Outros cargos do Xulgado

 

Procurador dos tribunais

 

 

 

18?? José Bernardo González. En 1854.

 

1856 José Otero. Alcalde que entre outros separou do seu cargo ao xuiz de primeira instancia e ao promotor fiscal.

 

188? Alejo Real Soto. En 1887 concédeselle un ano de licencia.

 

18?? Eulogio Padín Padín. En 1897. Seguía en 1926.

 

1??? Silverio Alonso (ou Pérez). Cando menos entre 1905 e 1925.

 

19?? Bernardo Fernández Esteiro. Polo menos entre 1911 e 1934.

 

19?? Generoso Muíños Arines. Cando menos entre 1909 e 1934.

 

192? Buenhijo Pérez Sobrino. Cando menos entre 1910  e 1929. Alcalde en catro ocasións.

 

192? Eulogio Padín Lorenzo. Fillo de Eulogio Padín Padín. Cando menos dende 1925.

 

192? Juan Crespo Álvarez. Cando menos entre 1925-1929. Foi xuíz municipal.

 

196? Florentino Pereira Míguez. Cando menos entre 1957 e 1965.

 

19?? Bernardo Fernández Soto. Cando menos durante os anos 60. Mentras traballaba como procurador pagaba a un mutilado de guerra para que o sustituira no cargo de mestre. Logo acadaría praza na escola de Redondela, da que chegaría a ser director e na que se xubilaría a principios dos anos 80.

 

Outros Procuradores

 

            Nos exames celebrados Na Coruña, en xuño de 1948, para Procuradores dos Tribunais, obtiveron a calificación de sobresaíntes, José Carreira Rivero e Santiago Fernández Soto.

 

Nos exames celebrados na Coruña para Procuradores dos Tribunais, en xuño de 1958, aprobou coa calificación de sobresainte, Fernando Alfaya Bula.

 

 

 

Secretario do Xulgado de 1ª Instancia (Escribano de Actuaciones / Actuario)

 

1890 Leodegario Rubín Monroy. Anteriormente xuíz municipal.

 

1898, maio. Manuel Cacheiro Cardama. Anteriormente, fora xuíz municipal de Fornelos de Montes. En setembro de 1906 pide a excedencia para abrir un bufete de avogado en Redondela.

 

19?? Leodegario Rubín Monroy. Falece estando no cargo en marzo de 1912.

 

1912, xuño. Ventura Domínguez Gómez. Antes servía no xulgado de Bande. Despois de 16 anos no cargo en outubro de 1928 ascende ao xulgado de Mondoñedo.

 

1928, 15 nov. Luis Echeverría y Barrio. Cando foi nomeado era secretario excedente por supresión do xulgado de Chiclana. O 18 de outubro de 1935, concedéuselle a excedencia. En 1963 era secretario do xulgado de Avilés.

 

1935, outubro. Carlos Pintos Castro. Continuaba en decembro de 1937.

 

1946, 14 de xaneiro. José I. Poch Gutiérrez de Caviedes.

 

195? Antonio Carbajo Madrigal. Declarado excedente voluntario o 27 de junio de 1953.

 

195? Francisco Lafuente Ferreirós. No cargo en xullo de 1954. En novembro de 1956 apróbase o seu traslado ao xulgado de Caldas de Reis, vila da que era natural.

 

1957, 28 de xaneiro. Alberto Ruíz López Rúa. Anteriormente de Ayamonte. En 1963 sería trasladado a Corcubión.

 

 

 

Secretarios noutros Xulgados

 

David Borines Sobrino. Secretario do Xulgado de Mos nos anos 20 e 30.

 

 

 

 

 

Promotor Fiscal

 

1835, nov-18 40 José Veiga y Feijoo

 

183? Francisco Portela

 

1842 Bernardo Portela (interino)

 

184? D. N. Sánchez. Cargo que desempeñou ata o 23 de outubro de 1843, en que se sumou ao pronunciamento que tivo lugar na praza de Vigo pola Xunta central para contrarrestar ao que derrocou ao Duque de la Victoria. Ante estes feitos foi posto en busca e captura.

 

1844- 47 Bernardo Portela y Pérez

 

1848- 63 José Veiga y Feijoo. En setembro de 1856 foi apartado do cargo por acudir a un banquete que Juan Manuel Pereira celebrou na honra de José María Orense, marqués de Albaida. Recoñecenselle 19 anos, 8 meses y 22 días de servicios. Decláraselle o haber anual de 2.500 rs.: soldo regulador 10.000.

 

1867 José Francisco Garrido y Soberal

 

1873 Ramón Maraira. En 1873.

 

18?? Ramón Vidal Olivares. Xuíz de Redondela desempeñou o cargo de Promotor fiscal en comisión. En decembro de 1877 é nomeado xuíz de Verín.

 

1880 Tomás Díaz Varela

 

1881 Pedro María Usera y Rodríguez

 

1882, xaneiro José Orge y Portela

 

 

 

Fiscal municipal

 

1882, xaneiro. José Arza Portela.

 

18?? José Benito Rodríguez Arango. Cando menos entre 1895 e 1897.

 

1900, outubro. Antonio Orellana Pereira.

 

1901. José Cardama Cacheiro. O seu nomeamento quedou sen efecto.

 

1901. José Fontenla Pardo. Reelexido cando menos para o bienio 1903-1905.

 

190? Serafín Sampedro Couto. No cargo en 1910.

 

1910, novembro. Pedro Fontenla Pardo

 

1914, novembro. Luis Pereira Míguez. Reelexido no 1918.

 

1920, novembro. Francisco Crespo Rivas. Seguía en 1926.

 

1935, novembro. Ramón Muíños Casal

 

1949, xaneiro. José Carlos Casal Rivas. O 5 de xaneiro de 1950 concédeselle a excedencia forzosa.

 

 

 

Fiscal suplente

 

1910, novembro. Luis Telmo Bernárdez Santomé

 

1914, novembro. Eladio Martínez Pedrayo. Reelexido no 1918.

 

1935, novembro. Manuel Domínguez Suárez.

 

 

 

Fiscal comarcal (Redondela, Pontecaldelas e Lavadores)

 

1954, marzo. José A. Arruti Arruti

 

196? Ricardo Huidobro Iglesias. En marzo de 1963 trasladado a Badajoz.

 

1967, xullo. Alberto Pereira Ibáñez. Xa desempeñara esta función con anterioridade.

 

 

 

 

Alguacil do Xulgado

 

18?? Andrés Figueroa. Aceptouse a súa renuncia convocando a praza o 11 de agosto de 1865.

 

1912, marzo. Amancio Traseira. Sarxento licenciado do exército.

 

1912, setembro. Fausto García Rodríguez. Soldado licenciado do exército.

 

1913, marzo. Juan Hidalgo Luido. Cabo licenciado.

 

1914, abril. Antonio Escudero. Cabo licenciado do exército nomeado polo Ministerio de Guerra.

 

19?? Casimiro López Toucedo. Xubilado o 4-3-1925 despois de moitos anos no cargo.

 

 

 

Auxiliar do Xulgado Comarcal

 

194? Manuel Pintos Vieites. O 6 de decembro de 1950 declarado en situación de excedencia voluntaria, por incompatibilidade con otro cargo.

 

195? Emilio Rojo Cabana. O 28 de setembro de 1954 declarado en situación de excedencia voluntaria.

 

 

 

Oficial Habilitado do Xulgado Comarcal

 

194? Francisco Prieto Fernández. O 24 de novembro de 1947 concédeselle a excedencia voluntaria.

 

 

 

 

 

Oficial Habilitado do Xulgado de 1ª Instancia

 

192? Juan Marín Raporeiras. Cando menos dende 1925.  Trasladado a Corcubión en outubro de 1926.

 

192? Francisco Lafuente Barros. A finais de 1928 destinado para Mondoñedo.

 

 

 

Oficial 1º do Xulgado de 1ª instancia

 

190? Heliodoro Rivas Rivas. En marzo 1909.

 

 

 

19?? Luis Alfonso Pereira Fernández. Cando menos entre 1934 e 1935.

 

19?? Agustín Conde Gómez. Natural de Ourense. No cargo cando menos dende 1952. O seu ascenso foi publicado no BOE do 26-3-1958, pouco despois estaba destinado no Xulgado nº1 de Vigo.

 

1959, abril. Abel Pérez Iglesias

 

 

 

Oficial do Xulgado Municipal

 

19?? Antonio Criado Fontán. En 1925.

 

 

 

 

Axente Xudicial

 

1947, 21 de novembro. Ricardo Girón Domínguez. Anteriormente na Audiencia de Castellón.

 

 

 

Encargado do Rexistro Civil

 

191? Heliodoro Rivas Rivas. No cargo en 1916.

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 30-09-2016

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

 

Galiciana

 

Boletín de la Revista general de legislación y jurisprudencia, Volumen 18. Año 1863. Escrito por Rafael Ramos, Colegio de Abogados de Madrid

 

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.

 

          Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Gaceta de Galicia, El Pueblo Gallego, El Progreso...

 

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es  => Guía de forasteros en Madrid., El Eco del comercio, La Iberia, El Liberal, La Época...

 

            Ministerio de Cultura http://pares.mcu.es/

 

 

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0