Curiosidades. Personaxes

 

 

1ª metade S. XX

 

 

 

Esganadí, Pena, Darrosa, Cacá...

 

 

Pena, Diego e Darrosa en 1963- Faro de Vigo
Pena, Diego e Darrosa en 1963- Faro de Vigo

 

 

         Unha pandilla formada por Jaime Esganadí, Manolo Pena, José Darrosa e Diego Cacá, entre outros, sempre andaban armando líos cando eran novos. Un día foron a Amoedo cinco ou seis cunha cinta métrica e comezaron a facer medicións polas fincas. Os veciños alarmados preguntaron que estaban a facer e eles contestaron que ían a facer unha nova estrada. Os donos dos terreos procuraron entón convencelos de que desviaran a estrada por outro lado invitándoos a viño, comida e o que fixera falta. O timo continuou varios días ata que un os recoñeceu e lle dixo aos afectados que eran uns farsantes de Redondela. Non lles quedou máis remedio que escapar como poideron dos alporizados veciños que os querían matar.

 

           Tamén simularon en Redondela o inicio das obras na Ribeira, cando o mercado que alí se facía non tiña un tellado que protexera da choiva. Os veciños encantados coa noticia chegaron a darlles "Vivas", pero do que pasou despois preferían non lembralo.

 

          Noutra ocasión na taberna de Nador convenceron a un coitado de que levaba os zocos do revés. O pobre do home ó chegar ó cemiterio dos Eidos non podía máis. Ao darse conta da broma voltou correndo ao bar, pero os outros xa marcharan.

 

          Doutra estenderon o rumor de que Ramón el Habanero morrera. O pobre do home estaba tranquilamente na súa finca, mentres a xente ía dar o pésame á súa casa.

 

          Para rematar dicir que Diego Cacá conduciu durante moitos anos á Coca, pola súa banda, Jaime Esganadí formou parte do primeiro equipo de futbol da vila en 1907, o Redondela F. C., sendo considerado "especialista en zancadillas cuando había que tumbar al contrario".

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

 

Faro de Vigo

 

 

 

 

Os bromistas de Cedeira

 

          Nun xornal de 1926 atopei a seguinte noticia:

 

"Según dicen de Redondela, el pasado domingo se atraparon una regular borrachera los vecinos de Cedeira Juan y Gonzalo Borjes, José Vicente Pérez Rodríguez, Juan Toracido y Jesús Pernas. La "paplina" dioles por gastar unas cuantas bromas a sus convecinos. Primero cogieron una escalera de mano en una obra en construcción y la atravesaron en la carretera, estando a punto de chocar con ella un automóvil. Cogieron luego un carro del país propiedad de Salvador Rodríguez, y lo dejaron a la puerta de la casa del alcalde, con cuatro nasas de pescar langostas que hurtaron a un vecino. Por último, se fueron a la cuadra del Taracido y sacaron un pollino que llevaron ante la casa del Teniente alcalde D. Andrés López, donde le dejaron atado del ronzal al llamador de la puerta. Los borrachos se divirtieron viendo como el pollino daba golpes al llamador cada vez que agitaba la cabeza. Una pareja de la guardia civil puso fin a estas "lindas" bromas, deteniendo a los borrachos".

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Galiciana=> El Diario de Pontevedra

 

 

 

Enrique Borrajo, Quirico e Leirón

 

 

         Na primeira metade do s. XX a estes tres adicáronlle unha copla:

 

 

Enrique Borrajo, Quirico y Leirón

 

 son los tres personajes que hay en la estación 

 

Leirón, limpiabotas, saca mucho brillo 

 

y si el cliente se descuida, le limpia el bolsillo.

 

 

        Como queda dito Leirón era limpabotas. Entre as falcatruadas que facía un día quitoulle o sable a Alfredo "Desenvaina", garda municipal que con ese mesmo sable ameazaba aos rapaces. Perseguido polo policía tiroullo a unha finca propiedade da señora Filomena, ao lado do edificio onde estaba Telégrafos e detrás da antiga Oficina de Correos.

 

Enrique Borrajo, conduciu durante moitos anos á Coca.

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro (1939-1989)

 

 

 

 

Manel Chichí

 

        Manuel Montero Iglesias. Tipo peculiar da vila. Home coas facultades psíquicas disminuídas, pero de carácter alegre e cariñoso. Era coidado pola súa curmá Juana Montero. Pernoctaba na rúa Cruceiro. Tiña predilección polos puros e cando lle regalaban un desfacíase en reverencias. Se veía alguén fumando pedíalle a cabicha e se o outro accedía pregáballe: -"Xa está, non fumes tanto que non me deixas nada, para xa...", e así seguía ata que por cansanzo lle daban o puro. Nunha ocasión a un home delgado que fumaba un puro grande díxolle: -"¿Que fas? Non ves que non tes peito. Damo a min que son máis home."

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro (1939-1989)

 

19810618049 Faro de Vigo-Entrevista a José Fontenla Cal

 

 

 

 

2ª metade do S. XX

 

 

Douglas

 

         Era da familia dos Cochechos e dos Pintantes. Naceu cun pé máis curto que o outro e ademáis era gangoso. O que para outros podería ser unha desgraza para el era unha vantaxe, xa que ninguén se atrevía a pegarlle. Cando se metía con alguén e se pasaba da raia dicía -"¿Cómo me vas a pegar se eres máis forte e eu son un coxo, non te da vergoña?"; e así librábase dunhas labazadas.

 

       Traballou na fábrica de Regojo, onde se metía coas mulleres dicíndolle piropos e outras lindezas máis subidas de tono, tales como que pasaran dunha en unha ó baño que lles ía facer un favor. Cando o seu encargado lle reprochou a súa actitude, dixo na súa defensa: -“¿Que queres que faga? Elas métense comigo e eu que son, ¿un home ou un cabalo?”

 

       Nunha ocasión na que O Veneno tiña un conflicto polas terras coa súa nai, Douglas en vinganza, colleu unha pistola enferruxara que atopara cavando na súa veiga, e obrigouno a meterse nunha cuneta, a carón da igrexa de Vilavella, que estaba ateigada de auga. Na axuda do pobre Veneno acudiu o Policía Municipal Ferpello. Pero non se deixou amedrentar e obrigou a Ferpello a meterse tamén na cuneta O pobre municipal tan só puido dicir:-“Estás jodido estaste a meter coa autoridad.” Ao que Douglas respoostou: -Jodidos estades vos que estades na cuneta”. Pouco despois iría a garda civil a casa do delincuente a requerirlle que entregara a arma. -“Hai a tedes, esta toda esferruxada.” Os axentes rian tanto, que nin sequera o detiveron.

 

      Durante unha tempada Douglas andaba polas rúas cunha machada no cinto. Cando lle preguntaban porqué a levaba, contaba: -“¡Vou rachar ó meu irmán! Eu andaba a entrarlle na bodega por unha xanela pequena para beberlle o viño, máis deuse conta que o barril estaba a valeirarse e deume unha malleira. Eu dicíalle, -¡Irmán, non me pegues! E el contestaba, -¡Nin irmán nin hostias! ¡Que malleira me deu, que malleira!”  

 

      Noutra, sorprendérono tentando entrar nunha casa. Os veciños acoderon co que tiñan á man: fouces, machados..., e cando atoparon a Douglas subido a unha viña, este dixo: -“¿Que roubar, nin roubar? Eu o que quero é pinar á filla, pero a desgraciada non abre a fiestra”.

 

     

 

 BIBLIOGRAFÍA

 

Aportacións: M. Migueles e M. Fernández.

 

 

 

Nené, entroido no CRC, 1977-Foto: Cal3
Nené, entroido no CRC, 1977-Foto: Cal3

 

Nené. O último chourizo.

 

        Nené era un delincuente habitual especialista en furto e timos a pequena escala, con numerosas entradas e saídas do cárcere, protagonizando numerosas anécdotas. Según contan xa de mozo apuntaba maneiras e facía "desaparecer" os xeados do Café de Triscallo, o que obrigou ao dono a poñerlle unha cadea á neveira. 

        Como nunca tivo coche timaba aos taxistas e ao chegar a Redondela lles contaba que o seu pai era o dono do bar Lisboa. Coa escusa de ir pedirlle cartos para pagar a carreira, entraba no bar e saía pola porta de atrás.

 

Durante un tempo, gañouse a vida vendendo uns barquillos nas festas, feiras ou no pavillón ao grito de:

 

Al rico parisieeeeé.

 

Parisié rico,

 

rico parisié.

 

 

 

Cando lle quedaban poucos dicía:

 

Me quedan dos

 

Cáceres y Badajoz,

 

si me quedaran más dos

 

no las vendía ni dios.

 

Por suposto, en canto os vendía aparecía con outra bandexa chea.

 

Outra das súas fontes de ingreso era a recuperación de obxetos roubados. Por unha módica recompensa sempre lograba que "aparecera" o sustraído dicindo que o culpable era un de fóra. A vítima quedaba contenta porque a perda era moito menor, pero coa dúbida de se non sería o propio Nené o autor dos feitos.

 

As veces facía trasnadas tan só por divertirse. Nunha ocasión apostoulle a un "colega" que lle gañaba correndo ata o final da rúa. O outro confiado botouse a correr, saíndo Nené tras el gritando: -"¡Al ladrón, al ladrón!".

 

Un timo orixinal foi cando lle encargou un trompo "especial" a Sesé Fernández. Chegado á Alameda organizou un campionato de trompos, previa inscrición aportando unha certa cantidade. Os cartos recadados repartíanse entre os tres primeiros. Unha vez que se apuntou unha chea de xente, fixo un círculo duns dez metros de diámetro. ¡Que sorpresa levaron todos cando sacou o seu enorme trompo cunha "saída" que rebotaba nos xardíns! Gañou o campionato sen problemas embolsándose o maior premio.

 

Outro dos seus timos era ir polas feiras vendendo rifas que nunca tocaban. Para desplazarse soía buscar un "taxista" co que repartía parte das súas ganancias. Unha vez reclamáronlle un premio, tratábase dun paraugas, polo que Nené asegurou que non había problema. Acercouse ao paragüeiro dun bar e entregou o "premio" ao afortunado.

 

Unha vez mirou a unha señora maior que coñecía cargada coa compra. Quitándolle as bolsas da man, ofreceuse a subirlla á casa para que non fora tan cargada. A veciña que coñecía os seus antecedentes, cunha mezcla de incredibilidade e temor, non soubo decirlle que non. Unha vez no piso ofreceulle unha propina, pero el rechazouna pedindo, iso sí, usar un momento o baño, non podendo novamente negarse a señora. Nené tardaba e tardaba, e os temores da pobre muller aumentaban. De súpeto, sae pola porta dando as grazas e a señora queda pasmada ao darse conta que Nené... ¡DEUSE UN BAÑO!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 01-07-2018