Curiosidades Históricas-2

 

As murallas de Redondela

 

Houbo un tempo en que Redondela era unha vila amurallada. Destes muros tan só nos quedan os restos que rodean a igrexa de Redondela pola rúa Figueiral, xa que se supón que o muro da rúa Telmo Bernárdez é máis moderno. Dentro das murallas quedaban as rúas Reveriano Soutullo, Isidoro Queimaliños e Adro. O resto de rúas da vila irían crecendo extramuros.

 

Nos apuntes de Casto Sampedro (Ver Persoeiros>Educación e investigación) atopamos a resposta. Na seguinte transcripción anoto con parénteses as palabras ilexibles:

 

Puertas y portillos

 

de los muros de Redondela

 

 

 

Murallas ( ) en el ( )( )

 

Porta da Vila por la residencia del Concejo entrada por el N. a la Rivera do Val.

 

Porta do Estaleiro (Astillero) en la subida de la Plaza Constitución a la Rua do Riveiro.

 

Portillo de Meixón Frío (sitio de hospedaje) Calleja que sale a la derecha de esta Rúa y se haría la Junquera y Villavieja.

 

Porta da Rúa do Riveiro e termina por el sur a dicha calle.

 

Porta da Rúa do Val termina por el sur a dicha rúa paralela a la do Riveiro.

 

Portillo de la Plaza subida de los talleres de Carreró a dicha Plaza después Alhondiga.

 

Escalera de comunicación a lo alto del Muro de la Iglesia de Santiago con la Rúa do Val y con el callejón a la Puerta de Estaleiro o Astillero.

 

Camino de Ronda ( )

 

 

 

Polo tanto, existirían catro portas que estarían ao inicio e ao final das actuais rúas Reveriano Soutullo e Isidoro Queimaliños. E ademáis, dúas portas máis pequenas, unha comunicando a rúa Reveriano Soutullo con Meixón Frío e outra unindo a rúa Figueiral coa Praza Alfóndiga e a rúa do Adro.

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Fondo Casto Sampedro. Museo de Pontevedra. Sampedro 65-8 Murallas

 

 

 

Forte de San Cristóbal. Fª unidadcívicaporlarepública.es
Forte de San Cristóbal. Fª unidadcívicaporlarepública.es

 

O forte San Cristobal

 

O forte de San Cristobal, ubicado preto de Pamplona, ten a dubidosa honra de ser considerado o cárcere máis duro da etapa franquista. Entre os seus presos 608 eran republicanos galegos: 273, da provincia de Pontevedra; 158 de A Coruña; 96 de Ourense e 80 de Lugo. De todos eles, 96 non voltarían nunca ás súas casas, ou sexa máis da terceira parte faleceu pola aplicación da lei de fugas, fusilados, por enfermidade, por fame ou polos malos tratos recibidos. Os seus restos serían aterrados en fosas comúns no monte Ezcaba e nalgúns casos nos cemiterios dos pobos cercanos: Aizoaín, Artica, Ballariaín, Berrioplano, Berriosuso, Berriozar, Loza e Oteiza. Entre os 96 galegos falecidos en San Cristobal, dous eran de Redondela:

 

Rodríguez Magariños, Manuel, 33 anos, xornaleiro, de Redondela (Pontevedra), condenado a 20 anos (23/12/36), ingresa o 22/2/37, morre o 2/1/38 .

 

Silva Ferreira, Xosé, 35 anos, xornaleiro, de Redondela (Pontevedra). C.P. (30/1/37), ingresa o 22/2/37 morre o 1/3/40.

 

           Cando menos outro redondelán pasou por este presidio, sería Telmo Bernárdez Gómez, fillo de Telmo Bernárdez Santomé (Ver Persoeiros>Política), quen xa estivera preso no cuartel de San Fernando, en Pontecaldelas, San Simón, Figueirido e Provincial de Pamplona.

 

           Este presidio tamén foi famoso poque nel se realizou unha gran fuga o 22 de maio de 1938, que sería duramente castigada. Dos 2.487 detidos que había, fugáronse 795. Deles 206 foron abatidos nos montes, 14 foron fusilados e tan só tres lograron cruzar a Francia.

 

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Que aflore o soterrado. O forte de San Cristobal. Ateneo de Santiago. http://www.ateneodesantiago.com/wp-content/uploads/2015/02/periodico.pdf

 

https://foros.xenealoxia.org>kruzul

 

https://es.wikipedia.org/wiki/Fuerte_de_San_Crist%C3%B3bal_(Navarra)

 

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

 

 

 

Monumento de Endarlatza na actualidade. Fª: labasquebondissante.blogspot.com.es
Monumento de Endarlatza na actualidade. Fª: labasquebondissante.blogspot.com.es

 

Falecemento dun carabineiro en Endarlatsa.

 

Bera é un concello de Navarra que permaneceu a meirande parte do tempo en mans carlistas durante a 3ª Guerra Carlista (1872-1876). A súa proximidade á provincia de Guipuzcoa, provocou que se convirtira nun lugar de continuos conflitos. A ponte de Endarlatsa era estratéxica, pois cruza o Bidasoa, sendo o límite natural entre as dúas comunidades. O xeneral ao mando do exército liberal de Norte, Ramón Nouvilas, ordeou daquela defender esta posición.

 

O 23 de abril de 1873 o coronel Tejada comezou a fortificación da ponte de Endarlatsa para a súa defensa e xa ao día seguinte de comezar as obras foi atacado polas faccións de Manuel Ignacio Santa Cruz Loidi "Cura Santa Cruz" e outras, en total uns 600 homes, que obrigaron ao coronel Tejada a mobilizar a toda a súa columna para afastar aos carlistas da ponte.

 

Cando por fin logra rematar as obras estas consisten simplemente en reforzar unha casa na que residía o encargado de cobrar o imposto de peaxe aos carros. A este improvisado forte foi destinado un destacamento de miqueletes guipuscoanos. Serían remplazados por un corpo de carabineiros formado por un oficial e 40 homes, poucas forzas, que o 4 de xuño foron sitiadas no forte pola partida do Cura Santa Cruz. Finalmente a posición sería tomada e dos carabineiros liberais 35 resultaron mortos, dos que, cando menos24, foron enterrados no cemiterio de Bera. Tan só seis se salvaron, dous fuxindo pola estrada e catro cruzando a nado o Bidasoa. A ponte sería derrubada ao día seguinte. Na listaxe de falecidos aparece:

 

Juan Pazos Táboas, Carabineiro da Comandancia de Guipúzcoa, de 50 anos de idade, Natural de Redondela provincia de Pontevedra. Casado con María Palmas.

 

Os faleceidos non serían esquecidos, xa no Heraldo de Zamora do 8 de agosto de 1898: “[…] en el tronco de un hermoso castaño que desde algunos metros arriba en la falda de la montaña parece extender sus ramas sobre el lugar de la ejecución, ha grabado un sencilla memoria […] Dice así: Fusilamiento de Carabineros - Día 4 de Junio – Año 1873 – R.I.P”.

 

En 1903 a unha das rúas de Irún déuselle o nome de "Mártires de Endarlaza". En 1907 constrúese un monumento na súa memoria que sería destruido en 1936 e reconstruído en 1940. Despois dun continuo deterioro e o seu desmantelamento po mor de obras na estrada sería restituido no 2009, e alí segue coa listaxe de mortos onde aparece este redondelán.

 

 

 



 

BIBLIOGRAFÍA

 

Bera, enterramientos 3ª Guerra Carlista 1872-1876. por Aurelio Gutierrez. https://oroimena.bera.eus/es/author/aurelio/

 

La vida pasa. Blog de Aurelio Gutiérrez Martín https://aureliogutierrez.blogspot.com.es

 

Fusilamientos de Endarlatza: Crónica de un desastre anunciado. Hechos, Anécdotas y Relatos de las Guerras Carlistas; por Jesús Arrate. http://mikelatz.blogspot.com.es/2016/12/los-fusilamientos-de-endarlaza-cronica.html

 



 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 29-12-2017