Futbol Sala

Os pioneiros deste deporte en Redondela foron: Javier Pazos Docampo (Vierichi), Nolichi, Richard e o porteiro Ernesto González González (Nesto) que xogaron na División de Plata co Rías Baixas de Pontevedra. A nivel individual, Nesto gañou o Campeonato de España en 1997 coa selección galega, sendo considerado Mellor Porteiro Español do ano. Na súa última tempada en activo acadaría o ascenso a División de Honra co Rías Baixas.


Equipos

 

En Futbol Sala dispoñemos dos seguintes equipos federados:

Arealonga F. S. Creado en Chapela no 2003. No 2014 disputa a Autonómica grupo norte. O seu equipo feminino  gañou a liga local de Vigo 2005-06. arealongafschapela.com

 

F. S. Redondela, que nos anos noventa chegou a xogar na Nacional A, despois descendería dúas categorías para, nos últimos anos consolidarse na Nacional B. No 2014 na IV Gala da FGFS, recibiu dous premios o de equipo menos goleado e o de mellor entrenador galego, na persoa de Julio Mougán.

O F. S. Redondela foi o primeiro clube en contar cun equipo federado feminino. http://cfsredondela.blogspot.com/

 

Centro Recreativo Cultural de Redondela. Equipo feminino que no 2008 venceu na Compostela Cup.

 

Campito F. S. Equipo de Chapela. Campión provincial na tempada 2013-2014

No 2014 compite na Autonómica grupo sur xunto ao F. S. Redondela.

            Da súa canteira destacar a Diego Somoza, que con 14 anos proclamouse campión de España coa selección galega no ano 2014, sendo o máximo goleador do campionato.

 http://campitofutbolsala.blogspot.com.es/

 

Xogadores

Xogadores destacados:

Marcos. Choco 1989-90 Foto: cedida J.J. Alonso
Marcos. Choco 1989-90 Foto: cedida J.J. Alonso

Marcos Ferreira: Nado en 1970. Xogou varias tempadas co Rías Baixas de Pontevedra na División de Honra.

 

Juan Puertas
Juan Puertas

 

Juan Puertas Bouzón (Banana): Ala pívot. Nado o 4-12-1979. Equipos: Carballino F. S. (2001-04), Ourense F. S. (2004-05) e Acetol Tucan (2005-06), co que ascendeu á División de Prata. No 2006-2007 acadou o ascenso á División de Honra co Leis Pontevedra. Con este equipo debutaría na máxima categoría na tempada seguinte sendo o máximo goleador do equipo. Na tempada 2008-2009 fichou polo Carnicer Torrejón. En xullo de 2009 pasaría ó Lobelle de Santiago, disputando as finais de Copa e Supercopa. Na 2010-2011 xoga 30 partidos e marca 10 goles co Talavera F. S. A seguinte tempada deixa a División de Honra para tentar o ascenso co Oxipharma Granada (2011-2012). O obxetivo se cumpriu pero problemas económicos acaban co soño da máxima categoría. A liga comeza e atópase sen equipo así que xoga gratuitamente co Bembrive de 2ª Nacional B para non perder a forma. En decembro do 2012 o reclama o que fora o seu entrenador no Oxipharma, Bruno García, e anúnciase na prensa a súa marcha ao equipo chino Changchun Fengyum, pero a fichase non se chega a concretar e remata a tempada xogando co Levante de 2ª. No 2013 ficha polo Jeréz F. S. de 1ª División. Para a 2014-15 volta ao Levante, que desta volta disputa a 1ª División.

Xogadoras

Anteriormente á creación de equipos femininos en Redondela, a única xogadora que xogou en equipos federados foi Mariló.

Destacar tamén a Ana Gonzalez Rivera, portera del CRC Redondela que gañou o Campionato de España Cadete Femenino coa selección galega e que posteriormente pasouse ao futbol. (Ver Futbol>Xogadores)


 

Campionatos afeccionados celebrados en Redondela.

            En decembro de 1965 disputouse na Xunqueira o I Trofeo S. A. R. primeiro campionato na vila deste novidoso deporte. Tan só se inscribiron catro equipos: S.A.R., The Boys, Wonder e Residencia Santo Domingo. 

Posteriormente, comezou a organizarse na mesma pista o Mundialito da Xunqueira. A peculiaridade deste campionato é que se xoga con valados. O motivo polo que é coñecido como “Mundialito” está nas primeiras edicións, nas que os equipos participantes recibían os nomes das seleccións que non se clasificaran para o Campionato Mundial de Futbol (Tahití, Congo, Zaire... ). A organización era moi diferente á actual. Daquela non se inscribían os equipos, senon os xogadores, que pagaban unha cuota para financiar as camisetas e os demáis gastos que houbera. Cada xogador era catalogado según a súa valía (bo, regular ou malo), para así, sortear en que equipo xogaría cada un e asegurar a igualdade. No 1982 Generoso Muíños (Gene) creou o Campionato Infantil, Alevín e Promesa, que en edicións posteriores tamén contaría con categorías femininas.

            Outro clásico no pavillón de Redondela e o Campionato 24 horas, que se celebra na Semana Santa.

Nos anos 80 comezou a celebrarse a Liga de Inverno que chegou a contar con máis de trinta equipos divididos en 1ª e 2ª división. Nun principio xogábase tan só no  pavillón de Redondela e, posteriormente, tamén nos de Chapela e Reboreda.

 Outros campionatos destacados na vila son o de 24 horas de Chapela, e o Campionato de Cedeira, na escola desta parroquia e que xa nos anos 80 organizaba competición feminina.

            No 2013 o F. S. Campito de Chapela organiza o primeiro Campionato Campito, no pavillón daquela parroquia.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 02-06-2015

Escribir comentario

Comentarios: 2
  • #1

    campito fs (viernes, 24 octubre 2014 17:33)

    Campito F.S , campeón provincial temporada 2013-2014

    Diego somoza campeón de España con la selección gallega año 2014 . y máximo goleador del campeonato.

  • #2

    Anecdotario (sábado, 25 octubre 2014 20:46)

    Grazas, actualizo coas túas aportacións.