Relixión, Crenzas e Lendas.

Tomas Berkley
Tomas Berkley

Evanxelismo en Redondela.

En 1878 iniciaronse reunións na casa de Ángel Méndez, capitán retirado da Armada española. Houbo algúns convertidos pero a obra extinguiuse prácticamente en 1892. En 1898 chega a Galicia Tomás Berkley, instalándose en Vigo para pastorear a igrexa evanxélica dende 1900 ata a súa morte o 14 de abril de 1938. Impulsou a obra edificando unha igrexa na rúa Pi Margall de Vigo. En Redondela entre os anos 1910 e 1911 construense una capela e un cemiterio evanxelistas en San Vicente de Trasmañó, ambos todavía en uso na actualidade. Neste cemiterio está enterrada María a esposa de Tomás Berkley.

 

BIBLIOGRAFÍA.

http://personales.ya.com/sacosu/historia/historia.htm

www.hemerotecadigital.bne.es

 

Mámoa do Rei
Mámoa do Rei

 

Os enterros de Cabeiro.

            Antes de ter igrexa parroquial, os veciños de Cabeiro tiñan que celebrar os enterros en Trasmañó. O traslado realizábase pola pista forestal que, aínda hoxe, une as dúas parroquias. Ó chegar á altura da Mamoa do Rei a xente sentaba a xantar, para continuar logo o camiño.

 

 

A Lenda de Marcolfo.
    O navarro Julián Medrano no libro de viaxes “La silva curiosa” publicado en París no 1583, recolle a lenda do astrólogo redondelán Marcolfo, que despois será difundida por varios autores. A continuación refiro o texto tal e como aparece en “Refranero General Español. Tomo X.  José María Sbarbi. Madrid, 22-06-1878”.

 

Extraña aventura y epitafio contra los astrólogos.


    Estando en Redondella, me contaron como podía haber sesenta años que en aquel lugar había un astrólogo ó adivino tan famos , y tenido por tan certísimo , que no solamente en Redondella , pero en Vigo , Pontevedra y en la mitad de Galicia le tenían en tal grado como si fuera el profeta Daniel. Este astrólogo se llamaba Marcolfo, y sacando pensión de todos aquellos lugares marítimos, vino á alcanzar largamente de comer, y á casarse con la hija de un marinero, hombre principal , la cual era muy hermosa , y por ser tal, la llamaban por su nombre la linda Almena. Estos dos casados , viviendo así contentos y con rapóse?, teniendo el astrólogo fama de tener hermosa mujer, y de tener muchos ducados, su desdicha fué tal, que esta negra nueva vino á las orejas de un gran pirata , el más cruel corsario que en aquel tiempo reinaba por todo aquel mar Océano, al cual llamaban el capitán Sempronio. Pues este cruel Sempronio, viendo que tal preda ó caza merecía ser buscada y rastreada con trabajo, buscó por todas partes , y con cuantas mañas inventar pudo , el camino para hacer su salto ; y para este efecto , se le ofreció una ocasión muy buena: y es, que él fué avisado como los de aquel pueblo de Redondella hacían una fiesta de un santo, que era el patrón de una iglesia que estaba fuera del lugar á tres tiros de ballesta , en la cual los hombres solos se festejaban , porque eran cofrades de ella , y las mujeres hacían la fiesta en sus casas; y teniendo buenos espías , este Sempronio se puso la noche antes en celada , y esperó hasta que un matalote le trajo nueva certísima como él había visto que todos los hombres de Redondella, habiendo ya comido en la iglesia , eran salidos á unos olivares donde hacían diversos juegos, y que el astrólogo estaba en medio de ellos adivinando y diciendo á muchos lo que les había de acontecer; luego, en recibiendo este aviso Sempronio , tomando algunos soldados , salió de la zambra y se metió en un bergantín , y sabiendo la hora de vendimiar, saltó en el puerto de Redondella , y arremetiendo á la casa del pobre astrólogo (que estaba mal adivinando), dio el saco á las cosas más ricas que en ella había, cogiendo los dineros y una gran cadena de oro del señor Marcolfo , y tomando á la señora Almena por el brazo , la metió dentro de su bergantin y dio con ella por el mar adelante, sin que jamás se haya sabido ninguna nueva ni del pirata ni de ella. Sabida esta mala nueva por los de Redondella , corrieron cada uno de ellos á sus casas para tomar sus armas ; pero el triste Marcolfo , viendo que la suya estaba limpia y vacia , corrió desesperado al puerto y se subió en una alta peña, para que su linda Almena le pudiese ver , y viendo el bergantín que bogaba con grande priesa , principió á gritar, y sacando el pañizuelo , poniéndolo en un palo, les hacia señal que volviesen; pero el bergantín le fué tan cruel, que le fué ciego , sordo y mudo , porque ni quiso verle, ni oirle, ni responderle; viendo esto el desdichado y desesperado Marcolfo, estando sobre la peña que respondía á la mar , tomando una corrida saltó y se arrojó dentro , y cayendo entre unos, peñascos ó cachopos , se ahogó , haciendo sacrificio de su cuerpo á los peces , y del ánima al demonio infernal. Los de Redondella, teniendo grande lástima del pobre Marcolf , y condoliéndose de su grande desgracia y muerte , viendo que no podian enterrarle en tierra santa , después de haberlo pescado , le hicieron su sepulcro dentro de la peña de uno de aquellos peñascos ó riscos que estaban en medio de la mar, á los cuales no se puede llegar sin barco; y en la misma peña donde sepultaron su cuerpo, pusieron este epitafio, compuesto en lengua castellana muy antigua:

Epitaph. in pseudoprophet. Marcolphum.

Debajo deste cachopo
Yace el cuerpo sepultado
D'un adivino astriloco,
Que fizo muerte de loco,
Pues quiso ser afogado.

Para otros fué singular.
Mas para él non fué sesudo
Pues no supo adivinar
Que áqui le había d’afogar,
Ni que había de ser cornudo.

Su mujer, la linda Almena,
Fué robada por Sempronio,
Con dineros y cadena;
Su cuerpo guarda la arena,
L’ánima llevó el demonio.

Viator, no hay rogar á Déos por eu;
Quia in inferno nulla est redemptio,
Mas roga a Déos que te dé mayor ventura.

 

BIBLIOGRAFÍA.

 Refranero General Español. Tomo X. José María Sbarbi. Madrid, 22-06-1878.

 www.galiciaaberta.com

 Mónica Beatriz Suárez en: www.fillos.org

 

 

Fonte do Mouro. Foto J. Migueles, 2009
Fonte do Mouro. Foto J. Migueles, 2009

As fontes miragreiras.

            Antigamente tíñase a crenza de que algunhas fontes tiñan propiedades curativas. Este era o caso en Redondela, da fonte do Mouro. Ata o século XVIII houbo un pequeno hospital no sitio da Costa da Forca, no Monte do Cuco, onde eran atendidos os enfermos de lepra que se lavaban na fonte do Mouro polo seu poder sanatorio, acompañados dunha persoa que tocaba unha bocina para que non se acercara a xente. Ademáis preto da capela de Santa Mariña había unha casa de pranta baixa cunha reixa dende onde escoitaban misa os alenfacíacos.

            Outra fonte miragreira era a de San Román, en Saxamonde, da que se cría que sanaba aos meniños si eran sumerxidos nas súas augas. Estas crenzas eran aproveitadas polas “meigas” da rexión que recetaban o uso das augas acompañado da práctica de ritos e ceremonias que curaban “o aire”, “o mal de ollo”, etc.

En 1929 unha nena de Sárdoma de tres aniños enfermou e o médico dixo que ía morrer. A desconsolada nai contoulle o caso a unha comadre que lle dixo que o que tiña era “un aire” e que debía ir “a unha muller desas que o corren”. Alá foi a unha “sabia” que había no Areal e que en canto viu á meniña confirmou o diagnóstico. O remedio sería aplicado ao día seguinte na fonte de San Román de Saxamonde onde a “sabia” realizou os seus ritos mentras repetía –“¡Dios que te deu, Dios que te criou, Dios te libre dese mal ollo que te mirou!”. Os gastos da cura e os exorcismos ascenderon a 22 pesetas pero a nena non mellorou. Tan mal estaba que a nai non se atreveu a levala á consulta, pero a “sabia” dixo que non importaba que lle trouxera unhas pezas de roupa que vestira a criatura e 10 pesetas para gastos dos rituais. Pero tampouco deron resultado e a meniña faleceu. Enterado o pai do sucedido, denunciou os feitos sendo posta a “sabia” a disposición do xuíz.

Casos como este levaron ao médico Telmo Bernárdez a reclamar en varias ocasións a clausura da fonte. O asunto foi discutido moitas veces no Concello batendo os coñecementos científicos cos impedimentos da superstición, a tradición e os intereses creados. Finalmente adoptouse unha decisión salomónica, rodear cunha verxa a fonte e darlle a gardar a chave ao cura da parroquia.

 

BIBLIOGRAFÍA

Galiciana> La Idea / El pueblo gallego

 

Os curandeiros.

            En decembro de 1843 o corresponsal de Redondela no xornal “El Centinela de Galicia” de A Coruña, chamaba a atención sobre as prácticas de nove curandeiros nas inmediacións da nosa vila. Según afirmaba “asesinan con desfachatez” e chegan ao extremo de desacreditar aos médicos. Pechaba os seus comentarios clamando por un remedio para este mal que aflixe ás poboacións rurais galegas.

            A finais do século XIX, estas prácticas non decreceran. Nun xornal de 1895 dábase conta do seguinte caso. Unha muller de Redondela acudira a unha curandeira para consultarlle o caso do seu fillo enfermo. A resposta foi que “tiña o aire”, polo que lle prescribiu o seguinte remedio: atar a súa cadela a unha pedra e enterrala deixando a cabeza de fóra. Según ela, a medida que o animal desfalecera o neno melloraría. Como é lóxico a cadela faleceu sen que o rapaz sanase da súa enfermidade.

 

BIBLIOGRAFÍA

Galiciana> El Centinela de Galicia (A Coruña), Eco de Galicia  diario de la tarde,  Gaceta de Galicia  Diario de Santiago

 

Igrexa de Chapela

            A derradeira igrexa construida en Redondela é a da parroquia de Chapela, polas pequenas dimensións da antiga. O seu moderno diseño contrasta con estilos como o románico ou o barroco aos que estamos máis afeitos os galegos. Pero o que moita xente non sabe é que en 1944 xa se iniciaran os traballos para a construcción dunha igrexa diseñada polo célebre arquitecto porriñés Antonio Palacios. Na imaxe adxunta podemos ver o proxecto conservado no arquivo do Concello.

            O Arzobispo de Valladolid e administrador apostólico de Tui, Antonio García García aprobou os planos. Como contratista das obras figuraba José Mouriño, de Vigo. En agosto colocábase a primeira pedra e dan comezo os primeiros traballos. Chegan doazóns de varias vilas que son recollidas na Casa Reitoral de Chapela e na redacción de Galicia Social.

            Chega novembro e cando os obreiros ao levantar unha roca de grandes dimensións atopan dous machados prehistóricos de 720 e 540 gramos. A construcción da igrexa suspéndese para realizar un estudo en profundidade. Poucos días despois un xornal de Vigo asegura que os traballos continúan, a cimentación atópase practicamente rematada. e a Comisión pro-templo continúa a recibir numerosas doazóns.

            Non atopei máis referencias á edificación e ata o de agora non descubrín os motivos de porque Chapela nunca vería rematada a obra.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 06-10-2016

Escribir comentario

Comentarios: 0