Xuíces

 

A “Junta Suprema de Galicia” nomea o 5 de marzo de 1820 os xuíces interinos de primeira instancia.

 

1820, 5 marzo. Josef Lebrón (Interino). N. en Ourense, 1776. Bachiller en ambos Dereitos pola Universidad de Oviedo (1797). Avogado do Consejo de Castilla (1802). Alcalde da xurisdicción de Ruecos, de señorío (1803). Xuíz subdelegado do departamento de Allariz e Junquera de Ambia para a secularización e enaxenación dos bens eclesiásticos.

 

 

 

29-6-1821 A raíz do establecemento da Constitución as Cortes resolveron que Galicia seguira dividida interinamente nos 47 Partidos Xudiciais acordados en 1813, un deles era Redondela.

 

 

 

1822, 4 maio. Francisco Beira y Briones.

 

 

 

1822: Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova e Vilavella)

 

 

 

1823: Restauración do réxime señorial. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella voltan a separarse de Redondela.

 

 

 

1835 Francisco Pantoja. En febreiro de 1836 o goberno central afastao do seu cargo.

 

 

 

Constitución do Concello de Redondela tal e como o coñecemos hoxe en día: 3 de decembro 1836.

 

1836 Fernando Paradela.

 

183? Francisco Sancho Gutierrez. Cando menos dende 1838. Destituido tralo pronunciamento de 1840.

 

 

 

Provincia de Vigo

 

1840, octubre. Francisco Paradela

 

1841,11 de marzo. Tomás Álvarez de la Braña. Anteriormente xuíz de Perales de Tajuña. En 1842 era moi criticado porque tiña á súa disposición 12 homes armados que lle foron facilitados do Provincial de Ourense.

 

1843, 6 de agosto. Juan Igneson y Miramon. Sendo Promotor fiscal en propiedade no Xulgado de Carballino (Ourense), a Xunta de governo da villa de Redondela nomeouno xuíz, cargo que desempeñou ata o 23 de outubro de 1843, en que tivo lugar na praza de Vigo o pronunciamento pola Xunta central para contrarrestar ao que derrocou ao Duque de la Victoria. Tomou parte activa no movemento tanto coas armas na man como auxiliando nos traballos de Secretaría da Xunta. Por estes feitos veuse obrigado a emigrar ao estranxeiro, non podendo voltar ata a amnistía xeral de 1847.

 

1843, 20 de novembro. Telesforo Contreras.

 

1843, 29 de decembro. José María Pesqueira. O 9 de abril de 1847 trasladado a Santiago.

 

1847, 9 de abril. José de Santa Marina. Ata setembro de 1950..

 

1850, 17 de setembro. Ignacio Bartolomé. No cargo ata 1854.

 

1854-57 Francisco María Donnet. Suspendido en setembro de 1856 por asistir ao banquete con que se honrou ao marqués de Albaida na casa de Juan Manuel Pereira. Sería reposto poucos días despois.

 

1856 José Barbeito del Prado. Actúa como xuíz nunha sentenza de novembro, probablemente foi o sustituto durante a suspensión do anterior.

 

1858 Froilán Prieto. O 30 de xullo de 1858 permuta a súa praza co xuíz de Pontecaldelas.

 

1858, 30 de xullo. Luis Genión Álvarez

 

1860 Antonio Suárez Sequeiros. En febreiro de 1861 nomeado para A Cañiza.

 

1861, xaneiro. Ramón Sampedro Borines

 

1861 Valentín Suárez. Falecido ese mesmo ano.

 

1861, outubro. Francisco Aguirre. Anteriormente en Tabeirós. Continuaba en 1863.

 

1863, 4 de abril. Luis Gómez Seara. O 7 de abril de 1865, accedendo aos seus desexos, é trasladado a Ribadavia (Ourense).

 

1865, 7 de abril. Buenaventura Pla de Huydobro. Era ademáis Xefe Honorario da Administración Civil. En xullo de 1866 promovido ao xulgado de Huete (Cuenca).

 

1866, xullo. Jose María Nieto y Pasecio. Nomeado en comisión despois de trocar a súa praza no xulgado de Huete co xuíz anterior. O 4 de Agosto del 66 foi promovido ao de Pontevedra, do que se posesionou o 4 de Abril do ano siguiente.

 

1866, outubro. Diego de Olcina. Non chega a exercer porque o 19 de outubro de 1866, accedendo aos seus desexos, é trasladado a Pego (Alicante).

 

1866, 19 de outubro. Ambrosio Fernández Vitacarros. Servía en Viana do Bolo. Cesa ao ser suprimido o xulgado.

 

 

 

 

Supresión do Xulgado de Primeira Instancia polo real decreto de 27 de xuño de 1867,

 

 

 

1868 Francisco Garrido Sobral. Xuíz de paz de Redondela.

 

 

 

Reestablécese o Xulgado de Primeira Instancia o 8-1-1872.

 

1872, xaneiro. Manuel ¿? Anteriormente xuíz electo de Vilalba.

 

187? Gerardo Parga y Varela. Anteriormente xuíz de primeira instancia de Villar del Arzobispo (Valencia). Estaba no cargo en 1873. Deixou o cargo en xullo de 1875 ao ser nomeado promotor fiscal de Noia.

 

187? Eugenio Salgado. En novembro de 1876 trasladado a Bande.

 

1876, decembro. Balbino Llamas y Pons. Procedente do de Bande.

 

187? Eugenio Salgado y López. En marzo de 1879 trasladado a Tui.

 

1879, abril. Celestino Arias Ulloa Gago. Procedente do xulgado de Ponteareas.

 

1880, abril. Ramón Vidal Olivares. Cesou en marzo de 1881.

 

188? José García Gallego. Cando menos dende outubro de 1882. Trasladado ao xulgado da Estrada en marzo de 1883..

 

1883 José Orge y Portela

 

1884 José de Soto

 

1886 Crisanto Manuel Pereira y Nogueira

 

1887 Manuel María Puga y Fernández. Promovido en novembro de 1887 a Morón (Sevilla)

 

1887, 9 de novembro. José Fernández Arroyo y Pozuelo. Anteriormente vicesecretario da Audiencia do Criminal de Linares.

 

188? Amadeo Domínguez. En decembro de 1888 trasladado a Allariz.

 

1888 decembro. Manuel Dacal y Ambrosio. Deixou o cargo en decembro de 1888 por permuta co xuíz de Valoria la Buena.

 

1888 decembro. Florentino Alonso Lasiote. Chegou a Redondela por permuta co xuíz anterior. En abril de 1891 é nomeado xuíz de Monforte.

 

1892 / 1899, decembro. Adolfo Serantes y Feijoo. Permuta co xuíz de Pontecaldelas en decembro de 1899. Na súa despedida os seus amigos regaláronlle un estuche que contiña un bastón coa inscripción: “1900 A. S. Redondela”.

 

 

 

 

 

1900, febreiro Rafael González Besada y Valdés. Anteriormente, xuíz de Pontecaldelas. En marzo de 1906 deixa o cargo ao ser nomeado avogado fiscal da Audiencia de Ourense.

 

Nado o 6-12-1863. Era Doctor en Dereito. Ingresou na carrera xudicial en 1888 cun dos primeiros números. Foi xuíz de Pontecaldelas, Redondela, Pontevedra, Cuenca e San Sebastián. Fiscal das Audiencias de Ourense e Pontevedra, e Inspector Fiscal do Tribunal Supremo, coa categoría de Maxistrado deste alto Tribunal, sendo xubilado coa chegada da República, como desafecto ao réxime. Estaba en posesión, entre outras, da Gran Cruz de Isabel la Católica. Faleceu na súa casa de Guillarei o 1 de xullo de 1943.

 

1906-marzo. Ramón Cayetano Vázquez Martínez. Anteriormente xuíz de primeira instancia de Corcubión. En xuño de 1907 trasládase a Trujillo.

 

1907-xuño. Julio Salgado Trillo. Anteriormente xuíz de instrucción en Lalín, que pediu o traslado a Redondela. Ademáis de xuíz, na nosa vila foi presidente do Casino (Historia>Colectivos principios S. XX). En xaneiro de 1911 é nomeado avogado fiscal da Audiencia de Almería.

 

1911, xaneiro. Augusto López de Sáa y Atocha. En 1926 era fiscal de Pontevedra. Era fillo do maxistrado do Tribunal Supremo e Senador, Miguel López de Sáa.

 

1918-setembro. Avelino Espinosa y Cervela. Nomeado en setembro tomaría posesión ao mes seguinte. Nomeado xuíz de Badajoz en xuño de 1919.

 

1919, 18 de xuño-1923, 6 de abril. José Ogando Stolle (Forcarei, 1886). Deixou o cargo por ascenso, ao ser nomeado fiscal da audiencia de Santander. En decembro de 1937, asasinado polos republicanos en Teruel, onde exercía.

 

1923, abril. Alberto García Martínez. Conde de Gacinarro. Trasladado a Tarancón (Cáceres) en outubro de 1926.

 

1926, 27 de outubro. Ramón Montero Ríos y Quiroga. Fillo do avogado de Santiago, José Montero Ríos. Casado coa señora María Luisa Fernández Cid. Anteriormente, xuíz de Allariz. En novembro de 1929 é despedido nunha cea homenaxe por ser trasladado a Santiago.

 

1929, 07 de novembro. Rafael Delgado Iribarren. Anteriormente xuíz de Lerma. En abril do ano 1933 deixa o cargo por ser nomeado Xuíz de Vigo.

 

1933, maio. José Bellver Álvarez. Procedente do xulgado de Ortigueira. En outubro de 1941 ascendido a Maxistrado de entrada. No Museo de Pontevedra consérvase unha colección súa, foto e cinematográfica, que amosa paixases das vilas onde estivo destinado. No 2013, realizouse unha mostra no Multiusos da Xunqueira.

 

1942, xullo. Juan Esteve Vera. Anteriormante xuíz da Cañiza. Capitán honorífico do Corpo Xurídico militar, era daquela vocal ponente dos consellos de guerra permanentes en Madrid.

 

1944, xullo. Félix Barros Novoa. Procedente do xulgado de Ponteareas. Pouco tempo despois trasladado ao xulgado de Bouzas (Vigo). En 1963 formou parte do tribunal do tristemente famoso caso do metílico.

 

19?? Cameselle Barcia, Otto José (Vigo, 1921). Ao ser nomeado para Redondela, converteuse no xuíz máis xoven de España. No cargo durante a inauguración das novas instalacións do xulgado en novembro de 1951. Xunto con Ramón González-Alegre dirixiu a revista de poesía "Alba", publicando o seu primeiro libro de poesía en 1950. Tamén era inspector de Xustiza Municipal da provincia de Pontevedra. O 30 de abril de 1956 é destinado a Ocaña.

 

1956, 30 de abril. Jaime Rodríguez Hermida. Procedente do xulgado de Castuera. Cesou en xaneiro de 1961 ao ser nomeado maxistrado da Audiencia de Burgos con destino na sala do contencioso-administrativo de Bilbao. En 1968 foi nomeado Presidente da Audiencia de A Coruña.

 

1961, xaneiro. Francisco Gómez Olivié. En marzo de 1964 é nomeado maxistrado-xuíz da cidade de Albacete.

 

1964, 31 de marzo. Manuel González Nájera. O seu ascenso a maxistrado e destinado a San Sebastián, foi publicado no BOE 27-6-1970.

 

 

 

11-11-1965 Supresión do Partido Xudicial de Redondela.

 

 

Xuíz Municipal

 

188? Manuel Sestelo. En 1884.

 

188? Leodegario Rubín Monroy. En 1887.

 

1893, marzo. Pedro Fontenla Figueroa. Avogado.

 

1897, xuño. Ramón Francisco Pardo Ferro. Alcalde en varias ocasións e presidente do partido conservador de Redondela. Faleceu estando no cargo en marzo de 1898.

 

1901 José Cacheiro Cardama. O seu nomeamento quedou sen efecto ao pasar a ser rexistrador da propiedade.

 

1901, xullo. José Fontenla Pardo. Elexido en propiedade para o bienio 1901-1903.

 

1903, xuño. Maximino Crespo Rivas. Reelexido en 1905, 1907,1911 e 1915.

 

Non remata o seu último mandato por falecer de rápida enfermidade.

 

1916, novembro. Emilio Torrado André. Anteriormente suplente. A finais de 1919 nomeado para o seguinte cuatrienio. Continúa no cargo a mediados de 1920.

 

1920, novembro. Manuel Pereira Míguez.

 

1922, decembro. Evaristo Graño.

 

1923. Manuel Pereira Míguez. Ocupou o cargo en maio de 1923 ata novo nomeamento, que se faría efectivo na súa persoa en decembro dese mesmo ano. Continuaba no cargo en outubro de 1927.

 

192? Emilio Torrado André. No cargo en 1929.

 

1930, xuño. Manuel Pereira Miguéns.

 

1931, xuño. Alfredo Lorenzo Martínez

 

1931, setembro. Gustavo Otero Sestelo. No cargo cando menos dende 1934. Sería destituído tralo inicio da guerra e a entrada na alcaldía de Francisco Cunqueiro.

 

1936, agosto. Juan Crespo Álvarez. Confirmado no cargo en outubro de 1936.

 

19?? José Reboredo Blanco. En 1941.

 

 

Xuíz Comarcal

 

1945, outubro. José Alonso Troncoso.

 

1951, febreiro. Antonio Tapia Seoane. Pola Orden de 25 de xuño de 1954, é declarado xubilado forzoso, por cumprir a idade regramentaria.

 

1955, xaneiro. Constantino Méndez Rodríguez. Avogado pontevedrés. Faleceu estando no cargo, en 1969.

 

1969, outubro. César Augusto Pérez Quintela. Procedente do xulgado de Bande.

 

 

 

 

Suplentes

 

Xuíz 1ª instancia suplente (Ás veces é o xuíz municipal)

 

1861 Crisanto Pereira Noguerol. Xuíz suplente 1º

 

1861 Fernando Rodríguez Prida. Xuíz suplente 2º

 

1887, outubro. Leodegario Rubín Monroy (Xuíz municipal).

 

1923, maio. Manuel Pereira Míguez. Ata a toma de posesión do titular en xuño.

 

1929, setembro. Emilio Torrado André.

 

1942, decembro. José Jaime Pérez Rodríguez

 

1969, agosto. Ovidio Chamosa Sarandeses.

 

 

 

Xuíz municipal suplente

 

1895 Fernando Alfaya Pérez

 

1900, agosto. Maximino Crespo Rivas.

 

190? Jacinto Mos Figueroa. Renuncia en abril de 1907.

 

1907, maio. Antonio Orellana

 

1907, outubro. Serafín Sampedro Couto.

 

1910, marzo. José Fontenla Pardo. Faleceu estndo no cargo.

 

1910, novembro. Pedro Otero Milleiro. Reelexido en 1911.

 

1914, abril. Emilio Torrado André. En novembro de 1916 nomeado xuíz municipal.

 

1917, abril. Luis Telmo Bernárdez Santomé. Médico. En decembro de 1919 elexido para o seguinte cuatrimestre.

 

1920, novembro. Heliodoro Rivas Rivas.

 

192? Manuel Pereira Míguez (Xuíz municipal). En maio de 1923 ocupou a praza de titular ata novo nomeamento, que recaería na súa persoa en decembro dese ano.

 

1923, decembro. Jaime Serín Domínguez.

 

1926. Antonio Ocampo Fraga. Médico. No cargo en xuño de 1926.

 

1927 Jaime Serín Domínguez.

 

1929, setembro. Pedro Otero Sestelo

 

1930, xuño. Ramón Criado Fontán

 

1931, xuño. Dositeo Pérez Sobrino

 

 

 

1936, outubro. Dositeo Pérez Sobrino

 

 

 

Xuíz comarcal sustituto:

 

1966, xaneiro. José Jaime Pérez Rodríguez. Veciño de Redondela, xa desempeñara o cargo con anterioridade. Delegado comarcal de Sindicatos

 

 

 

1970, decembro. José Antonio Conde Martínez.

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 24-09-2017

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Boletín Oficial del Estado http://www.boe.es/

 

Ministerio de Cultura http://www.mcu.es/

 

Wikipedia https://gl.wikipedia.org

 

Faro nacional, Volumen 6. Escrito por Colegio de Abogados de Madrid ,Real Academia de Jurisprudencia y Legislación (Madrid),Sociedad...

 

Los jueces del trienio liberal.Escrito por Ricardo Gómez-Rivero (Google Books)

 

Supresión Partido xudicial 1965(Páx. 112. Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.)

 

Centro Superior Bibliográfico de Galicia: http://www.csbg.net/ => El Correo de Galicia (Santiago), El Correo de Galicia (Bos Aires), El Regional (Lugo)...

 

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, El Compostelano, Boletín judicial de Galicia, La Integridad (Tui), El lucense, Diario de Galicia (Santiago)...

 

Biblioteca Nacional de España. www.bne.es => La Voz (Madrid), La Correspondencia de España, La Época (Madrid), Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración...

 

En www.boe.es => Gaceta Oficial de Madrid, Boletín Oficial del Estado

 

La Vanguardia www.lavanguardia.es/hemeroteca

 

La Voz de Galicia.

 

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

 

Outros: La Situación de Galicia

 

Arquivo familiar-escrituras

 

Archivo Histórico Nacional >pares.mcu.es

 

Aportacións Xosé Moreira Docampo e Celso Milleiro Sánchez

 

 

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0