Outros Relixiosos-as

Relixiosos nos Mosteiros de Redondela

Fr. Alberto Orge.

            Aparece nunha relación de: Alcipreste, párrocos e clero do arziprestazgo de Redondela que firman unha carta de apoio ao Bispo de Tui en 1864.

 

Fr. Francisco.

            A finais do s. XIX. Monxe de Agrelo que participou durante moitos anos nas procesións de Reboreda levando o incensario.

 

Fr. Ramón

Organista da parroquial de Redondela durante o s. XIX e que tamén o fora do Convento de Franciscanos de Agrelo. Ao parecer proviña de Santo Domingo de Pontevedra.

 

 

 

Relixiosas do Convento de Vilavella

 

1574 Constanza, Elvira, Aldonza e Ana Prego de Montaos y Sotomayor. Irmás de García Prego de Montaos, fundador do convento. Entraron no Convento de Vilavella en 1574 como primeiras señoras fundadoras según consta no testamento do seu irmán García.

 

1603. Inés de Avalle Mariño. Superiora do Convento de Vilavella. En 1603 o Concello de Pontevedra encárgalle unhas confituras para regalar ao arcebispo Maximiliano de Austria.

 

16??  Ángela de Prado Mariño y (de) Soutomaior. A súa irmá Mariana casou con Nuño Prego de Montaos y Lanzós

 

1700 Mariana de San Miguel, Francisca de la Purificación ¿? e Jacinta del Espíritu Santo; mordomas.

 

1704 Jazinta del Espiritu Santo, Josefina Benita de ¿? e María de san Miguel; mordomas.

 

1709 Abadesa Dª Antonia del ¿Prior? e señoras graneiras Dª Francisca de Jacinto e Dª Francisca Pestaña.

 

1721 Abadesa Dª Benita de Zúñiga e graneiras Francisca Pestaña e Dª María Feliciana de Jesús.

 

1736 Recibimos para alimentos de doña Ysabel de san luis en 4 de diciembre del año 36, 24 ferrados ferrados de trigo para el 2º año de noviciado.

 

1736 Recibimos de mano de doña Maria de ¿bentera? de la asuncion 24 ferrados de trigo para el año de nobiciado que ¿? en 15 de agosto de 1736

 

1768 Abadesa María Teresa de San Pedro, arquiveiras Isavel María de San Luis e Manuela de Santa Ana.

 

1779 prestáronnos las Sras. depositarias Dª Teresa de San Juan y Dª ¿? de San Francisco

 

1861, 12 de abril. Falece Sor María de la Concepción San Pedro.

 

1862, 22 de marzo. Aos 22 anos faleceu Enriqueta Martínez de las Mercedes, Relixiosa Cantora profesa deste convento.

 

1872, 15 de abril. Falece Sor María Mercedes de la Asunción.

 

1872, 20 de xullo. Faleceu no convento aos 79 anos, a relixiosa Margarita García de Santa Ana.

 

1874, 4 de febreiro. Faleceu aos 76 anos a Abadesa, Rosa del Pilar Foyo y Rubín.

 

1874, 9 de febreiro. Faleceu aos 88 anos, a Sra. de la Concepción, Dª María Carmen San Román, relixiosa.

 

1874, 20 de marzo. Foi nomeada presidenta do Convento de Vilavella, Rosa de San Rafael Bugallal.

 

1877, 21 de maio. Profesou como novicia Clara Llanjer y Martínez. Presidenta do Convento.

 

1877, 9 de xullo. Faleceu a relixiosa Vicenta Feal de Sto. Domingo.

 

1878, 29 de xuño. Faleceu Sor Rosa de San Rafael Bugallal.

 

1878, 24 de outubro. Tomou o hábito Concepción Leiras, natural de Tui.

 

1878, 23 de decembro. Tomou o hábito como lega Feliciana Doural y Cardoso, de Torroso.

 

1879, 8 de xaneiro. Recibiu o hábito Jovita Díaz Varela, de Monforte de Lemos.

 

1879, 5 de febreiro. Profesou como relixiosa Carmen Fernández Sousa.

 

1880, 3 de xaneiro. Profesou a novicia Concepción Leiras y Pérez, natural de Tui.

 

1880, 12 de abril. Tomou o hábito de novicia Elisa Peregrina María Caneda y Álvarez.

 

1880, 18 de maio. Profesou Jovita Díaz Cedrón.

 

1883, 9 de xuño. Tomou o hábito María Castaño y Pérez.

 

1883, 1 de outubro. Tomou o hábito Carmen Losada Campos.

 

1884, 21 de xaneiro. Tomou o hábito Aurora Gobem, natural de San Paio de Navia.

 

1884, 14 de xullo. Profesou María Castaño.

 

1884, 23 de xullo. Profesou Gumersinda Feijoo.

 

1884, 7 de novembro. Profesión relixiosa de Carmen Losada Campos, natural de Silleda.

 

1885, 15 de abril. Tomou o Santo Hábito María Josefa González y Bernárdez, natural de San Miguel de Cabreira.

 

1886, 16 de xuño. Profesión relixiosa de María Josefa González y Bernárdez co nome de Sor María Josefa de San Pedro.

 

1887, 29 de xullo. Tomou o Santo Hábito en clase de Lega Manuela Vázquez y Domínguez.

 

1890, 24 de xullo. Faleceu aos 82 anos a relixiosa Josefa del Carmen Bugallal.

 

1892, novembro. Falece en Vigo Francisca Martínez Martínez, viúva de Llauger, nai da abadesa do convento de Vilavella.

 

1894, xullo. Faleceu no convento Sor Madre de la Concepción, natural de Ribadavia.

 

1894, decembro. Atópase gravemente enferma a priora, Sor Pilar, coñecida no século por Elisa, irmá do inspector de Sanidade da Armada, Marcelino Astray Caneda.

 

1895 Toma o hábito co cargo de organista Isabel P. Sarodio, de Guillarei.

 

1897, novembro. Faleceu Sor María del Carmen, monxa profesora, natural das Vascongadas.

 

1899, febreiro. Faleceu Sor Manuela Santa Rita.

 

1899, 9 de marzo. Faleceu a Lega Rita Vázquez Domínguez.

 

1900, maio. Ingresou como novicia Indalecia Fernández y Prado. Natural de Lugo. Foi apadriñada polo catedrático de Lugo,  D. Juan Morillo e a señorita Fernanda Queimaliños de Redondela, irmá do médico do convento.

 

1900, agosto. Profesa a novicia Adriana Bezzares Moreno, natural de Cañas (Logroño), sendo apadriñada polo P. Comendador do convento de Poio e a Srta. Josefa Amar de la Torre, de Vigo.

 

1900, agosto. Falece Sor Dolores. Lega.

 

1904, decembro. Profesan María Pérez Míguez, de Castelló, e Vicenta Meiriño Vázquez, de Arnoia.

 

1910. Daquela era abadesa Sor Maaría Clara de la Asunción.

 

1911, novembro. Faleceu a irmá San Lorenzo, que no mundo foi Gumersinda Feijoo Montenegro y Gayoso, da casa de Casdemiro.

 

1912, febreiro. Fixo os últimos votos, Sor Amable de Sta. Teresa de Jesús, que no século se chamaba Amable Fernández Somoza, natural de Póvoa de Brullón (Lugo).

 

1916, setembro. Falece no convento Sor Carmen del Corazón de Jesús, de 25 anos de idade, levaba 4 de vida relixiosa.

 

1916, decembro. Vicenta María del Pilar Rubín. Elexida Abadesa, levaba 14 anos de vida claustral.

 

1920, febreiro. Tomou o hábito a que fora presidenta da Congregación de las Hijas de María de Vilavella.

 

1923, abril. Faleceu no convento de Vilavella aos 70 anos e 48 de relixiosa, Rda. M. Guadalupe. No mundo chamouse María de la Asunción Lago Bugarín, natural de Cabral.

 

1925. Exerce como Superiora, Mª de la Concepción Llanger y Bugarín.

 

1926, setembro. Faleceu no convento Sor María de la Cruz, coñecida no século como Carmen González Alonso. Natural de Mosende (Porriño), tiña 64 anos e levaba 23 de vida relixiosa.

 

1933. Abandoan o convento trala súa venda: a abadesa, Pilar Rubín (da Rioxa), que contaba 47 anos. Seis monxas: Rosario, galega, 49 años; Ángeles, castelá, 50 anos; San José Troncoso, 84 anos;  San Pedro, galega, 79 anos; María, 78 anos; e Dolores, 72 anos. E dous legas: de 60 e 68 anos.

 

 

 

 

 

 

Outras Monxas

Míguez, Engracia

            Engracia Míguez, naceu en Redondela en 1836, tomando o hábito de Clarisa aos 18 anos en 1854. A revolución de 1868 obrigouna a abandoar o convento ata que en 1875 as xestións do arzobispo da diócese, Sr. Payá,  permetiulle á volta ao convento. Despois de exercer 23 anos como abadesa, falecería no convento de Santa Clara en 1916, contando daquela 80 anos.

 

Misioneiros

P. Antonio García Núñez. Nado en Redondela. Agustino misioneiro en Filipinas. En 1783 profeso do convento de Santiago. Pasou a Filipinas en 1789. Administrou varias parroquias en Ilocos, ata o seu falecemento en Bacarra en 1821.

P. Luis Antonio Carrera. Nado en Redondela en 1773. Era organista e sería misioneiro en Filipinas.

P. Juan Parga Arroyo, franciscano natural de Redondela, morto, xuntamente con moitos dos seus indios de Ayubali nun asalto.

 

Outros Relixiosos

Mauro Fernández de Nogueira. Baptizado en Santiago de Redondela o 26-1-1634. Coengo de Santiago en 1678. Debe ser o mesmo D. Mauro de Nogueira y Barros que faleceu o 18-10-1699, según a inscrición da súa lápida sepulcral brasonada, na Basílica Compostelana.

Juan de Cordido. Relixioso nado a principios do s. XVII, da familia dos Prego de Montaos e veciño de Reboreda.

Manuel Mos y Roza. Relixioso de Cesantes que recolleu o relato do carpinteiro redondelán Domingo Martínez, testigo en 1702 da Batalla de Rande.

Antonio Rubín. En 1821 aparece como Lector de Casos no convento de San Lorenzo, cando é destinado a Vigo. En 1835 residía de novo en San Lorenzo, cando nos primeiros días de setembro ten lugar a exclaustración dos regulares da Orde Franciscana en Santiago de Compostela, indo daquela a residir en Redondela, de onde era natural.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 30-09-2016

 

 

BIBLIOGRAFÍA

Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.

As Illas de San Simón. Aproximación á súa historia. J. A. Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia.1999.

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El eco de Galicia  órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas, El regional  diario de Lugo, El lucense  diario católico de la tarde, Gaceta de GaliciaDiario de Santiago, La correspondencia gallega, Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy...

            Ministerio de Cultura http://pares.mcu.es/ =>  La Semana Católica de Salamanca...

            Ministerio de Cultura http://pares.mcu.es/ > Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779))

Anotacións de Martina Figueroa Senra esposa de Manuel Otero Lago (Sacristán das Monxas do Convento de Vilavella).

Agustinos, evangelizadores de Filipinas, 1565-1965. Manuel Meriño, 1965.

Ensayo de una biblioteca ibero-americana de la Orden de San Agustin, Vol. 3. Gregorio de Santiago Vela, Bonifacio Moral, Augustinians in the Philippine Islands

Catálogo de los religiosos de N.P.S. Agustín de la Provincia del Smo. Nombre de Jesús de Filipinas. Archivo Ibero-Americano. Franciscans. 1969

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925. Publicado en todocoleccion.net

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0