Curiosidades. Flora e Fauna

O Mono Paco.     

            En 1990 un mariñeiro cedeulle unha parella de monos ó concello de Redondela. Construíronse para eles unhas xaulas na Alameda xunto ós columpios dos nenos. Eran individuales, coa súa casetiña personalizada e todo. Os seus nomes Paco e Coco. O pouco tempo Coco faleceu. As causas non se esclareceron pero os máis maliciosos da vila dicían que fora asasiñada por Cocó, porque o nome do mono non lle facía moita gracia. (Hai xente con moi mala uva.) Fora como fora o caso e que Paco quedou só.  

            Se xa era difícil soportar vivir sen unha compañeira, vivir sen un amigo converteuse nun inferno para Paco. Empezou a comportarse dun xeito estrano e acabou por caer no vicio de Onán. Isto foi o principio do fin.

Descoñecemos se os nenos que estaban no parque nese momento sofreron algún tipo de secuela psicolóxica. Pero o que si sabemos e que os pais puxeron o grito no ceo e queixáronse ó concello. Pronto os medios de comunicación fixeron pública a noticia. Isto abriu un debate na vila. ¿Qué facer co mono? Algúns querían matalo, outros porlle unha medalla, as fiministas manifestábanse diante da xaula...

Nestas estabamos, cando apareceu o que faltaba. Leri, o máis carismático concelleiro vigués, rompendo unha lanza polo pobre Paco. Pero foi, nese xusto momento, cando a masturbación deixou de satisfacer ós seus baixos instintos  e tocou fondo. Caiu o máis baixo que pode caer un mono. Tentou violar a unha pomba. Sí, sí, non e unha errata de impresión. O suceso chegou a saír nos noticieiros nacionais.

            Todo o mundo estaba desquiciado menos un. Leri atoupou a solución. O mono foi trasladado ó zoolóxico da Madroa. Alí déronlle unha xaula máis grande e, o máis importante, púxose a súa disposición tres monas coas que desfogarse.

            Xa respiraba Redondela tranquila. Algúns ata envexaban a boa sorte de Paco. Pero, de pronto, chegou a traxedia. Un desalmado lanzáralle comida cun imperdible no interior. Paco, confiado como era, morrera dun desgarro estomacal. Isto polo menos foi a versión oficial, mais algúns redondeláns, aínda hoxe, preferimos pensar que Paco morreu de exceso de disfrute coas tres monas.

            Tan grande foi a pena na que se sumiu a vila, que o enterro da sardiña foi sustiuído polo enterro do mono Paco. Como curiosidade, dicir que o primeiro ano que se fixo, foi organizado de xeito tan caótico que, en lugar de mono, na caixa ía un león de peluche.

Ós tres ou catro anos, este pobo desagradecido esqueceuse de todo. Volveu a celebrarse o enterro da sardiña e Paco morreu por segunda vez. Mais estas verbas servirán para que Paco reviva. E o mono, que paseou o nome de Redondela por toda España, volverá a ter o seu lugar na historia da vila dos viaductos. Larga vida ó mono Paco.

            Engadir que, antes de morrer, a semilla de Paco deu os seus frutos. Se visitades o Vigozoo, na xaula dos monos, seguro que vedes algún dos seus descendentes mirando de reollo ás pombas.          

A Pesca do Congrio.

            En xullo de 1964 Genaro Alonso Bouzón pescou nun peirao de Rande dous congrios, un dos cales era casi da súa altura e superaba os dez kilos. Pero como sempre hai alguén que pesca máis. Ao pouco tempo o propietario do bar “D’o Canario” de Rande, informa de que un veciño seu, Francisco Cabaleiro Couto “Campicho”, pescara un congrio de vinte kilos. Este pescador afecceonado tiña realizadas as súas boas capturas, pero nunca unha desta envergadura.

            Ao ano seguinte seguían as boas capturas en Rande. Desta volta sería o redondelán Amador Pérez Sousa o que acadou un congrio de 11 kilos e 1’45 m. de lonxitude.

            En febreiro do 2012, pulverizan aos anteriores, os submarinistas redondeláns Paulino Toucedo Otero e Juan Figueroa Couñago que pescan en Alcabre (Vigo), un congrio de 2’35 metros e 57 kilos de peso.

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Galiciana > El Pueblo Gallego

Faro de Vigo

 

 

 

 

Historias de caza.

 

O 27 de xaneiro de 1877 ás oito da noite, o mineiro Santiago Ubiña dirixíase a traballar na construcción do túnel dos Valos cando o sorprenderon dúas luces diante súa. Pensou que se trataba dos candís dos seus compañeiros polo que seguiu avanzando ata que se percatou de que eran os ollos dun lobo. Tentou escapar pero a besta adiantábase aos seus movementos polo que decidiu enfrentarse a el. Co candil que levaba golpeou ao lobo que torceu a cabeza, aproveitando para clavarlle unha navalla. O animal ferido arremetou contra Ubiña, que se defendía a golpes e navallazos. Os traballadores correron alarmados polos aullidos e os gritos de auxilio, mais cando chegaron o lobo estaba morto e Santiago Ubiña ileso aínda que moi afectado.

 

En marzo de 1900, os de xabaríns causaban destrozos en Saxamonde polo que se formou unha partida de caza. Conseguiuse matar a un destes animais duns 60 kilos de peso preto do Mendo, entre Quintela e Louredo (Mos). Probablemente viña fuxindo daqueles montes o xabarín que poucos días despois, paseou polas rúas de Redondela causando o pánico dos veciños e internándose logo nun bosque próximo ao viaduto de Pontevedra. Saíron tras el varios cazadores sendo abatido polo señor Álvarez dun certeiro disparo. Pesaba uns 75 kilos.

 

En decembro de 1907 cinco cazadores que estiveron tres días no Suido (Fornelos) cobraron 83 perdices. Un deles, que ía cos de Redondela, Manuel González Fresco, de Vigo, de 65 tiros matou 62.

 

En decembro de 1908, en Reboreda, Narciso Míguez ao disparar cunha escopeta a un can, feriu ao seu compañeiro, Sabino Otero.

 

En abril de 1914 foi abatido en Padróns (Saxamonde) un xabarín que causara varios danos e que pesaba uns 70 kilos.

 

O párroco de Quintela Alfonso Álvarez Gil, matou en xullo de 1916 un xabarín que pesou unhas nove arrobas.

 

A finais de 1930, os paxaros chamados vulgarmente Pico-tuertos e en linguaxe técnico Loxia Fisinostro, provocaban moitos destrozos nas árbores, polo que a Comisión provincial acordou pagar 25 céntimos por cabeza de ave. A sorpresa veu cando, o 8 de xaneiro, presentouse na deputación José Martínez, veciño de Redondela, con cen cabezas do citado paxaro.

 

En 1962 os lobos causaron grandes perxuízos en Negros e Cedeira matando a trinta ovellas e multitude de galiñas. Esta situación levou a organización de servizos de vixilancia por parte dos veciños. A paciencia deu os seus froitos e Ramón Carrera Rodríguez, veciño de Negros, abatiu unha loba de 47 kilos.

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

            Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El pueblo gallego, El Diario de Santiago, Gaceta de Galicia  Diario de Santiago, El Diario de Pontevedra, La idea moderna, El Correo de Galicia

 

 

 

Animais célebres

 

O merlo de Paradela cantaba o Himno de Riego ao paso das procesións antes da II República. Foi tanta a súa popularidade que coa chegada da República, en decembro de 1932, Avelino Cal chegou a publicar un artigo comentando que a corporación se esquecera del ao porlle nome as rúas.

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

 

 

 

Kiwi

 

Nunca unha froita revolucionou tanto como a chegada do Kiwi a Galicia a principios dos 80. Esta froita, chamada orixinalmente Yang Tao (froita do Río Tang), recibiría o nome de kiwi cando foi introducida en Nova Zelanda, pola súa semellanza coa ave orixinaria daquel país. A iniciativa de prantala na nosa comunidade foi da empresa Coren. As «Cooperativas Orensanas» experimentaron nunha parcela de dúas hectáreas e media en Redondela, recolleitándose en 1982 un total de 31.000 kilos. Isto abriu a posibilidade a plantar o kiwi noutras vilas.

 

En 1985 celebraríanse as primeiras xornadas sobre o kiwi en Vigo, organizadas pola Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través da axencia de Extensión Agraria de Redondela, e a Deputación de Pontevedra. Todos os actos terían lugar no Centro Cultural da Caixa de Aforros de Vigo que, xunto coas entidades anteriores, patrocinaba o certame. Apostábase así abertamente pola alta rentabilidade desta novidosa froita fronte ás tradicionais plantacións de minifundio de millo, patacas...

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

La Voz de Galicia

 

 

 

Balea na Portela, 2016. Fª Nacho Lueiro
Balea na Portela, 2016. Fª Nacho Lueiro

 

Cetáceos

 

         No blog do Arquivo Municipal de Redondela, Ana Gesteira nos da conta do seguinte achado no Libro de Actas de Pleno do ano 1882: "Presentada una cuenta importante setenta y cuatro pesetas cincuenta céntimos referente a los gastos ocasionados con motivo del ballenato que apareció en la Playa del Pazo en el mes de Julio último, después de examinada la Corporación se aprobó y acordó su pago con cargo al capítulo de Imprevistos del corriente ejercicio".

 

          Buscando, buscando... non atopo máis datos de cetáceos na nosa costa ata a época máis recente:

 

          En xullo de 1983 un barco de pesca atopou un delfín morto na Ría, e o arrastrou ata o peirao de Cesantes.

 

          O 5 de febreiro de 1999 apareceu a poucos metros do peirao de Cesantes, un exemplar de tabeirón, concretamente un alopias supercilious. Medía 351 cm., dos que 167 correspondían á cola.

 

          Unha investigación sobre os delfíns publicada en 2008 pola Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (Cemma), indica que unha manada de entre 15 e 40 exemplares, dependendo da época de cria, soe frecuentar a costa de Moaña e Cabo Home, abundando tamén grupos na ría de Aldán. Crese que isto se debe ás peores condicións da auga e ao maior tráfico marítimo, nas costas de Vigo e Redondela. Tamén se comenta que son menos as entradas de arroaces na ría pola disminución de sardiñas e crustáceos.

 

           En decembro de 2011 localizouse un delfín morto na praia de Cesantes, dándose a casualidade de que ese mesmo día tamén se atopou o cadáver dunha ballena preto de Vigo.

 

            En maio de 2016 aparece unha ballena morta na Portela. Tratábase dunha cria de rorcual común (Balaenoptera physalus), un macho de 5,70 metros e uns mil kilos con poucas semanas de vida. Os exemplares adultos de esta especie poden chegar a medir ata 27 metros. Apesares de atoparnos na ruta migratoria desta especie é moi estrano que se adentren na Ría de Vigo, polo que se cria que debeu desorientarse.

 

          En setembro dese mesmo ano, recibimos a visita dunha parella de ballenas aliblancas que se pasearon entre o porto de Vigo e Rande. O maior dos exemplares medía uns 10 metros e 5 o máis pequeno.

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Arquivo Municipal de Redondela

 

La Voz de Galicia

 

https://tiburonesengalicia.blogspot.com.es

 

Masmar.Tu portal naútico en internet. http://www.masmar.com/

 

Faro de Vigo

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 02-07-2018