Outras Curiosidades-2

 

A Caída.

 

         O 20 de outubro de 1978, tres nenos da parroquia de Cedeira cruzaban o viaduto de Pontevedra onde os sorprendeu o paso do tren. Arrimáronse á varanda pero a esta faltábanlle varios ferros e precipitáronse dende unha altura que ronda os 30 metros. Caíron no río Alvedosa que daquela case non levaba auga pola baixa mar, pero un deles golpeouse nos cables da luz e outro case perece afogado ao enterrárselle a cabeza no lodo. Apesares disto tan só un miragre pode explicar que os tres salvaran a vida, se ben é certo que o estado de dous deles foi considerado grave, sufrindo o que estaba en peor estado a extirpación do bazo.

 

          Os nenos que podemos ver na foto de Magar para Faro de Vigo eran, de esquerda a dereita, os irmáns Delmiro e Roberto Alonso Rodríguez, de 8 e 12 anos, e o seu amigo Celso Rodríguez Valladares, de 12 anos.

 

 BIBLIOGRAFÍA

 Faro de Vigo

 Referencias orais.

 

Un dos premios Cocón. Foto: Luis Pereda
Un dos premios Cocón. Foto: Luis Pereda

 

A Coca e o Cocón.

 

          A principios dos 90 o colectivo Ateneo Redondelán dinamizaba a vida cultural mediante a organización de numerosas actividades como conferencias, debates, títeres... Entre todas elas a que máis deu que falar foi a creación dos Premios Coca e Cocón, para recoñer a laboura das persoas ou colectivos que fixeran algo positivo ou negativo. As figuras dos galardóns foron deseñados por Alberto Cunha "Tatán" e a entrega realizábase o día dos santos inocentes, durante unha cea celebrada nun restaurante da vila.

 

          Os premiados coa Coca foron:

 

1991: As xogadoras e xogadores da SAR.

 

1992: O grupo ecoloxista Xea, «por enfrentarse valientemente a aquellos que sólo hablan de medio ambiente en los programas electorales».

 

1993: Félix Fernández, en recoñecemento pola súa traxectoria deste ebanista xubilado que aos 83 anos escribira o primeiro dos seus tres libros de poemas. Nesta edición tamén foron candidatos ao premio a Comisión de Montes de Reboreda e a Asociación de Amigos do Camiño Portugués.

 

1994: Xosé González responsable do Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Redondela obtuvo el premio «Coca 94» con el que el Ateneo de esta localidad quiere resaltar las labores positivas.

 

1995: A Asociación de veciños Abrente.

 

          Foron galardoados co negativo Cocón, que nunca ían a recoller o premio

 

1991: A Concellería de Sanidade e Medio Ambiente.

 

1992. O concelleiro de Educación, Piñeiro Permuy, "polo intento da Concellería que preside de acabar con el conservatorio".

 

1993. O responsable municipal de tráfico, que "lo comparte al alimón con los conductores «energúmenos»". Tamén aspiraron ao premio: os párrocos que difunden ao vento os servizos relixiosos a través da megafonía e o tándem formado polo alcalde Xaime Rei e o conselleiro Cuiña polo problema do lixo.

 

1994. Seragua, empresa concesionaria do servizo de augas.

 

1995 Nesta edición houbo empate entre o conselleiro de Educación, Piñeiro Permuy, e o alcalde de Redondela, Xaime Rei.

 

         Apesares das poucas edicións celebradas esta idea serviu de base para que asociacións doutros concellos, como a Sociedad del Valle de Louriña, crearan os seus propios premios, fomentando así a crítica pero tamén o recoñecemento de persoas e colectivos.

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

La Voz de Galicia

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 22-12-2018

Comentarios: 0