Rexistradores da Propiedade

1866, 10 de abril. Jacinto González del Castillo. Nomeado por falecemento do anterior. O 4 de xaneiro de 1867 foi sustituido por non presentar a fianza.

1867, 10 de xaneiro. José María Sancho. O 9 de xuño de 1867 aprobouse a súa permuta co rexistrador de propiedade de Ayamonte.

1867, 9 de xuño. Juan Lobera Díaz. Anteriormente rexistrador de propiedade de Ayamonte. En xaneiro de 1877 nomeado para Vigo.

1877, 13 de marzo. Antonio Tovar y Méndez. Anteriormente, rexistrador de Pontecaldelas. En febreiro de 1878 é nomeado por R. O. rexistrador da propiedade de Cambados.

1878, 30 de abril. Joaquín Huguet y Villar. Servía en Atienza.

1881, 15 de novembro. Antonio Salgado Rodríguez. Serviu o de Pontecaldelas.

1884, febreiro. Rafael Ramos Bascuñana. Natural de Elche, onde era masón, colaboraba na prensa local, fundou a Caja Rural del Campo e Académico mestre da Real de Xurisprudencia.

1887, 15 de novembro. Manuel Calderón Neira. Servía o de Chantada.

1889, 27 de setembro. José Martínez Álvarez Ron. Servía o de Ramales.

1890, 30 de agosto. Marcial Carballido Bugallal. Anteriormente Rexistrador da Propiedade de Caldas de Reis. Renunciou ao cargo o 5 de xaneiro de 1892 por ser nomeado Gobernador Civil de Ourense e ser incompatibles os dous cargos.

1892, 16 de abril. Francisco Perona y García. Serviu o de Viana do Bolo. En agosto de 1898 nomeado rexistrador de Vigo.

1898, setembro. José Domínguez Amoedo. Avogado.

1898, 05 de decembro. José Herráiz Ruibal, anteriormente rexistrador da propiedade en Sequeiros. Faleceu en 1933 na súa vila natal, Tui. Daquela ostenteba o cargo de  rexistrador da propiedade de Sevilla. Tamén exercera como tenente coronel co Corpo Xurídico da Armada.

1899, 24 de maio. José María Gutiérrez y Gutiérrez. Anteriormente servía en Valle de Cabuérniga. En xuño de 1900 deixa o cargo ó ser nomeado rexistrador de Amurrio.

1900, 28 de maio. Francisco Sánchez Varela. Antes servía no rexistro de Ordes.

1906, xaneiro. Jacinto Mos Figueroa. Nomeamento interino ata a nova toma de posesión.

1906, 26 de xaneiro. Fermín Díaz Fernández. Servía o de Fonsagrada. Natural de Mondoñedo e casado con Emérita Arango. En decembro de 1912 deixa o cargo ó ser nomeado rexistrador da propiedade en Viveiro.

1912, decembro. Jacinto Mos Figueroa. Interino ata novo nomeamento.

1913, 31 de xaneiro. Joaquín Castro García. Anteriormente rexistrador da propiedade en Xinzo de Limia.

19?? José Otero Fernández. En xullo de 1923 nomeado rexistrador de Carballino.

1923, agosto. Felipe Hermida Pérez. Seguía no cargo en 1930. Estudiou na Universidade de Santiago.  Conselleiro delegado da “Editorial Galicia S.A.”.

1931, abril. Jesús Larios Martín. Seguía en 1936.

 

1939, decembro. Luis Artime Prieto. No cargo en xullo de 1945.

 

195? César Martín Muñoz. Natural de Águilas (Murcia), en xullo de 1957 sería nomeado Delegado Provincial de Sindicatos.

19?? Jaime Pazos Cabaleiro. En 1961.

196? Juan Antonio Cuadrado Cánovas. Deixa o cargo en maio de 1965 para desempeñalo en Fuente de Cantos (Badaxoz).

 

Outros Rexistradores da Propiedade

José Otero Fernández (Redondela). En 1923 nomeado rexistrador de propiedade de Carballino. Faleceu en 1951 con tan só 59 anos, exercendo daquela en Santiago de Compostela.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 11-01-2016

BIBLIOGRAFÍA

Biblioteca Nacional de España:

            Guía de forasteros en Madrid.

            Guía oficial de España.

www.boe.es

R. RAMOS FOLQUÉS.- Cartas de principios de siglo sobre el no desplazamiento de la prenda. Elche, 1958. www.elche.me

Galiciana>Varios xornais

Escribir comentario

Comentarios: 0