Crónicas do Tranvía

 

 

1917, 2 de maio. O día 18 Paulina Pérez Lourido ía pola Calzada de Teis levando un cesto na cabeza, cando ao tentar cruzar a vía foi atropelada por un tranvía. Recibiu un forte golpe na rexión occipital sendo recollida sen sentido. Trasladada á súa casa da Bouza (Chapela), antonte faleceu sen chegar a articular palabra. Ordeouse á Garda Civil averiguar o número do tranvía para proceder á detención do conductor e telegrafiouse ao xulgado de Redondela para que se lle practique a autopsia ao cadáver.

 

 

 

1925, 22 de febreiro. Ás cinco do serán, pouco antes de chegar ás cocheiras de Chapela, ao tranvía da liña Vigo-Berducido rompeulle un eixo. O conductor tentaba frear o vehículo cando un coche que viña en dirección contraria obrigouno a realizar unha viraxe. O outro eixo tamén partiu e o tranvía envorcou. Por sorte tan só unha muller resultou ferida cunha contusión leve.

 

1934, 20 de outubro. En Vigo unha camioneta que ía con peixe cara a Redondela e na que ían varias mulleres ao chegar ao Areal atopouse nunha curva co tranvía de Chapela. Dolores López Fernández, de 56 anos, viúva e veciña de Redondela, crendo que ían chocar saltou da camioneta coa mala sorte de cair nas vías, sendo collida pola tranvía que lle seccionou a cabeza.

 

1950, 18 de outubro. Félix González Mosquera, domiciliado en Santa Tegra, caiu do tranvía en Chapela, sufrindo varias contusións e erosións.

 

1950, decembro. Os usuarios da liña de Chapela queixanse do exceso de pasaxeiros polo que moitos deben viaxar na plataforma, da falta de alumeado no apeadoiro e da necesidade dunha doble vía.

 

1959, 9 de maio. En Laredo (Chapela), un turismo adiantou ao tranvía cando en dirección contraria viña un camión cargado de madeira, conducido por Benedicto Cabaleiro Villanueva. O camioneiro tentou pasar entre os dous vehículos pero non puido evitar colisionar co tranvía, que quedou apoiado contra un poste elétrico. Por sorte ta só resultou ferido leve nunha perna, o viaxeiro Benigno Torrado Hermo.

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 31-03-2018

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, Galicia diario de Vigo, El Compostelano, La Integridad diario católico, El Correo de Galicia

 

 

 

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0