Curiosidades. Mundo Laboral

José Lois Estevez xunto o primeiro dos telescopios. Foto: Recuerdos de mi vida.
José Lois Estevez xunto o primeiro dos telescopios. Foto: Recuerdos de mi vida.

 

Telescopios fabricados en Regojo.

 

Nos talleres da fábrica de camisas Regojo o profesor da facultade de dereito José Lois Estévez construiu dous telescopios. Axudáronlle na súa labor o xefe da sección de talleres, José Abal Darriba, o encargado general da empresa e mecánico Juan Ipiña (conocido por pórlle motor á Coca) e como operarios Vidal Moreira, Andrés Fervenza, Molinos y Alonso Montes.

 

          O primeiro dos aparatos telescópicos, feito en 1959, tiña un reflector de 22 cm. de diámetro e foi o máis grande de España na súa época. A súa construcción foi realizada na factoría textil Regojo pero algunhas pezas fabricáronse nos talleres Sanjurjo en Vigo.

 

          Entre 1962 e 1963 construiuse o segundo, Era aínda máis grande, cun reflector de 50 cm. Alcanzaba os sete metros de altura, polo que, para a súa montaxe e construcción, houbo que furar o teito da nave. Logo, sería trasladado á universidade de Santiago.

 

 

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA:

 

Recuerdos de mi vida 1990. José Regojo Rodríguez

 

 

 

Para máis info: El observatorio astronómico de la Universidad de Santiago de Compostela. Iván Fernández Pérez

 

 

Tendeiros trampóns.

 

En 1926 o Concello decidiu exercer controis sobre a calidade e os precios do leite que se vende na nosa vila. Como resultado destes controis en setembro foron multadas por adulterar o leite Peregrina González Vidal, veciña de Cesantes, e Filomena Sotelino Barral, de O Viso. A media é ben recibida pero os cidadáns demandan o mesmo control sobre a venda de carne e pan, polas moitas irregularidades que se cometían.

 

As autoridades deberon tomar nota porque en decembro dese ano a Xunta Provincial de Subsistencia multou en Redondela: Con 100 pesetas a Vicente Comesaña, concelleiro de Redondela, por comprobarse a falta de 100 gramos en todas as pezas de pan que se expedían no seu establecemento. Con 100 a Bernardo García, por falta de peso na carne e ademáis cobrala a un precio superior que o da tasa. Con 100 a Marcelina Queimaliños, polo mesmo que o anterior. Con 75 a Laureano Lago, por faltarlle 100 gramos en 1Kg., e 50g. en medio kilo no pan que expendía no seu establecemento. Con 75 a Dolores López, polo mesmo que o anterior. Con 50 a Emilio M. Bragado, por atoparse no seu establecemento de comestibles unha pesa de 2 kg. Á que lle faltaban 50 gramos, outra de 1 kg. con 40 gramos e outra de medio kilo con 20 gramos menos. E con 50 a Luisa Conde, por vender carne de vaca a maior precio que o da tasa, atopando ademáis o seu establecemento pouco hixiénico e cheo de suciedade.

 

Este tipo de enganos e outros semellantes formaban parte dunha práctica xeneralizada en toda Galicia, polo que as sancións similares ás anteriores non se limitaban ao noso concello. Nos anos seguintes a situación non melloraría demasiado e continúan as multas e as peticións de maiores controis no leite, pan e carne. Como exemplo, dicir que dous anos despois, en Redondela, algúns carniceiros negábanse a vender carne para encarecer o producto, vendíase a maior precio que o marcado pola xunta provincial de Abastos, as faltas de peso eran constantes e, o máis grave, un informe do veterinario municipal denunciaba varios casos de venda de carne en mal estado.

 

Ante a gravidade da situación a xunta provincial de Abastos endureceu as multas. Con 500 pesetas foron sancionados os carniceiros de Redondela: Bernardo García Figueroa, Elisa Conde Farto e Marcelina Queimaliños, por negarse a vender carne ao público, cobrala a maior precio do da tasa e con falta de peso e tratar aos clientes con gran desconsideración.

 

Tamén se comeza a exercer un maior control sobre os fabricantes de conservas e, en Redondela, múltase con 25 pesetas a Enrique Avendaño Estela e Manuel Pérez Rodríguez, por negarse a facilitar datos ao Concello relacionados coa súa producción.

 

 

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El pueblo gallego, El Diario de Pontevedra

 

 

 

 

 

Restauración... do corpo.

 

          Os bares, restaurantes, hostais e hoteis son e foron un elemento socializador. Alí se cantou, se bailou, celebráronse homenaxes, despedidas de solteiro, vodas, bautizos e comuñóns; se fixeron moitas amizades e se romperon outras tantas, se riu, se pelexou, se gastaron bromas, se contaron chistes e ocurriron anecdotas que se lembran anos despois e, por suposto, se bebeu e se comeu. Pero os locais de restauración tamén serviron para restaurar... o corpo.

 

          É unha faceta menos coñecida, pero durante anos médicos, curandeiros ou dentistas dábanlle outra utilidade a estes negocios exercendo os seus oficios. Así, nos anos 20, un podía curarse unha hernia no Restaurante Moderno ou, nos anos 50 e 60, podía sacarse un dente no Hotel España, onde todos os domingos e durante máis de quince anos, atendía o dentista Celso González Villar.

 

          A continuación na galería de imaxes algúns destes sorprendentes anuncios.

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Integridad, Hoja Oficial del Lunes, El pueblo gallego, El Diario de Pontevedra, El Progreso

 

De Cabeiro a Gibraltar.

            Tradicionalmente na parroquia de Cabeiro fabricábanse cestos que eran vendidos en Redondela e Vigo. Esta modesta industria sufriu un desenrolo enorme tralo estalido da I Guerra Mundial. O caso foi que Gibraltar mercaba cestos para o carbón a Italia e a contenda deixou a dita cidade sen suministro. Esta situación obriga a que se comece a solicitar este tipo de cestos a Cabeiro, que era o que surtía a Vigo. A demanda é tan grande que nesta parroquia e as máis próximas aumenta rápidamente a producción, que en 1919 chega a enviar a Gibraltar a cantidade de 5.000 cestos mensuais. Tendo en conta que o precio por cesto era de dous pesetas, os ingresos ascendían ás 10.000 pesetas mensuais. Toda unha industria cunha ocupación netamente artesanal.

 

BIBLIOGRAFÍA

El ideal gallego.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 02-07-2018