco urbán de Redondela dúas escolas completas (públicas) e dúas incompletas (privadas), dun e outro sexo. Xurdira unha polémica creada polo traslado da escola de nenas de Vilavella a Redondela polo que pouco despois o Inspector obrigaría ao Concello a proporcionar unha casa na dita parroquia. Neste mesmo ano, tendo en conta a próximidade, proponse convertir as escolas incompletas mixtas de O Viso e Cesantes en completas, de nenos a de O Viso e de nenas a de Cesantes. No resto de parroquias había escolas incompletas mixtas, entre as cales se reclamaba que a de Quintela se ubicara no centro da parroquia, xa que estaba nun extremo.

O 15 de setembro de 1890 inaugúrase en Redondela unha escola de 1º e 2º ensino de ambos sexos, baixo a advocación dos Sagrados Corazóns de Xesús e María, dirixido por Feliciano Carrete. Quen fora mestre nun instituto galego e falaba varios idiomas. A escola contaba con tres mestras, unha delas nada e educada en París, para as nenas e tres mestres para os nenos.

            En setembro de 1898 abriu unha escola de 2º ensino, dirixida por Antonio Lafuente Mathé (presbítero), Manuel Cacheiro Cardama e Pedro Otero Milleiro.

 

S. XX

A comezos do s. XX cando os mestres vivían lonxe das escolas percorrían grandes distancias a pé, a cabalo, en bicicleta e se había sorte nun camión (habitualmente os do leite que tiñan sempre as mismas rutas).

Na provincia de Pontevedra en 1900 había 315.228 analfabetos. Un traballo de L. Luzuriaga sobre o analfabetismo, revelaba que en 1920 máis da metade dos españois eran analfabetos, o 52’23%. En Pontevedra o número de analfabetos tan só descendera a 287.996 e situábase por riba da media cun 53’99. Redondela era o concello máis castigado da provincia cun 60’58% de analfabetos.

Na primeira metade do s. XX existían as seguintes escolas públicas (coñecidas durante anos como escolas estatais) en Redondela:

·                    Escola mixta de Cabeiro. En 1933 creouse unha nova escola de nenos o que levou aos veciños a protestar polo seu emplazamento. En xuño de 1933 a escola de Cabeiro solicita unha biblioteca. A queixa sería desestimada. Mestres: Francisco García Crespo (18??-1892), Juan Benito Barreiro (1892), Segunda Amor Ruibal (1892-¿?), María del Carmen López (1893-189?), Pilar González Núñez (1899), Gumersinda Tilve Rodríguez (1903-1905), Francisca Cores Fernández (1907-19??), Clotilde Estévez Boullosa (1915), Germana Rey Crespo (1916), Josefa Soledad Castillo (1916-19??), María González Díaz (1918), Saturnina Sánchez Estévez (1919-1921), Carmen Moure Trelles (1921-1933), Norberto Montero Mouriño (1933), Ignacio Gandós Villaverde (1934-1940), Manuel Riveiro Pascual (1936), Domitila Villaverde Rajoy (1936-19??), José Novás Vázquez (1941-¿?), Saturnino Rdguez. Feijoo (1942), Carmen Moure Trelles, María A. Márquez Gulías (1948), Erundina Pérez Sousa, Antonia Gandía Díaz (1949-¿?).

·                    Escola mixta de Cedeira. En 1913 un artigo chama a atención sobre as pésimas condicións desta escola na que estudan uns 60 alumnos, entre nenos e nenas. Mestres: Manuel Mauricio Mouriño (¿?-1904), María Juana Bouzas Cabanelas (1904), Francisca Rodríguez Iglesias (1904-¿?), María del Carmen Tomé Varela (1905-19??)

·                    Escola Feminina de Cedeira. En decembro de 1925 apróbase o traslado desta escola. En setembro de 1929 apróbase o traslado desta escola do barrio Aldea, á casa de Serafín Reboredo Blanco, en Cruceiro. En setembro de 1933 hai protestas porque non reune as condicións hixiénicas mínimas. Na posguerra atopábase no barrio de Canabal. Mestres: María del Carmen Tomé Varela (19??-1928, anteriormente á creación desta escola era a titular da escola mixta), Paulina Sánchez Otero (1928-1929), Elena Fernández Novás (1929-1934), José Braga Valle (1934-196?), María Asunción Rodríguez González (1934-¿19?).

·                    Escola Masculina de Cedeira. Creada en 1919. En xaneiro 1922 o novo local estaba á espera da orde de apertura. Estaba situada á beira da estrada Redondela-Vigo, en parte do baixo da casa coa vella dirección barrio Aldea nº1. Deixou de funcionar como escola unitaria cando se ampliou a de Redondela en 1972. Mestres: Manuel Palmeiro (1919-1939), Domingo Vence García (1939), José Bugallo (1939), José Braga Valle (1943-196?).

·                    Escola Mixta de Cesantes. Mestres: Mª de los Remedios Pérez Barros (18??-1887), Manuel Escariz Portela (18??-1901), Inés Táboas (1901), Manuel Ruzo Campos (1902-¿1913?), Prudencio Rodríguez Dios (1918)

·                    Escola Feminina de Cesantes. En 1925 nova escola en Outeiro das Penas. Mestras: Manuela Valverde Daviña (1887-1888), Marina García Mouriño (1919-1924), Mª de los Ángeles Cifuentes Pons (1925), Adela Viñas Novás (1925-1926), Amelia de la Torre Rúa (1926), Juana Sabina García (1926-¿1936?), Paulina Sánchez Otero (1930), Marina Guerra (193?-19??), Carmen Portela Barreiro (1938-194?), Carmen Barreiro Seoane (1944-1969).

·                    Escola Masculina de Cesantes. Mestres: Francisco Cendón González (1919), Narciso Rodríguez Couñago (1919-1934), José Martínez Sánchez (1934-¿194_?),  José A. Santos (1935), Serafín Alonso Veiga (193?), Eduardo Sánchez Otero (1936), Carlos Rodríguez (1939), Bernardo Fdez. Soto (1942)

·                    Escola Mixta de Chapela. O 28 de maio 1917 publícase a creación da  escola de Chapela. En setembro de 1921 a inspección concédelle ao concello 15 días para trasladar esta escola por non estar en condicións, quedando finalmente clausurada. En abril de 1922 o Concello decide reparar esta escola, polo alto custe do aluguer do novo local. Finalmente, tense previsto que en xaneiro de 1923 se inicien as clases no novo local en Laredo. Por R. O. de 6-4-1925 créase a Escola de nenas de Chapela en Igrexa, pasando a ser de nenos a mixta existente. Mestres: Ramón Vilán (1846-¿?), Ramón Figueroa y Salgado (cara a 1862), Sebastián Bernal (1901), Enrique Amado Cundins (1902-1906), Mª Nieves Torrado Llorente (1906), Mª Teresa Marín Mateo (1907-1925), Francisco Cendón González (1917), Telesforo López de Guereño (1917-1924), Román Márquez Reymán (1924)

·                    Escola Feminina de Chapela. Creada en 1925. Mestras: Teresa Marín Mateo (1925 (1907) -1931), Elvira Lago Búa (1925), María Real Alfaya (1926), Concepción Barrera Vázquez (1934-1970), María Concepción Barrera Vázquez (1934-1970), Marina Losada Taboada (1936), María de la Concepción de Cuena González (1937-¿?), Concepción Carrera (1940)

·                    Escola Masculina de Chapela. Mestres: Fermín Blanco Alfaya (1933), Manuel Quiroga Fernández (1934-¿1938?), Andrés Mencía Rey (1925-¿1938?), Mariano Carsi Veiga (1936), Manuel Viso Fadón (1936-1937), Carlos Rodríguez (1939), Ramón Ferro Fernández (1942), Juan Portela Areal (1943), Jose María López López (1943).

·                    Escola Mixta de Negros. Mestres: Juan Antonio Pazos Álvarez (1???-1931), Restituto Escobar (1933), Enrique Martínez Estévez (1933-¿?), Manuel Pérez Fernández (¿1933?-1936)

·                    Escola Feminina de Negros. Mestres: Severina Pereiro Calvo (1934), Manuela Alejandro Cubelas (1934-¿dec.1939?), Mª Socorro Contreras Alfaya (194?), Peregrina Cuñarro Rodríguez (1948), María de los Ángeles Álvarez Quintas (1948)

·                    Escola Masculina de Negros. Mestres: Francisco Vilariño Rodríguez (1936), Luis Sarasquete Hermo (1937), María Abalo Fontenla (maio-out. 1937), Antonio Viñas Novás (1938), Máximo Comesaña López (1940-¿?).

·                    Escola Mixta de Quintela. Mestres: Julián Nantes Calviño (¿1886-1887?), Carmen Patiño Cerdeira (1891-1894), Eufrasia Martínez Vidal (1895), Teresa Rodríguez Pereira (1895-1898), Eulalia Contreras Valiñas (1901-¿?), Carmen López y López (1906), Enrique Amado Cundíns (1906-¿191_?)

·                    Escola Femenina de Quintela. Creada en 1933.Na casa “das Ferreiras”. Mestras: María Luisa Paz Rivas (1933), Leonor Mera Varela (1934-¿194_?).

·                    Escola Masculina de Quintela. Nunha curva morta do antigo trazado da estrada Redondela-Porriño, cerca do cemiterio de Mañó. Mestres: Manuel María Sanfiz Mirón (1934-¿?), Antonio Félix Sánchez González (1949), Francisco Marcos Vilela (1956-¿?)

·                    Escola Mixta de Rande (Cedeira). Anunciase a súa creación en xullo de 1925 como mixta para mestra. Mestras: Teresa Filgueira Moreira (1925-1926), Avelina Pajares Braña (1926-1935), Marina Lago Búa (1935-1936/1938), Elena Perira Otero (1938), Luisa Gómez Fernández (1942).

·                    Escola Mixta de Reboreda. Mestres: Manuela Lamparte Quintela (1891-1892), Saturnino Pérez García (1892), Antonio García García (1893-1897), Antonio García Barreiro (1897-1898), Rosalía Fernández González (1899), Rosalía Fernández González (maio-decembro 1899), Amalia Aurora Tomé Ramos (dec.1899), Amalia Ampudia González (1900-¿?), Rafaela García Díaz (1906-¿?)

·                    Escola Feminina de Reboreda. En 1925 anúnciase a creación dunha nova escola en Santo Paio de Arriba, entrando en funcionamento en 1926. Comeza sendo escola mixta, pasando logo a ser tan só de nenas. En maio de 1928 é aprobado o traslado desta escola á pranta baixa da escola masculina. Mestras: Germana Rey Crespo (1918-192?), Marina García Mouriño (1924-1934), María Eiras Lemos (1926), Dolores Caamaño Bournacell (1926), Carolina García Tenreiro (1926-1943), Carmen Peña Gil (1934), Carmen Gómez Rubio (1936), Elena Pereiras Otero (1937), Rosa Mª López Fontdevilla (1934-58), Paulina Sánchez, Josefina Criado (1943), Maruja García Senra (1946-63, volta en 1969).

·                    Escola Masculina de Reboreda. Creada en 1919.En maio de 1922 aprobouse o traslado a un novo edificio. En febreiro de 1923 mudouse a un novo local. Mestres: Prudencio Rodríguez Dios (1919-1933), Manuel Cerviño Ferrín (1934-¿?), Gerard Gil López (1936), Eduardo Casas Builla (1938-¿?).

·                    Escola Feminina de Redondela. Nun principio estaba separada da masculina, nunha casa alugada a Jacinto Táboas Carreira. En 1920 pasaría a compartir o edificio da Xunqueira coa escola de nenos. Mestras: Maximina Dolores Lago Cobián (1887-1903), Mª del Pilar Hermida Camiña (1895), Florinda Barros Portela (1896-¿?), Ernestina Ancoechea,  María Castro Lago (1886/1903-19??), Manuela Valverde Daviña (1887-¿?), Amalia Aurora Tomé Ramos (1899-¿?), Germana Rey Crespo (1918-1920), Concepción Bernárdez Santomé (1920-¿?), Concepción Sobrado (1920), Camila Martínez García (1921-¿?), Aurea Montero Moreno (1922-1934), Placeres Vidal Portela (1922),  Josefa Salgueiro Pereira (1922-¿?), Antonia Pastor Marín (1922-¿?), María Fernández Carbajo (1929-1959), Carmen Peña Gil (1935/1937-¿?), María Abalo Fontenla (1935), María del Carmen Lois (1935), María Carracedo Barrio (1936), Felisa Álvarez Rodríguez (1943-195?), Rosa López Fontdevilla (1958), Carmen Bermúdez Otero (1959-1967)

·                    Escola Masculina de Redondela. Tras a perda da subvención para construir un grupo escolar en abril de 1911 decídese establecer a escola no baixo do Concello o que provoca a súa clausura dous meses despois  por non cumprir as condicións mínimas. Poucos meses despois a situación mellora cando o Concello e o xulgado  trasládanse á Casa da Torre, establecéndose a escola pública de nenos na primeira pranta. En 1918 trasladouse ao Paseo da Xunqueira, pasando a chamarse Grupo Escolar José Figueroa (Ver Persoeiros>Outros). O edificio de nova construcción fora cedido pola Asociación de Hijos de Redondela da que fora presidente o emigrante redondelán que lle deu nome. Hoxe é empregado como centro da terceira idade. En 1920 o grupo divídese en dúas escolas graduadas (nenos e nenas) con tres seccións cada unha.Mestres: Manuel Martínez Otero (1846), Isabel Filgueira (18¿?), José García Domínguez (18??-1896), Marcelino Lorenzo Trilloy (1888), Fernando Monteagudo (1889-¿?),  Lorenzo Carballo Otero (18¿?-1891), José Cajide (1891), Manuel Cal Garrido (1891-¿?), Juan Antonio Fontán (1892-¿?), José Arca Villar (1894-1895), Genaro Rodríguez Salgueiro (1892/1895-1896), Román Ancoechea Montes (1896-1898), José Ramón Lorenzo (1898),  Jesús Segond Berdiales (1898-1899), Fernando Monteagudo Maquieira (1889), Alfredo Blanco Pérez (1899-1???), Domingo Antonio Dobarro Gil (1899-1910), Baldomero Carballo Soto (1910-1919), Eduardo Cuntín Sarandón (19??), Joaquín Pais Llorens (1918-1936), José Gallego Martínez (1919-1930), Plácido Mancebo (en 1921), Santiago Díaz Jiménez (1921-1922), Manuel Martínez Pereiro (1923-1936), Serafín Alonso Veiga (1931), Juan Docampo Méndez (1931), José Pierres Castellano (1931), Francisco Valderrama Fernández (1933-194?), Perfecto Hermida Santos (1933), Pereira Ibáñez (193?), Prudencio Taboada (1936), Máximo Comesaña (1936), Francisco Alonso Mosquera (1937-¿?), José Martínez Gómez (1938-¿?), Norberto Moure (1938), Fermín Blanco Alfaya (1939-¿?), José Soto Fdez. (1940), José Valladares Rdez. (1940), Norberto Montero Mouriño (1942), Miguel Navarro Acuña (1942), Rosa Mª López (1958-¿?), Lola Otero, Eduardo Cuntín, Enrique Hernández Castellanos ou Ramón.

·                    Escola Mixta de Saxamonde. En marzo de 1911 o alcalde deu orde de pechala por unha epidemia de sarampión. En xullo dese ano o cura párroco de Saxamonde, dono da casa-escola informa á Xunta local que a necesita e busque outra coa maior brevedade posible. En marzo de 1926 apróbase o traslado desta escola. Mestres: Antonio Becerra y López (1???-1904), Sebastián Berdeal Neira (1905-¿1911?), Enrique Malvar Graña (1918), Manuel Ledo Groba (1919), Jose Antonio Núñez Anido (1919-21), Manuel Carrera Gómez (1921-¿?), Benito Alonso Pérez (1925), Cándido Castro Sánchez (¿?-1928),

·                    Escola Masculina de Saxamonde. Mestres: Claudio Sotelo Loureiro (1930-1949), Ramón Rocamán Portas (1936), Ramón Gutiérrez López (1949-)

·                    Escola Feminina de Saxamonde. Creada en setembro de 1929. En xullo de 1956 inaugúrase unha nova casa-escola. Mestras: María García Senra (1930),  María Concepción Arias García (1933-1934), Carmen Bermúdez Otero (1934-1959)

·                    Escola Mixta de Trasmañó: En 1913 a xunta local de ensino solicita autorización para trasladar esta escola á casa de Cesáreo Cabaleiro Couto, no barrio de Cabanas. En 1918 trasladouse ao nº 10 de Cabanas. A finais de 1924 solicítase permiso para a construcción dunha nova casa escola, que sería financiada polo emigrante retornado Benigno F. Álvarez. Na súa fachada figuraba a inscripción Escuela Nacional de Jóvenes Agricultores de Trasmañó. No seu lugar construiuse anos despois o Centro Cultural. En maio de 1933 apróbase o traslado das escolas de Trasmañó ao novo local. Mestres: Carlota García Bouzón (1890-189?), Clotilde Rodríguez Soage (1894-1906), Olimpio Fernández Montero de Espinosa  (1907-1910), José González Campos (1910-¿?), Ricardo Portela Pazos (1918), Julián Calzas González (1919-1925)

·                    Escola Feminina de Trasmañó. Mestras: Purificación Iglesias Gayoso (1925, dec.- 1926), María Josefa Arias García (1926-193?), Carmen García Moldes (1939), M. ElviraReguera Domínguez (1949-¿?)

·                    Escola Masculina de Trasmañó. Mestres: José Díaz Corbacho (192?), Juan Estévez Lameiro (1926), Agustín García Barros (1926-193?), Balbino Juncal Paredes (1931), José Giráldez Ramos (1933), Antonio Martín Campos Pérez (1934), Juan Estévez Lameiro (1935), Antonio González Montes (1939), Generoso Gómez García (1942)

·                    Escola Mixta de Ventosela. En xullo de 1956 inaugúrase unha nova casa-escola. Mestres: Mencía Novás Aboal (1899), Matilde Rodríguez García (1???-191?), María Barral (¿?-1910), Emilia Muñoz (1911), María Benita Andrea Gallego (1913), Inés Táboas (1913-1925), Clotilde Estévez Boullosa (1925), Preciosa Novoa García (1925-19??), Manuel Evangelino Franco Jorge (1931-1933), Juan Armesto Salgado (1933-35), Fermín Blanco Alfaya (1935-1939), José Salgado Balboa (1936), Miguel Rodríguez Rodríguez (1936), José Cerviño Ferrín (1937-38), Ángel Piñón Portela (1940), José Follente Domínguez (1942), Ramón Gutiérrez López (1948), Antonio Castro Fernández (1949-¿?), Clementina Villar Martínez (1952), Paulina Sánchez (1952-66)

·                    Escola Masculina de Vilar. Mestres: Juan Martínez Figueroa (1911-1916), Juan M. Rodríguez (1916),  Manuel Cervera Gómez (1915-191?), Agustín Couto Mallén (1918), Manuel Villar Landeira (1920-21), Juan García y García (1921-¿?),Darío Puertas Rodrigo (192?-1923), José Portela Pazos (1923-1928), José Piñeiro Camiña (1929), Luciana Robledo Tubillo (¿?-1934), Pilar González Fidalgo (1934-¿?), Carlos Paratcha Vázquez (1930-1940), Emilio Ucha Rodríguez (1936_1939), José M. Álvarez Gallego (1938), Trinatario Barreiro (1938),  Ramón Puente Barcala (1940-¿?), Pedro Muñoz Pereira (1942), Antonio Costa Veiga (1942), Francisco Iglesias Jorge (1943), Sebastián Montes Barcia (1943).

·                    Escola Estatal Feminina de Vilar. O 5 de xullo de 1931 anúnciase a creación desta escola. Mestras: Esmeralda Cal Fernández (1931-1933), Sulpicia Reboredo Rodríguez (1933-1934), Pilar Rey García (1935), Felisa Pousada Salgado (1948)

·                    Escola Feminina de Vilavella. Na actual R. Padre Crespo. Nun principio era mixta. Mestras: Avelina Barbeito Cabezudo (18??-1904), Carmen Rey Couto (1904-¿?), Sofía Rodríguez Rodríguez (1905-1921), Elena Pereira, Lourdes Villar, Felicidad Castejón Deuche (interina1921), Josefa Valverde Mayo (1921-1922), Placer Vidal Portela (1922-1960), Antonia Guillán Abalo (1940), Florinda Pérez Freire (1946), Esperanza Otero (1960-63) e Maruja García Senra (1963-1969).

·                    Escola de Redondela (Vilavella) María Inmaculada. En outubro de 1910 trasladouse á casa que fora anteriormente ocupada pola Federación Obrera, na actual rúa Padre Crespo. Mestres: Carmen Bermúdez Otero.

·                    Escola Mixta do Viso. Mestres: Ramón Martínez Saco (1870), José Clemente Soto (¿?-1904), Inés Táboas (1904)

·                    Escola Estatal Masculina de O Viso. Mestres: Enrique Soto Fontán (1904-1932), Claudio Sotelo Loureiro (1923-1927), Antonio Bernárdez Barro (1928), Maximiliano Frías Hidalgo (1934), Manuel Martínez Pereiro (1935-1936), Hipólito Fentanes Barros (1936), Restituto Escobar Lemos (1937-1938), Venancio Martínez Pereira (1938-1968).

·                    Escola Estatal Feminina de O Viso. Mestras: María Alén Solla (1919-1922), Rosalía Cornes García (1923), Lola Otero (1923-36), María Consuelo Becerril (1936), María Abalo Fontenla (out. 1937-¿?), Rosa Pérez (1942-44), Teodora Martínez (1944-1974)

·                    Escola Mixta de Soutoxuste (O Viso). Creada en 1925. Mestras: Josefa Malvar y Malvar (1925), Mencía Novás Aboal (1926-1943), Emilia Mosquera Gil (194?), Rosa Ejido Martínez (1946)

 


A principios do século XX, tamén comeza unha preocupación pola educación dos adultos. En xaneiro de 1917 o Bispo de Tui doou 300 pesetas á Escola Nocturna de Obreiros, para que os alumnos puideran formar un equipo de futbol. A finais dese anos abriría en Redondela unha escola nocturna para mulleres.

           Nos anos 20 tamén abriu as súas portas a Escola da Sociedade de Agricultores de Chapela. Entre os seus mestres, Carmen Iglesias González, falecida en 1927.

A mediados do s. XX tamén abrirían en Redondela dúas escolas de empresa:

·                    Escola de nenas da Empresa Textil Regojo. Nun principio na R. Padre Crespo, logo contruirase unha escola en terreos da factoría. Exercería dona Lucila Pereira e Pilar.

·                    Escola da Conserveira JOB. En Cesantes. Impartía as clases Rosario Cal.

            Ata os anos 60 do pasado século terían gran importancia as escolas privadas que irían desaparecendo progresivamente. Na maioría dos casos eran abertas por mestras e mestres con título pero que non aprobaran a oposición, en casos como o de Antonia Rodríguez o título lle fora retirado polo réxime franquista. Estes colexios eran coñecidos polo nome do seu titular a excepción do:

            Colexio Cervantes. Inaugurado o 15 de setembro de 1963 na Rúa dos Eidos, trasladariase en 1965 á Av. Alvedosa (actual R. Ernestina Otero). Tivo como profesores, entre outros, a: Manuel Iglesias Villar (director en 1965), Eloy Álvarez, José Luis Bobillo Ledo, José Fernández Pérez, Francisco Pereira Blanco, Somoza ou Xaime Rey (elexido anos despois alcalde de Redondela). Pechou en 1972 trala ampliación da escola pública de Santa Mariña.

            A falta dun instituto público en Redondela súplese coa creación de academias:

            En setembro de 1961 inaugúrase na Rúa Alfonso XII a Academia San Agustín na que se estudaba o Bacharelato. En 1964 abría a Academia Pitágoras na rúa Jose Antonio, ademáis da preparación do Bacharelato, ensinábase peritaxe, comercio e maxisterio. Era dirixido por Enrique Tharrants.

            En outubro de 1964 anúnciase a subasta da construcción de 6 escolas e 6 vivendas en Chapela e do Grupo escolar de Redondela con 14 vivendas. En decembro de 1965 inaugúrase a agrupación escolar de Reboreda entrando en funcionamento no curso seguinte. En outubro de 1967 ponse a disposición do Ministerio de Educación os terreos para a construcción de grupos escolares en Redondela, Cesantes e Vilar. En xuño de 1969 sae a subasta a construcción das escolas de Redondela (2ª fase), Reboreda e Vilar de Infesta. A ampliación do Grupo Escolar de Redondela entrou en  funcionamento no 1972. Nos seguintes anos construiríanse centros nas distintas parroquias ata chegar a 1987, ano en que se abriu o derradeiro colexio de E.X.B. en  Quintela.

A principios dos anos 70 construiuse o Instituto de Bacharelato Mixto de Redondela na Xunqueira (hoxe Edificio Multiusos), que no 1988 se convirtiría no actual I. E. S. Mendiño, trasladándose á Marisma. Ao ano seguinte entrou en funcionamento o Instituto de Chapela. Un pouco antes, a principios dos 80 abriu o Instituto de Formación Profesional de Redondela (despois chamado I. E. S. Pedro Floriani).

 


 

Relación de mestras e mestres que exerceron no S. XIX e primeira metade do s. XX en ou de Redondela


 

Alonso Veiga, Serafín-Foto Redondela, crónica dun tempo pasado
Alonso Veiga, Serafín-Foto Redondela, crónica dun tempo pasado

María “a de Cambote”

            Daba clases na súa casa da rúa Ribeira a finais do s. XIX.

 

Abalo Fontenla, María

            En xaneiro de 1935 foi nomeada mestra interina na graduada de Redondela. En agosto de 1937 é trasladada de Trespieles (Fornelos) a Negros, e en outubro dese mesmo ano a O Viso.

 

Abelleira Blanco, Dolores (Lola) (Redondela 27-11-1911)

            Titulada na Escola Normal de Pontevedra. Mestra en varias escolas rurais: Zamáns (Vigo), Nespereira (Pazos de Borbén)- achegábase tódolos días camiñando dende Redondela-, Silvoso (Ponte Caldelas) e Rianxo onde se xubilou con 70 anos. Establecería a súa residencia en Noia. Casada co tamén mestre Eduardo Sánchez Otero.

 

Albán, Amalia

            En maio de 1896 é proposta para a escola de Ventosela.

 

Alejandro Cubelas, Manuela

            Mestra en Decomodá Vallehermoso (Sta. Cruz de Tenerife), en outubro de 1934  é proposta para Negros. A atopo nesta escola en decembro de 1939.

 

Alén Solla, María

             Recén aprobada a oposición, en decembro de 1918 é destina como mestra a escola do Viso Deixou esta escola en decembro de 1922, cando por “derecho e consorte” é trasladada á escola graduada de nenas de Pontevedra, cidade onde exercía o seu home, Alfredo García Hermida..

 

Alfaya García, Aurea

            Mestra. Membro da Falanxe.

 

Alonso ¿?, Juan

            Era mestre no concello de Redondela en 1935.

 

Alonso Pérez, Benito

            En setembro de 1925 foi nomeado mestre interino de Saxamonde.

 

Alonso Veiga, Serafín (Chaín-Gondomar, ¿?)

Desempeñou o cargo de Alcalde de Redondela como presidente da Comisión Xestora entre xaneiro e marzo de 1933, por ser o mestre máis novo da vila. Na nosa vila militaría no Partido Radical.

Chegou a Redondela tras ser nomeado mestre de sección da graduada en novembro de 1931. Despois exerceu na Escola Masculina de Cesantes. Logo pasaría á escola de Beade (Lavadores-Vigo), parroquia na que tamén ensinaría a súa esposa Laureana Pérez Sousa. En novembro de 1937 é sancionado con trasladado a outra escola da provincia, a de Goián.

 

Álvarez Araujo, Rita (Redondela 22-7-1910 / Pontevedra 1984)

            Examinouse na Escola Normal de Pontevedra. Entre os seus primeiros destinos estivo Aranza (Soutomaior). En 1957 trasladouse a Torrejón de la Calzada donde traballaría durante 15 anos. Xubilaríase con 70 anos en Arganza (Madrid).  

 

Álvarez Gallego, José María

            En xaneiro de 1938 é nomeado mestre interino de Vilar de Infesta. Non chegaría a exercer porque pouco despois élle concedida a permuta solicitada con Trinatario Barreiro, mestre de Salcedo.

 

Álvarez Quintas, María de los Ángeles

            Foi nomeada mestra de Negros en febreiro de 1948.

 

Álvarez Rodríguez, Felisa

            En agosto de 1943 publícase o seu traslado de Ourense a Redondela. Ensinou na nosa vila cando menos ata 1955.

 

Amado Cundíns, Enrique

            O 16 de novembro de 1901 é proposto por concurso único para a escola de Chapela, sendo nomeado en marzo do ano seguinte. En agosto de 1906, deixa Chapela, sendo nomeado para a escola de Quintela, na que se xubilaría antes de 1918..

 

Amil, José

            No libro de defuncións de Vilavella, entre os asasinados polos franceses en 1809 aparece: “José Amil, escolante, marido de Manuela Vázquez, era pobre, no tenía nada más, que lo que ganaba con su escuela de niños de primeras letras, quedándole una hija llamada Josefa Amil”.

 

Amor Ruibal, Segunda

            Nomeada en xuño de 1892 para a escola de Cabeiro.

 

Ampudia González, Amalia

            En marzo de 1900 foi nomeada mestra en propiedade de Reboreda, cun haber anual de 625 pesetas. Esta escola saíra a concurso en febreiro do ano anterior, nomeándose a varias mestras que non aceptaron o cargo. En agosto de 1903 cumpría os 12 anos de servizo. En xaneiro de 1904 continuaba na mesma escola cando solicita un aumento de soldo en función do censo.

 

Ancochea, Ernestina

            Sendo mestra en Redondela, en outubro de 1901 apróbase a mellora do seu expediente.

 

Ancoechea Montes, Román

            Redactor do xornal “El Pueblo”. En abril de 1896 foi nomeado mestre da escola de Redondela, ademáis daba clases nocturnas aos adultos. Anteriormente, era mestre no Barco de Valdeooras. En maio de 1897 foi nomeado delegado da Liga Protectora de Educación Nacional, en Madrid. En abril de 1898, sendo mestre aínda en Redondela é proposto para un premio. En maio dese ano falece na nosa vila.

 

Andrea Gallego, María Benita

            Nomeda mestra interina da escola nacional de Ventosela, en xaneiro de 1913.

 

Antolín Docampo

            Mestre sancionado no proceso de depuración tralo alzamento nacional.

 

Arca Villar, José.

Mestre interino da escola de Redondela, promotor dunha loxia masónica na vila no 1894. En xuño de 1895 foi separado do cargo con perda de haberes dende o día que o abandoou.

 

Arias García, María Josefa

            Era mestra en Labaña (León), cando en xullo de 1926 foi nomeada con carácter definitivo, para Trasmañó. En 1930 e 1931 solicita a permuta coa mestra de Chapela, sendo a petición desestimada nas dúas ocasións.

 

Arias García, María Concepción

            Sendo mestra en Saxamonde, en maio de 1933, desestímanlle unha mellora de posto no escalafón. Deixa esta escola cando en outubro de 1934, acada destino definitivo na escola de párvulos de Santa Lucía (León)

 

Arines ¿?, Antonio.

Tivo escola na Rúa Oriente (hoxe Telmo Bernárdez).

 

Arines Escariz, Ramón

            En 1956 era mestre nacional en Viana do Bolo.

 

Armesto Salgado, Juan

            Acadou o título de Maxisterio en Lugo. O 11-4-1933 é nomeado mestre de Ventosela. Antes de tomar posesión superou as probas para ascender ao 1º escalafón. En maio de 1935 autorízase a súa permuta co redondelán Fermín Blanco Alfaya, mestre de Moura (Nogueira de Ramuín).

 

Bermúdez Otero Carmen-Foto Mestras de Redondela
Bermúdez Otero Carmen-Foto Mestras de Redondela

Barbeito Cabezudo, Avelina

            Era mestra da escola de Vilavella en 1894, tendo daquela máis de 12 anos de experiencia. En outubro de 1903, seguía no mesmo centro cando por virtude do Censo, o Rectorado confirmouna no cargo e expidiu novo título administrativo con soldo de 625 pesetas.

            Tivo a honra de ter entre o seu alumnado a Ernestina Otero Sestelo.

 

Barral ¿?, María

            Cesou como mestra de Ventosela en xuño de 1910.

 

Barral ¿?, Petra

            Tiña escola na R. Juan Manuel Pereira nos anos 30-40.

 

Barreiro, Juan Benito       

            En xuño de 1892 é nomeado mestre interino de Cabeiro.

 

Barreiro, Trinatario

            En febreiro de 1938, o Rectorado concedeu a permuta solicitada por Jose María Álvarez Gallego, de Vilar de Infesta, e Trinatario Barreiro, de Salcedo.

 

Barreiro Seoane, Carmen (Oza dos Ríos 1899 / Redondela maio 1993)

            Criouse e estudou en Pontevedra, onde acadou o título en 1926. Iniciouse na ensinanza en Xeve (Pontevedra) e Cepeda (Pazos de Borbén). En 1944 comeza a dar clases na escola unitaria mixta de Outeiro das Penas (Cesantes), na que permanecerá ata a súa xubilación aos 70 anos.

 

Barrera Vázquez, María de la Concepción “Concha” (Becerreá 1908 / Chapela 1983)

            Aprobou Maxisterio na escola de Santiago de Compostela. Pasou polas escolas de Lugo e Avilés antes de instalarse na escola unitaria de nenas de Laredo (Chapela) no 1934. Foi suspendida de emprego e soldo o 1-9-1936. Logo da súa reinserción, a finais de 1937, seguiría dando clases ata que motivos de saúde a obrigaron a xubilarse en 1970.

 

Barros Portela, Florinda

            Nomeada mestra de Redondela en outubro de 1896. 

 

Becerra López, Antonio

            En xullo de 1904 xubílase como mestre de Saxamonde.

 

Becerril, María Consuelo

            Nomeada mestra interina do Viso en febreiro de 1936.

 

Berdeal Neira, Sebastián (Quintela (Redondela) ¿?)

            En setembro de 1907, sendo mestre en Saxamonde é mellorado de categoría. En febreiro de 1929 otórgaselle autorización para solicitar escola.

  

Bernal, Sebastián

            En marzo de 1901 foi nomeado mestre interino de Chapela.

 

Bermúdez Otero, Carmen (Carmiña) (Redondela 29-11-1896 / Redondela 24-10-1989)

           Estudiou en Marín e logo na Escola Normal de Pontevedra. Comezou dando clases particulares en Redondela. No 1928 era profesora na escola da Inmaculada en Vilavella. No 1934 acadou praza na escola de nenas de Saxamonde, á que acudía a pé. En 1960 pasa á Graduada de nenas de Redondela, ficando nela ata a súa xubilación no 1967.

 

Bermúdez y Santomé, Carmen

            Propietaria e mestra dunha escola na Rúa Loureiro, recibiu autorización de apertura en 1904.

 

Bernárdez, Angelita

            Mestra en Redondela en 1921.

 

Bernárdez Barro, Antonio

            Foi nomeado mestre sustituto no Viso en febreiro de 1928. Cesa no cargo dous meses despois ao reincorporarse o titular, Enrique Soto Fontán.

 

Bernárdez Gómez, Jesús (Redondela, 1915)

            Fillo do médico Telmo Bernardez Santomé. Facía prácticas de Maxisterio ao inicio da Guerra Civil. Estivo preso na illa de San Simón e posteriormente exiliouse a México. Naquel país exerceu a docencia, escribindo varios libros sobre o ensino das matemáticas.

 

Bernárdez Gómez, Isabel (Bela) (Redondela 27-2-1917)

            Filla do médico Telmo Bernardez Santomé. Cursou Maxisterio en Pontevedra. Tan só chegou a exercer nunha escola rural de Cambados por mor da Guerra Civil. O seu pai foi executado en 1936 e ela sería afastada do seu posto, tendo que exiliarse a México coa súa nai e irmáns.

 

Bernárdez Gómez, Telmo (Redondela, 1913)

Fillo do médico Telmo Bernardez Santomé. Foi mestre en Lérez, Bueu e Mos. Preso ao inicio da Guerra Civil pasou por varias cárceres, entre elas a illa de San Simón. Posto en liberdade en 1940 exiliouse a México, onde traballou para laboratorios farmacolóxicos e, nos seus derradeiros anos de vida laboral, como administrador de axencias inmobiliarias.

 

Bernárdez Santomé, Amelia (Redondela)

            Irmá de Telmo Bernárdez. En febreiro de 1910, foi nomeada mestra interina da escola de Salceda, co soldo de 412’50 pesetas anuales. En 1918 ascende a 1.500 pesetas, sendo daquela mestra en Riverteme. En 1928 era mestra de Tomiño, cando se casou co alcalde de Salvaterra, tamén mestre.

 

Bernárdez Santomé Concepción (¿? / Redondela, xaneiro 1924)

            En decembro de 1920, é nomeada mestra interina da escola de nenas de Redondela.

 

Blanco Alfaya, Fermín (Redondela)

            Involucrado en política en 1932 xa forma parte do Partido Galeguista de Redondela. Como mestre en decembro de 1933 é nomeado interino na escola de Cidadelle (Chapela). A nivel persoal casouse o 7 de xullo de 1934 en Vilagarcía, coa tamén mestra redondelá, Luisa Gómez Fernández.

            En maio de 1935 autorízase a súa permuta con Juan Armestro Salgado, mestre  de Ventosela. Seguía nesta escola cando en 1936 é destituido e encarceado. En xullo de 1937 é reposto con pérdida dos haberes que deixou de percibir e trasladado a unha escola de Hérmenes do Cerrato (Palencia), quedando inhabilitado para cargos directivos e de confianza. En abril de 1938 queda sen efecto o traslado e reintégrase á escola de Ventosela. Pouco despois incorpórase a filas, voltando a exercer ao remate da Guerra.

            En setembro de 1939 pasa a cubrir provisionalmente unha vacante en Redondela. Nos 60 era mestre en Reboreda.

 

Blanco Lago, Natalia e Pilar.

Coñecidas como as Andaluzas porque eran de Xerez. Daban clases en Redondela de xeito privado na primeira metade do século XX. A primeira morreu en 1958 e a segunda en 1940.

 

Blanco Pérez, Alfredo

            En febreiro de 1899 é nomeado mestre da escola de nenos completa de Redondela, por abandono do anterior, Jesús Segond Berdiales.

 

Bouzas Cabanelas, María Juana

            En outubro de 1902 nomeada mestra en propiedade de Escuadro (Silleda).O 10 de xuño de 1904 é nomeada fóra de concurso como interina na escola mixta de Cedeira. En setembro dese mesmo ano é nomeada en propiedade para a escola de nenas de San Xurxo (Cotovade). Cando menos entre 1908 e 1918, seguía en Cotovade, pero na mixta de Almofrei.

 

Braga Valle, José

            En agosto de 1943 aprobouse o seu traslado de Bahiña a Cedeira (Redondela). Seguía na mesma escola en 1963 cando foi nomeado concelleiro de Redondela polo tercio familiar.

 

Brea Real, Generosa

            En febreiro de 1935 aparece como residente en Redondela nunha relación de mestres aspirantes a interinidades ou sustitucións de escolas nacionais. (19350216 El pueblo gallego)

 

Bugallo, José

            En agosto de 1939 era interino en Cedeira.

 

Galería Escolas de Cesantes

Cal Fernández, Raimundo-Foto Redondela, crónica dun tempo pasado
Cal Fernández, Raimundo-Foto Redondela, crónica dun tempo pasado

Caamaño Bournacell, Dolores

            En maio de 1926 foi nomeada mestra interina de Santo Paio de Arriba (Reboreda).

 

Cabaleiro ¿?, Luis

            Co seu curmán Gonzalo Muíños, nos anos 40 daban clases de Bacharelato na escola que tiñan Paulina Sánchez e Carmiña Lago na Rúa Isidoro Queimaliños.

 

Cabaleiro ¿?, Rita

            Tiña escola na Rabadeira (Cedeira) nos anos 30-40.

 

Cajide, José

            Nomeado mestre interino de Redondela en febreiro de 1891.

 

Cal Fernández, Esmeralda (Redondela xaneiro 1899 / Redondela 1-5-1990)

            Examinouse na Normal de Pontevedra. En 1929 exercería como interina na graduada de nenas de Redondela. En 1931 acadaría praza en Vilar de Infesta. Pasaría logo, en xullo de 1933, a Padróns (Ponteareas), chegando a percorrer os 20 km. de distancia a Redondela a pé. En outubro de 1934, sería trasladada a Louredo (Mos). Entre 1936 e 1938 foi afastada do seu cargo. Instalaríase definitivamente en 1959 en Reboreda onde impartirá clases durante 20 anos.

 

Cal Fernández, Raimundo (Nicolás Jorge) (Redondela, 22-9-1914)

Secretario xeral das Mocidades do Partido Galeguista de Redondela e
Responsable de Prensa e Propaganda da provincia de Pontevedra durante a campaña do Estatuto, era estudante de Maxisterio cando se iniciou a Guerra Civil. Nomeado mestre de Petelos en 1942, foi apartado da docencia por motivos políticos. Restituido en 1950 solicitou praza en Logroño e 6 anos despois na parroquia de Reboreda. En 1965 foi nomeado para a escola de nenos de O Viso. Xubilouse en Reboreda.

 

Cal Fernández, Rosario (Redondela 1911)

            Examinouse por libre na Normal de Pontevedra. Pertencía ó Grupo Galeguista polo que lle rebaixaron o número obtido na oposición do nº 5 ó 24. En 1942 empeza a traballar na escola mixta de Vilachán do Monte (Tomiño). Pasaría logo por Amorín (Tomiño), Pazos de Borbén, Cesantes e Redondela.    

 

Cal Garrido, Manuel                

            Nomeado en abril de 1891 para a axudantía de Redondela. En novembro de 1903 foi nomeado mestre de Laxe (Fornelos), na que continuaba en 1911.

 

Calzas González, Julián

            En abril de 1919 nomeado mestre en propiedade como opositor procedente da de Soria, da escola de Trasmañó. Smáis tarde déuselle a baixa por pasar a servir noutro corpo ao entrar no exército. En marzo de 1923, despois de loitar en África, solicita a súa reincorporación ao maxisterio cando sexa licenciado. Despois da súa reincorporación solicita e concédeselle en setembro de 1925 o seu traslado a Peñaranda de Dueso (Burgos).

 

Campos Pérez, Antonio Martín

            En outubro de 1934, sendo mestre en Amoedo (Pazos de Borbén), acada praza definitiva na escola de Trasmañó.

 

Carballo Otero, Lorenzo.

En 1871 era o director da escola de instrucción primaria de Redondela, cando o 22 de novembro a Dirección Xeral de Instrucción Pública concede unha colección de libros, formada por 155 obras, para a creación dunha biblioteca popular neste centro. En decembro de 1872 foi proposto para unha cruz de María Victoria de segunda clase. En xuño de 1891 foille concedida a xubilación.

 

Carballo Soto, Baldomero

            Era mestre en O Rosal ata que en outubro de 1910 apróbase a permuta con Antonio Dobarro Gil, mestre en Redondela. Deixa a nosa vila cando en novembro de 1918 apróbase a súa permuta con José Gallego Martínez, mestre na Estrada. O 20 de marzo de 1932 a través do xornal El Soplete envíalles unha aperta ós seus ex-alumnos de Redondela aos que agarda ver no próximo verán.

 

Carracedo Barrio, María

            En setembro de 1936 é destinada como mestra interina a unha sección da graduada de Redondela.

 

Carreira Carreira, Antonio

            Residente en Trasmañó é destinado como interino a Cerdeiras (Orol-Lugo) en xullo de 1939.

 

Carrera, Concepción

            Mestra de Chapela en febreiro de 1940.

 

Carrera, Manuel

            En outubro de 1921 foi nomeado mestre interino de Saxamonde.

 

Carrete, Feliciano

O 15 de setembro de 1890 inaugúrase en Redondela unha escola de 1º e 2º ensino de ambos sexos, baixo a advocación dos Sagrados Corazóns de Xesús, dirixido por Feliciano Carrete, Quen fora mestre nun instituto galego e falaba varios idiomas.

 

Carrete Rebolledo, Gabriel.

Tiña escola na rúa Francisco de Federico (actual Padre Crespo).

 

Carsi Veiga, Mariano

            En setembro de 1936 nomeado mestre interino de Chapela.

 

Casal Piñeiro, Efigenia

            Non era de Redondela. Ensinou na vila como interina ou sustituta.

 

Casas Builla, Eduardo.

            En febreiro de 1938 foi nomeado mestre interino de Reboreda, procedente da graduada do Areal (Vigo).

 

Castejón Deuche, Felicidad

            En outubro de 1921 é nomeada mestra interina da escola de Vilavella.

 

Castillo, Josefa Soledad

            Foi separada da docencia por expediente gubernativo e reincorporada por Real orde de 15 de marzo de 1916, concedéndoselle a autorización para solicitar praza fóra de concurso. O 17 de outubro sería nomeada para a escola de Cabeiro. En xullo de 1918 apróbase o seu traslado a Guillade (Ponteareas). O 15 de setembro de 1919, seguía ensinando en Cabeiro, cando foi desestimada  a súa petición para o abono do tempo que estivo apartada do maxisterio.

 

Castro Fernández, Antonio

            Por concurso de traslado, en xuño de 1949, Antonio Castro Fernández, procedente da escola de Santiago de Cerreda (Ourense), é nomeado para a unitaria de Ventosela.

 

Castro Lago, María del Carmen

Nomeada en 1886 auxiliar da escola completa de nenas de Redondela, onde ensinaba a súa nai, Maximina Dolores Lago Cobián. En marzo de 1897 pasa a dirixir unha nova escola de nenas en A Estrada. En novembro de 1903 entra como interina na escola de nenas de Redondela, acadando por oposición a praza en propiedade en marzo de 1905. En novembro de 1918 ascende de categoría pasando a cobrar 2.000 pesetas. En 1920 propónse que, xunto a José Castro mestre de Covelo, se lle otorguen gracias de Real Orden por seres os únicos mestres da provincia que viñan cumprindo a Real Orden de abril de 1918 dende a súa publicación, pola que se recomendaba a celebración de excursións e paseos escolares. En maio de 1921, sendo directora da escola de nenas de Redondela, é elexida tesoreira da Asociación de Mestres de Redondela. En xuño dese ano volta a ver aumentado o seu soldo a 3.500 pesetas. Sería suspendida de emprego e soldo o 1-9-1936 e reposta ás súas funcións en xuño de 1937.

 

Castro Sánchez, Cándido

            Mestre da escola de Saxamonde ata que en decembro de 1928 é trasladado a Ávila.

 

Cortizas Figueroa, Elena-Foto: Mestras de Redondela
Cortizas Figueroa, Elena-Foto: Mestras de Redondela

Cendón González, Francisco

            En setembro de 1917 é nomeado mestre interino de Chapela, saíndo a praza a concurso a finais dese mesmo ano. En xaneiro de 1919, voltaría a ser nomeado interino para o noso concello, desta volta para a escola de Cesantes.

 

Cervera Gómez, Manuel

            En outubro de 1915 foi nomeado mestre interino de Vilar de Infesta.

 

Cerviño Ferrín, José

            De Godos (Caldas de Reis) sería trasladado, en novembro de 1937, á escola de Ventosela.

 

Cerviño Ferrín, Manuel

            En agosto de 1934, sendo mestre en Tinlores (Ourense), é proposto para a escola de Reboreda. Suspendido de emprego e soldo en setembro de 1936, sendo restituido en novembro dese mesmo ano ó seu posto en Reboreda. En xaneiro de 1938 é suspendido por 10 meses.

 

 

Cifuentes Pons, María de los Ángeles

            Nomeada mestra propietaria de Cesantes en xaneiro de 1925.

 

Clemente Soto, José

            Foi mestre no Viso, ata que en xaneiro de 1904 o Ministerio de Instrucción Pública accede á xubilación que por idade tiña solicitado. Falecería naquela parroquia en xullo de 1907.

 

Comesaña López, Máximo

            Rematou a carreira no 1935. En setembro de 1936 nomeado mestre interino para unha sección da graduada de Redondela. En xaneiro de 1940, foi nomeado interino de Negros, e mestre titular desta escola en agosto de 1942.

 

Contreras Alfaya, Eulalia (Redondela)

            En febreiro de 1935 aparece nunha relación de mestres aspirantes a interinidades ou sustitucións de escolas nacionais. En setembro de 1936 é nomeada mestra interina da escola de Igrexa (Chapela). En Redondela formará parte da Sección Femenina de Falange.  

 

Contreras Alfaya, María Socorro (Redondela)

            Aprobou a oposición en outubro de 1935. En setembro de 1938 elixe como primeiro destino a escola de Trespeles (Fornelos), na que seguía a finais de 1939. Pertencía á Sección Femenina de Falange de Redondela. En febreiro de 1948 concédeselle unha licenza por enfermidade, exercendo daquela en Negros.

 

Contreras Alfaya, Teresa (Redondela)

            Mestra. Aparece nunha relación da Sección Femenina de Falange de Redondela.

 

Contreras Quirós, María Teresa (Redondela)

            En maio de 1936 aparece nunha relación de alumnos do grado profesional que acaban de rematar o curso. En abril de 1942, concédeselle o reingreso ao corpo activo como mestra excedente de Ribadelouro (Tui).

 

Contreras Valiñas, Eulalia (Redondela)

            Mestra. En xaneiro de 1901 é nomeada mestra provisional da escola de Quintela. Ao ano seguinte cásase con Apolinar Contreras Contreras, natural de Gaxate, co que se establece en Portugal e onde o seu marido fai fortuna grazas á importación de tabaco.

           

Contreras Valiñas, Herculina (Redondela)

Por concurso único foi nomeada mestra da mixta de Xesta (A Lama) con 250 pesetas, en xuño de 1890. En novembro de 1903 foi confirmada como mestra da escola completa mixta de Forzáns (Pontecaldelas). Sería admitida a súa renuncia a dita praza en marzo de 1906.

 

Corbacho Pajares, María

Aparece en abril de 1932 como aprobada no primeiro exercicio nunha lista de cursillistas para ingreso no Maxisterio, para a escola de Redondela.

 

Cores Fernández, Francisca

Por orde do 2 de abril de 1907 e en virtude do concurso de setembro do ano anterior, foi nomeada mestra en propiedade de Cabeiro, deixando vacante a de Pexegueiro en Tui.

 

Cornes García, Rosalía

            En febreiro de 1923 tomou posesión do cargo de mestra interina da escola de nenas de O Viso.

 

Cortizas ¿?, Estrella

            Tiña escola na Praza Figueroa nos anos 30-40.

 

Cortizas Figueroa, Elena (Lelé) (Redondela maio 1918 / Redondela 21-6-1988)

            Antes de aprobar as oposicións en Pontevedra en 1944 deu clases particulares xunto a Maruja Fernández. Despois de 2 anos exercendo en Valbuena de Pisuerga (Palencia) volta a Galicia en 1947, pasando polas escolas de Bande (Ourense), Estacas (Fornelos de Montes), Fozara e Xinzo (Ponteareas). En 1971 trasládana a Negros e 3 anos despois a Redondela, onde permanecerá ata a súa xubilación no 1984.

 

Costa Veiga, Antonio

            Mestre de Vilar en 1942.

 

Couto Mallén, Agustín

            En xuño de 1918 é nomeado mestre interino da escola de Vilar Infesta.

 

Crespo Martínez, Alfonso

            Tenente coronel. Mestre de xeografía e historia no colexio Mezquita de Vigo, onde foi compañeiro de Francisco Fernández del Riego.

 

Criado ¿?, Josefina

            No 1943 mestra sustituta en Reboreda.

 

Cuena González, María de la Concepción de

            En agosto de 1937 é trasladada de Vadillo (Logroño) para Chapela (Redondela).

 

Cunqueiro Alfaya, María del Carmen (Redondela abril-1919 / Redondela 6-11-1996)

            Filla do que fora alcalde de Redondela, Francisco Cunqueiro Montenegro. Estudiou Maxisterio en Pontevedra aprobando a oposición en outubro de 1935. Comezou a exercer en 1938 na escola de Fragoso (A Estrada). No 1944 trasládase a Villadeséns (Girona) e 2 anos despois volta a Galicia pasando polas escolas de Ventín (Fornelos), Calvos e Amoedo (Pazos de Borbén). En 1955 abandoa a docencia para coidar da súa primeira filla.

 

Cuntín Sarandón, Eduardo

            Foi mestre no Grupo Escolar de Redondela, do que era director en 1910. Tamén exerceu en Tortoreos, As Neves, concello no que chegou a ser alcalde.

           

Cuñarro Rodríguez, Peregrina

            Foi nomeada mestra interina de Negros en febreiro de 1948. Probablemente renunciou ao cargo porque poucos días despois é nomeada outra mestra.

 

Fernández Soto, Mª Ascensión-Foto: Mestras de Redondela
Fernández Soto, Mª Ascensión-Foto: Mestras de Redondela

Díaz Corbacho, José

            Mestre de Trasmañó en 1922.

 

Díaz Jiménez, Santiago.

            Entre decembro de 1921 e novembro de 1922, sustituiu como interino na escola graduada de nenos de Redondela  a Joaquín Pais Lorenzo que cumpría o servicio militar. Neste periodo encargouse das crases para adultos.

 

Díaz Pedras, Francisca

Aparece en abril de 1932 como aprobada no primeiro exercicio nunha lista de cursillistas para ingreso no Maxisterio, para a escola de Redondela.

 

Dobarro Gil, Domingo Antonio.

Foi nomeado mestre en propiedade da escola completa de Redondela por R.O. de 19 de abril de 1899. En abril de 1910 solicita do Ministro autorización para introducir o ensino do Esperanto despois das leccións de Gramática nas seccións máis adiantadas da escola. En outubro de 1910 permuta con Baldomero Carballo Soto, mestre de  O Rosal. En 1921 é proposto para Cádiz.

 

Docampo Méndez, Juan

            Mestre da graduada de Redondela en 1931.

 

Domínguez Pereira, María (Maruja) (Redondela 1914)

            Estudiou o Bacharelato en Pontevedra, examinándose despois en Maxisterio no 1935. O seu primeiro destino foi Beade (Vigo). Logo pasaría por Cee e Santa Comba, para acadar praza no colexio de Aguiño (Ribeira), onde fixou a súa residencia.

            Estaba casada co mestre nacional José Sanz Ortega.

 

Eiras Lemos, María

            Nomeada mestra interina da escola de Santo Paio en Reboreda en febreiro de 1926. Solicitou unha licencia que lle foi rechazada, polo que presentou a súa renuncia ao cargo en maio de 1926.

 

Ejido Martínez, Rosa

            En xuño de 1946, foi nomeada mestra sustituta para Soutoxusto.

 

Escalera, Mercedes R. de la

            En xaneiro de 1917 era mestra da Escola Nocturna de Obreiros cando o Bispo de Tui fixo unha doación de 300 pesetas para que os alumnos formaran un equipo de futbol e se costearan as equipaxes.

 

Escaríz Portela, Manuel.

            Mestre en Cesantes, ao que en outubro de 1891 se lle sube o soldo. En marzo de 1899  cando se lle concede un mes de licencia e outro de prorroga por enfermidade. En febreiro de 1901 a Xunta provincial de 1º ensino eleva ao Rectorado o expediente de sustitución persoal deste mestre, que fora incoado pola Xunta local, e que será concedido en maio dese ano. Faleceu antes de rematar o ano.

 

Escobar Lemos, Restituto

            O 13-5-1933 nomeado interino para unha sustitución en Negros. En febreiro de 1937 para dar clases en O Viso. En setembro de 1940, sería nomeado interino para a escola de Aldea de Arriba de Sober (Lugo).

 

Estévez Boullosa, Clotilde (Vilarchán)

            Nomeada mestra interina de Cabeiro en 1915 e de Ventosela en agosto de 1925.

 

Estévez Lameiro, Juan

            Nomeado mestre interino de Trasmaño en febreiro de 1926. Pouco durou no cargo porque en xuño dese mesmo ano nomean a outro mestre, mais el voltaría a esta escola onde ensinaba en 1935.

 

Fentanes Barros, Hipólito

            En setembro de 1936 nomeado mestre interino do Viso.

 

Fernández Barros, Ángela

Aparece en abril de 1932 como aprobada no primeiro exercicio nunha lista de cursillistas para ingreso no Maxisterio, para a escola de Redondela.

 

Fernández Carbajo, María

            Mestra en Aldán, en xuño de 1929, tomou posesión da praza de mestra na escola graduada de Redondela. En setembro de 1936 é nomeada provisionalmente directora desta escola, xubilándose neste posto en novembro de 1959. En 1968 falecería en Santiago aos 78 anos.

 

Fernández García, Celestino

            En novembro de 1934 nomeado para a sección graduada de Redondela para sustituir a un mestres procesado.

 

Fernández González, Rosalía

            Nomeada en maio de 1899 mestra interina da escola de Reboreda.

 

Fernández Montero de Espinosa, Olimpio

En abril de 1907 nomeado mestre de Trasmañó, a onde chegou procedente dunha escola da provincia de A Coruña. En 1910 pasa a outra escola de mesma categoría no concello de Sanxenxo.

 

Fernández Novás, Elena

Tomou posesión como mestra da escola de nenas de Cedeira, en xullo de 1929.

Seguía nesa escola cando por orde do 19-4-1933, ascendeu a cobrar 5.000 pesetas. En setembro dese ano apróbase o seu traslado a Pontecesures.

 

Fernández Soto, Bernardo

            Procedente do plan profesional, en marzo de 1942 é nomeado mestre de Cesantes. Mentras traballaba como procurador pagaba a un mutilado de guerra para que o sustituira no cargo de mestre. Logo acadaría praza na escola de Redondela, da que chegaría a ser director e na que se xubilaría a principios dos anos 80.

 

Fernández Soto, María Ascensión (Maruja) (Redondela 17-5-1917 / Barcelona 1987)

            Con tan só 15 anos en 1933 pertencía ó Grupo Galeguista de Redondela. Acada a titulación de Maxisterio en Pontevedra no 1935. Por mor da suspensión das oposicións da clases en Redondela xunto a Elena Cortizas. Acada destino en 1955 en Pen Amieva (Asturias). En 1961 é destinada a Lodeiro (Lalín). No 1962 trasládase a Aytona (Lleida) e despois as escolas de Barcelona de Sta. Eugenia Congost e de La Gorriga. Máis tarde, volta á súa vila, exercendo primeiro en Cidadelle (Chapela) e despois en Reboreda, onde se xubila.

 

Ferro Fernández, Ramón

            En xullo de 1940, aparece para a escola do Areal (Vigo) nunha relación de oficiais do exército que son nomeados mestres provisionais cun soldo de 4.000 pesetas. Nomeado interino en Chapela en xullo de 1942.

 

Figueroa y Salgado, Ramón

             Mestre da escola de Laredo (Chapela) en 1862, cando o inspector constata que non asisten nenos a dita escola.

 

Filgueira, Isabel

            Mestra da escola pública de Redondela no s. XIX. Entre outros tivo como alumno ao Xeneral Rubín.

 

Filgueira Moreira, Teresa

            En decembro de 1925, nomeada para a recentemente creada escola de Rande.

 

Follente Domínguez, José

            Mestre en Ventosela en 1942.

 

Fontán, Juan Antonio

            En agosto de 1892 é nomeado con 1.100 pesetas, para a escola de Redondela. Anteriormente estivera na escola de nenos de Mellid. En 1894, seguía en Redondela como mestre de 2ª clase con máis de 38 anos de servizo.

 

Fontdevilla, Rafael

            Alumno de Maxisterio, en setembro de 1939 elixe facer o ano obrigatorio de prácticas en Cedeira.

 

Fontenla Camiña, Raquel (Redondela)

            Aparece nunha relación de mestres aspirantes a interinidades en xaneiro de 1933.

 

Fraile Pampín, Lorenza

Aparece en abril de 1932 como aprobada no primeiro exercicio nunha lista de cursillistas para ingreso no Maxisterio, para a escola graduada de Redondela.

 

Frías Hidalgo, Maximiliano

            En maio de 1934 concédenlle praza na escola de O Viso. En outubro de 1934 acada praza definitiva en Santiago Milla (León).

 

Gallego Martínez, José

            En novembro de 1918 apróbase a permuta entre este mestre destinado na Estrada e Baldomero Carballo Soto, mestre en Redondela. Xa estaba desempeñando o cargo de director da graduada, cando en maio de 1921 se constitue a Asociación de Mestres de Redondela, sendo elexido presidente. Daquela a persoa que desempeñaba este cargo tiña máis peso na vila, polo que atopo noticias de José en reunións para evitar a supresión do xulgado ou formando parte dun tribunal na oposición a mecanógrafo do Concello. Era corresponsal en Redondela de La Integridad, diario católico, xornal de Tui. Tamén desempeñou o cargo de xefe do Corpo de Exploradores de Redondela (Ver Historia>colectivos). Involucrouse na política local aparecendo como vocal na constitución de Unión Patriótica en 1924. En setembro de 1930 deixa a nosa vila ao ser trasladado á graduada de Pontevedra.

 

Gandía Díaz Romeral, Antonia

            Por concurso de traslado en xuño de 1949, Antonia Gandía Díaz Romeral, de Tovar (Cuenca), foi nomeada para Cabeiro.

 

Gandós Villaverde, Ignacio

            En agosto de 1934, sendo mestre en Regueiro (Ourense), é proposto para a escola de Cabeiro, da que toma posesión en outubro. Estando nesta escola é suspendido no 1936, sendo restituido en novembro dese mesmo ano. En novembro de 1940, resolveuse que cese na escola de Cabeiro e pase a desempeñar con carácter definitivo a  de Ponte (Silleda).

 

García Barreiro, Antonio

            Mestre en Toure (A Coruña) ata que en xullo de 1897 é aprobado a súa permuta co mestre de Reboreda. En setembro dese ano solicita do Rectorado unha excedencia  para cursar na Normal de Santiago o terceiro ano da súa carreira. En xaneiro de 1898. seguía ensinando en Reboreda cando foi declarado en observación por catro meses a causa da imposibilidade en que se atopa para ensinar. En outubro dese mesmo ano, presentou a súa renuncia.

 

García Barros, Agustín

            Mestre en Parada (Ourense), nomeado mestre de Trasmañó o 5 de xuño de 1926. Segue nesa escola cando en marzo de 1930, cúrsase á Dirección Xeneral a súa solicitude ao Ministerio para seguir un curso de inglés.

 

García Boente, Juan Benigno

            En xaneiro de 1937, ordeouse a clausura da súa escola privada que desempeñaba en Chapela, por carecer de condicións legais.

 

García Bouzón, Carlota

            Nomeada mestra da escola mixta de Trasmañó, en xuño de 1890, con 250 pesetas. Probablemente era o seu primeiro destino porque en marzo de 1894 apenas levaba 3 anos de servicio.

 

García Crespo, Francisco

            Mestre de Cabeiro xubilado no 1892.

 

García Díaz, Rafaela

            En abril de 1906 nomeada mestra da escola completa mixta de Reboreda, anteriormente ensinaba nunha dotada co mesmo soldo de 625 pesetas na provincia de Ourense. En 1911 continuaba en Reboreda con máis de 18 anos no ensino.

 

García Domínguez, José.

Mestre de Redondela xubilado en 1896.

 

García García, Antonio

            Nomeado en xuño de 1893 mestre interino de Reboreda. En marzo de 1895 é suspendido de emprego e soldo por abandoar a escola, pero despois de xustificar a ausencia a suspensión foi anulada reincorporándose ao seu posto. En novembro dese ano sube de categoría ao ser declarada completa a escola de Reboreda. En xullo de 1897, apróbase a súa permuta con Antonio García Barreiro, mestre en Toure (A Coruña).

 

García y García, Juan

            Residente en Monfero (Córdoba), en xuño de 1921 é nomeado mestre propietario de Vilar.

 

García Moldes, Carmen

En xaneiro de 1939 destinada como mestra interina a Trasmañó.

 

García Mouriño, Marina

            O 28 de decembro de 1918 adxudícaselle o seu primeiro destino, a de mestra en Cesantes. O 30 de xuño de 1924 é nomeada para a escola de nenas de Reboreda, na que ensinou ata que en outubro de 1934 acada praza definitiva en Castrelos (Vigo).

 

García Senra, María de la Nieves (Maruja) (Redondela, 1903 / Red., 10-5-1975)

            Examinouse na Escola Normal de Pontevedra. En 1922 comezou como interina nunha escola de Tui. Logo acadará praza en Lugo e despois en Vincios (Gondomar), onde permanecerá 13 anos. En Redondela, foi interina en 1930 na escola de nenas de Saxamonde, de recente creación. En maio de 1931 será nomeada para a escola de Recelle. Pasará 17 anos na escola de Santo Paio de Arriba (Reboreda), trasladándose en 1963 a Vilavella e en 1969 a Reboreda, que será o seu derradeiro destino antes da xubilación.

           

García Tenreiro, Carolina

Mestra en Chaín (Pontecaldelas), entre maio de 1921 e xuño de 1926, cando foi nomeada mestra de Santo Paio de Arriba (Reboreda), onde ensinaría ata a súa xubilación en 1943. Nada na provincia de A Coruña, foi a primeira muller Concelleira de Redondela en 1934. No proceso de depuración foi suspendida de emprego e soldo o 1-9-1936. Tamén foi mestra en Ventosela.

 

Galería Escolas de Chapela

Gómez Fernández, Luisa-Foto: Mestras de Redondela
Gómez Fernández, Luisa-Foto: Mestras de Redondela


Gil López, Gerardo

            En setembro de 1936 nomeado mestre interino de Reboreda.

 

Giráldez Ramos, José

            En decembro de 1933 concédenlle praza de interino na escola de Trasmañó.

 

Gómez Fernández, Luisa (Redondela 20-3-1911)

            Nun principio quiso presentarse as oposicións de Facenda pero como daquela non estaba ben visto unha muller traballando con homes decantouse polas de Maxisterio. En 1934 comezou a exercer en Adelán (Rodeiro). Pouco despois de casar co tamén mestre Fermín Blanco Alfaya, apelando ao dereito consorte, solicitou praza en Redondela, mais a petición foi rechazada.

            En xullo de 1942 é trasladada con carácter provisional a Rande (Cedeira) e posteriormente a: Soutoxuste (O Viso), Quintela, Cesantes (onde tamén ensinaba a adultos) e finalmente no Grupo de Redondela, xubilándose ós 70 anos. Desprazábase en bicicleta ás escolas.

 

Gómez García, Generoso

            Mestre de Trasmañó en 1942.

 

Gómez Gómez, Manuel

            Mestre e alcalde de Cuntis no concurso de traslados de outubro de 1956 acada escola en Redondela.

 

Gómez Rubio, Carmen

            En setembro de 1936 nomeada mestra interina de Sampaio de Arriba (Reboreda).

 

Gómez Rubio, María del Pilar

            Nomeada mestra interina de Redondela en marzo de 1937.

 

González Campos, José

            En xullo de 1910 con 8 anos, 4 meses e 12 días de servizo, José González Campos foi ascendido con 625 pesetas para Trasmañó. Continuaba nesta escola a finais de 1916.

 

González Díaz, María

            Foi nomeada mestra interina da mixta de Cabeiro en setembro de 1918. 

 

González Gómez, Fernando (Tolosa 25-3-1868 / Redondela 22-12-1947)

Coñecido como Rey Chiquito, emigrou ós 13 anos. Xornalista, foi repatriado tras ser ferido na guerra de Cuba. En Redondela seguiu colaborando con varios xornais e abriu a súa propia escola. Era pai de Amado González Cardama que sería alcalde de Redondela.

 

González Fidalgo, Pilar

            En novembro de 1934 acada praza na escola feminina de Vilar de Infesta.

 

González Montes, Antonio

            En novembro de 1939, este ex-combatente elixe Trasmañó como destino.

 

González Núñez, Pilar.

            En xaneiro de 1899 é nomeada mestra de Cabeiro. Procedía dunha escola de Oia e tiña pouco máis dun ano de experiencia.

 

Gónzalez Pérez, Antonio

            En setembro de 1936 é nomeado provisionalmente director da escola de nenas de Redondela.

 

Grande Iglesias, Benito

            En xaneiro de 1919 é nomeado mestre interino para a escola de Saxamonde. Non debeu de chegar a exercer na nosa vila porque tan só un mes despois elexiuse outro docente.

 

Guerra y Garay, Marina

            Mestra da escola de nenas de Cesantes cando menos entre 1933 e xullo de 1936.  Estaba casada con Ulpiano Rodríguez Villarino, quen foi alcalde de Redondela (Ver Cargos Públicos>Alcaldes). Faleceu en  Bahía (Brasil), en 1968.

 

Guillán Abalo, Antonia

            Mestra en Graña (Covelo), en febreiro de 1940 é trasladada a Vilavella.

 

Gutiérrez López, Ramón

            Nomeados mestres propietarios provisional en virtude de concurso de traslados  para Ventosela, en agosto de 1948. En agosto do ano seguinte nomeado para Saxamonde.

 

Hermida, Alfredo G.

            Mestre. En 1926 coa súa dona asistiu ás festas de O Viso.

 

Hermida Camiña, María del Pilar

            En xullo de 1895 é proposta para a escola de Redondela.

 

Hernández Castellanos, Enrique

            Foi director da Graduada de Redondela cando menos dende 1952 ata o seu falecemento en setembro 1961. Probablemente era natural de Salamanca, xa que alí tiña familia e ademáis foi a cidade elexida pola súa viúva para establecerse trala súa morte.

 

Hermida Santos, Perfecto

            Nomeado o 13-5-1933, mestre interino dunha sección da graduada de Redondela, Perfecto Hermida Santos.

 

Iglesias ¿?, Jesusa

            Tiña escola na Rúa Prata nos anos 30-40.

 

Iglesias Gayoso, Purificación

            En decembro de 1925, nomeada interina para a escola de nenas de Trasmañó.

 

Iglesias González, Carmen

            En abril de 1918 a Instrucción de Primeiro Ensino de Ponntevedra ordeou a clausura das escolas particulares de Chapela, que funcionaban a cargo de Carmen Iglesias e Manuel Pazó, por non cumpliren os requisitos regramentarios antes da súa apertura.

            Foi mestra da escola da Sociedade de Agricultores de Chapela. Falecería en setembro de 1927.

 

Iglesias Jorge, Francisco

            En xullo de 1943, a Xunta Provincial de Primeiro Ensino acordou executar o nomeamentos de mestre interino de Vilar a favor do ex-combatente Francisco Iglesias Jorge.

 

Iglesias López, Felisa (Redondela)

            Aprobou Maxisterio no 1935.

 

Jorge Franco, Manuel Evangelino

            Nomeado mestre interino de Ventosela en novembro de 1931, seguía en marzo de 1933.

 

Juncal Paredes, Balbino

            En xullo de 1931 nomeado mestre interino de Trasmañó. Empezara a exercer o 8 de maio de 1929.

 

Lago Búa, Elvira

            En setembro de 1925 foi nomeada mestra interina da recén creada escola de nenas de Chapela.

 

Lago Búa, Marina

            Estando en posesión da praza de Laro (Silleda), en abril de 1935, permutaa pola de Rande. É suspendida polo franquismo de emprego e soldo durante 6 meses e trasladada á provincia de Zamora en xaneiro de 1938. En abril de 1938 queda sen efecto o traslado pero non a sanción, polo que en xuño reintégrase á escola de Rande.

 

Lago Cobián, Maximina Dolores.

Xa era mestra da escola de nenas de Redondela en 1887. En 1894 é considerada mestra de 1ª clase. Xubilouse nesta praza en xullo de 1903, acumulaba 45 anos e 10 meses de servicio. En maio de 1905 para “subsanar defectos” remítese ó Gobernador de Redondela o seu expediente de xubilación. Despois duns días enferma faleceu en Redondela en xuño de 1910.

 

Lago Figueroa, Carmen (Carmiña) (Redondela 1918)

Rematou o Bacharelato en Pontevedra en 1936. Por mor da guerra terá que  esperar ata o 40 para ser mestra e ata o 55 para exercer. Con Paulina Sánchez impartiría clases na R. Isidoro Queimaliños. O seu primeiro destino será en Arriondas (Asturias), onde permanecerá 20 anos. O resto da súa carreira a desenrolaría en Cangas de Onís (Asturias), xubilándose ós 65 anos.

 

Lamparte Quintela, Manuela.

            En xullo de 1891, é proposta como mestra para a escola de Reboreda. En xuño de 1892 é trasladada a Sendelle (Creciente).

 

Ledo Groba, Manuel

            En febreiro de 1919 é nomeado mestre interino de Saxamonde. En setembro de 1923 toma posesión da escola de Guizán (Mos).

 

Leirós Fernández, Isabel (Redondela ¿?/Amoeiro (Ourense), 1929)

            En 1923 estaba a preparar o seu ingreso na Escola Superior de Maxisterio en Madrid. Chegou a ensinar como mestra de Escuela Normal (actual Maxisterio) pero falecería en 1929, cando veraneaba en Amoeiro, probablemente

 en visita ao seu irmán Eladio Leirós, daquela coengo da catedral de Ourense.

 

Leirós Fernández, Manuel “Machaquito” (Redondela)

            Acadou o título de Maxisterio, pero non teño constancia de que chegara a exercer. Nos anos 20 era o encargado da estafeta de Correos en Redondela e posteriormente sería propietario dunha fábrica de cepillos.

 

Leirós Fernández, María de los Ángeles (Redondela)

            Ver Persoeiros>Educación

 

Leirós Fernández, Sara (Redondela)

            Ver Persoeiros>Educación

 

Liste Martínez, Antonio

            En xaneiro de 1943 nomeado mestre en Negros.

 

Lobato Rodríguez, Carmen (Saxamonde)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Lois, María del Carmen

            Mestra da graduada de Redondela en novembro de 1935, cando lle foi concedida  unha licenza de 30 días por enfermidade.

 

Lois García, Benjamín (Cesantes)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Lois Meijomin, Julio (O Viso)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

 

 Segue en Mestres-as. II

Texto: J. Migueles

Actualizado: 31-07-2015

Escribir comentario

Comentarios: 0