Crónicas do Tren.

 

1876, 10 de abril. A caída dun andamio no túnel dos Valos provocou a morte de dous operarios ademáis de varios feridos.

 

 

 

1876, 22 de xullo. Prodúcese un derrubamento duns 34 metros na boca sur do túnel de Os Valos. Por sorte non houbo desgrazas personais.

 

 

 

1877 O traballador do túnel dos Valos, Santiago Oubiña, atopouse ás 8 da noite cun lobo dentro do túnel. Armado cunha navalla e un farol conseguiu darlle morte, saíndo ileso na loita. O cadáver do animal foi levado a Redondela ao día seguinte.

 

 

 

1878, 16 de setembro. O tren número 3 descarrilou no kilómetro 9 entre Redondela e Vigo quedando tan só a máquina na vía. Os pasaxeiros, a maior parte dos cales viña de tomar os baños en Caldelas, foron trasbordados ao ascendente número 4, no que puideron continuar viaxe a Vigo. A causa do accidente foi o mal estado das travesas. Suspendendo os coches con gatos e arranxando a vía o tren puido voltar a Tui.

 

 

 

1881, 28 de xullo. O conductor do tren mixto procedente de Tui, Sr. Monroy, examinaba unha peza da parte inferior do furgón no que viña, botando o corpo por fóra. Apesares das advertencias doutro empregado, non escoitou ou non lle deu tempo de evitar golpearse coa cabeza co petril do viaduto de Redondela, saíndo despedido o corpo fóra da ponte.

 

 

 

1881, 2 de outubro. No tren procedente de Vigo un conductor arrimouse á porta que estaba aberta, caíndo ás vías e falecendo no acto. Deixa muller e cinco fillos.

 

 

 

 

1881, 8 de outubro. No traxecto Vigo-Redondela, o revisor do tren correo pasaba dun coche a outro polos estribos, cando a porta aberta despois de bater nun poste o golpeou na cabeza, caíndo por un terraplén. O tren seguiu a súa marcha e non sería ata máis tarde que sairía unha máquina a recollelo, atopándoo en tan mal estado que non recobraría a conciencia ata 30 horas despois. O ferido é natural de Valencia.

 

 

 

1882, 21 de xullo. Un xoven traballador da liña férrea de Redondela tivo a desgraza de que unha vagoneta lle collera unha perna. Dous días despois foi levado ao hospital de Pontevedra onde lle foi amputada.

 

 

 

1882, 15 de agosto. A un cura que chegou a Redondela procedente de Santiago, roubáronlle a súa maleta que contiña uns 1.000 duros en efectivo, deixándolle outra con roupa.

 

 

 

1885, 3 de agosto. Atópase interumpida a liña férrea entre Vigo e Redondela dende as 6. A causa obedece a un desprendemento de terras a causa das abundantes choivas da noite pasada.

 

 

 

1886, 17 de marzo. A dous kilómetros da estación de Redondela o tren correo arroiou e deixou mortas cinco mulas cargadas de bacallau. Os viaxeiros tiveron que seguir a pé ata a estación e o arriero foi detido pola Garda Civi.

 

 

 

1891, 13 de agosto. Ao sair o tren correo do túnel da Portela, preto da estación de Redondela, o maquinista viu un home tendido na vía. Tentou frear mais non puido evitar o atropelo. O falecido resultou ser o gardavía Manuel Cabaleiro.

 

 

 

1893, 23 de xaneiro. No traxecto Vigo-Redondela, o tren correo arrollou á gardesa do paso a nivel da Concheira, deixándoa morta no acto. Contaba 26 anos e deixa un orfo de 7.

 

 

 

1894, 14 de xaneiro. Ao saír da estación de Redondela o tren correo descendente de Galicia, iniciouse fogo nun vagón cargado de palla. O lume durou todo o camiño ata que en Vigo o puideron apagar os empregados da compañía.

 

 

 

1894, 1 de marzo. Chegou a Pontevedra o tren mixto con dúas horas de retraso, porque descarrilou un coche de terceira, preto da estación de Redondela. Os viaxeiros sufriron un gran susto, tendo que ser tranquilizados polos empregados. Unha muller de Vigo púxose de parto dando á luz pouco despois.

 

 

 

1895 Colisión do tren Correo de Castela nº3 co de Vigo nª 26. Ás 23:48 entraron ó mesmo tempo en agullas. O xefe de estación alertou co disco anunciador ó tren de Vigo. O maquinista fixo retroceder o tren, máis o Correo de Castela procedente de Porriño non tivo tempo de frear. En total houbo 12 feridos de distinta consideración. Días máis tarde. Dous trens, un que ía cara Monforte e outro procedente de Pontevedra, entraron pola mesma vía, freando a escasos 6 metros un do outro.

 

 

 

1896, 27 de febreiro. Ás doce da noite chocaron preto da estación de Redondela o correo que viña de Monforte e o mixto número 26 de Vigo. O tren correo percorreu o tramo dende Porriño a excesiva velocidade sen aminorar a marcha no viaduto nin deterse na estación. Ao xefe da estación deulle tempo de trocar o disco para que o tren de Vigo frease, o que non impediu o choque. Resultaron feridos 10 homes e unha muller que foron atendidos nun primeiro momento polo médico de Pontevedra Sr. Cobián que viña no correo. Axiña chegaron tamén o alcalde e médico Juan Otero e o médico municipal Fermín Alfaya, acompañados polo secretario.

 

 

 

1896, 20 de decembro. O tren mixto que saiu cara a Pontevedra atopouse un desprendemento antes de Arcade, tendo que trasladarse viaxeiros e mercadurías a outro tren. A comunicación restableceuse pouco despois.

 

 

 

1897, 12 de febreiro. O tren procedente de Monforte non deu freado na estación, logrando deterse a bastante distancia. Por sorte o tren de Vigo xa estaba na estación.

 

 

 

1899, 17 de maio. En Chapela o tren esnaquizou a unha criatura de dous anos e medio, filla dunha veciña daquela parroquia.

 

 

 

1899, 24 de novembro. O tren número 6 procedente de Vigo, que vai a Monforte, descarrilou ás sete da mañá no km. 121 á saída dun túnel, preto da estación de Redondela, saíndose da vía o tender da máquina e un vagón de mercancías.
Os viaxeiros non sufriron o menor dano e ás nove a vía quedaba despexada. A causa do descarrilamento foi a rotura do burlón e soporte que sosteñen a agulla da vía.

 

1900, 11 de decembro. Descarrilaron en Redondela dous vagóns de mercancías do tren correo de Castilla e outro tren procedente de Pontevedra que estaba verificando manobras. Non houbo desgrazas persoais.

 

 

 

1901, 17 de abril. A guardesa Adelaida Figueroa, de 18 anos e filla do capataz da brigada 24 da vía férrea Redondela-Pontevedra, que prestaba servicio no Coto (Cesantes), tentou salvar a unha nena que se atopaba distraida na vía, tendo a mala sorte de ser alcanzada polo tren. O seu cadáver foi trasladado a Redondela.

 

 

 

1901, 11 de agosto. Choque de trens en Redondela. Unha máquina e cinco vagóns saíron das vías quedando algúns volcados. Por sorte os trens diminuiran a velocidade pola proximidade da estación e por percatarse os maquinistas do perigo, polo que non houbo feridos de gravidade.

 

 

 

1902, 9 de febreiro. Dun coche do correo descendente de Vigo caeuse un mariñeiro veciño desta vila, chamado Bernardo Pérez. A causa do accidente, que ocorreu nas proximidades de Rande, foi asomarse á fiestra cando se deixara a portiña aberta o revisor. Botado en falta ao chegar o tren a Redondela, os empregados do ferrocarril tan só atoparon algunha prenda de roupa no lugar onde caiu, sabéndose despois que se atopaba na súa casa. Ao cair nunhas silvas, o desgraciado viaxeiro non sufriu a morte, malia iso ten feridas de consideración na cabeza e no resto do corpo.

 

 

 

1902, 4 de agosto. O maquinista do tren mixto ascendente portugués de onte á noite atopou o cadáver destrozado dun home á saída do túnel de Outide, na vía férrea de esta vila á Vigo. Non se puido identificar o cadáver, pero un viaxeiro di que lle parece é o dun prateiro de Santiago. Cren que se trata dun crime por acharse o cadáver desposuído das súas roupas exteriores e a carteira e a gorra á un lado, sen conter aquela papeis nin documentos de ningunha clase.

 

 

 

1902, setembro. A máquina do tren correo ascendente arrollou á veciña de Redondela, Rita Prieto Molde, feríndoa de gravidade nun brazo.

 

 

 

1902, 07 de outubro. Despréndese unha pedra do túnel dos Valos ao paso to tren correo ascendente ferindo ao maquinista. Ante os continuos incidentes o Bispo de Santiago pediu no Senado que o Goberno ordene unha inspección que evite unha traxedia.

 

 

 

1902, novembro. Na noite do xoves, ao pasar o tren discreccional número 53 polo viaduto de Redondela, no km. 120 da liña xeral, caiu á vía o gardafreno Ricardo Seoane, causándose varias feridas contusas na cabeza.

 

 

 

1903, 10 de febreiro. Continúa o despido de obreiros da compañía do ferrocarril, por este motivo os servicios resíntense da falla de persoal. Ó saír do túnel de Redondela o tren correo, foi apedreado o vagón no que ía o comandante da garda civil.

 

 

 

1906, 18 de maio. Hai unha noites, chegou un tren cargado de explosivos á estación de Redondela, declarándose un incendio nun dos vagóns. O capataz Insua, poñendo en risco a súa vida, separou o vagón do resto do tren e conseguiu sacar catro caixas de dinamita. Grazas á súa acción tan só arderon uns bidóns de gasoliña.

 

 

 

1908, xuño. Cando o tren procedente de Vigo saía do túnel que hai a uns 3 km. da estación de Redondela, Regina Carrera veciña de Cedeira, que coidaba unha parexa de bois, foi acometida por estes cando se asustaron polo ruído. Caída na vía foi alcanzada por un dos topes da máquina, falecendo instantáneamente.

 

 

 

1908, 9 de agosto. Entre Vigo e Redondela unha moza duns vinte anos levaba uns bois pola vía férrea. Ao aproximarse o tren quiso apartar aos animais, sendo alcanzada e quedando completamente destrozada.

 

 

 

1909, 23 de xullo. No túnel de Os Valos da línea férrea de Orense a Vigo, ocurriu un desprendimento de terras, cortando as comunicacións con Ourense e Portugal. Tardaráse tres días en restablecer a comunicación, xa que o afundimento alcanza os dez metros.

 

 

 

1910, 28 de maio. Foi arrollado polo tren descendente nº11, no kilómetro 116.900, entre o túnel dos Valos e o viaduto de Redondela, José Martínez Pérez, de 60 anos de idade, viúvo e natural de Louredo (Mos). Recibiu sepultura no cemiterio de Saxamonde.

 

 

 

1910, 18 de decembro. A causa dun desprendimento de terras houbo un descarrilamento entre Arcade e Redondela. Por sorte non houbo feridos.

 

 

 

 

 

1911, 14 de decembro. Un desprendemento en Chapela duns 25 metros cúbicos de terra e pedras cortou a circulación de trens. Non puideron sair nin o Vigo-Pontevedra das seis da mañá nin o correo de Madrid que sae ás oito.

 

 

 

1912, 25 de xaneiro. Nas obras do viaduto de Monforte un mozo ao servizo dos obreiros que alí traballaban, caiu, sendo retido pola rede protectora.

 

 

 

1914, 14 de maio. Ao entrar na estación de Redondela o tren rápido Vigo-Santiago, rozou por un lateral cun tren de traballo que retrocedía da vía-apartado. Dous ou tres pasaxeiros sufriron pequenas contusións que tras ser atendidos continuaron viaxe no mesmo tren. A saída prodúxose con 40 minutos de retraso por obstruirse a vía ao descarrilar tres plataformas do tren de traballo.

 

 

 

1914, 11 de xuño. O deputado a cortes pola Cañiza, Alejandro Mon y Landa, esixe a supresión do túnel dos Valos, polos continuos desprendimentos, e do Viaduto de Ourense pola súa peligrosidade.

 

 

 

1917, 18 de xaneiro. Cando un tren recorría o tramo Redondela-Vigo caeulle enriba un pino que estaban cortando uns campesiños. Non se rexistraron desgrazas persoais pero si destrozos en varios coches, ademáis do corte do fío telegráfico.

 

 

 

1918, 19 de abril. No traxecto de Redondela a Vigo caiuse a vía unha nena de 8 anos. Detívose o tren e despois de voltar atrás dous kilómetros foi atopada a nena que tan só tiña unha lixeira contusión.

 

 

 

1919. Angelina Otero pasaba tranquilamente por debaixo do viaduto de Madrid cun sobriño de poucos meses nos brazos, cando de súpeto, dun tren de mercancias que pasaba, desprendeuse unha carga de madeira. A moza levou un bo golpe no ombro e o cativo aparentemente estaba ben, mais en realidade sufrira unha contusión interna que acabou coa súa vida ó día seguinte.

 

 

 

1919, 01 de abril. Da estación de Redondela saiu un tren cunha brigada de obreiros para realizar obras de reparación no túnel dos Valos. Un deles chamado Daniel Dapresa Otero, ía sentado no borde dunha das plataformas cargadas de madeira, cando nun descuido perdeu o equilibrio. Un compañeiro chamado Ricardo Darriba tentou suxeitalo caíndo os dous ás vías. O primeiro resultou morto no acto ao ser alcanzado polas rodas e o segundo gravemente ferido.

 

 

 

1920, 21 de agosto. Entre as estacións de Redondela e Arcade foi atropelada polo tren a guardesa Dolores Teijeiro, de 54 anos, resultando morta.

 

 

 

1920, 15 de decembro. Procedente de Santiago, foi conducido a Vigo o xoven de 18 anos de idade Leopoldo Senra, de oficio canteiro, natural do lugar de Sagueiral, Pontevedra. Ía traballar a Redondela, pero según viaxaba sen billete, procurando ao arrancar o tren das estacións, colocarse nos topes dun dos furgóns. Na estación de Arcade, fixo o mesmo pero con tan mala sorte, que a perna esquerda foi alcanzada e destrozada.

 

 

 

1921, 31 de maio. Fronte ao apeadoiro da empresa "Vidriera Gallega", en Rande, descarrilou o tren que une Santiago con Vigo. Por sorte non houbo que lamentar desgrazas persoais.

 

 

 

1922, 12 de xullo. Preto de Palencia chocaron o rápido de Vigo a Madrid e o correo de Asturias. O resultado foi de 27 mortos e 4 feridos graves. Entre os viaxeiros ían o senador de Pontevedra, o deputado por Redondela Sr. Barreras e o ex-Gobernador Calvo Sotelo coa súa familia, resultando todos ilesos.

 

 

 

1923, xaneiro. Cándido Movilla Soto, natural do Viso, faleceu en Vigo entre os topes de dous vagóns do ferrocarril.

 

 

 

1923, 11 de xaneiro. Manuela Domínguez "A Monta", viúva de 65 anos, que era corta de vista, foi golpeada pola plataforma dun tren na estación de Redondela. Avisado o médico da compañía, Eladio Martínez Pedrayo, cando ía atendela a desgraciada deixou de existir. Adicábase ao transporte de equipaxes.

 

 

 

1923, abril. O recadador de contribucións de Redondela e de Lavadores, e secretario daquel Concello, Juan Suárez Iglesias, faleceu vítima dun desgrazado accidente na estación ferroviaria. Tentou subir a un vagon cando o tren iniciaba a marcha, enganchándoselle a americana e caíndo entre os topes.

 

 

 

1925, 02 de outubro. Un fogoneiro cae a vía e morre atropelado polo tren durante as tarefas de repostaxe de auga no depósito que hai antes da entrada do túnel dos Valos. Chapábase José Rodríguez Frieira, tiña 30 anos e era casado, deixando varios fillos. Vivía en Teis onde rexentaba un establecemento de bebidas.

 

 

 

1925, 28 de outubro. Ao paso dun tren polo viaduto de Pontevedra desprendeuse unha pedra de carbón duns cinco kilos. Atravesou o tellado dunha das casas que están baixo a ponte, sen que por fortuna alcanzara a ningunha das persoas que se atopaban no inmoble.

 

 

 

            1925, 09 de novembro. O empregado da estación de Redondela, Alfredo Otero Carballo, solteiro, de 21 anos e veciño de Quintela, faleceu ao ser atropelado por un tren ao que tentaba subir. O seu pai, José Otero Bouzón traballa como gardagullas na mesma estación.

 

 

 

1925, 18 de novembro. Dun tren de mercancías que se dirixía a Pontevedra, caiu do viaduto á rúa Ribeira, unha garita que ía nunha plataforma. Por sorte non ocurriu ningunha desgraza.

 

 

 

 

1926, 10 de febreiro. Un desprendemento de terras na liña Porriño-Redondela, provocou que o tren correo estivera un tempo detido ata que os traballadores limparan a vía.

 

 

 

1927, 20 de xaneiro. O tren número 21 que saiu de Pontevedra cara a Redondela esqueceuse dos coches de pasaxeiros. Eran dúas as máquinas e dous os maquinistas que non notaron a falla de 100 toneladas de peso, nin atenderon ás señais visuais e sonoras que lles fixeron dende a estación de Pontevedra. Ao chegar a Figueirido tiveron que voltar á estación de partida a recoller a metade do tren, o que provocou en Redondela un retraso de 45 minutos no tren correo Vigo-Madrid.

 

 

 

1927, 7 de xuño.  Foi detida na estación de Redondela Ramona Fernández que transportaba unha maleta que contiña moeda falsa (200 duros) e útiles para a súa acuñación.

 

 

 

1927, 24 de xuño. Na estación de Redondela dúas mulleres roubáronlle a carteira con 800 pesetas ó músico maior do reximento de Zaragoza, sendo detidas.

 

 

 

1928, 26 de novembro. Entre as estacións de Redondela e Vigo apagáronse súbitamente as lámparas dun coche de terceira, caindo o aceite sobre a nena Cristina Bueno, que viaxaba coa súa familia e viñan dende un pobo da provincia de Santander, para tomar un barco e emigrar á Arxentina. Aos gritos da nena agrupáronse ao seu redor todos  os viaxeiros do coche, e cando se desvaneceu a alarma, José María

 

Nieto, tío da nena, atopou en falta a carteira, que contiña 3.700 pesetas, cantidade para comprar os billetes da pasaxe de toda a familia. A policía de servicio no tren extremou a vixilancia, procedendo a rexistrar ós viaxeiros ó  chegar a Vigo, pero as pesetas roubadas non apareceron

 

 

 

1929, 05 de marzo. O venres día 1 o expreso que se dirixía a Pontevedra, tivo que deterse entre Redondela e Arcade, por observar o maquinista que na vía había unha viga. Practicadas averiguacións súpose que fora colocada por un veciño de Arcade que ten trastornadas as facultades mentais. Foi detido.

 

 

 

1929, 20 de xuño. Unha señora que levaba no colo á súa filla de corta idade, apeouse en Redondela do tren correo procedente de Monforte para coller o que se dirixía a Pontevedra, que xa iniciaba a marcha. A señora foi collida entre o estribo dun dos vagóns e o borde do andén, alcanzando as rodas á nena e seccionándolle un brazo case por completo.

 

.

 

1931, 18 de marzo. O xoven de Pontevedra José Gallego, apeouse do tren na estación de Redondela e ao tentar tomalo de novo cando xa estaba en marcha enganchouse da gabardina caíndo á vía. O tren arrastrouno uns metros, indo aprisionado entre o andén e o estribo. Por sorte tan só sufriu feridas leves.

 

 

 

1931, 19 de marzo. Onte pola tarde na estación de Redondela, o tren procedente de Santiago non deu freado, reventando os topes situados ao final da vía morta e descarrilando. Por sorte tan só o maquinista e algúns viaxeiros sufriron feridas leves. Pasado o nerviosismo dos primeiros momentos, todos os pasaxeiros subiron ao tren correo continuando viaxe ata Vigo.

 

 

 

1931, 31 de outubro. Esta mañá saiu de Vigo un tren especial conducindo reclutas destinados a diferentes guarnicións. Ó saír do túnel de Os Valos se desengancharon catro unidades que impulsadas pola pendente favorable iniciaron un vertixinoso retroceso. Os coches que ocupaban unhas noventa persoas pasaron a gran marcha o túnel e a ponte da línea de Morforte sobre Redondela en cuxa estación atoparon vía franca deslizándose a terrible velocidade. O pánico que se produxo nos ocupantes dos coches foi espantoso prorrumpiendo en constantes gritos de socorro. De Redondela saiu unha máquina tras as catro unidades que seguían velozmente hacia Vigo e que se detiveron despois de recorrer seis kilómetros, contidas por unha pendente contraria xunto á fábrica “Vidriera Gallega”. A máquina conduxoos a Gillarei, onde se incorporaron ó tren militar. Non se produxeron desgrazas, agás as feridas leves que sufriu un soldado ó botarse á vía nos primeiros momentos, e outros dous que foron golpeados contra os asentos.

 

 

 

1932, 10 de febreiro. Descarrilamento dun tren a carón da “Vidreira” (Rande) sen que ocorreran desgracias persoais.

 

 

 

1932, 30 de decembro. Dous empregados da estación de Redondela sorprendron a tres suxeitos que romperan os precintos de dous vagóns cargados de fariña. Aproveitando que estaban dentro dun deles tentando roubar unha saca, pecharon as portas e deron aviso a garda civil. Tratábase dun veciño de Oviedo de 20 anos, e dous de Marín de 17 e 18, sendo todos eles detidos. A garda civil tamén detivo a dous homes da provincia de Ourense que se atopaban agochados noutro vagón e aseguraban non ter nada que ver cos ladróns.

 

 

 

1933, 23 de setembro. A muller que foi destrozada por un tren preto do viaduto de Pontevedra era de nacionalidade portuguesa e veciña de Reboreda. A pobre non escoitou o tren por ser sorda.

 

 

 

1934, novembro. Francisco Iglesias Lusquiños, carniceiro de Arcade de 65 anos,  caeu ao tentar subir ao tren correo de Pontevedra. O infortunado industrial faleceu despois de ser destrozado por varios vagóns antes de que o tren se detivera.

 

 

 

1941, 09 de xaneiro. Faleceu no Hospital Provincial de Pontevedra, o veciño de Ventosela, Eladio Couñago Soto, que onte foi arrollado por un tren na estación de Redondela.

 

 

 

1941, 21 de marzo. En términos de Cedeira, no kilómetro 121 da liña Vigo-Monforte, foi arrollado polo tren o neno Pedro Maestú Amoedo, de 11 anos de idade, que faleceu no acto.

 

 

 

1941, 20 de xuño. Generoso García Fraile garda civil do posto de Redondela. Natural de Orihuela del Campo (Salamanca), faleceu aos 28 anos, por mor das feridas sufridas ao cair dun vagón na estación de Redondela.

 

 

 

 

1926, 10 de febreiro. Un desprendemento de terras na liña Porriño-Redondela, provocou que o tren correo estivera un tempo detido ata que os traballadores limparan a vía.

 

 

 

1927, 20 de xaneiro. O tren número 21 que saiu de Pontevedra cara a Redondela esqueceuse dos coches de pasaxeiros. Eran dúas as máquinas e dous os maquinistas que non notaron a falla de 100 toneladas de peso, nin atenderon ás señais visuais e sonoras que lles fixeron dende a estación de Pontevedra. Ao chegar a Figueirido tiveron que voltar á estación de partida a recoller a metade do tren, o que provocou en Redondela un retraso de 45 minutos no tren correo Vigo-Madrid.

 

 

 

1927, 7 de xuño. Foi detida na estación de Redondela Ramona Fernández que transportaba unha maleta que contiña moeda falsa (200 duros) e útiles para a súa acuñación.

 

 

 

1927, 24 de xuño. Na estación de Redondela dúas mulleres roubáronlle a carteira con 800 pesetas ó músico maior do reximento de Zaragoza, sendo detidas.

 

 

 

1928, 26 de novembro. Entre as estacións de Redondela e Vigo apagáronse súbitamente as lámparas dun coche de terceira, caindo o aceite sobre a nena Cristina Bueno, que viaxaba coa súa familia e viñan dende un pobo da provincia de Santander, para tomar un barco e emigrar á Arxentina. Aos gritos da nena agrupáronse ao seu redor todos os viaxeiros do coche, e cando se desvaneceu a alarma, José María

 

Nieto, tío da nena, atopou en falta a carteira, que contiña 3.700 pesetas, cantidade para comprar os billetes da pasaxe de toda a familia. A policía de servicio no tren extremou a vixilancia, procedendo a rexistrar ós viaxeiros ó chegar a Vigo, pero as pesetas roubadas non apareceron

 

 

 

1929, 05 de marzo. O venres día 1 o expreso que se dirixía a Pontevedra, tivo que deterse entre Redondela e Arcade, por observar o maquinista que na vía había unha viga. Practicadas averiguacións súpose que fora colocada por un veciño de Arcade que ten trastornadas as facultades mentais. Foi detido.

 

 

 

1929, 20 de xuño. Unha señora que levaba no colo á súa filla de corta idade, apeouse en Redondela do tren correo procedente de Monforte para coller o que se dirixía a Pontevedra, que xa iniciaba a marcha. A señora foi collida entre o estribo dun dos vagóns e o borde do andén. O seu home, que levaba a outra filla no colo, foi quen de arrastrar á muller ata o andén, non podendo evitar que as rodas alcanzaran á nena seccionándolle un brazo case por completo. Foi inmediatamente trasladada ao hospital municipal de Vigo, onde falecería. Cumpriría dous anos en setembro.

 

.

 

1931, 18 de marzo. O xoven de Pontevedra José Gallego, apeouse do tren na estación de Redondela e ao tentar tomalo de novo cando xa estaba en marcha enganchouse da gabardina caíndo á vía. O tren arrastrouno uns metros, indo aprisionado entre o andén e o estribo. Por sorte tan só sufriu feridas leves.

 

 

 

1931, 19 de marzo. Onte pola tarde na estación de Redondela, o tren procedente de Santiago non deu freado, reventando os topes situados ao final da vía morta e descarrilando. Por sorte tan só o maquinista e algúns viaxeiros sufriron feridas leves. Pasado o nerviosismo dos primeiros momentos, todos os pasaxeiros subiron ao tren correo continuando viaxe ata Vigo.

 

 

 

1931, 31 de outubro. Esta mañá saiu de Vigo un tren especial conducindo reclutas destinados a diferentes guarnicións. ao saír do túnel de Os Valos se desengancharon catro unidades que impulsadas pola pendente favorable iniciaron un vertixinoso retroceso. Os coches que ocupaban unhas noventa persoas pasaron a gran marcha o túnel e a ponte da línea de Morforte sobre Redondela en cuxa estación atoparon vía franca deslizándose a terrible velocidade. O pánico que se produxo nos ocupantes dos coches foi espantoso prorrumpiendo en constantes gritos de socorro. De Redondela saiu unha máquina tras as catro unidades que seguían velozmente hacia Vigo e que se detiveron despois de recorrer seis kilómetros, contidas por unha pendente contraria xunto á fábrica “Vidriera Gallega”. A máquina condúxoos a Gillarei, onde se incorporaron ao tren militar. Non se produxeron desgrazas, agás as feridas leves que sufriu un soldado ó botarse á vía nos primeiros momentos, e outros dous que foron golpeados contra os asentos.

 

 

 

1932, 10 de febreiro. Descarrilamento dun tren a carón da “Vidreira” (Rande) sen que ocorreran desgracias persoais.

 

 

 

1932, 30 de decembro. Dous empregados da estación de Redondela sorprendron a tres suxeitos que romperan os precintos de dous vagóns cargados de fariña. Aproveitando que estaban dentro dun deles tentando roubar unha saca, pecharon as portas e deron aviso a garda civil. Tratábase dun veciño de Oviedo de 20 anos, e dous de Marín de 17 e 18, sendo todos eles detidos. A garda civil tamén detivo a dous homes da provincia de Ourense que se atopaban agochados noutro vagón e aseguraban non ter nada que ver cos ladróns.

 

 

 

1933, 23 de setembro. A muller que foi destrozada por un tren preto do viaduto de Pontevedra era de nacionalidade portuguesa e veciña de Reboreda. A pobre non escoitou o tren por ser sorda.

 

 

 

1934, 2 de xullo. No kilómetro 3.720 da liña Redondela-Pontevedra, un tren arroiou á veciña de Cesantes, María Sotelino López, quedando o seu corpo destrozado.

 

 

 

1934, novembro. Francisco Iglesias Lusquiños, carniceiro de Arcade de 65 anos, caeu ao tentar subir ao tren correo de Pontevedra. O infortunado industrial faleceu despois de ser destrozado por varios vagóns antes de que o tren se detivera.

 

 

 

1934, 22 de novembro. Un garda atopou no túnel número 2, preto de Redondela, o cadáver do ancián Venancio Cernadas Iglesias, de 60 anos, veciño de Pazos de Borbén coas facultades mentais algo perturbadas. Tiña a cabeza destrozada polo que debeu falecer no acto ao ser golpeado polo tren correo.

 

 

 

1934, 27 de decembro. Cando viaxaba no tren expreso entre Redondela e Vigo, deu a luz un neno, a xoven Rosa Fernández Coello, veciña de Lavadores. Foi atendida por unha parella da garda civil e por varios viaxeiros.

 

 

 

1936, 23 de setembro. Durante as manobras dun tren na estación de Redondela, quedou atrapado entre os topes Julio Pérez, gardagullas de primeira, que faleceu pouco despois.

 

 

 

1937, 17 de xuño. No paso a nivel de Cesantes houbo un accidente por que uns reclutas tiveron a mala idea de viaxar subidos aos vagóns. Dous deles foron alcanzados polos cables do tendido telegráfico, falecendo un no hospital de Pontevedra. O outro, José Otero Collazo, veciño de Trasmañó, de 20 anos, sufriu unha ferida contusa no mentón. Crese que ían bébedos.

 

 

 

1938, 15 de maio. Descarrilaron a 3 km. de Redondela, 14 vagóns dun tren de mercancías que saíra dos Valos. No accidente faleceu un gardafrenos e outro, domiciliado en Teis, resultou gravemente ferido, perdendo unha perna.

 

 

 

1941, 09 de xaneiro. Faleceu no Hospital Provincial de Pontevedra, o veciño de Ventosela, Eladio Couñago Soto, que onte foi arrollado por un tren na estación de Redondela.

 

 

 

1941, 12 de xaneiro. Cando unha máquina manobraba na estación de Redondela, atropelou a unha muller que faleceu no acto.

 

 

 

1941, 21 de marzo. En términos de Cedeira, no kilómetro 121 da liña Vigo-Monforte, foi arrollado polo tren o neno Pedro Maestú Amoedo, de 11 anos de idade, que faleceu no acto.

 

 

 

1941, 20 de xuño. Generoso García Fraile garda civil do posto de Redondela. Natural de Orihuela del Campo (Salamanca), faleceu aos 28 anos, por mor das feridas sufridas ao cair dun vagón na estación de Redondela.

 

 

 

1942, 15 de xullo. Entre as estacións de Arcade e Redondela apareceu morta unha muller na vía coa cabeza e os brazos separados do corpo.

 

 

 

 

 

 

 

1951, 27 de novembro. Un desprendimento de terra en Chapela provocou o descarrilamento da máquina do tren mixto de Madrid que saíra de Vigo. Por sorte ninguén resultou ferido.

 

 

 

1951, 30 de decembro. O tren mixto Vigo-Santiago cando manobraba na vía morta da estación de Redondela, sufriu o descarrilamento dun coche de viaxeiros e o furgón de cola. Houbo varios feridos pero tan só o veciño de Cesantes, Amador Bouzón Cabaleiro, con contusións de pronóstico reservado.

 

 

 

1952, 18 de marzo. Cando o tren especial de Pontevedra maniobraba na estación de Redondela, resultou alcanzado o xoven Manuel Rodríguez Estévez, de 23 anos, mozo autorizado daquela estación, que resultou cun pé seccionado. Foi trasladado a un sanatorio de Vigo, onde ficou hospitalizado.

 

 

 

1952, 10 de xuño. Cando cruzaba o viaduto de Pontevedra, Carolina Gómez Cordero, de 24 anos e veciña de Redondela, entretida falando cunha amiga, pisou unha táboa podrida caíndo á finca dos señores de Leirós. A xoven faleceu no acto ao fracturarse a mandíbula probablemente contra a estructura de ferro do viaduto.

 

 

 

            1956, 19 de xaneiro. Pouco antes da entrada no depósito de máquinas, un tren chocou cunha locomotora que viña en dirección contraria. Resultaron feridos Luis Fespaita Martínez, veciño de Cabra1, conductor do mercancías e o fogoneiro do mesmo, Luis Álvarez García, veciño de Vigo. Foron conducidos á Casa de Socorro e o primeiro, como consecuencia das graves lesións que sofreu, ingresou cadáver, por fractura da base do cráneo. O fogoneiro presentaba lesións i erosións que foron consideradas de pronóstico reservado.

 

 

 

1958, 21 de marzo. O tren “corto de Pontevedra” descarrilou a uns 700 metros da estación de Chapela. Un dos vagóns quedou a uns centímetros dun desnivel de 30 metros, ao fondo do caal había casas habitadas. Afortunadamete non houbo feridos.

 

 

 

1966, 6 de agosto. Un desprendemento nas proximidades do vello cargadoiro de Rande O motivo pudo ser as obras de ensanche dos marxes da vía para o que se empregou dinamita a poucos metros do lugar do suceso. Non houbo desgrazas persoais e a única consecuencia foi o corte do tráfico ferroviario durante varias horas.

 

 

1976, 9 de setembro. Choque preto do apeadoiro de Rande dun tren de pasaxeiros e unha locomotora, caíndo un dos vagóns por unha pendente de 36 metros. O resultado sería de 17 mortos e 40 feridos. Sería o accidente máis grave sucedido en Galicia ata a traxedia de Angrois.

 

 

 

1976, 17 de setembro. O gardagullas de RENFE, don José Piñeiro, de 54 años. que sirviu durante doce na estación de Chapela, foi sometido e expediente por parte da compañía a raíz anteriormente citado accidente de ferrocarril. Un portavoz de RENFE indicou que o escaso servicio de trens que tiña a estación permitía que o citado empregado prolongase a súa xornada laboral. Pouco antes de producirse o accidente mortal entre Redondela e Chapela, o funcionario deu paso a un mercancías que saiu do porto para Redondela, máis tarde lle preguntaron si podía saír un tren de Santiago de aquela estación, ó que contestou afirmativamente, pero logo esqueceu cambiar a agulla.

 

 

1978-10-21 Tres  nenos de Cedeira cruzaron o viaducto Vigo-Pontevedra coa mala sorte de que nese momento viña o tren. Asustados saltaron da ponte pola falta de varandas enterrándose na area do río. Internados na Residencia Almirante Vierna, recibiron a alta médica os poucos días.

 

1989. Explosión na estación de Chapela ao reventar unha tapa de seguridade dun vagón de cemento que afectou a 16 coches e 5 inmobles.

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 31-03-2018

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Historia de las Rías. (2 Volúmenes) J. A. Orge e Carlos Antuña entre outros. Ed. Faro de Vigo.

 

SEREN

 

Nº4. Os viadutos de Redondela: Arquitectura, arte e estética. Carlos A. Antuña Souto e Javier Antuña Castro.

 

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego, El Diario de Santiago, La Ilustración Gallega y Asturiana, Vida gallega, El Correo de Galicia (Bos Aires), El Progreso, La Integridad diario católico, Galicia diario de Vigo, La Idea Moderna, El Heraldo Gallego, El Áncora, La Correspondencia Gallega, El Compostelano, La Noche, El País...

 

Ministerio de Cultura http://prensahistorica.mcu.es=> El Imparcial (Madrid), El Heraldo de Madrid, La Epoca (Madrid), El Siglo futuro (Madrid))

 

Biblioteca Nacional de España www.bne.es => El Pabellón Nacional (Madrid), El Día, La Libertad, El Imparcial, La Correspondencia de España, El País, La Época, El Heraldo de Madrid, El Correo Español

 

La Voz de Galicia.

 

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

 

 

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0