Mestres-as. II

 

Relación de mestras e mestres que exerceron no S. XIX e primeira metade do s. XX en ou de Redondela (2ª parte)

 

López Fondevilla, Rosa-Foto: Mestras de Redondela
López Fondevilla, Rosa-Foto: Mestras de Redondela


López, María del Carmen

            En xuño de 1893 nomeada mestra interina de Cabeiro. Continuaba no cargo en xuño de 1897, acumulando máis de 5 anos de servicio.

 

López de Castro García, Celestino (Redondela)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

López de Castro García, Sebastián (Redondela)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

López Fondevilla, Rosa María (La Habana (Cuba))

            Chegou a Pontevedra procedente de Cuba aos 12 anos. Alí aprobaría as oposicións no 1933. Ao ano seguinte comeza a traballar na escola de nenas de Reboreda. No 1958 trasládase á Graduada de Redondela na que permanecera ata que un accidente a obriga a xubilarse aos 66 anos.

 

López de Guereño y Aguirre, Telesforo (¿Silleda?)

En novembro de 1917 acada por oposición a escola de Chapela. En 1920 casou con Germana Rey Crespo, mestra da escola de Reboreda. En maio de 1921 é elexido vicetesoreiro da Asociación de Mestres de Redondela. O 10 de setembro de 1924 abandoa Chapela ao ser nomeado mestre de Teis (Vigo).

 

López y López, Carmen

            En xaneiro de 1906 nomeada mestra interina da escola mixta de Quintela.

 

López López, Jose María

            En agosto de 1943 apróbase o seu traslado de Bamio a Chapela.

 

López Pérez, Benito (Chapela)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Lorenzo, José Ramón

            Mestre interino na completa de Redondela en 1898.

 

Lorenzo Trillo, Manuel

            Manuel Lorenzo Trillo, nomeado mestre interino para Redondela, en agosto de 1888, con 500 pesetas anuais.

 

Lorenzo Portela, Manuel (Saxamonde)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Lorenzo Trilloy, Marcelino

            En agosto de 1888 nomeado mestre interino de Redondela.

 

Losada Dopazo, José (Chapela)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Losada García, María (Reboreda)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Losada Taboada, Marina

            É nomeada mestra interina de Chapela en setembro de 1936.

 

Lueiro.

Mestre en Redondela a finais do s. XIX. Anteriormente traballara en Vigo.

 

Galería do C. P. de Reboreda, curso 1965-66. Arquivo Pereda.

Madero ¿?, Maruja

            Non era de Redondela. Ensinou na vila como interina ou sustituta.

 

Mafeira Rori, Juan (Saxamonde)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Magdalena, Luis

Era mestre no concello de Redondela en 1935.

 

Malvar Díaz, Bernardino

            En xaneiro de 1906 pide autorización para soster unha escola de primeiro ensino en Redondela.

 

Malvar Graña, Elías (Cesantes)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Malvar Graña, Enrique

            Foi nomeado mestre interino para a escola nacional de Saxamonde en xuño de 1918. E novamente en setembro dese ano. O 28 de decembro acadaría en propiedade a escola de nova creación Mourente 2ª, en Pontevedra.

 

Malvar y Malvar, Josefa

            En decembro de 1925 nomeada mestra interina da nova escola de Soutoxuste.

 

Mancebo, Plácido

            Mestre na graduad de Redondela en 1921.

 

Mandado Bouzón, María (Maruja) (Redondela 1903)   

            Obtivo o título na Normal de Pontevedra. Realizou sustitucións nas escolas femininas da vila (no 43 estivo en Vilar de Infesta). Logo, daría clases en Pazos de Borbén (á que ía a pé), Famelga (Outes), Chandebrito (Nigrán) e o Morrazo. Máis tarde, estableceriase en Valladolid de onde era natural o seu esposo.

 

Mandado Bouzón, Teresa (Redondela 1918 / Cataluña 1968) 

Como a súa irmá, comezou facendo sustitucións en escolas de nenas da vila (no 43 en O Viso). En 1953 traballaba na escola de Chandebrito (Nigrán). En 1955 foi nomeada mestra sustituta en Justanos (Pontecaldelas). Traballou en escolas dos concellos de  Pazos de Borbén e Mos antes de trasladarse a Puigcerdá (Girona), onde exerceu durante 7 anos antes de morrer cando contaba 50 anos de idade.

 

Marcos Vilela, Francisco

            Procedente de Vivero fíxose cargo da escola de nenos de Quintela en outubro de 1956.

 

Marín ¿?, Mercedes

            Tiña escola na Rúa Calvo Sotelo (actual Santa Mariña) nos anos 30-40.

 

Marín Mateo, María Teresa

            Por orde do 2 de abril de 1907 e en virtude do concurso de setembro do ano anterior, foi nomeada mestra en propiedade de Chapela, deixando vacante a de Porto en Salvaterra. Contaba daquela 14 anos, 6 meses e 23 días. En xaneiro de 1912, sendo mestra da escola de nenas de Chapela, é proposta para recibir unha recompensa por realizar tarefas extraordinarias ó ensino. En decembro de 1918, fíxose efectivo o seu ascenso de categoría, pasando a cobrar 1.500 pesetas. En decembro de 1920, aparece asinando un manifesto da Asociación Provincial de Mestres Ofendidos, no que se reivindican os dereitos deste colectivo. En xullo de 1925 recuperábase dunha operación á que fora sometida.

            Seguía en Chapela en 1930 cando solicita a permuta coa mestra de Trasmañó. Ao ano seguinte por segunda vez denéganlle esta petición. Finalmente, en outubre de 1931, solicita a xubilación, séndolle concedida a finais dese ano.

 

Márquez Gulías, María Araminta

            Nomeada mestra interina de Cabeiro en maio de 1948.

 

Márquez Reymán, Román

            Foi nomeado mestre interino de Chapela en novembro de 1924.

 

Martín Escudero, Socorro (Redondela)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Martín Escudero, Soledad (Redondela)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Martínez Currais, Soledad Teodora-Foto: Mestras de Redondela
Martínez Currais, Soledad Teodora-Foto: Mestras de Redondela

Martínez Currais, Soledad Teodora (A Lama 8-11-1910 / Redondela 24-4-1983)

            Orfa sendo nena, criouse en O Viso co seu tío. Opositou no 1931, sendo destinada a Calvos. Despois de ensinar en Los Llanos (Almería), en 1934 é trasladada a Couso (Campolameiro), onde casa. En 1944 acada praza en O Viso, ensinando nesta parroquia ata 1974, ano no que xubila por enfermidade.

 

Martínez Estévez, Enrique

            Nomeado mestre de Negros en decembro de 1933.

 

Martínez Figueroa, Juan

            Mestre da escola de Vilar de Infesta cando menos dende 1911 e ata marzo de 1916, mes no que lle concederon a xubilación. Falecería pouco despois.

           

Martínez García, Camila

            Nomeada mestra en propiedade para a escola de Redondela en novembro de 1921.

 

Martínez Gómez, José

            En xaneiro de 1938 foi nomeado mestre interino da graduada de Redondela.

 

Martínez Moreira, Secundino (Saxamonde)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Martínez Otero, Manuel

            En 1886 auxiliar da completa de Redondela. En 1908 era mestre titular da escola de nenos de Mos.

 

Martínez Pereira, Joaquín (Redondela)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Martínez Pereira, Venancio (Soutomaior)

Impartiu clases en O Viso durante trinta anos. A pesares de ser membro da Falanxe, ábreselle expediente de depuración, sendo suspendido de emprego e soldo. En xaneiro de 1938, é  confirmado no seu cargo con dereito a percibir os haberes que deixara de cobrar.

En 1962 administraba no Viso un comedor para os nenos máis desfavorecidos. En 1968 foi trasladado á escola de Redondela, onde seguía en 1971. Foi tenente alcalde de Redondela nos anos 60 e presidiu a organización das Festas da Coca.

 

Martínez Pereiro, Manuel

            Mestre da escola nacional de Soutomaior ata que en setembro de 1923 é trasladado á escola graduada de Redondela. Seguía nesta escola cando, en novembro de 1934, foi detido pola Benemérita por mor dun rexistro practicado o día 9 no Grupo Escolar, onde se atoparon documentos da Casa do Pobo, sendo o detido de filiación socialista.

            En 1.935 era mestre en O Viso. Foi suspendido en 1936. En outubro de 1937 a Comisión Depuradora do distrito decide que sexa separado definitivamente do ensino. En novembro de 1938 ratifícase a súa suspensión de emprego e soldo, sendo proposto para separación definitiva.

 

Martínez Saco, Ramón.

Mestre da escola incompleta de nenos do Viso en 1870. Alcalde, deputado a cortes e provincial por Redondela.

 

Martínez Sánchez, José

            Nomeado mestre de Cesantes en novembro de 1934. Xulgado por rebelión militar e suspendido de emprego e soldo en 1936. Reposto en xullo de 1937 con baixa no escalafón. En xaneiro de 1942 segue na mesma escola cando lle conceden 30 días por enfermidade.

 

Martínez Vidal, Eufrasia

            Nomeada en agosto de 1895, mestra interina de Quintela.

 

Mauricio Mouriño, Manuel

            En outubro de 1903, foi ascendido ao soldo de 550 pesetas anuais por razón do Censo, como mestre da escola mixta de Cedeira. En abril do ano seguinte, seguía no mesmo posto cando faleceu naquela parroquia.

 

Medialdea Tilve, María

Aparece en abril de 1932 como aprobada no primeiro exercicio nunha lista de cursillistas para ingreso no Maxisterio, para a escola de Redondela.

 

Mediero, Antonio.

Xa tiña escola na Rúa Ribeira antes de 1920. O que non sabía a lección tiña que poñerse no balcón, de seonllos, cos brazos en cruz e cunha carapucha na cabeza.

 

Mencía Rey, Andrés

Natural de Aragón, foi nomeado mestre de Chapela en abril de 1925. En xullo de 1931, Andrés Mencía e Joaquín Pais, mestre de Redondela, asistiron na Casa del Pueblo, de Vigo, a unha reunión para organizar e constituir a Federación Provincial de Trabajadores de la Enseñanza, que actuaría dentro da Federación Nacional  e da Internacional, síndicais autónomas adheridas á Unión General de Trabajadores. Seguía en Chapela cando foi suspendido no 1936. A pesares de ser reposto en novembro dese mesmo ano, en novembro de 1938 ratifícase a súa suspensión de emprego e soldo, sendo proposto para separación definitiva.Residiu en Chapela ata o seu falecemento en decembro de 1955.

 

Méndez Fernández, Sara (Reboreda)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Mera Varela, Leonor

            En novembro de 1934, por solicitude dos interesados, Leonor Mera Varela e o seu consorte, Manuel María Sanfiz Mirón, son nomeados para as escolas de Quintela. Durante a Guerra Civil abriúselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938. Continuaba nesta escola en 1942.

 

Regina Milleiro sen data Foto cedida Celso Milleiro
Regina Milleiro sen data Foto cedida Celso Milleiro

Milleiro Sampedro, Alejandro (Redondela)

            En outubro de 1935 aproba a oposición. En 1940 era alumno de 2º curso do Grao Profesional.

 

Milleiro Sampedro, Regina Eladia (Redondela, 6-11-1905 / Marín, 17-11-1987)

            Filla de Celso Milleiro Seoane e Regina Sampedro Barruthe. Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933. Mestra respresaliada polo franquismo sendo daquela mestra en Filgueira (Crescente). En setembro de 1938 ratifícase a súa suspensión de emprego e soldo propóndose a súa separación definitiva.

            Finalmente resólvese que pase a desempeñar con carácter definitivo a escola de  Tremoedo (Vilagarcía).

 

Moldes Castro, Miguel (Chapela)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Monteagudo Maquieira, Fernando

            Nomeado para a axudantía de nenos de Redondela en xuño de 1889; cun ano, 6 meses e 10 días de interinidad.

 

Montero Espinosa, Olimpio

            Nomeado mestre da escola de Trasmañó en febreiro de 1907. Tres anos despois, en febreiro de 1910, foi trasladado a unha escola do concello de Sanxenxo.

 

Montero Moreno, Aurea

            En febreiro de 1922 acada praza na sección segunda da graduada de Redondela. En outubro de 1934 apróbase o seu traslado da escola de Redondela á da Av. de la Inmaculada (Madrid).

 

Montero Mouriño, Norberto

            En decembro de 1933 concédenlle praza como interino na escola de Cabeiro. Ao ano seguinte seguía na mesma figurando como un membros fundadores da asociación Casa del Maestro. En 1937 exercía na Estrada. En 1942 mestre en Redondela. En agosto de 1943, apróbase o seu traslado a Teis.

 

Montes Barcia, Sebastián

            En agosto de 1943 foi publicado o seu traslado de Cernadelo a Vilar de Infesta.

 

Montes Cendón, Pura

            Tiña escola na Rabadeira (Cedeira) nos anos 30-40.

 

Moreira Hermida, Josefa (Reboreda)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Mosqueira Alonso, Francisco

            É trasladado, en decembro de 1937, da escola de Cangas á de Redondela.

 

Mosquera Gil, Emilia

            Emilia Mosquera Gil era mestra de Soutoxuste en xuño de 1946, cando se lle concede licenza por enfermidade.

 

Mosquera Manso, Francisco

            Mestre da graduada de Redondela, cando menos dende 1938, ao que se lle abre expediente en novembro de 1939. En febreiro de 1940, no mesmo posto é dado de alta nas Nóminas de Subsidio Familiar.

 

Moure, Norberto

            En marzo de 1938, o cursillista Norberto Moure foi nomeado para unha sección da graduada de Redondela.

 

Moure Trelles, Carmen

            En decembro de 1921 é nomeada en propiedade mestra de Cabeiro. Ensinaría nesta escola ata que en abril de 1933 é proposta para unha escola de Caldas de Reis. En 1934 pasaría a Pereira (Mos) e en  1943 a Tameiga, tamén en Mos.

 

Monteagudo Maquieira, Fernando

            Foi nomeado, en xuño de 1889, para a axudantía da escola de nenos de Redondela, conatndo daquela cun ano, seis meses e once días de interinidade.

 

Muíños, Gonzalo

Co seu curmán Luis Cabaleiro, nos anos 40 daban clases de Bacharelato na escola que tiñan Paulina Sánchez e Carmiña Lago na Rúa Isidoro Queimaliños.

 

Muíños Blanco, María Amalia (Amalita) (Redondela, abril 1911 / Redondela 10-5-1993)

            Estudiou na Normal de Pontevedra. No 1932 pertencía ó Grupo Galeguista de Redondela. No 1933 era mestra nas Colonias Escolares do Rebullón. O seu primeiro destino foi Angudes (Crecente), logo pasaría a Torneiros (O Porriño). En 1965 consegue o traslado a Reboreda, praza que ocupará ata a súa xubilación.

 

Muíños Castro, María (Saxamonde)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Muíños Reboredo, Pilar

            En 1956 rematou a carreira de Maxisterio na Escola Normal de Ourense,

 

Muñoz, Emilia

            En maio de 1911 nomeada mestra sustituta de Ventosela.

 

Muñoz Pereira, Pedro

            En marzo de 1942 foi nomeado con carácter eventual para Vilar de Innfesta.

 

Otero Fernández, Arminda-Foto: Mestras de Redondela
Otero Fernández, Arminda-Foto: Mestras de Redondela

Nantes Calviño, Julián

            Cando menos entre 1886 e 1888 mestre da incompleta de Quintela, que se ve na obriga de denunciar ao Concello de Redondela por non facilitarlle casa.

 

Navarro Acuña, Miguel

            En novembro de 1942 nomeado mestre de Redondela.

 

Novás Aboal, Mencía

Nomeada mestra interina de Ventosela en outubro de 1899. Voltaría ao noso Concello cando, o 28 de xullo de 1926, é nomeada mestra de Soutoxuste (O Viso). Durante a Guerra Civil abriúselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938. En agosto de 1943, publícase o seu traslado de Soutoxuste a Cantoarena.

 

Novás Vázquez, José

            Ex-combatente en febreiro de 1941 e nomeado mestre interino de Cabeiro.

 

Novo Díaz, Rosendo (Redondela)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Novoa García, Preciosa (Paisáns (Ramiráns-Celanova) 1878 / Vigo 1954)

            Estudiou en Ourense. Exerceu en Xácevas (Quintela de Leirado), Rodeiro e O Rosal. En outubro de 1925 obtén praza en Ventosela, onde permanecerá ata a súa xubilación. Durante a Guerra Civil abriúselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938.

 

Núñez Anido, José Antonio

           En maio de 1919, aprobouse o seu traslado da escola de Cecebre (Coruña) á de Saxamonde. En maio de 1921, sendo aínda mestre en Saxamonde, é elexido vicesecretario da Asociación de Mestres de Redondela. En xullo dese ano é trasladado Parades (Outeiro do Rei-Lugo).

 

Ocampo Otero, María (Maruja) (Redondela, 14-4-1917)

            En Pontevedra obtivo os títulos de Bachiller e Maestra Nacional, mais non chegoua a exercer.

 

Ogando Mouco, Leoncio (Redondela)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Olivares Guzmán, Julio (Cesantes)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Orge ¿?, Josefina (Fina) e Mari Carmen.

Irmás que exercían na rúa Cruceiro. A primeira acadaría praza no colexio de Reboreda, continuando a segunda coa escola, coñecida posteriormente como La Escuelita.

 

Orge Alonso, Francisco (O Viso)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Orge Alonso, Jose María

            Mestre. Trasladado á escola de Pazos de Borbén procedente de Louredo (Mos) en abril de 1913.

 

Otero Fernández, Arminda (Redondela 11-7-1887 / Pontevedra 1955)

            Cursou Maxisterio en Pontevedra. Propietaria e mestra dunha escola mixta na Praza Constitución, recibiu autorización de apertura en 1904. Ademáis ensinou nunha escola rural de Ourense, Figueirido (Pontevedra), en Teis (Vigo), da que pasou en 1934 a Cantoarena (Marín) colexio no que se xubilou con 70 anos.

 

Otero Fernández, Luciano (Redondela)

            Titulado en Pontevedra exerceu en varias poboacións da provincia. Faleceu en Pontevedra nos anos 80.

 

Otero Fernández, Margarita (Redondela 1879 / Pontevedra 1977)

            Despois de pasar pola Escola Normal de Pontevedra, iniciouse traballando un ano nunha escola rural de Lugo e cinco en Vilalonga. Despois exercería na Escola Anexa á Normal de Pontevedra durante 42 anos, ocupando varias veces o cargo de directora.

 

Otero Fernández, Rita (Redondela, 1902 / Redondela, 1956)

            Estudou Maxisterio pero non chegou a exercer. Casou co industrial José Regojo.

 

Otero Fernández, Agripina, Paulina, María e Rosa

            Irmás dos anteriores, cursaron tamén Maxisterio, pero morreron moi novas de tuberculose e só as dúas últimas chegaron a exercer durante un breve periodo.

 

Otero Otero, Carmen (Redondela)

            Aprobou maxisterio cara a 1933.

 

Otero Sestelo, Araceli (Redondela 1910 / Redondela 5-8-1951)

            Estudiou en Pontevedra para adicarse ó ensino en escolas rurales como a de Amorín (O Rosal) ou a de Refoxos (Silleda). Foi suspendida durante un tempo polo réxime franquista. Organizou roupeiros escolares entre outras actividades e colaborou na Coral Polifónica de Pontevedra. Faleceu solteira en Redondela.

 

Otero Sestelo, Dolores (Lola) (Redondela 12-10-1898)

             Cursou bacharelato e Maxisterio en Pontevedra. En febreiro de 1922 acada praza en Tremoedo (Vilanova de Arosa). Pouco despois pasa a ensinar na escola de nenas de O Viso (1923-36) á que iba a pé. En decembro de 1935 aprobouse o seu traslado ao Grupo Escolar de Redondela, pero non se fixo efectivo ata despois de sufrir a súa destitución o 1-9-1936 polo réxime franquista. Foi restituida en xaneiro de 1938 con perda de tódolos haberes deixados de percibir. Nesta escola sería directora varios anos e daría clases ata xubilarse en 1967. Promoveu os roupeiros escolares e fomentou as actividades teatrais.

           

Otero Sestelo, Ernestina

Ver Persoeiros>Educación

 

Otero Sestelo, Esperanza (Redondela 5-11-1900)

            Despois dos seus estudios en Pontevedra é destinada a Regueira (Xove) en 1927. Pasou logo á escola de Petelos (Mos). Como as súas irmás foi suspendida durante un tempo. Foi restituida en xaneiro de 1938 con perda de tódolos haberes deixados de percibir. No 1960 obtivo a praza definitiva en Vilavella.  Promoveu os rupeiros.

 

Pais LLorens, Joaquín. Foto: Bodas de Oro. Antonio Ocampo
Pais LLorens, Joaquín. Foto: Bodas de Oro. Antonio Ocampo


Pais Llorens, Joaquín. (Freijo (Outes) en 1889 / 30-12-1960)

Despois de dar clases en Marín presentouse ás oposicións obtendo praza en Redondela en 1918. En maio de 1921 é elexido secretario da Asociación de Mestres de Redondela. Pouco despois cumpre o servicio militar sendo destinado a Xauen (África) como sarxento do batallón expedicionario de Murcia. Alí enferma tendo que recuperarse durante dous meses nun sanatorio de Santander.

Foi director da escuela graduada e tamén daba clases de Bacharelato na súa casa. En xullo de 1931, Joaquín Pais e Andrés Mencía, mestre de Chapela, asistiron na Casa del Pueblo, de Vigo, a unha reunión para organizar e constituir a Federación Provincial de Trabajadores de la Enseñanza, que actuaría dentro da Federación Nacional  e da Internacional, síndicais autónomas adheridas á Unión General de Trabajadores. Nomeado alcalde interino da Comisión Gestora de Redondela entre marzo e abril 1933. En 1936 foi distituido como profesor e posteriormente preso por motivos políticas. Pasaría 18 meses nas cárceres de Celanova e Pontevedra. Posteriormente subsistiría dando clases particulares.

 

Pajares Braña, Avelina

            O 28 de xullo de 1926 nomeada mestra de Rande. En 1935 permuta a súa praza pola de Laro (Silleda).

 

Palmeiro, Manuel

            O 28 de decembro de 1918 por concurso de oposición acadou a praza de mestre na escola masculina de Cedeira de nova creación, onde ensinaría ata a súa xubilación por cumprir a idade regramentaria, en abril de 1939. En maio de 1921 é elexido vicepresidente da Asociación de Mestres de Redondela.

 

Palmeiro Fernández, María Teresa (Cedeira-Redondela)

           Aparece nunha relación de mestres aspirantes a interinidades en 1933 e noutra en 1935. Exerceu pouco tempo.

 

Paratcha Vázquez, Carlos

Mestre en Feás (Calvos de Randín-Ourense), ata que en febreiro de 1930 é nomeado mestre de Vilar de Infesta. Seguía nesta escola cando en febreiro de 1936 foi nomeado vocal do Sindicato Agrícola de Vilar. Suspendido de emprego e soldo meses despois, sería restituido en novembro dese mesmo ano.

Resolveuse, en novembro de 1940, o seu cese na escola de Vilar para desempeñar con carácter definitivo a escola de Laxe (Moraña).

 

Paseiro Castro, María Luisa (N. Redondela)

            Filla de María Castro Lago, quen fora directora da graduada de nenas de Redondela. Examinouse na Normal de Pontevedra en 1909. Era profesora nacional en Leiro (Ourense) en 1922. En 1956 exercía en Lebosende (Ribadavia), xunto ao seu marido o tamén mestre, Luis Vázquez Yebra.

 

Paseiro Castro, Socorro (N. Redondela)

            Irmá da anterior. Iniciou os seus estudos de Maxisterio en 1925. Exerceu pouco tempo.

 

Pastor Marín, Antonia

            En maio de1922 esta mestra, que ensinaba en Madrid, é proposta para a sección 1ª da escola graduada de nenas de Redondela. Seguía neste posto en 1923. En decembro de 1924 presenta unha instancia solicitando tomar parte nas oposicións restrinxidas.

 

Patiño Cerdeiro, Carmen

            Proposta en xullo de 1891 para a escola de Quintela. En marzo de 1894 levaba máis de 4 anos de servicio. Pouco despois é proposta para unha escola do Concello de Lalín.

 

Pausa, José Juan

            Era mestre no concello de Redondela en 1935.

 

Paz Rivas, María Luisa

            En decembro de 1933 concédenlle a escola de Quintela.

 

Pazó, Manuel

            En abril de 1918 a Instrucción de Primeiro Ensino de Ponntevedra ordeou a clausura das escolas particulares de Chapela, que funcionaban a cargo de Carmen Iglesias e Manuel Pazó, por non cumpliren os requisitos regramentarios antes da súa apertura.

            Apesares disto mantivo escola particular en Parada, Chapela, ata o seu suicidio ocurrido en 1927, cando contaba 70 anos.

 

Pazos Álvarez, Juan Antonio

            Foi mestre en Negros cando menos dende 1908. Naquela escola se xubilaría o 17 de xuño de 1931, séndolle concedida en novembro dese ano unha pensión de 2.400 pesetas. En 1939 a súa esposa Angélica González solicita pensión de viudedade.

 

Pérez Rodríguez, Carmen-Foto: Mestras de Redondela
Pérez Rodríguez, Carmen-Foto: Mestras de Redondela


Pedruela Tuda, Isaac

            Era mestre no concello de Redondela en 1935.

 

Peña Gil, Carmen

            En novembro de 1934 acada praza na escola de Redondela. En abril do ano seguinte pediu unha excedencia por máis de un ano e menos de dous. En maio de 1937 solicita e se lle concede a conmutación da excedencia pola ilimitada.

 

Pereira Ibáñez, Carlos

            Mestre do Grado Profesional do barrio das Olivas, en Tui, foi nomeado para a graduada de Redondela en febreiro de 1936. Pouco despois sería un dos moitos docentes suspendidos, decidíndose a súa restitución en outubro de 1938.

 

Pereira Otero, Elena Umbelina (Redondela 12-2-1915)

            Foi a número un da súa promoción en Pontevedra. Iniciou a súa carreira na escola de Vilavella. En outubro de 1937 é nomeada mestra de Santo Paio de Arriba, en Reboreda. En xaneiro de 1938, é nomeada mestra de Rande en virtude de sanción da titular. En xullo dese mesmo ano pasa a de Pazos de Borbén, seguirán: Tameiga (Mos), Praza da Feira (Arcade), C. P. Arcade e o Colexio Troiteiro Padín (Arcade). Fixaría a súa residencia definitivamente en Soutomaior. Finou no ano 2001.

 

Pereira Otero, Gemma (Redondela)

            Como a súa irmá Lucila formouse na Escola Normal de Ourense, mais nunnca chegaría a exercer. Rexentaría unha farmacia na Praza Ribadavia na que traballaría ata a súa xubilación.

 

Pereira Otero, Lucila (Redondela 11-10-1924)

            Estudiou na Escola Normal de Ourense. Tivo escola na rúa Alfonso XII. O seu primeiro destino sería Vilar de Avión (Ourense). En 1953 comezaría a traballar na escola de nenas do Padroado Industrias Regojo. Despois ensinaría ata a súa xubilación no Colexio Mixto de Redondela. Ata o 64 deu clases de bacharelato ós alumnos que querían examinarse por libre, xa que Redondela non contaba con instituto.

 

Pereira Pena, Ramón (Redondela)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Pereira Pérez, Teresa (Redondela)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Pereira Rivadulla, María (Rande)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Pereira Vázquez, María Concepción

            Suspendida durante o proceso de depuración tralo alzamento de 1936.

 

Pereiro Calvo, Severina

            Severina Pereiro Calvo mestra de San Román Coruña proposta en agosto de 1934 para Negros.

 

Pérez Barros, María de los Remedios

            Mestra de Cesantes en 1886, cando se propón que a escola incompleta mixta desta parroquia se convirta en escola completa de nenas. Faleceu ao ano seguinte.

 

Pérez Borines, María

            Tiña escola en Catapeixe (Cesantes) nos anos 30-40.

 

Pérez Fernández, Manuel

            En abril de 1933, sendo mestre nacional en Negros, solicita a xubilación por incapacidade física. Ao mes seguinte concédeselle a baixa por enfermidade. Seguía como titular daquela escola cando foi suspendido de emprego e soldo  en setembro de 1936. En agosto do 1938 quedaron sen curso tanto a súa solicitude de reposición como a de xubilación. Separado do servizo e baixa no escalafón en maio de 1940.

 

Pérez Freire, Florinda

            Foi nomeada mestra interina de Vilavella, en outubro de 1946.

 

Pérez García, Saturnino

En novembro de 1892 é proposto para a escola de nenos de Reboreda.

 

Pérez Míguez, María Teresa Carmen

            Examinouse en Pontevedra na primeira metade do s. XX, pero non chegou a exercer. Casada co industrial Telmo Tojeiro Fernández.

 

Pérez Míguez, Rosa (Redondela 25-3-1917)

            Titulouse na Normal de Pontevedra. Comezou a exercer en plena Guerra Civil en Gurgueiro (A Golada). Seguirán os destinos de Valadares (Vigo), Soutoxusto (O Viso, 1942-44), Macenlle (Marín), Meira (Moaña) e Pontevedra. Xubilouse ós 66 anos, fixando a súa residencia en Pontevedra.

 

Pérez Rodríguez, Carmen (Carmiña)  (Redondela, set. 1909 / Vigo 21-09-1982)

            Obtivo o título en Pontevedra. Despois de varias interinidades acadou destino en Villamolat de Mur (Cataluña), onde só tiña 2 alumnos. Despois ensinaría en Romai (Portas), Fozara (Ponteareas), Luneda (A Cañiza), Cans (O Porriño) e Celtia, onde se xubilou.

 

Pérez Sobrino, Erundina (Redondela / Red. 1940)

            Propietaria e mestra dunha escola mixta na Praza Constitución, recibindo autorización de apertura en 1904. Seguía exercendo na nosa vila cando menos ata os anos 20 do pasado século.

 

Pérez Sousa, Erundina (Redondela, 1900 / Redondela, 1977)

            Promotora de actividades como teatros e veladas musicais. Estudiou en Pontevedra. O seu primeiro destino foi unha unitaria de Vigo, logo virían Lavacolla (Santiago de Compostela), Cangas, Fornelos de Montes, Cabeiro e Cabral (Vigo). No 1932 formaba parte do Grupo Galeguista de Redondela. En novembro de 1934 foi nomeada sustituta para a sección graduada de A Cañiza dun mestre procesado.

 

Pérez Sousa, Laureana (Redondela, 1911 / Vigo, 1975)  

            Acadou o título na Normal de Pontevedra, en 1926. Traballou en Sarria e Sete Coros (Padrón), antes de servir na escola de César na provincia de Lugo. En xaneiro de 1936 foi nomeada mestra en propiedade para Beade-Porto (Lavadores-Vigo), polo turno especial de consortes, conseguía así ensinar na mesma parroquia que o seu esposo Serafín Alonso Veiga..

 

Pierres Castellano, José (O Viso)

            O 26-9-1931 é nomeado mestre suplente da escola graduada de nenos de Redondela.

 

Pintos Miguel, María (Saxamonde)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Piñeiro Camiña, José

            Nomedo mestre interino de Vilar Infesta en xaneiro de 1929.

 

Piñón Portela, Ángel

            En novembro de 1940 nomeado mestre interino en Ventosela.

                                                    

Portas, Esperón, Aurora.

            En decembro de 1910 nomeada mestra interina de Ventosela.

 

Portela Areal, Juan

            Nomeado mestre en Chapela en abril de 1943.

 

Portela Barreiro, Carmen

            En setembro de 1938 a alumna-mestra Carmen Portela Barreiro, elixe a escola de Outeiro das Penas. Seguiría ensinando nesta escola en 1942.

 

Portela Pazos, José

            En outubro de 1923 foi nomeado mestre en propiedade de Vilar Infesta. Deixou esta escola en decembro de 1928, cando acadou praza en propiedade na de Corredoira (Cotobade).

 

Portela Pazos, Ricardo

            En setembro de 1918 é nomeado mestre interino da escola mixta de Trasmañó.

 

Pousada Salgado, Felisa (Verín)

            Mestra de Vilar de Infesta en xaneiro de 1948.

 

Puente Barcala, Ramón

Resolveuse en novembro de 1940 que da escola de Arnois (A Estrada) pase a desempeñar con carácter definitivo a de Vilar de Infesta.

 

Puertas Rodrigo, Dario

            Mestre nacional en Vilar de Infesta ata que en outubro de 1923 é destinado a Soria.

 

Puga Martínez, Segundo

            Antes da Guerra compaxinaba a práctica deportiva (Ver Futbol>Waterpolo>Tenis>Tenis de Mesa) cos estudos de Maxisterio.

            En abril de 1941 é nomeado mestre de Caleiro (Vilanova de Arousa). Apesares dissto, habería de agardar ata o mes de xuño a que se lle concedera a habilitación para o desempeño de escolas, resolvéndose así o proceso de depuración iniciado contra el. En outubro de 1942, continuaba naquela escola cando lle foi concedida unha excedencia por máis dun ano e menos de dous.

            Despois, xunto á súa esposa Mercedes, tamén mestra, abriría unha academia en Redondela. En 1949 emigrarían a Arxentina, onde aínda tiñan fixada a súa residencia nos anos 60. En 1967 visitou Redondela, onde recibiu unha homenaxe por parte dos seus ex-alumnos. Pouco antes de xubilarse voltaría a Redondela para solicitar unha escola, co fin de ter dereito a unha pesión, a cal non chegaría a disfrutar ao falecer pouco despois da súa chegada.

 

Quiroga Fernández, Manuel

            En outubro de 1934, sendo mestre en Lavid (Lugo), acada praza definitiva na escola de Cidadelle, Chapela. Durante a Guerra Civil abriúselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938. Continúa en Chapela en 1942.

 

Galería de fotos da parroquia do Viso, recollidas pola asociación Terra Meiga e publicadas na páxin:

http://www.terrameiga.net/ 

Reboredo Rodríguez, Josefa-Foto: Mestras de Redondela
Reboredo Rodríguez, Josefa-Foto: Mestras de Redondela

Real Alfaya, María (Redondela)

            Examinouse na Normal de Pontevedra en 1909. En maio de 1918 xa era mestra na escola de Castrelo (Forcarei), na que seguía ensinando cando, o 5 de xuño de 1926, é nomeada provisionalmente mestra de Soutoxusto (O Viso), si ben en xullo é destinada definitivamente para a escola de Igrexa (Chapela). Seguía nesta escola cando é suspendida o 1-9-1936, sendo restituida en novembro dese mesmo ano.

 

Reboredo Rodríguez, Dula (Redondela 1906)

            Graduada en Pontevedra en 1925 con sobresaíntes en todas as asignaturas, comezou a traballar en Boimorto en 1930. Dous anos despois pasaría a Ramallosa e de alí a San Pedro de Cardeiro (A Coruña), Cuñas (Pontecaldelas) (1934-1947), Negros (1947-1968) e Redondela (1968-1976).

 

Reboredo Rodríguez, Josefa (Pepita) (Redondela, 9-3-1911 / Redondela 21-2-1998)

            Presentouse ás oposicións no 1936, cando iniciaba Guerra Civil. No 1937 é destinada a Darbo (Cangas), Pidre (Dozón 1945-1948), Malvas (Tui), Guillade (Crecente), Canicouba (Soutomaior) e Borbén (Pazos de Borbén) dende 1953 ata a súa xubilación. Xa casada se titulou como matrona en Santiago simultaneando esta profesión cos seus destinos docentes.         

 

Reboredo Rodríguez, Sulpicia (Picia) (Redondela, 17-1-1910)

            Examinouse en Pontevedra. Ensinou nos colexios de nenas de Vilar de Infesta, Nespereira (Pazos de Borbén) e dende 1947 en Freixeiro (Vigo), onde estableceu a súa residencia. A dictadura franquista suspendeuna 10 meses de emprego e soldo.

 

Reguera Domínguez, Manuela Elvira (Soutomaior)

            No 1915 toma posesión dunha praza en Redondela. En xuño de 1949, era mestra  de Rañadoiro, cando é nomeada novamente para o noso concello, concretamente para Trasmañó. No 1957 cesa nesta escola, para ser trasladada a Lavadores (Vigo).

 

Reigosa Abal, Matilde

Aparece en abril de 1932 como aprobada no primeiro exercicio nunha lista de cursillistas para ingreso no Maxisterio, para a escola de Vilavella.

 

Rey, ¿Amalia?

            Tiña escola na Rúa Alfonso XII nos anos 30-40.

 

Rey, Óscar

            Pai do ex-alcalde de Redondela, Xaime Rey, era mestre en Cesantes nos anos 60.

 

Rey Carou

            En xaneiro de 1933, a señorita Rey Carou, de Cuntis, que pouco antes acadara o título de mestra, foi nomeada interina en Redondela.

 

Rey Couto, Carmen

            En xuño de 1904 é nomeada mestra interina da escola de nenas de Vilavella.

 

Rey Crespo, Germana

En maio de 1916 toma posesión da escola de Cabeiro. En decembro de 1918 era mestra de Reboreda, cando se fixo efectivo o seu ascenso de categoría, pasando a cobrar 1.500 pesetas. En abril de 1920, casou con Telesforo López de Quereño, mestre de Chapela. En abril de 1924 seguía na mesma escola, cando lle foron concedidos 30 días de licencia por enfermidade.

 

Rey García, Pilar

            Mestra de Vilar de Infesta en xuño de 1935.

 

Riveiro Pascual, Manuel

            En setembro de 1936 nomeado mestre interino de Cabeiro.

 

Rivadeneira, Manuel

            En agosto de 1910, Manuel Rivadeneira solicitou que se lle autorice para fundar unha escola de primeiro ensino en Cesantes.

 

Robledo Tubilla, Luciana

            En outubro de 1934 apróbase o seu traslado da escola de Vilar de Infeta a Sostesgudo (Burgos).

 

Rocamán Portas, Ramón

            En setembro de 1936 nomeado mestre interino de Saxamonde.

 

Rodríguez, Carlos

            Na elección de escola con carácter interino para mestres ex-combatentes celebrada en xullo de 1939, escolle Chapela.

 

Rodríguez, Encarnación ou Erundina

            Propietaria e mestra dunha escola mixta na Rúa Ribeira, cando menos entre  1902 e 1904.

 

Rodríguez ¿?, Juan M.

            En outubro de 1916 é proposto como mestre interino para a escola de Vilar de Infesta.

 

Rodríguez Couñago, Narciso

            En maio de 1919, aprobouse o seu traslado da escola de Cabral (Vigo) á de Cesantes. En maio de 1923 se lle ascende o soldo a 3.500 pesetas. En 1926 era presidente da Asociación de Mestres de Redondela. A finais de 1934 é trasladado a Ponte Maior (Canedo-Ourense)

 

Rodríguez Dios, Prudencio

En setembro de 1918, foi nomeado mestre interino de Cesantes. O 28 de decembro dese ano adxudicóuselle mediante oposición a praza da escola masculia de nova creación de Reboreda, na que continuou ata o seu traslado en 1933 a Coia (Vigo).

 

Rodríguez de la Escalera, Mercedes

            En xaneiro de 1917 dirixía a Escuela Nocturna de Obreros.

 

Rodríguez Feijoo, Saturnino

            Nomeado mestre interino de Cabeiro en agosto de 1942.

 

Rodríguez García, Matilde.

Era interina en Pazos de Borbén no 1897. En 1902, estando na escola de Ventosela, solicitou 2 meses de licenza para ampliar os seus estudos. Continuaba na mesma escola cando, en setembro de 1911, é suspendida dous anos de empleo e soldo.

 

Rodríguez González, María Asunción

            En novembro de 1934 acada praza na escola feminina de Cedeira. Durante a Guerra Civil abriúselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938.

 

Sánchez Otero, Paulina-Foto: Mestras de Redondela
Sánchez Otero, Paulina-Foto: Mestras de Redondela

Rodríguez Hegarly, María B. (Redondela)

            En xaneiro de 1933 aparece nunha relación de mestres aspirantes a interinidades.

 

Rodríguez Iglesias, Francisca

            Foi nomeada mestra interina en Cedeira en outubro de 1904.

 

Rodríguez Martínez, África (Redondela, 8-10-1915)

            Titulada en Pontevedra no 1935 e casada cun mestre, tomou destino en Galápagues (Soria), Santa María do Monte (Coruña), Parada (A Cañiza) e colexio Ibáñez Martínez (Ferrol). Estableceu a súa residencia en Oviedo.

 

Rodríguez Pereira, Teresa.

            A finais de 1895 é nomeada mestra de Quintela. En novembro de 1898 seguía nese posto con máis de 13 anos de servicio, cando solicita o traslado a Deiro (Vilaboa).

 

Rodríguez Rodríguez, Andrés

            En xullo de 1940, aparece para a escola de Redondela nunha relación de oficiais do exército que son nomeados mestres provisionais cun soldo de 4.000 pesetas.

 

Rodríguez Rodríguez, Miguel

            En outubro de 1936 autorízase a permuta dos mestres Miguel Rodríguez Rodríguez, de Ansemil (Silleda) e José Salgado Balboa, de Ventosela.

 

Rodríguez Rodríguez, Sofía.

En febreiro de 1905 foi nomeada mestra da escola completa mixta de Vilavella. En novembro de 1918 ascende de categoría pasando a cobrar 2.000 pesetas. En maio de 1921, sendo aínda mestre en Vilavella, é elexida vocal da Asociación de Mestres de Redondela. En xuño dese ano volven a aumentarlle o soldo a 3.500. Falecería pouco despois o 24-08-1921 aos 42 anos. Estaba casada con Buenhijo Pérez Sobrino (Ver Alcaldes).

 

Rodríguez Salgueiro, Genaro.

            Nado o 11-05-1864. Traballou como interino nas escolas de nenos de Castrelo (1890-1891), Torroso (1891), Salvaterra (1891-1892), Redondela (1892), Baión (1894-1895) e Redondela (1895-1896); sendo mestre en propiedade da escola de Castrelos (Cambados) dende o 1-4-1896 ata o 12-1-1928 que se xubilou.

 

Rodríguez Salinas, Antonia (Madrid, 1893 / Redondela, 1995)

            Estudou na Escuela Normal de Madrid. Chegou a Redondela polo apresamento, durante a Guera Civil, na illa de San Simón, do seu compañeiro o escritor Alberto Marín. Negouse a revalidar o seu título ante as autoridades franquistas, creando unha escola privada na súa casa na actual rúa Telmo Bernárdez, onde vivía co seu fillo ó que facía pasar por sobriño por non estares casada. As súas clases tiñan un marcado carácter republicano,  encargándose de romper as últimas follas dos libros cheas de símbolos franquistas. Polas tardes tamén ensinaba a adultos. Xubilouse con 75 anos e morreu ós 102.

 

Rodríguez Soage, Clotilde.

            En agosto de 1894 foi nomeada mestra da escola de Trasmañó con 250 pesetas. En xuño de 1897, acumulaba máis de 4 anos traballados. En xaneiro de 1903, con varios compañeiros de escolas doutros concellos, solicitan da superioridade se lles expidan novos títulos administrativos cos soldos correspondentes, tendo en conta os censos de aprobación e os acordos tomados polos Concellos elevando de categoría as súas escolas. En maio de 1905, pretende o traslado sen oposición á escola de Reboreda pero non lle foi concedido. Deixaría definitivamente Trasmañó tras ser nomeada, en marzo de 1906,  mestra propietaria da escola de Valadares, en Lavadores, da mesma clase e co mesmo soldo de 625 pesetas.

 

Rodríguez Villarino, Ulpiano.

            Mestre. Alcalde nos anos 40.

 

Ruzo Campos, Manuel

            O 21 de outubro de 1902 foi nomeado mestre titular de Cesantes en virtude de concurso único. En setembro de 1907 foi confirmado neste cargo co haber de 825 pesetas. En outubro de 1908 solicita a sustitución por imposibilidade física para seguir exercendo a docencia. En 1911 continuaba na escola de Cesantes.

 

Sabina García, Juana

            O 31 de xullo de 1926, estando como mestra en Rivasiera Son (Coruña), acadou o nombramento definitivo na escola de Outeiro das Penas (Cesantes).

 

Salgado Balboa, José

            En setembro de 1936 nomeado mestre interino de Ventosela. Non chegaría a exercer porque pouco despois autorízase a súa permuta con Miguel Rodríguez Rodríguez, mestre de Ansemil (Silleda).

 

Salgueiro Pereira, Josefa

            En abril de 1922 tomou posesión como mestra interina na escola graduada de nenas de Redondela.

 

Sánchez Estévez, Saturnina

            O 28 de decembro de 1918 por concurso de ingreso de interinos acadou a escola de Cabeiro. Seguía en esta escola cando, en setembro de 1921, foille imposta unha “Amonestación privada”, como resultado do expedente gubernativo seguido contra ela. Ao mes seguinte concédeselle a excedencia nomeándose unha nova mestra para Cabeiro. En marzo de 1924 deixa esta escola ao ser nomeada mestra de Arnoso (Ponteareas).

 

Sánchez Mos, María (Redondela)

            Examinouse na Escola Normal de Pontevedra en xuño de 1908.

 

Sánchez Otero, Eduardo (Redondela)

            Membro do Partido Galeguista de Redondela, acadou o título de Maxisterio no 1935. Casado coa tamén mestra Dolores Abelleira Blanco. En setembro de 1936 foi nomeado mestre interino de Cesantes. En 1950 ensinaba en Muros e, cando menos entre 1952 e 1961 na escola de Rianxo.

 

Sánchez Otero, Paulina (Redondela, 1898 / Redondela, 21-6-1971)

            Acadou a titulación na Normal de Pontevedra. Durante un tempo tivo escola na rúa Isidoro Queimaliños con Carmiña Lago. Ensinou en Cedeira (interina entre decembro de 1928 e xuño de 1929), Cesantes (interina en 1930), Fofe (O Covelo), Budiño (Porriño), Moreira (Soutomaior) e Reboreda entre outras, pasando a maior parte da súa carreira en Ventosela (1952-1966). Tanto nestas escolas como na vila de Redondela impulsou numerosas actividades para nenas e nenos: teatros, ballets, recitais poéticos, zarzuelas...; sendo axudada por outras mestras como Esmeralda Cal e Carmiña Lago. O Gobernador de Pontevedra concedeulle a Medalla de Alfonso X el Sabio en recoñecemento da súa laboura.

 

Sánchez Torres, Cándido

            Estivo destinado como mestre na graduada de Redondela. Fóra das horas lectivas daba clases para adultos. En 1963 foi trasladado a Cilleruelo (Aranda del Duero-Burgos).

 

Sanfiz Mirón, Manuel María

            En novembro de 1934, por solicitude dos interesados, Leonor Mera Varela e o seu consorte, Manuel María Sanfiz Mirón, son nomeados para as escolas de Quintela. Durante a Guerra Civil abriúselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938.

 

Santorio, Ángel.

            En xullo de 1910 solicita autorización para abrir unha escola en Chapela.

 

Santoro Villavicencio, Tomás

            Mestre habilitado de Vigo que ante a renuncia, en abril de 1922, de Ricardo Contreras Valiñas como mestre habilitado do partido de Redondela, atenderá a praza ata o novo nomeamento, por ser o máis próximo.

 

Sanz Ortega, José

            Mestre nacional casado coa tamén docente, Maruja Domínguez Pereira.

 

Sarasquete Hermo, Luis

            Nomeado mestre interino para Negros en maio de 1937, cando tan só levaba exercido pouco máis de sete meses.

 

Vidal Portela, Elena-Foto: Mestras de Redondela
Vidal Portela, Elena-Foto: Mestras de Redondela

 

Seco Carchena, Emilio

            Director da agrupación escolar de Redondela a finais dos anos 60 e primeiros 70.

 

Segond Berdiales, Jesús

            O 3 de decembro de 1898 toma posesión da praza de mestre interino na escola de nenos de Redondela, renunciando ao ano seguinte.

 

Sineiro Nogueira, Sofía (Rande)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

Sobrado ¿?, Concepción

En decembro de 1920, é nomeada mestra interina da sección 2ª da escola de nenas de Redondela.

 

Somoza Barros, Ramón (Campo Lameiro)

            Aparece nunha relación de mestres aspirantes a interinidades, en xaneiro de 1933. En setembro de 1936 é nomeado interino de Piñeiro (Cuntis). Foi mestre da escola Cervantes.

            En xaneiro de 1949, pola lei de consortes foi nomeado con carácter provisional mestre da graduada de Redondela. En 1959 exercía como director desta escola, na que se xubilou a principios dos 80.

            Tres dos seus fillos aprobaron as oposicións de Maxisterio en 1962.

 

Soñora Soñora, Sara

            En 1965, exercendo en Cabeiro otorgáronlle o Diploma de Mestres Distinguidos.

 

Sotelo Loureiro, Claudio

            Foi mestre interino en O Viso, cando menos dende 1923. Involucrado na vida social desta parroquia ocupou varias veces a presidencia da Sociedade Agraria de O Viso, onde dirixía un cadro de clamación. En abril de 1926 recibe unha homenaxe por parte dos veciños desta parroquia. O 19-9-1927, despois de aprobar as oposicións en Santiago, foi trasladado á escola de Abeas (Pastoriza-Lugo), sendo despedido na estación polos membros da citada asociación.

En 1930, volta ao noso concello, daquela como mestre de Saxamonde. Seguía nesta praza en 1936 cando é suspendido. Sería restituido ao seu posto, con pérdida dos haberes que deixou de percibir, en decembro de 1936. En xaneiro de 1940 é nomeado delegado da Asociación de Maestros Católicos no partido de  Redondela. A mediados de 1949 falecería por mor dunha caída fortuita ao golpearse na cabeza cunha pedra, nun camiño de Saxamonde, parroquia onde seguía a ensinar.

 

Soto Fernández, José

            Oficial do exército nomeado mestre provisional en Redondela en xullo de 1940.

 

Soto Fontán, Enrique (¿? / O Viso, 21-8-1932)

            Mestre en Trespieles (Fornelos do Monte) ata que en xuño de 1904 é nomeado mestre interino de O Viso, onde exerceu ata o seu falecemento o 21-8-1932. O 25-4-1922 este mestre solicita a súa sustitución nesta mesma escola por incapacidade física. En marzo de 1923 concédese a incapacidade por catro anos. Rematado ese tempo solicita a volta ao servicio en 1927, máis non se reincorpora ata abril de 1928. En 1932 formou parte da Xunta Local de Fomento Pecuario como mestre máis antigo da vila. Pouco despois falece e en outubro, a súa viúva, Ramona Alján Vidal, e os seus fillos solicitan os haberes devengados e non percibidos polo finado correspondentes a súa laboura como mestre, así mesmo, solicitan a pensión de viuvez.

 

Soutelo ¿?, “Sita”

            Tiña escola na R. Ernestina Otero. Alí ensinou ata os anos 80 axudada por Marisa. Chegou a ter máis de 100 alumnos con idades comprendidas entre os 3 e 14 anos (nos últimos anos só entre 3 e 5). Polo proximidade deste colexio coa industria textil Regojo moitas veces pedíanlle nenas e nenos para probar camisas e pixamas.

   

Taboada Tabanera, Prudencio

            En setembro de 1936 nomeado mestre interino para unha sección da graduada de Redondela. En xuño de 1937 desestímase a súa instancia para ser reintegrado a esta escola.

 

Táboas, Inés

            Nomeada mestra sustituta interina da escola mixta de Cesantes en maio de 1901 e do Viso en abril de 1904. En abril de 1913 é trasladada á escola de Ventosela procedente dunha da provincia de Ourense. Faleceu estando no cargo, en 1925.

 

Tilve Rodríguez, Gumersinda

            En xullo de 1903, foi nomeada mestra en propiedade da escola de Cabeiro. Daquela contaba con case catro anos de experiencia e o seu anterior destino fora Chandrexa (Ourense). En xuño de 1905 a xunta local de Redondela acordou o seu traslado á de Reboreda. Este troco sería aprobado en setembro, pero unha reclamación da mestra de Trasmañó o deixaría sen efecto. En 1907 é confirmada como mestra en Noalla, Sanxenxo.

 

Tojeiro Fernández, Carmen Engracia (Redondela, entre 1905 e 1916)

            Formada en Pontevedra. Desenrolou toda a súa carreira en Ribas do Sil e faleceu en 1996.

 

Tojeiro Fernández, Manuela (Redondela, entre 1905 e 1916)

            Examinouse en Pontevedra. Manuela exerceu en Viana do Bolo e xubilouse en Valladolid, onde fixou a súa residencia. 

 

Tojeiro Fernández, María Asunción (Redondela, entre 1905 e 1916)

            María Asunción entre outras estivo en Pazos de Borbén, xubilouse nunha escola de Coruña e faleceu en 1987.

 

Tojeiro Fernández, María Teresa “Mucha” (Redondela, entre 1905 e 1916)

            Tivo escola en Redondela, pero a denuncia dun veciño apartouna do maxisterio. Polo orgullo de ver a súa imaxe manchada negariase a voltar ao ensino.

 

Tomé Ramos, Amalia Aurora

            En outubro de 1899 era mestra en Mañufe (Gondomar), con máis de 10 anos de servicio, cando é proposta para a escola de Reboreda, sendo nomeada en decembro dese ano.

 

Tomé Varela, María del Carmen (Pontevedra ¿? / Pontevedra, 1928)

            En xaneiro de 1905, sendo mestra de Desteriz (Ourense), solicita praza en Cedeira, que pouco despois lle sería concedido. En decembro de 1918, fíxose efectivo o seu ascenso de categoría, a 1.500 pesetas. En 1920 recibiu un novo aumento de soldo pasando a cobrar 2.000 pesetas. Seguiu nesta escola ata o seu falecemento, ocurrido en decembro de 1928 na súa vila natal, Pontevedra. A súa irmá, Francisca, era daquela mestra nacional en Carracido (Porriño).

 

Torrado Llorente, María de las Nieves

            Nomeado mestra interina de Chapela en outubro de 1906.

 

Torrado Sánchez, José (Redondela)

            Aprobou a oposición en outubro de 1935. Co inicio da Guerra Civil, troca o ensino pola carreira militar. Establecéndose finalmente como capitán de Artillería en Ceuta.

 

Torre Rúa, Amelia de la

O 28 de xullo de 1926 nomeada mestra de Outeiro das Penas (Cesantes). Poucos días despois este nomeamento foi anulado, porque xa recibira un novo destino.

 

Troncoso Eiján, Joaquín.

            Cura ecónomo de Quintela, en xullo de 1903 obtivo o título de mestre superior na Escola Superior de Pontevedra.

 

Villar Martínez, Lurdes-Foto: Mestras de Redondela
Villar Martínez, Lurdes-Foto: Mestras de Redondela

Ucha Rodríguez, Emilio

            Nomeado interino en Vilar de Infesta en setembro de 1936, e novamente en xullo de 1939, daquela como ex-combatente.

 

Uña, Dionisio

            Era mestre no concello de Redondela en 1935.

 

Uña Escudero, María del Carmen

O 25 de decembro de 1928 publícase o nomeamento provisional de esta mestra de Coruña, como mestra de sección da graduada de Redondela.

 

Valderrama Fernández, Francisco

            A “Gaceta” do 23 de maio de 1933 anuncia o nomeamento provisional de Francisco Valderrama Fernández, de Francelos (Ourense), para a graduada de Redondela. En setembro de 1936 é nomeado provisionalmente director desta escola, apesares do cal abriúselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938. Seguía dirixindo este centro en maio de 1943.

 

Valladares Rodríguez, José

            Oficial do exército nomeado mestre provisional en Redondela en xullo de 1940.

 

Valverde Daviña, Manuela

Nomeada mestra interina da completa de nenas de Redondela en maio de 1887 para sustituir á titular que se atopaba enferma. En xullo de 1888, sería ratificada no cargo tralo falecemento de dita mestra.

 

Valverde Mayo, Antonio

            Era mestre no concello de Redondela en 1935.

 

Valverde Mayo, Josefa

            Nomeada mestra de Vilavella en novembro de 1921, sustituindo á falecida Sofía Rodríguez Rodríguez. Dous meses despois este nomeamento foi suspendido. A praza saiu de novo a concurso e a Josefa se lle adxudicou outra escola.

 

Vázquez Míguez, Teresa

            Acada o título no 1935.

 

Vence García, Domingo

            En xaneiro de 1939 destinado como mestre interino a Cedeira.

 

Vidal Portela, Placeres (Pontevedra, 9-7-1899 / Pontevedra 31-10-1996)

            Cursou Maxisterio en A Coruña, aprobando as oposicións no 1920. En febreiro de 1922 acada praza na sección primeira da graduada de Redondela. Ao mes seguinte concédeselle a escola de nenas de Vilavella, na que ensinou durante 37 anos.

            Durante a Guerra Civil abriúselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938. Apesares disto en xuño de 1939 e nomeada inspectora provisional na provincia de Pontevedra.           Non sería ata 1960 cando sería nomeada definitivamente inspectora en Pontevedra, xubilándose aos 70 anos neste posto.

 

Vila Ubeira, Perfecto da

            Mestre en Saxamonde, cando menos dende 1923. O 16-09-1925 concédeselle unha excedencia por máis dun ano e un máximo de dous. O 18-11-1927 conmútaselle a excedencia.

 

Vilán Fontenla, Ramón

            Cando menos dende 1886 mestre da incompleta de Chapela. En 1894 como mestre de Chapela de 4ª clase, 9 anos e 7 meses.

 

Vilariño Rodríguez, Francisco

            En setembro de 1936 nomeado mestre interino de Negros.

 

Villar Landeira, Manuel

            Nomeado mestre de Vilar de Infesta en febreiro de 1920. Por Real Orde do 1-4-1921 concédeslle unha excedencia.

 

Villar Martínez, Celia (Redondela 1909)

            Estudiou en Pontevedra obtendo o título en 1940. Antes tivera escola en Vilavella. Durante 15 anos realizou 13 sustitucións nas provincias de Pontevedra e Lugo, unha delas foron 6 meses de 1947 en Trasmañó. En 1955 trasládana a Olicio (Cangas de Onís), acadando praza. Logo de 3 anos en Padróns (Ponteareas) volta a Asturias. En 1967 obtén praza en Mos, chegando a ter 112 alumnas, polo que loitará ata a construcción dun Grupo Escolar. En 1978 chega a Redondela, xubilándose un ano despois.

 

Villar Martínez, Clementina (Redondela, 13-11-1913)

            Preséntase ás suspendidas oposicións de 1936. No 37 comeza a traballar en Cillero (Viveiro) e no 1939 en Cubilledo (Baleira). Nas súas segundas oposicións, por non ter carné da Falange segue como interina por Piñeiro da Igrexa (O Covelo), Ventosela, Reboreda, Rañadoiro (Soutomaior), Amoedo (Pazos de Borbén), Louredo (Mos), Bouzas (Vigo) e Darbo (Cangas). Obtén praza definitiva en Cabral (Vigo), onde permanecerá 30 cursos (14 como directora). Antes de xubilarse no 1983 exerceu no colexio Altamar (Vigo). Estableceu a súa residencia en Vigo.

 

Villar Martínez, Lourdes (Redondela, dec. 1915)

            A Guerra Civil interrumpe os seus estudos, examinándose por libre. No 1941 comeza a súa carreira en Oitavén (Fornelos do Monte), vindo andando a Redondela a pasar os fines de semana. Pasa logo a Vilavella, Budiño (Porriño), Cangas de Onís, A Fonsagrada, Mañón, Guizán (Mos), A Pastoriza (Lugo) e, finalmente, Redondela, onde se xubila ós 65 anos. 

 

Villar Martínez, Nicanor (Redondela)

            En abril de 1936 foi nomeado mestre e bibliotecario do colexio de xordomudos de Madrid, cando daquela exercía na Garda.

            Tralos sucesos de xullo de 1936, déronlle morte a tiros en Caldas de Reis despois de ser sacado do cárcere de Redondela.

 

Villar Martínez, Paulino (Redondela)

            Acadou o título no 1935. Despois de participar na Guerra Civil, en novembro de 1939, como ex-combatente elixe a escola de Cerdeira (As Neves). En setembro de 1942, sería nomeado sustituto para a escola de Caldelas de Tui.

 

Villaverde Rajoy, Domitila

            Mestra en Cabeiro cara a 1936. Abriríaselle un expediente de depuración que sería resolto favorablemente en novembro de 1938.

 

Viñas Novás, Adela

En decembro de 1925 nomeada mestra interina da escola de nenas de Cesantes.

 

Viñas Novás, Antonio

            En xaneiro de 1938 foi nomeado mestre interino de Negros

 

Viso Fadón, Manuel

            Nomeado mestre interino da escola de nenos de Chapela en outubro de 1936.

 

Yáñez y Conde, Antonio María

            Propietario e mestre dunha escola na rúa Francisco de Federico (actual Padre Crespo), cando menos entre 1902 e 1904.

 

 

Outros

            Nesta relación aínda faltan moitos-as mestres-as dos que non atopei datos. Moitos deles tiñan a súa propia escola sen ter a oposición aprobada o que dificulta a búsqueda. A continuación engadirei algúns mestres con escola na vila dos que descoñezo os apelidos:

 

Pepe. Tivo escola na R. Reveriano Soutullo ata principios dos anos 40.

Petra. Tivo escola na Calle Vieja (R. Padre Crespo). Estaba casado con Francisco Alegre garda do cárcere de Redondela.

Dorotea. Daba clases na esquina de R. Telmo Bernárdez coa R. Dos Eidos no antigo cuartel. Posteriormente, sería a escola de Jesusa e de Adela, xa nos anos 30 e 40.

María Inmaculada. Xa tiña escola en Redondela antes de 1920.

  

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 31-07-2015

Escribir comentario

Comentarios: 3
  • #1

    Luz Marcos Buján (domingo, 03 mayo 2015 19:14)

    Non vin a negún dos meus pais: o meu pai (Francisco José Marcos Vilela) foi mestre da Escola Masculina de Quintela penso que do 1956 ao 1960 ou 61.
    E a miña nai (Josefa Buján Fernández da de Saxamonde do 60 ou 61 ao 63...pode variar un ano para arriba ou abaixo...

  • #2

    Anecdotario Redondelán (lunes, 04 mayo 2015 10:55)

    Grazas pola aportación. O apartado como podes ver é unha recopilación de mestres-as ata a primeira metade do s. XX. Nalgúns casos supérase a data de 1950 para completar a traxectoria destes profesionais. De tódolos xeitos gardo o dato para posibles ampliacións do traballo. Saúdos.

  • #3

    Carmen sotelo (jueves, 18 febrero 2016 18:11)

    Sita Sotelo de la Torre es hija de Claudio Sotelo loureiro mestre de saxo monde