Deporte

 

 

 

Atletismo

 

 

Balonmán

 

 

Boxeo

 

 

Ciclismo

 

                                   

Futbol: Equipos

 

 

Fútbol: Xogadores

 

                               

Futbol Sala

 

 

Natación e Waterpolo

 

 

Traíñas

 

 

Outros Deportes

 

        

A referencia máis antiga da práctica deportiva en Redondela que atopei é a creación dun equipo de futbol en 1908, este primeiro clube foi o Redondela Foot-ball Club.

A primeira gran sociedade deportiva constituida en Redondela foi o Club Deportivo Redondela. Creouse en 1944, tiña equipos de futbol, natación, waterpolo, ping-pong, traíñas, axedrez, montañismo e caza. Tamén realizaba actividades culturais e artísticas.

            Actualmente a Sociedade Atlética de Redondela (S.A.R.), fundada en 1963, conta cun equipo de balonmán, pero debe o seu nome a que, nun principio, dispuña ademáis de equipos de atletismo, natación, ciclismo, hockey sobre patíns, ping-pong, remo, loita libre, tenis, tiro ó prato, mini basquet e xadrez. Naqueles primeiros anos organizaba a “Semana da SAR” (con competicións deportivas en diferentes modalidades), o Festival SAR (con actuacións musicais e humorísticas), a cabalgata de Reis, campionatos galegos, a travesía a nado Illa San Simón-Praia de Cesantes, o Trodeo SAR (balonmán e hockey)... Ademáis contaba coa sección cultural “Arte Club”, que incluía pintura, música e un grupo infantil de baile galego.

            En canto ó deporte feminino tense constancia da práctica futbolística no ano 1932: “Partido de futbol entre os equipos femininos de Redondela e Quintela. A aliñación do equipo de Redondela é a que segue: Lita, Matilde, Maruja, Josefa, Elena, Marcelina, Carmiña, Ernestina, Margarita, Candrita e Mª Carmen; gañaron as de Redondela 2-0 e estivo cheo de incidentes, con sesións de boxeo e grecorromanas a cargo dos citados equipos”. Un pouco máis seria foi, na década dos 50, a participación de María Fernanda Núñez (Tata) en competicións rexionais de natación.

 

Texto: Juan Migueles

Actualizado: 21-01-2013

Escribir comentario

Comentarios: 0