Xunta de Galicia

Carmen Bastos Foto: Internovas
Carmen Bastos Foto: Internovas

Bastos, María del Carmen.

           Do PP. Concelleira de Cultura e 1ª Tenente Alcalde, en 1996 converteuse na primeira muller en asumir a alcaldía de Redondela durante as vacacións do alcalde titular, Amado Ricón. En setembro dese mesmo ano sería nomeada Deputada no Parlamento Galego.

 

 

Lorena López. Foto: PP de Redondela
Lorena López. Foto: PP de Redondela

López Rodríguez, Lorena (Chapela, 1977)

 

            Do PP. Avogada. Funcionaria na xerencia municipal de Urbanismo de Vigo. Concelleira de Redondela entre 2007 e 2011. En maio do 2011 nomeada deputada no Parlamento Galego pola provincia de Pontevedra.

 

Alberto Pazos. Foto PP
Alberto Pazos. Foto PP

Pazos Couñago, Jose Alberto (Redondela, 1972)

          Do PP. Iniciouse na política local onde trala chegada á alcaldía de Javier Bas pasou de encabezar a oposición a ser concelleiro de Cultura, cargo que compaxinaba co de Deputado Provincial. Non chegaría a rematar a lexislatura xa que, en xaneiro do 2013, sería nomeado Deputado Autonómico pola provincia de Pontevedra. A finais dese mesmo ano, asumiría o cargo de Director Xeral de Administración Local da Xunta.

 

 

Pérez Varela, Jesús (Redondela 19-4-1946)

Foi director do Imparcial, diario de extrema dereita. Estivo ó fronte do Gabinete de Comunicación na Xunta de Galicia. Nomeado conselleiro de Cultura e Comunicación Social o 06-06-1996. A partir de 1997 conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo posto que ostentou ata a primeira semana de agosto do 2005.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 04-05-2016

Escribir comentario

Comentarios: 0