Sanidade.

 

Hospital de Pobres de Redondela

 

Varela de Boado, Antonio. Xuíz do negocio, de contas e demandado do hospital en 1684.

 

Rodríguez Giráldez, Juan. Alcalde de Bula do Hospital en 1724

 

Ramos Feijoo, Pedro Benito. Médico. Comezou a traballar no hospital de Redondela no 1768.

 

 

 

 

 

 

Mordomos Hospital de Pobres de Redondela

 

Milleiro, Juan. En 1510.

 

Lantaño, Gonzalo de. En 1510.

 

Milleiro, Gonzalo. En 1529.

 

Salgueiro, Juan. No século XVIII.

 

Rodriguez Carballido, Pedro. En 1719

 

Torre, Juan da. En 1719

 

 

 

 

 

Médicos de Redondela

 

Médicos S. XVIII

 

Avalle, José. Cirurxán no catastro de Reboreda de 1752.

 

Barro, Domingo Antonio. Cirurxán no catastro de Redondela de 1752.

 

Bouzón, Marcelo. Cirurxán no catastro de Reboreda de 1752.

 

Docampo, José. Cirurxán no catastro de Cesantes de 1752.

 

García, Pedro. Cirurxán no catastro de Negros de 1752.

 

González Carballo, Pablo. Médico titular de Redondela en 1752.

 

Lago, Jose Antonio do. Cirurxán no catastro de Redondela 1752.

 

Mera, Pedro de. Cirurxán no catastro de Redondela de 1752.

 

Milijosa, Miguel de. Cirurxán no catastro de Redondela de 1752.

 

Morales. Cirurxán que vivía en Redondela cara a 1722.

 

Villar, Pedro Antonio del. Cirurxán no catastro de Trasmañó de 1752.

 

 

 

 

Médicos S. XIX

 

Alfaya Martínez, Fermín (Redondela). Médico titular de Redondela cando menos dende 1898. Médico da prisión cara a 1910. Xunto con Manuel Amoedo Acuña en 1919 reclamaban que o Concello levaba sen pagarlle os seus honorarios dende 1901. Faleceu en maio de 1921 e a débeda sería pagada ao ano seguinte.

 

Amoedo Acuña, Manuel (Cesantes). En 1885 xa tiña consulta na R. Riveira. Subdelegado de Menciña de Redondela cando menos entre 1906-1911. Médico forense do partido cara a 1910. Foi destituido como médico municipal en 1919, sen conseguir que o Concello  lle abonara os atrasos que acumulaba dende 1901. Coma Fermín Alfaya faleceu en 1921, solucionándose a débeda ao ano seguinte.

 

Bernárdez Santomé, José (Redondela). Faleceu en 1899 ao pouco de licenciarse. Irmán de Telmo.

 

Casal de Anido, Manuel Antonio (Redondela, 1781). En 1801 se convirte nun dos 15 alumnos do Primeiro Curso de Menciña da historia de Arxentina.

 

Cordero Escalona, Felipe B. (Redondela). En 1896 era médico provisional de Sanidade Militar con destino ao exército de Puerto Rico.

 

Lanzós Sánchez, Enrique (Santiago). Era natural de Santiago e fillo dun reputado médico do Gran Hospital. Poseía un chalet en Redondela onde falecería en 1930, despois de 40 anos de profesión. O seu prestixio extendeuse fóra de Galicia, sendo recoñecido pola crítica médica. Exerceu en Vigo e durante varios anos foi director do Hospital desa cidade. Tamén era subdelegado de Menciña e médico ciruxán da Compañía de ferrocarrís de Vigo a Monforte. Na nosa vila practicou unha complicada operación en 1911, asistido por Juan Otero Milleiro.

 

Ocampo, Simón José. Era médico municipal en 1872.

 

Ocampo Martínez de Meneses, Manuel. Cirurxán do Viso que atendeu o primeiro caso de cólera en Redondela en 1854, tendo que enfróntarse ás Xuntas municipais de Redondela e Vigo que pretendían defender a eficacia do Lazareto de San Simón, feitos que relataría nun libro.

 

Otero Milleiro, Juan Manuel (Redondela, 1863-1929). Nomeado médico forense e do cárcere de Redondela en febreiro de 1906. Subdelegado de Menciña de Redondela, nun principio con caracter interino e, dende novembro de 1912, en propiedade. Seguía no cargo en 1914. Médico municipal cando menos entre 1914  e 1926. Alcalde en 1895.

 

Queimaliños Queimaliños, Isidoro (Redondela). Nomeado médico do cárcere de Redondela en outubro de 1888. Alcalde, unha rúa leva o seu nome. (Ver Toponimia>Redondela)

 

Rodríguez Bouzón, Juan (Cesantes). Nomeado alcalde de Redondela en 1885.

 

Pérez, Eusebio. En 1916 falece en Redondela a súa viúva, Mariana Pérez Costas.

 

Pérez Burgos, Ramón. Médico municipal falecido en 1895.

 

Testa.  Cirurxán en Cesantes en 1835.

 

 

 

NOTA

 

            Médico e ciruxán dos pobres (cargos creados en xuño de 1861)

 

 

 

 

Médicos. Primeira metade do S. XX

 

 

 

Acuña Mos, Daniel. Médico no Viso cando menos entre 1916 e 1926.

 

Amoedo Seoane, Manuel. Fillo de Manuel Amoedo Acuña. Irmán de Juan (Ver Persoeiros>Política) e descendente de John O’Dogherty (Ver Persoeiros>Adopción). Estudou a carreira de menciña con Castelao. Redactor en Redondela do xornal “La Idea” (Ver Historia>Xornais). Especializado en cirurxía, estableceuse en Vigo no 1914. Nesta cidade xestionou, xunto a Cesáreo Corbal,  o Sanatorio Santa Cristina e máis tarde dirixiu o Hospital Municipal. Faleceu en outubro de 1966.

 

Arruti, Modesto. Era Subdelegado de Sanidade en Redondela en 1909.

 

Barros Sanroman, José (Redondela). Ingresou na Academia Médico Militar del Rey en 1912. En 1915 exercía no Reximento de Murcia e en 1918 como Capitán médico no Reximento das Palmas. En decembro de 1930 aparece nunha relación dun curso de preparación de ascenso, como capitán médico do rexemento de Artillería Lixeira, 8. Nunha foto datada en 1932 aparece entre outros Castelao, na porta da súa consulta ubicada en Santiago.

 

Beamud González, Jesús. (Redondela). Destinado en Mieres (Asturias) ata o seu nomeamento como médico forense e do cárcere de Redondela o 5 de xullo de 1930. Cargo que desempeñou ata o 4-12-1933. En xullo de 1933, nomeado médico titular de Pazos de Borbén. Ascendido en 1933 ao Xulgado de Instrucción de Noia.

 

Bernárdez Santomé, Luis Telmo (Redondela, 1885). En novembro de 1922 nomeado médico municipal de Redondela. Foi alcalde e unha rúa leva o seu nome. (Ver Persoeiros>Política)

 

Bouzón Cancelo, Alfonso. (Redondela). Médico interino en Redondela en 1938. En 1966 o Concello de Santiago acorda solicitar o seu ingreso na Orden Civil de Beneficiencia, e ofrécelle  unha homenaxe popular.

 

Bouzón Cancelo, Eduardo. Nomeado médico municipal de Lavadores en 1923, e pouco despois de Bembrive. Cuñado de Alejandro Otero Fernández.

 

Bugallo Gamallo, José. En outubro de 1940 foi nomeado médico da a zona primeira de Redondela.

 

Carrera Lorenzo, Jesús. Médico de Vigo nomeado forense e do cárcere de Redondela en 1939. Deixou o cargo o 9-12-1941, cando pediu a excedencia. A praza sairía a concurso en febreiro de 1942.

 

Carrera Ramilo, Ricardo. Médico municipal de Redondela cara a 1909. Casou en 1910 coa tamén redondelá María Alfaya Pérez, sendo daquela médico municipal do Porriño, cargo que ocupou ata o seu falecemento en 1929.

 

Corbal Lema, César. Comezou a exercer en Chapela en xaneiro de 1909. Tan só dous meses despois practicou con éxito unha traqueotomía a unha nena de dous anos.

 

Cunqueiro Montenegro, Francisco (Santiago, 1894 / Redondela, 1978) Xa exercía en Redondela en 1919. Alcalde e deputado provincial.

 

Durán Troncoso, Jesús.  En decembro de 1940 por oposición é nomeado médico da zona terceira. Despois de moitos anos exercendo en Chapela, parroquia da que era defensor dos seus intereses, en 1969 recibiu a homenaxe do Círculo Cultural de Chapela. Unha rúa desta parroquia leva o seu nome.

 

Fernández López, Bernardo (Redondela). Acadou o título de doutor en menciña en 1915 en Arxentina.

 

García, Benito.  Ante o seu nomeamento como médico municipal en outubro de 1924, o delegado guvernativo, Sr. Del Río, presentou denuncia ao fiscal da Audiencia de Pontevedra sobre falsedad en documento público e falsificación de firma no acta levantada no Concello de Redondela.

 

Martínez Arnaud, Manuel. En decembro de 1919 foi nomeado médico forense e do cárcere de Redondela. Foi promovido, atopándose a praza vacante en febreiro de 1921.

 

Martínez Malvar, Serafín. O primeiro dato que atopo del é como médico interino en Redondela en 1938. Concelleiro nos 40, 50 e 60, chegando a desempeñar en varias ocasións o cargo de primeiro tenente alcalde. Vicepresidente da  primeira xunta local da Asociación Española contra o Cancro.

 

Martínez Pedrayo, Eladio (Reboreda, 1882/ León 1967). Fillo dos propietarios do Pazo de Reboreda. Casou en 1914 cunha irmá do tamén médico Manuel Amoedo Seoane. Cando menos médico en Redondela dende 1918 é municipal en 1923. A mediados dos anos 20 nomeado médico municipal de León. Foi presidente do Casino e, en León, vicepresidente de Lar Gallego.

 

Ocampo Fraga, Antonio (Soutomaior, 1882). Despois de exercer brevemente na súa vila natal, foi nomeado Médico municipal de Redondela en 1914. Continuaba no cargo en 1938.

 

Ocampo Otero, Antonio. Fillo e neto de médicos. Tiña consulta na Rúa Alfonso XII. Foi médico de empresa en Regojo e Pontesa. Presidente do C. D. Redondela e da xunta local da Asociación Española contra o Cancro.

 

Orge Alonso, Francisco. Elexido vocal da Xunta Médica de Redondela en 1918.

 

Otero Fernández, Alejandro (Redondela). (Ver Persoeiros>Política)

 

Otero Rey, Pedro (Redondela). Médico. Deputado Provincial. Nomeado Alcalde en 1966. Fillo do tamén alcalde Pedro Otero Sestelo, farmacéutico.

 

Otero Sestelo, Augusto (Redondela). Fillo do farmacéutico Pedro Otero Milleiro, faleceu con tan só 41 anos.

 

Otero Soto, José. (Redondela). Licenciado en Xinecoloxía na Universidade de Santiago e exercendo como profesor axudante desta disciplina, en novembro de 1949 acadou o primeiro posto nas oposicións para o Premio Extraordinario da Licenciatura. Fillo de José Otero Fernández, daquela rexistrador da propiedade de Compostela.

 

Paz Varela, Manuel. Cando menos dende 1919 xefe da Xunta médica do Partido de Redondela, cargo no que seguía en 1926. Médico titular de Mos e, dende 1925, de Porriño.  

 

Pérez Colomer, Alejandro. Aprobou as oposicións en Madrid en 1936. En agosto de 1937, foi nomeado provisionalmente médico forense de Redondela.

 

Pereira Míguez, José Enrique (Redondela, 1884). Licenciado en Santiago en 1907, exerceu en Redondela. Nomeado Médico municipal de Redondela en outubro de 1924. Cesado como sustituto do médico forense o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista, o tamén médico Francisco Cunqueiro.

 

Sánchez Alonso, José. Médico de Beneficencia municipal de Madrid. Pasaba todos os veráns en Redondela alá polos anos 20 e primeiros 30. Atendía en Madrid a todos os redondeláns que o necesitaran, polo que en 1929 foi obsequiado cun banquete nunha finca de Santa Mariña coincidindo coas festas de San Roque.

 

Torrado André, José  (Redondela). Médico de Chapela en xaneiro de 1921, cando a Xunta de Médicos de Redondela decide aislalo profesionalmente por falta grave de consideración cos seus compañeiros da xunta. Nomeado médico forense e do cárcere o 9 de abril de 1930. Co inicio da guerra é nomeado sustituto do médico forense de Redondela. Pouco despois convértese en Delegado comarcal de Sanidade de Falange. En novembro de 1942 volta a ser nomeado médico forense de Redondela, cargo no que permanecerá ata a súa xubilación en novembro de 1963.

 

Vicente Álvarez, Ramón B. En maio de 1956, ratifícase a resolución do seu nomeamento para cubrir a vacante de médico da zona de Chapela.

 

 

 

 

Practicante Municipal

 

19?? Tomás Lago Garrido. Faleceu en 1930 aos 58 anos, despois de moitos anos no cargo de practicante municipal, cando menos dende 1904.

 

193? Basilio Riveiro Lago. Atopoo como practicante de Chapela cando menos dende 1910 e da beneficencia municipal en 1936.

 

 

 

Outros practicantes

 

Eliseo Lago Riveiro (Chapela). Sobriño de Basilio Riveiro Lago, anteriormente citado.

 

José Rivero. Practicante. O día 23-10-1949  faleceu en Chapela, aos 94 anos, a súa viúva.

 

José Rubín de Santa Cruz. Veciño de Redondela que en maio de 1939 é nomeado practicante da Beneficencia municipal de Soutomaior.

 

Ángel Tellería Ayuso. Practicante veciño de Reboreda que comezou a exercer a finais dos anos 40 e continuaba a finais dos 50.

 

 

 

 

Veterinarios

 

Alfaya Míguez, Juan. En agosto de 1956 exercía como veterinario en Salvaterra do Miño. En 1961 era Veterinario municipal de Redondela.

 

Carballeira Fernández, Gonzalo. Inspector Municipal Veterinario de Redondela en 1954. Dous anos despois ocupaba o mesmo cargo en Pazos de Borbén.

 

Carreira, Antonio. En 1925.

 

Carreira Rodríguez, José. Exerceu en Redondela cando menos dende 1905. Nomeado subdelegado de veterinaria en xuño de 1911. En novembro de 1914 nomeado subsecretario de veterinaria para o partido de Redondela. Veterinario municipal e Inspector de Hixiene e Sanidade pecuaria de Redondela cando menos dende 1922. En sesión celebrada no Concello o 2-12-1957 acórdase xubilalo de oficio.

 

Diego Pérez, Ramón. Veterinario de Redondela en 1966.

 

Fernández Fernández, Serafín. Inspector veterinario de Redondela cando menos a mediados dos anos 60.

 

Gómez Ferrer, Juan. Nomeado interinamente Subdelegado de veterinaria do partido de Redondela, en outubro de 1902, por renuncia do titular, e posteriormente en propiedade en xaneiro de 1904.

 

Méndez, Ángel. Subdelegado de veterinaria en 1910. Para o ano seguinte foi nomeado veterinario da Estrada.

 

Ocampo Otero, Nicanor. No BOE do día 11-07-1942  publícase o seu aprobado na oposición para a praza de veterinario municipal de Redondela. Deixa o cargo en febreiro de 1947, cando tomou posesión do cargo de veterinario municipal do distrito de Porriño. 

 

Pino Casqueiro, Benito. Nomeado Subdelegado de Veterinaria do partido de Redondela en setembro de 1901, por renuncia do anterior. Renunciou en setembro de 1902.

 

Reboredo Fernández, Isaac. O 12 de marzo de 1935, acórdase o seu nomeamento como  veterinario municipal interino de Redondela. Continuaba no cargo a mediados de 1936.

 

Sánchez Mateos, Gabriel. Inspector municipal veterinario de Redondela, ata que en novembro de 1958 foi nomeado en propiedade para inspector da primeira zona de Santiago de Compostela.

 

 

 

Boticario S. XVII

López Carvajal, Juan. Boticario no Real Hospital de Santiago de Compostela no s. XVII.

 

Farmacéuticos S. XVIII

Monroy, Pedro Benito. Natural da provincia de Ourense. Casou con Josefa María del Pilar Correa, natural de Redondela, onde se estableceron.

 

 

 

Farmacéuticos S. XIX

 

Bernárdez Otero, Basilio (Vilavella-Redondela). Déronlle o seu nome ao lugar onde tiña a súa farmacia, a actual “Calella de don Basilio”. Faleceu antes de 1910 continuando coa farmacia a súa viúva e posteriormente os seus fillos, cando menos ata 1925. Pai do médico Telmo Bernárdez Santomé.

 

Irribarren, Agustín. Cando menos tiña farmacia en Redondela dende 1896. En 1898 acada unha prórroga de 5 anos dos suministros do lazareto de San Simón.

 

Monroy, Fermín (1802, Redondela). Fillo do tamén farmacéutico Pedro Benito Monroy.

 

Otero Milleiro, Pedro (Redondela). Tivo farmacia en Redondela dende finais do s. XIX. En 1927 ocupaba o cargo de Subdelegado de Farmacia de Redondela. Foi alcalde e deputado provincial. Faleceu en 1941 aos 75.

 

Pereira Iglesias, Antonio (Redondela). Farmacéutico en Paisandú (Uruguai), onde faleceu en 1903.

 

 

 

Farmacéuticos 1ª metade do S. XX

 

 

Álvarez. Farmacéutico de Chapela a mediados dos anos 40.

 

Amaro de Velo, María del Pilar. Farmacia e laboratorio na Praza Figueroa nos anos 50.

 

Arruty Hermida, Modesto. En abril de 1906, nomeado subdelegado de farmacia de Redondela, cargo ao que renunciou en 1910.

 

Fernández Míguez, Honorato. Farmacéutico de Vigo casado con Blanca Feijoo Alfaya, do Pazo de Pousadouro.

 

Fontenla Pardo, Pedro. En novembro de 1905, nomeado subdelegado de farmacia de Redondela.

 

González Ávila, Florián. Ocupou o cargo de inspector farmacéutico de Redondela, polo que en 1960 lle conceden pensión á súa viúva.

 

Otero Sestelo, Pedro (Redondela). Primeiro alcalde republicano de Redondela. Recibiu o título de licenciado en febreiro de 1924. Abriu farmacia na rúa Alfonso XII o 21 de decembro de 1926. Nomeado inspector farmacéutico en xullo de 1932. Faleceu en decembro de 1936.

 

Pastora, José de. Farmacéutico de Chapela cara a 1946.

 

Pereira Iglesias, Antonio (Redondela). Farmacéutico falecido en Paisandú (Uruguai) en 1903.

 

Pereira Míguez, Luis Juan (Redondela). Abriu farmacia na rúa Alfonso XII cara a 1911. Foi o último alcalde da dictadura de Primo de Rivera. Esposo de Ernestina Otero Sestelo (Ver Persoeiros>Educación). Nomeado inspector farmacéutico en xullo de 1932. Faleceu o 6 de xuño de 1937, por mor das torturas recibidas tralo inicio da Guerra Civil.

 

Pereira Otero, Luis (Redondela). Nun anuncio de 1948 publicítase como sucesor de Astray Núñez. Tralo seu falecemento continuou coa botica a súa esposa Rita Lima Díaz, tamén licenciada en Farmacia.

 

Rodelgo y Díaz, Felipe. En marzo de 1910 nomeado subdelegado de farmacia de Redondela.

 

Sáez Losada, Jose Ramón. Farmacia e laboratorio na Rúa Alfonso XII, nº 12, cara a 1944.

 

 

 

Comadronas

 

María Novás. Cara a 1910.

 

Juana Novás. Cara a 1925.

 

Evelia Pereira. Cara a 1925.

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 30-09-2016

 

BIBLIOGRAFÍA

Redondeláns=>Celso Milleiro e Xosé Docampo

(A. H. P. PO. Hospital de Redondela. Leg. 2.168. Núm. 12 =>(Redondela y Vigo frente a la luctuosa y el diezmo eclesíastico: la sentencia arbitral de 1494. José Martínez Crespo. Cuadernos de Estudios Gallegos. Nº 113 (2000). )

SEREN Nº3. Os Eidos: “A vila dos mortos”. J. A. Orge Quinteiro

SEREN Nº0, pax. 102. Resposta do alcalde Pantoja a Francisco Moreda.

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo.  Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

            Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es =>  El Pueblo Gallego, Diario de Pontevedra, Boletín Oficial de Médicos de la Provincia de Pontevedra, El Compostelano, La Correspondencia Gallega...

Boletín de la Academia Nacional de Medicina de Buenos Aires, Volumen 71. Academia Nacional de Medicina de Buenos Aires. -Casal Anido  

Bibliografía médica gallega del S XIX. Carlos González Guitián. Universitat de Vàlencia. Servei de Publicacions, 2008.

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.

Los Canónigos de Santiago [Segundo apéndice a Linajes Galicianos]: Ramos Solís.

Boletín Real Academia Galega nº 157 - (Pérez Costanti, Pablo.)

Juan López Carvajal, boticario (1659) Signatura: H.R. GENERAL, LEG. 52, Exp. 1.678
Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela.

(USC>Registro casados>1856A.M. 339/Libro de Actas)

(xenealoxía.org>foro>Pousada)

(Pares>Archivo Histórico Nacional>Convento de Nuestra Señora de la Cerca (Santiago ))

 

Escribir comentario

Comentarios: 0