Atletismo

 

         

1ª Metade do S. XX. Os Inicios

            A primeira referencia a este deporte que atopo foi en 1920 cando se celebrou en Soutomaior un concurso de ida e volta a Redondela, resultando vencedor José M. Barbosa “Patife”.

            De 1928 cedéronme unha foto da Selección de Galicia de atletismo da que se supón que formaba parte un redondelán, mais polo de agora non puiden confirmar este punto.

Nas Festas do Corpus de 1931, organizáronse competicións de cross e relevos.

En febreiro de 1944, o Frente de Juventudes organiza en Porriño unha proba de campo a través, na que participa un equipo da delegación local de Redondela.

 

Anos 50.

Nos anos 50 aparece o primeiro equipo Redondela, que participa nos campionatos provinciais de atletismo do Frente de Juventudes, para menores de 21 anos. A sección da nosa vila participaría en 1956 e 57, pero na edición de 1958 tan só competirían algúns atletas reforzando ao equipo de Ponteareas. Nese mesmo ano, no Campionato provincial de Educación y Descanso, o equipo de Redondela remata último  tras Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.

En setembro de 1958 celébrase na Xunqueira un campionato de  atletismo, entre a Selección Alerta, de Vigo, e o Frente de Juventudes de Redondela. Ademáis celebraránse probas infantís entre equipos locais. O 24 de xaneiro de 1959, celébrase en Redondela unha proba da Copa Federación en categoría junior e senior.

 

 

Anos 50-60. Atletas en Vigo.

Os atletas máis destacados de Redondela a principios dos anos 60 eran:

Juan José López Rodríguez “Nervio”. Faleceu o 2 de xullo de 1964 aos 23 anos, cortándose así unha prometedora carreira.. Ía a entrenar en Vigo, precisamente o día que estreaba unha Vespa, cando un accidente de tráfico na Praza de España acabou coa súa vida.

Pertencía ao R. C. Celta, que lle adicou o “Memorial Juan José López”, celebrado por primeira vez en 1965. Mantiña en 1964 o record galego de triple salto con 14’61 e o record provincial de lonxitude con 6’79, que mantiña dende 1962. Atleta completo tamén tiña o record provincial de salto de altura e corría os 100m. en 11’3s. e os 200m. en 23s. Conta con varios trofeos nacionais. En 1963 representou a España nos torneos militares celebrados en Bruselas.

Datos que vou atopando:

Cto. de España absoluto-Olimpiada del Trabajo (Madrid), 1961: 5º lonxitude.

Trofeo Rafael Berenguer (Marín), 1962: Triple salto: 1º 13'62-Record provincial junior; Altura: 3º, 1'65.

Trofeo Joaquín González (Marín) 1962: Triple salto: 1º 13'90-Record provincial absoluto. Altura: 1º, 1'60. Lonxitude: 1º, 6'38.

Cto. Provincial (junior), 1962: Lonxitude: 1º 6'36. Salto de altura: 1º 1'63.

Cto. de España (junior), 1962: Triple: 3º 14'12-Record Galego Junior.

Cto. de España absoluto 1962, sendo aínda junior participou en lonxitude e triple salto.

Foi un dos tres xóvenes atletas da nosa provincia invitados como espectadores na delegación española aos II Juegos Iberoamericanos (México), 1962.

Trofeo Club Pontevedra, 1963. 1º na proba de 1.000 m. para saltadores e lanzadores federados con 2'52”4.

Trofeo Joaquín González 1963. Triple: 1º 14'13. Altura: 1º 1'66

Ranking España:

                        Lonxitude       Triple               Altura

1961/62           19-6'65            6-14'24                -

1962/63           18-6'72            4-14'59            54-1'70

1963 Servizo militar. Participa no Cto. Militar de España (Barcelona), no que vence en triple, e Cto. Internacional Militar (Bruselas).

Trofeo Labordeta (Vigo), 1963: Lonxitude 1º 6'52.

Trofeo R.C.Celta 1964. Altura 1º 1'65. Lonxitude: 2º 6'72

Trofeo Federación (Vigo) 1964: Lonxitude: 1º 6'53. Altura: 1º 1'60.

Proba en Balaidos, maio 1964. Lonxitude: 6'79, Record Provincial (supera a súa propia marca).100m.: 2º 11'08.

Probas do Celta e Comesaña. 200m.: 3º 23”.

 

Antonio Becerra López. 110m. Valados. Atleta destacado a nivel rexional primeiro coa Sociedad Atlética Viguesa e a partires de 1960 co R. C. Celta. En outubro de 1964 nunha proba de Balaidos obrigárono a competir en salto de pértiga acadando uns discretos 2'40, que lle valeron a 3ª praza.

Datos atopados:

1º Cto. Provincial xuvenil 1959, participando no Cto. De España xuvenil.

3º Cto. España absoluto en pista 1961, con 17”02

No Cto. de España absoluto de 1962, sendo daquela junior, participou en 110 valados e 4x100.

3º Trofeo Joaquín González (Marín), 1962: 19”09

1º Trofeo Joaquín González, 1963: 18”07

Ranking España:

1961-62          70-18”00

1962-63          Sen clasificación-Servizo Militar

2º Cto. Nacional Militar, 1963.

3º Trofeo R. C. Celta 1964, 19”

1º Trofeo Federación (Vigo) 1964, 18”7

1º Trofeo Manuel Villaverde (Vigo) 1964, 18”2

 

Leodegario Iglesias Martínez. Lanzamento de xabalina. En 1959  participou no Cto. de España xuvenil.

 

Inicios dos anos 60.

O 23 de decembro de 1962 a Federación celebra en Redondela o Trofeo Elola, no que vence o redondelán José A. Paz Núñez na categoría xuvenil. Formaba parte do equipo C. D. Redondela, no que tamén corría Jesús Pérez Varela.

En xuño de 1963 unha selección de Redondela compitiría en Balaidos no sector provincial do “Día de la iniciación del deporte”. O gran triunfador desta cita sería de novo José A. Paz Núñez, vencedor en 100 e 400 lisos, lanzamento de peso e salto de lonxitude. Outros destacados serían: Justo Peón 2º en 100m., salto de altura e salto de lonxitude; Francisco Pérez 2º en 400m.; Fernando Campos 3º en 1.000m.; Jesús Varela 2º en 1.500m.; e Fermín Migueles 3º en 1.500 e salto de lonxitude. Pouco despois José A. Paz Núñez e Justo Peón serían seleccionados para un torneo de atletismo en Barcelona.

 

1963 Sociedad Atlética de Redondela (S.A.R.)

Estes éxitos sentaron as bases para a creación dun equipo. A finais de 1962  fundouse a Sociedade Atlética Redondelana (S.A.R.) e, en abril do ano seguinte, iniciou a súa actividade en atletismo coa celebración do I Torneo Local con varias probas nas categorías infantil, xuvenil, junior e senior. Ese mesmo ano organizou o I Trofeo Redondela de Cross. En 1964 o I Trofeo SAR e o I Trofeo Regojo con varias probas atléticas: 100m., peso, altura...

Precisamente n agosto de 1964, coincidindo coas festas das Angustias, neste último certame, para enfrontarse á Sociedad Atlética de Vigo, a SAR presenta os seguintes equipos:

Infantil. Dositeo Pérez Reboredo, José M. Sánchez, Sebastián Barral Iglesias, Pedro Otero Ventín, Antonio Vilas Feijoo, Aurelio Martínez Barros, Gerardo Pérez, Francisco Reboredo e Félix Carreira Míguez.

Xuveni. José Luis Pérez Docampo, Manuel Míguez, Alfonso Blanco Puga, Florentino Míguez, Francisco Pérez, Manuel Gómez, José Barreras e Jaime Sánchez.

A pesares de tan bos inicios este equipo sufriu un parón en 1966, reanudando a actividade ao ano seguinte. En 1968 debuta no Campionato Provincial Xuvenil acadando o 6ºposto de 7 participantes.En 1969 organiza o I Trofeo Redondela de Cross.

En 1968 no III Trofeo SAR, o noso equipo impúxose ao R. C. Celta e á Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

En 1969 no Campeonato nacional interclubes fase provincial a SAR acadou un 2º posto e dous terceiros. Nese mesmo ano proclamáronse campións provinciais junior Fernando Reboredo e Fermín Alonso. Xa coa selección provincial nas semifinais do Campionato de España junior: Francisco Reboredo foi 3º en lonxitude e triple salto, con 13’31m. (clasificándose para a final); Jose Antonio Táboas Pastor 1º en 4x100 (ese ano parou o crono en 11’3s. nunha proba en Balaidos); e Fermín Alonso 4º.

En maio de 1970 no campionato provincial de clubes a SAR, a pesares de non poder contar para esta cita con José Luis Pérez Docampo, Juan Manuel Alfaya e Miguel López, entre outros, presentou a sete atletas e acadou oito medallas. 

Entre os entrenadores que tivo este clube destacar a Raimundo Viñas, quen fora atleta internacional.    

 

A continuación enumero os datos que atopei dos seus atletas máis destacados:

 

Alfaya Rodríguez, Agustín

Campionato Provincial, 1970: (Xuvenil): 1º en 100m con 11’9s. (Junior): 1º en 100m. con 11”4.

VI Trofeo Ayuntamiento de Marín, 1970 (Absoluto): 4º en 100 (era xuvenil).

VI Trofeo Manuel Villaverde, 1970 (Xuvenil): Acada a mellor marca local en 200m. con 24”1.

Control Federativo, 1971 (Xuvenil): 2º en 300m, 39”8.

I Trofeo Sociedad Gimnástica, 1971: 3º en 100 con 11”5.

Cto. Provincial, 1971 (Absoluto): 1º en 4x100 e 3º en 200m. con 24”1.

 

Alonso, Fermín.

Cto. Provincial Junior, 1969: 1º lanzamento disco 32'02m.

Semifinais do Campionato de España Junior, 1969: 4º, coa selección provincial.

            Cto. Provincial (Junior), 1970: 3º en peso.

 

Blanco Puga, Alfonso. Lanzamento de peso.

III Trofeo SAR, 1968 (Xuvenil): 1º en peso.

Trofeo Hispanidad de Vigo, 1968: 3º en peso.

Campeonato de España de Educación y Descanso (Madrid), 1968: 3º en disco. 

Campeonato nacional interclubes fase provincial, 1969: 3º en peso con 11’79m.

Reunión de control en Balaidos, setembro 1969: 1º en disco con 38'34.

Campionato provincial de clubes, 1970 (Junior): 3º en lanzamento de disco.

            Cto. Provincial (Xuvenil), 1970: 4º en disco.

            Reunión en Pontevedra, xuño de 1970 (Xuvenil): 3º en disco con 37'64.

                En 1970 cumpre o servizo militar polo que se perde o Cto. Galego apesares de conseguir a mínima.

 

Docampo Amoedo, Domingos

Campionato provincial de clubes, 1970 (Xuvenil): 1º en triple salto (ao ano seguinte participaría nos Campionato Nacional xuvenil).

Reunión en Pontevedra, xuño de 1970 (Xuvenil): 2º en triple con 12'68.

Cto. Provincial (Xuvenil), 1970: 2º en triple salto, 12'37. (2ª mellor marca galega xuvenil)

VI Trofeo Ayuntamiento de Marín, 1970 (Absoluto): 4º en triple (era xuvenil).

Cto. Provincial de Probas Combinadas (Xuvenil): 2º con 2.173 puntos en Hexathlon (100m., 1'58 en Altura, Peso, 19'2 en 110vallas, Pértiga, 1.000m.), 2ª mellor marca galega.

Control Federativo (Vigo), 1970 (Xuvenil): 3º en peso con 8'92.

Torneo Clausura (Pontevedra), 1970 (Xuvenil): 2º en 110 vallas, con 18”7 e 3º en triple con 11'97.

Control Federativo (Vigo), 1971 (Xuvenil):1º en triple, 12'05.

Cto. Provincial, 1971 (Xuvenil): 1º en 110 vallas con 17”5.

 

Guerra Veiga, Juan José

En 1970 no seu primeiro ano como atleta proclamouse campión provincial infantil en 80m. vallas cunha mellor marca de 13’2s., tamén practicaba o salto con pértiga.

Participou no Campeonato Infantil de España  (Pontevedra) de 1970 en 80m. vallas.

Control Federativo (Vigo), 1970 (Infantil): 2º en 80m. vallas, 12”7.

           

            López de Castro, Miguel

Cto. Provincial (Xuvenil), 1970: 3º en triple salto.

 

Martínez Barros, Aurelio.

III Trofeo SAR, 1968 (Xuvenil): 2º en 1.500 m.

Cross Monteporreiro en Pontevedra, 1969 (Junior): 2º só superado por un atleta internacional.

Reunión en Balaídos, maio 1969: 1º en lonxitude con 6'40.

Cross local na Xunqueira, outubro 1970. 1º Senior: 1º.

I Vuelta Pedestre a San Andrés de Comesaña, 1970: 3º.

III Trofeo Redondela de Cross, 1971. 8.000 Senior: 4º.

Participa no Cto. de España de Campo a Través (Lasarte-Guipúzcoa), 1971.

 

Paz Núñez, José Antonio.

Corría os 100, 200 e 400m. lisos.

Trofeo Boa Vila (Pontevedra), 1970: 1º en 400m. con 51”8.

VI Memorial Juan José López, 1970: 1º 400m. con 51s. 

Reunión en Pontevedra, xuño de 1970 (Xuvenil): 1º en 200m. con 22”6.

Campionato provincial de clubes, 1970: 1º en 400m. con 49”9 s. e 200m. 22’6 s.

Participou no Campeonato Absoluto de España (Madrid) de 1970 en 200 e 400m.

VI Trofeo Ayuntamiento de Marín, 1970: 1º 200 m. lisos con 22´6 s.

G. P. de la Coruña, 1970: 1º en 400 con 49'4.

Festival Nacional (Vigo), 1970: 2º en 100m. con 11”2,

Control Federativo (Vigo), 1970: 1º en 100m. 11”0.

Lisboa-Oporto-Pontevedra, 1970: 1º en 100m. con 11”0.

VI Trofeo Manuel Villaverde (Vigo), 1970: 1º en 100m. con 11”1

Control Federativo (Vigo), xaneiro 1971: 1º en 300m. 36”1.

Control Federativo (Vigo), xuño 1971: 1º een 400m. 50”7.

 

Peón, Justo.

Participou xunto a J. A. Paz Núñez no Campionato de España de 1965.

           

            Pérez Docampo, Jose Luis “Luis Mechero”.

            Foi Campeón Galego dos 100 metros lisos en 1969. Ese ano fixo a súa mellor marca de 11”0s. Entre outros, gañou un mitín internacional con atletas tanto españois como portugueses. No 2008 seguía competindo na categoría master.

III Trofeo SAR, 1968 (Xuvenil): 1º en 100m. e 2º en 400.

Trofeo Hispanidad de Vigo, 1968:  2º en 100 e 400m.

Campeonato nacional interclubes fase provincial, 1969: 3º con 11”3..

Reunión de control en Balaidos, setembro 1969: 1º en 11”0.

Cto. Galego, 1969: 1º.

Trofeo San Miguel (Marín), 1969: 1º con 11”6.

            Trofeo Provincial de Invierno, 1970: 1º en 100 con 11”4.

            A finais de maio remata a súa tempada por ter que cumprir a mili en Ceuta.

 

            Reboredo Surís, Francisco. Saltador de lonxitude e triple salto.

III Trofeo SAR, 1968 (Xuvenil): 1º en lonxitude e 2º en triple.

Trofeo Cidade de Santiago, 1968: 3º posto en triple salto, formando parte da selección de Pontevedra.

Cto. de España Militar, 1968: 2º en lonxitude con 7'15m., que sería a súa mellor marca persoal. Tamén acadaría o 1º posto en 4x100 pero o equipo sería eliminado por facer mal unha entrega do testigo.

Cto. Provincial Junior, 1969: 1º lonxitude con 6'46 (tamén subcampión absoluto).

Campeonato Nacional interclubes fase provincial, 1969: 2º en lonxitude

Semifinais do Campionato de España Junior, 1969: Francisco Reboredo foi 3º en lonxitude e triple salto, con 13’31m. (clasificándose para a final coa selección provincial).

Acadou clasificación para a final do Campionato de España 1970 con 6’65 en lonxitude e 13’43 m. en triple salto.

Reunión de control en Balaidos, setembro 1969: 2º en lonxitude con 6'53.

Trofeo Provincial de Invierno, 1970: 1º en lonxitude con 6'29.

Campionato provincial de clubes, 1970: (Absoluto) 1º en triple con 12'86. (Junior) 1º en lonxitude 6'47.

Cto. Provincial (Junior), 1970: 1º con 6.29 m. en salto de lonxitude e 12.70 en triple. 

VI Memorial Juan José López, 1970: 3º en lonxitude.

VI Trofeo Ayuntamiento de Marín, 1970: 2º en triplr 13'35.

Festival Nacional (Vigo), 1970: 2º en lonxitude con 6'50.

Semifinal Cto. España Junior, 1970: 2º en triple con 13'43; e lonxitude con 6'65.

Control Federativo (Vigo), 1970: 1º en lonxitude 6'24.

Cto. Galego (A Coruña), 1970: 2º en lonxitude con 6'62. Só participou nesta proba, sendo o único atleta da SAR en chegar a competir, por retirarse todos os clubes da provincia de Pontevedra.

Final Cto. De España Junior (Madrid), 1970: 2º en lonxitude con 6'63; e 3º en triple.

I Trofeo Sociedad Gimnástica, 1971: 1º en lonxitude con 6'60.

Control Federativo (Vigo), xuño 1971: 1º en lonxitude con 6'29.

 

Senra.

            Cto. Provincial (Xuvenil), 1970: 3º en lanzamento de martelo.

            VI Trofeo Ayuntamiento de Marín, 1970 (Xuvenil): 3º en peso con 8'80.

 

Soto, Manuel.

Destacaba como xuvenil en 1.500 polos anos 1968 e 69.

 

Táboas Pastor, Jose Antonio .

III Trofeo SAR, 1968 (Xuvenil): 2º en 100m. e 3º en lonxitude.

Semifinais do Campionato de España Junior, 1969: 1º en 4x100 (ese ano parou o crono en 11’3s. nunha proba en Balaidos), coa selección provincial.

Reunión de control en Balaidos, setembro 1969: 3º en 11”3.         

Acadou clasificación para a final do Campionato de España 1970:  con 23’2 en 200m.

Campionato provincial de clubes, 1970 (Junior): 3º en 200m.

                Cto. Provincial (Junior), 1970: 3º en 100m.

VI Memorial Juan José López, 1970: 5º en 100.

Semifinal Cto. España Junior, 1970: 3º en 200m. con 23”2.

Control Federativo (Vigo), 1970: 3º en 100m. con 11”5.

Participou na Lisboa-Oporto-Pontevedra, 1970.

VI Trofeo Manuel Villaverde, 1970: 3º en 100m. con 11”6.

Final Cto. De España Junior (Madrid), 1970: 2º en 4x100 e 3º en 200 con 22”3.

Control Federativo (Vigo), 1970: 2º en 100m. con 11”3.

 

       

           

         Outros atletas da Sar serían: Juan Crespo, Andrés Cerezo, Rodríguez e Enrique Otero, en cross; José Pérez Orge, en triple salto; Javier Cardedo, en lanzamento de martelo; ou Nogueira en 300m. lisos.



  

Anos 70 e 80.

A desaparición da sección de atletismo da SAR supuso que os nosos atletas tiñan que federarse en equipos de fora de Redondela ou competir por libre. Isto provocou que os atletas citados anteriormente deixaran a competición, que tan só algúns retomarían posteriormente, como é o caso de Juan Crespo ou Jose Luis Pérez Docampo.

A nivel organizativo o 12-2-1978 celebrouse en Redondela o Campionato Provincial de Cross (masculino, feminino e junior masculino).

Outro atleta desta época sería Jose Antonio Amoedo Barciela. Comezou a correr aos 36 anos e, en 1982, completou a Marathon de Madrid, sendo o primeiro redondelán en completar esta distancia.

 


Finais do S. XX

 

Nos anos noventa destacouse:

Antón Amoedo Giménez (A Portela-Cedeira). Empezou a correr en serio durante os seus estudos de Enxeñería Técnica Industrial, proclamándose campión galego universitario de campo a través e 10.000 m. Nesta época tamén destacar o 3º posto nunha proba de 8 km. en Oporto na que tomaron parte 600 corredores. Logo pasaría por equipos como o Beade ou o Cote, antes de converterse nun dos fundadores de C. A. R.

Palmarés:

Campión Galego de Marathón en tres ocasións 1998 (2h31'40”), 2002 (2h39'22”) e 2003 (2h34').

Cto. Galego de Media-Marathón 1º en 1995 e 3º en 1993.

Segundo na Media Marathon Playas de Gandía, o que o convirtiu en Campión canario de Media Marathon en 1996 ao estar alí censado mentras cumpría o servizo militar. Dase así a circunstancia de ser campión de media marathon de dúas comunidades diferentes, das Canarias e Galicia.

Cto. Galego de Campo a Través: 6º en 1998.

Formou parte da Selección Galega de Cross en dúas ocasións: en 1994 en León, e en 1999 en Zarauz.

Cto. de España de Media-Marathon: 15º en 1994, 1h08'19”.

Cto. de España Militar: 9º en 1996.

Cto. de España Promesa (Victoria): 5º.

Cto. Galego de Media Marathon de Veteranos (35-40 anos): 1º no 2006.

Outros:

1º na VI Media-Marathon de Tineo.

Vig-Bay: Mellor posto, 6º. Varias veces entre os dez e vinte primeiros.

Marcas destacadas: 1.500 en 3'59. 3.000 en 8'36. 5.000 en 14'55. 10.000 en 30'55.

 

Outro destacado atleta desta época sería:

 

Andrés Fervenza Fragueiro. Corredor de cross ten participado en numerosos Marathons e Media-Marathon, chegando a participar no Cto. de España de Media-Marathon de 1994, na que quedou 65º cun tempo de 1h16'50”, si ben non é o seu mellor rexistro. Tamén ten quedado entre os dez primeiros na Vig-Bay.

 

Na categoría feminina a pioneira de Redondela foi:

 

            Rosana Nogueira Vázquez (Redondela, 1973). Saltadora de altura. Xunto ao loitador de Kung Fu Pablo Ortega, foi a encargada de conducir a antorcha olímpica de Barcelona’92 por Redondela (daquela o recorrido non pasou polo centro da vila porque o Concello non pagara as tasas correspondentes, deixando á xente que agardaba nas rúas do casco urbán coas ganas de ver a antorcha).

           

S. XXI

       

S. XXI

            Co cambio de século rexurdiu este deporte na nosa vila formándose os equipos Serviocio Redondela e Redonélite. No 2012 créase o Clube Atlético de Redondela (C.A.R.). Dende o 2008 vense celebrabndo a Carreira Popular Vila de Redondela, que dende o 2011 tamén conta con probas non competitivas para as categorías inferiores.

                                                                      

            Entre os logros individuais Fabián Ubeira, de Cedeira, ten a honra de ser o primeiro redondelán en completar un Ironman.

           Carlos Cabanas Parada “Cali” rematou o Ironman en tres ocasións:

Ironman Frankfurt 16 July 2013 11h26m

Ironman Zurich 7 July 2014 12h23m

Ironman Roth 2015 12h03m

 

            No 2013 Susana Ricón completaría a maratón de New York. Tamén no 2013 Manuel Alejandro Lago Ríos, venceu no Ultratail do Barbanza, completando 68 km. en 7h.46'40”.

 

 

 

Texto: Juan Migueles

Actualizado: 02-06-2015

Escribir comentario

Comentarios: 2
  • #1

    anton (domingo, 01 marzo 2015 19:44)

    no esta completo mi curriculum deportivo

  • #2

    Anecdotario (lunes, 02 marzo 2015 11:03)

    Podes engadir o que creas oportuno no meu e-mail: superjmi@hotmail.com Ou se o prefires pido o teu teléfono e falamos.