19-Militares

Militares S. XVII

 

Joseph Pardo de Andrade. Capitán, veciño de Redondela cara a 1650.

 

 

 

Militares S. XIX

 

Criado, Tomás. Oficial dos voluntarios realistas. Destacouse pola cruel persecución que exerceu contra os liberais de Redondela.

 

González Olivares, Luis. Capitán de fragata falecido en Redondela en 1887.

 

Ibeas Arnaiz, Manuel. Capitán, xa retirado faleceu en Redondela en 1917.

 

Méndez, Ángel. Capitán retirado da Armada e protestante evanxélico, falecido en setembro de 1885.

 

Posada Barros, Martín. Soldado de Redondela que aparece nunha lista de agosto de 1898 de falecidos en Cuba.

 

Queimáliños Iglesias, Bernardino. Primeiro Comandante do Batallón de Redondela en 1833.

 

Troncoso y Ochoa, Juan. Segundo comandante do Batallón de Redondela en 1833.

 

Reguera Rivas, José. Soldado de Redondela do batallón de Murcia, que en abril de 1897 desembarcou en a Coruña no vapor “Alfonso XIII”.

 

 

 

Militares primeira metade do S. XX

 

Alfranca Miguel, Álvaro. Comandante de infantería destinado en Redondela na Agrupación Temporal Militar para Servicios Civiles, foi ascendido a Tenente Coronel en abril de 1963.

 

Álvarez, José. Xoven de Vilar ao que lle foi concedida a Medalla de Sufrimientos por la Patria, pensionada vitaliciamente con 25 pesetas mensuais, pola súa heroicidade nun encontro co enimigo en Larache, onde foi ferido no peito e no pescozo.

 

Becerra Bujones, Isidro. Falecido na División Azul.

 

Blanco Pérez, José. Capitán do Exército retirado en 1962.

 

Carrasco Verde, Manuel. Comandante de Infantería. A finais de 1937 foille concedída pensión á súa viúva, María Luisa Lanzós, de Redondela.

 

Crespo Martínez, Alfonso. Capitán do Rexemento de Murcia, casou en Redondela en 1912 con Alicia Pereira.

 

González Rodríguez, Adolfo. Brigada do Exército residente en Cedeira e falecido en 1958.

 

Sampedro Couto, Serafín. Comandante de infantería, xa retirado faleceu en Redondela en 1924.

 

Tejedor, Elías. Militar xa retirado en 1935.

 

 

 

Texto: Juan Migueles

Actualizado: 30-09-2016

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

 

           Biblioteca Nacional de España: www.bne.es >Estado militar de España (Ed. en 16º) 01/01/1833, página 175)

 

            Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es =>  El Diario de Pontevedra, El pueblo gallego, El Ejemplo Diario de la Coruña, Vida gallega, El Correo de Galicia (Bos Aires), El Progreso, La Opinión diario de Pontevedra...

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0