Outros cargos do Concello

 

 

Interventor

 

18?? Pedro de la Peña. En 1806.

 

18??

 

1841. José Osende Cadórniga. Cando menos dende 1831. Xubilado en 1856.

 

18??-1890, set. José Rama Lorenzo y Lorenzo. Permuta co interventor de Noia.

 

1890, setembro. José Riva Amat. Anteriormente, interventor de Noia.

 

 

 

1932, xaneiro. Jesús Sánchez.

 

1932 José Dapena Mouriño. En febreiro de 1942 nomeado interventor de Marín e en 1959 interventor da Deputación Provincial de Pontevedra.

 

 

 

1943 Ángel Silvestre Álvarez Pérez. No cargo ata 1953 cando foi destinado a Tui.

 

 

 

195?-1955, febreiro. Luis Blanco de Tella. Interino. Destinado a Baena.

 

1955, febreiro. León Terrados Jarabo. Natural de Guadalajara, nomeado en decembro de 1954. Anteriormente en Haro (Logroño). Deixa o cargo ao ser nomeado para Marín en setembro de 1957.

 

1957, setembro. Jesús Sánchez Otero. Natural de Redondela e secretario de Cuntis, pasa a atender con carácter interino os cargos de Secretario e Interventor.

 

 

 

1963, maio. Vicente Pérez Sádaba. Procedente de Barmeo. Escribiu varios libros de filosofía, economía... Cesou en outubro de 1964 para desempeñar en Salamanca un alto cargo comercial.

 

1965, agosto. Abdón Escariz Vázquez. Interino.

 

 

 

 

 

 

 

Depositario do Concello

 

18?? Juan Fontán y Pueyo. En 1806, ademáis de depositario era administrador e garda-almacén.

 

 

 

18?? José Lago Garrido. En 1893 exercía este cargo xunto ao de concelleiro, ata que foi incapacitado como representante do pobo. Xa falecera en 1910.

 

1909, 26 de decembro. José Novás Esteiro. No cargo en marzo de 1910.

 

1914, xaneiro/1925, decembro. Justo M. Tojeiro. Falece estando no cargo asasinado por un demente

 

1926, abril. Carmen Fernández Esteiro. Viúva do anterior. Seguía en febreiro de 1931.

 

 

 

1955, 26 de xullo. José L. Martínez-Murilló Mingo. Nomeado con carácter definitivo o 8 de agosto.

 

 

 

Depositario de la Junta Carcelaria

19?? Juan López Fragueiro. Cesado en xullo de 1924.

1924, xullo. Justo M. Tojeiro. No momento de ser nomeado era depositario do Concello, compaxinando os dous cargos.

 


Escribinte do Concello

19?? Casto Castro Lago. En 1897 escribinte do Concello. No cargo en 1910.

 

 

Secretario do Concello

 

18?? José Suárez. Nos anos 40, tocaba o clarinete na primeira formación da banda de música de Redondela.

 

18?? Agustín Otero. Renunciou en outubro de 1865.

 

186? Ramón Barbeito del Prado. No cargo en 1868, seguía en 1873.

 

18?? Ramón Francisco Pardo Ferro. Interino. Presentou a renuncia ao ser elexido alcalde pero non lle foi concedida ata o 30-06-1879.

 

188? Augusto Escarpizo. En 1884.

 

189? Salustiano Méndez Ponte y Andrade. Compaxinaba este cargo co de concelleiro. Deixou o cargo ao ser nomeado alcalde

 

1894, xaneiro. Paulino Otero García. Irmán de Cándido, quen fora alcalde e chegaría a deputado provincial. En marzo de 1895 o xulgado de Redondela dicta acto de procesamento contra o secretario accidental e varios concelleiros, decretando tamén a suspensión en ditos cargos.

 

1895. Antonio Orellana Pereira.

 

189? Paulino Otero García. Seguía no cargo en 1898. Repetiría anos despois.

 

189? Manuel Alonso Pérez. En abril de 1899 viuse envolto nun escándalo por expedir certificados de quintas falsos.

 

190? Paulino Otero García. Cando menos entre 1905 e 1907.

 

1908 Antonio Orellana Pereira. Anteriormente secretario do xulgado de Soutomaior e fiscal municipal de Redondela.

 

1913, xuño. Celso Milleiro Seoane. Natural de Redondela. Dende 1907 viña desempeñando o cargo de oficial primeiro do Concello de Moaña. En xaneiro de 1924 nomeado secretario do concello da Estrada.

 

 

 

Golpe de Estado de Primo de Rivera

 

1923 Bernardo Fernández Esteiro. Procurador dos tribunais. Nomeado interino ata un novo nomeamento.

 

1924, xaneiro-1924, maio. Pablo Nieto Virosta. Interino. O 25 de maio de 1924 tomou posesión como secretario do xulgado de Mos.

 

1924, xullo. Celso Milleiro Seoane. Reposto como secretario titular de Redondela. A finais de 1925 é destinado a Marín, onde se estableceu.

 

192? Manuel Crespo Medal. A mediados de 1925, sendo daquela alcalde Saturno Cal.

 

1926, marzo. Manuel Elías Barros Martínez. Anteriormente de Mondariz. Deixa o cargo en novembro de 1928 ao ser nomeado xefe de Fomento e Governación do Concello de Vigo.

 

1928, decembro. José Ruibal Castro (interino). Anteriormente as secretarías de Mondariz, A Cañiza e Crecente.

 

1929, 3 de agosto. Alejandro Cabezas Dabán. Anteriormente secretario no concello de Fuentes (Andalucía). Ao inicio da guerra atopábase de viaxe en Madrid, non podendo reintegrarse ao servicio ata o remate da contenda. En 1941 deixaría o cargo ao ser nomeado secretario da Xunta Provincial de Beneficencia.

 

1936. Heliodoro Rivas Rivas. Secretario accidental, o 21 de xullo sería nomeado alcalde.

 

1937, febreiro. Celso Milleiro Seoane. Volta ao cargo como interino.

 

1941, 13 de xuño. Julio Lloret Massó.

 

19?? Ángel Hermida Campos. No cargo en abril de 1952.

 

1955, 26 de febreiro. Juan Ramón García Rollán. Anteriormente en Ponteareas. Cesa en setembro de 1957 ao serlle concedida en propiedade a secretaría de Gondomar.

 

1957, setembro. Jesús Sánchez Otero. Natural de Redondela e secretario de Cuntis, pasa a atender con carácter interino os cargos de Secretario e Interventor.

 

1959, 19 de maio. Rafael Cuquerella Cuquerella.

 

1960, novembro. Benigno de la Bárcena Gómez. No BOE do 24-1-1964, nomeado secretario do Concello de Camargo (Santander).

 

1964 María Luisa López López. Primeira muller que acada este cargo por oposición en España. En marzo de 1967 é trasladada ao Concello de Padrón.

 

1967 Luis Pérez Jofre de Villegas. En agosto deixa o cargo para asistir a un curso de perfeccionamento.

 

1968, xaneiro. José A. Armesto Rodríguez. Anteriormente secretario propietario en Caldas de Reis.

 

196? Enrique Rodríguez Cabirta. Deixa o cargo en xaneiro de 1970 ao ser nomeado secretario do Concello de Betanzos.

 

1970, xaneiro. José Asincrito Calvo Sobrino. Nomeado provisionalmente en xaneiro e definitivamente no BOE do 25 de marzo.

 

 

 

 

 

Oficial 1º do Concello

 

19¿? Paulino Otero García. Cando menos dende 1910. En febreiro de 1912 a corporación municipal acordou destituilo, pero o alcalde manifestou non cumprir o acordo ata que o Governador civil resolva o caso, o que provocou a saída dos concelleiros do salón de plenos. Despois de deixar o cargo seguiu exercendo como oficial do Concello. Faleceu en xaneiro de 1923.

 

1912, maio. Luis Calvo Sánchez. Sarxento licenciado do exército.

 

1923, febreiro. Heliodoro Rivas Rivas. Seguía no cargo en xuño de 1936. Nomeado Alcalde despois do Golpe Militar do 17 de xullo de 1936 polo Comandante Militar de Vigo.

 

19?? Fontenla. En 1933.

 

194? Generoso Muíños Blanco. Seguía no cargo en 1958, cando cumpriu 25 anos como funcionario municipal.

 

 

 

 

 

 

Oficial 2º do Concello

 

1870, 23 de xaneiro. Julián Táboas Ricón

 

 

 

1912, maio. Jesús Fernández González. Sarxento licenciado do exército. En maio do ano seguinte, nomeado “escribiente calígrafo” do Instituto de Jerez.

 

1913, setembro. Nicolás Rodríguez Pardo. Licenciado do exército.

 

 

 

 

 

Oficial de Intervención

 

José Fontenla Cal. No cargo en 1958, cando cumpriu 25 anos como funcionario municipal.

 

 

 

Outros Secretarios

 

Luis Míguez Extremadouro. Natural de Redondela. Secretario do concello de San Martín de la Vega (Madrid), cando menos entre 1952 e 1958.

 

Jesús Sánchez Otero. De Redondela. Secretario do Concello de Cuntis cando menos entre 1950 e 1961.

 

Baldomero Táboas Mártínez. Secretario do Concello de Nogueira de Ramuín (Ourense) cara a 1923.

 

 

 

Auxiliar de Secretaría do Concello

 

1913, setembro. Nicolás Rodríguez Pardo. Sarxento do Exército.

 

 

 

Auxiliar Mecanógrafo.

 

1929, 28 de outubro. José Fontenla. Nomeado interinamente.

 

193? Luis Míguez Extremadouro. Cesado o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista.

 

 

 

 

Porteiro do Concello

 

1870, 23 de xaneiro. Domingo Baltar Pérez.

 

 

 

1912, maio. Gregorio Ortiz Rodríguez. Cabo licenciado do Exército.

 

19?? Francisco Pazos. Xubilado en decembro de 1935.

 

1935, decembro. Manuel Pena Lamas. Cesado como subcabo da garda municipal, onde tan só durou quince días, sería cesado tamén como porteiro o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista.

 

1939, xaneiro. Manuel Corujeira Iglesias. Mutilado de guerra. En 1963 cumpriu 25 anos traballando no Concello.

 

 

 

Alguacil

 

17?? Francisco Lorenzo. En 1752.

 

 

 

19?? Manuel Pérez Ocampo. Xubilado en decembro de 1935.

 

193? Manuel Martínez Míguez. Aparece como interino nunha relación de 1938.

 

 

 

Arquiveiro

 

18?? Miguel Espariz.

 

1881, 10 de abril. Eduardo Mella. Sustitue ao anterior.

 

 

 

Archivero de Protocolo

 

1906, outubro. Emilio Torrado Naveiro.

 

 

 

 

 

Axente Executivo

 

1923, maio. Buenaventura de Lis Romero.

 

 

 

Xefe de servizos

 

1943, 16 de abril Casimiro Sánchez Otero “Mirito”. Seguía en 1956. Tamén foi xefe da Garda Municipal.

 

 

 

Peóns municipais

 

19?? José Durán Lago. Xubilado en decembro de 1935.

 

19?? José Villaverde Abelleira. Xubilado en decembro de 1935.

 

 

 

Encargado do Reloxo

 

1870, 23 de xaneiro. Manuel Martínez

 

 

 

19?? José Táboas Carreira. En propiedade nunha relación de 1938.

 

 

 

Encargado do tambor de bandos

 

19?? Celso Darroza Pazos. En propiedade nunha relación de 1938.

 

 

 

Varredor

 

19?? Manuel Martínez Fernández. Cesado o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista.

 

 

 

Xardineiro

 

19?? Apolinar Míguez Míguez. Xubilouse en setembro de 1957 despois de máis de 20 anos de servizo. Faleceu en Reboreda en xullo de 1958.

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 11-01-2016

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

 

Pares-http://pares.mcu.es> Ministerio de Hacienda

 

Pares>Archivo General de Indias-Ultramar / Movimientos Migratorios-Carlos Araújo

 

Censo de actividades 1905,1910 e 1925. Publicado en todocoleccion.net

 

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es =>  La Correspondencia Gallega, La Idea, El Pueblo Gallego, La Noche, Gaceta de Galicia, El Lucense, Diario de Pontevedra...

 

 

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0