Natación e waterpolo.

       

Anos 30. Os inicios.

Na Marisma (actual Avenida Mendiño), no que hoxe sería a zona de aparcamento diante da depuradora, practicábase waterpolo e natación. Os xóvenes adestrábanse nadando contra as correntes que alí había, isto levoulles a conseguir moitos éxitos.

En setembro do 1933 xógase un amigable de waterpolo na dársena da Ribeira o Delfín e o Tiburón, sendo o resultado 2-0. O primeiro equipo estaba formado por Ocampo, Alfaya, Portugés, Pereira, Cal e Torrado; e o segundo por Chicuelo, Fernando, Generoso, Pereira, Bernárdez, Vidal e Manolo.

En 1934 disputáronse unha serie de partidos de categoría infantil a nivel provincial no que participou un equipo chamado Redondela.

En agosto enfrontáronse o Albatros, no que se destacaron Carlos Pereira e o porteiro Hermida, e o Nautilus, no que destacou o porteiro Chicuelo.

En maiores ese ano comezou a competir equipo: Centro Republicano Recreativo de Redondela, que en setembro de 1934 chegou a semifinais do Campeonato de Galicia da Serie B, perdendo co Marítimo de Vigo.

En 1935 seguía pertencendo á Federación Galega de Natación Amateur. Nunha asamblea xeral deste organismo, celebrada en maio de 1936, o clube sería representado por Carlos Pereira e Jesús Bernárdez.Ao ano seguinte chegaría á final, enfrontándose ao Naútico da Coruña. Acadaría un empate en Redondela, pero perdería en A Coruña 5-0. Formaban o equipo: Cabezo II, Emilio, Suso, Carlos, Chicuelo, Inocencio e Pichi. Un pouco antes celebrouse a victoria na zona sur cun baile no Centro Republicano, homenaxeando a José Sánchez, gran propulsor deste deporte, que en breve habería de regresar a Madrid, e ao xoven Antonio Ocampo.

Nunha noticia de xuño de 1935 dáse conta do inicio dos entrenamentos dos equipos Delfín, antes mencionado, e Arroaz.

No programa das festas da Coca de 1936 figuran dous partidos de waterpolo para os que se conta con equipos de Pontevedra e Cangas.

O equipo do Centro Republicano tería continuidade co Club Natación de Redondelaque, a principios de xullo de 1936, renovaba a súa directiva: presidente, Jesús Bernárdez Gómez; secretario-contador, Segundo Puga; tesoreiro, Carlos Pereira; vocais, Severo Fernández e Raimundo Cal. Ademáis convoca aos xogadores do Nautiluse Albatrosna piscina da Travesía para proceder a selección do equipo que participará nos campionatos rexionais.

É sorprendente a noticia que, en xullo do 1935, da conta da celebración dun campionato de natación nas festas de San Bieito en Vilar de Infesta.


Guerra Civil. Postguerra.

Nesta época a práctica dos deportes náuticos pasa polos órganos da Falange.

Delegación de Redondela de SEU: En 1938, participa no I Campeonato Escolar de SEU.

Delegación de Redondela da OJE: En setembro de 1939 a participa nos “I Juegos Deportivos Provinciales de las Organizaciones Juveniles”. En setembro do ano seguinte este campionato celébrase en Redondela.

En agosto de 1940, celébrase un partido de waterpolo Vigo-Redondela, vencendo os vigueses 4-1. Ese mesmo mes, organizado pola delegación local de O. J., en Redondela celébrase o torneo Organizaciones Juveniles de Waterpolo, enfrontándose os equipos locais. Serían arbitrados por Mundo e remataría con resultado de empate a dous:

Organizaciones Juveniles: Tino, Varito, Torrado, Chilote, Pedro, Padrón e Álvaro P.

Altabros: Nicanor, Manolo, Sito, Carlos, Pedrito, Luis e Alberto

O segundo partido, que estaría precedido dun encontro entre Flechas e outro equipo infantil da vila, tamén acaba en empate, 3-3.

En xullo de 1941 un equipo de Redondela no que xoga Cabezo II participa nun campionato organizado polo Marítimo de Vigo. Ao mes de agosto outra noticia da conta da participación dun equipo de Redondela en Vigo nun “festival-náutico” organizado pola S. E. U.

En xullo de 1943 o Educación y Descanso de Redondela é derrotado 5-0 polo Educación y Descanso de Vigo. En xullo de 1946, entre os actos organizados pola Jefatura Provincial de Educació y Descansopara conmemorar a Festa da exaltación do Traballo en Vigo, celébrase un partido entre unha selección viguesa e unha de Redondela. En 1949 en Pontevedra, enfróntase ao equipo daquela cidade para conmemorar o 18 de xullo.


1944 C. D. Redondela.


C. D. Redondela. Waterpolo.

En 1944 créase o Club Deportivo Redondela. Este equipo de waterpolo acadaría o Campionato de Galicia de 1946 e tamén contaba con categoría infantil. Nestes tempos seguíase a practicar a natación no mesmo lugar pero o waterpolo, pola pouca profundidade, pasou a xogarse no lugar coñecido como “o Pozo”, que estaría ubicado onde na actualidade se atopan as vellas casas dos mestres.

Formaban neste equipo: Ocampo, Torrado I, Pereira II, Carlos, Colón, Torrado II e Pereira III.


C. D. Redondela. Natación.

José Bernardo Núñez (Colón). Foto: Bodas de Oro. Antonio Ocampo
José Bernardo Núñez (Colón). Foto: Bodas de Oro. Antonio Ocampo

A continuación engado algúns resultados obtidos por este clube:

No Campionato Galego de Natación de 1945 o equipo de maiores e o de cadetes remataron últimos, (probablemente por non competir en todas as probas) máis a sorpresa a deu o equipo infantil co seu primeiro posto, no que destacaría en 100 metros libres infantilBernardo Núñez que bateu extraoficialmente o record nacional e que tamén venceu no 100 costas.

En 1946 a sensación da Selección de Pontevedra nos Campeonatos Nacionales de Frente de Juventudes, sería de novo Bernardo Núñez, que faría os 100m. en 1min. e 11 sg.

No Campionato Galego de Natación de 1947 este equipo acadaría o 3º posto e o 1º en infantiles, categoría na que se bate o record galego de 4x100 con 5’13 e na que destacaron González 1º en 100 costas e 2º en 100 libres; e Suárez 2º en 100 braza. Hai que destacar que competía con equipos de Vigo e A Coruña as dúas grandes cidades galegas. En maiores destacou Bernardo Núñez 2º en 100 m. libres con 1’8’’, batendo o record galego cadete, e en 400 m. libres con 5’40’’, nas dúas ocasións foi vencido pola figura viguesa Alejandro Febrero.

En agosto dese mesmo ano no Campeonato de España do Frente de Juventudes, e con tan só 16 anos, Bernardo acadaría o título de Campión Nacional de 400m. e o Subcampionato en 100m. Libres. Na proba de relevos o equipo formado por B. Núñez, Suárez, González e Pirulo acada o 2º posto. Ademáis González acadaría o 4º posto en 100 m. costas.

No Campeonato de España de 1947 Bernardo Núñez acabaría 7º en 400m. e 4º formando parte do equipo galego de 4x200 estilo libre.

En agosto de 1948 celébrase os campionatos provinciais do Frente de Juventudes, no que destacan os irmáns Núñez e o C. D. Redondela se clasifica en primeiro lugar, seguido de Pontevedra, Tui e Vigo. Ese mesmo mes celébrase o Campionato Galego, no que en maiores B. Núñez venceu nos 100m., batendo o record galego de cadetes con 1m. 34s.; e o seu irmán gañaría nos 400 m. infantil.


Os nadadores máis destacados deste equipo serían:


José Bernardo Núñez Estévez “Colón” (Cesantes): Probablemente foi o mellor nadador redondelán de tódolos tempos, acadando numerosos campionatos rexionais e nacionais e gañando varias veces a Travesía Vigo-Cangas. No seu comedor tiña máis de 70 copas. Como outros nadadores tamén participaba no equipo de waterpolo. Despois da desaparición do C. D. Redondela pasou a competir brevemente co Frente de Juventudes de Redondela e, a partires de 1949, co Club Náutico de Vigo (tamén en waterpolo).

A continuación engado os datos do seu palmarés que vou atopando:

Cto. Galego, 1945 (infantil): 1º 100 m. libres (batiu extraoficialmente o record nacional) e en 100 costas.

Cto. de España de Frente de Juventudes, 1946: 1º en 100m. en 1'11”05.

Cto. Galego, 1946 (infantil): 1º 100 m. libres, 1'08”5.

Cto. de España (A Coruña), 1946 (absoluto): Con tan só 15 anos participou nos 100 m. libres, onde unha mala viraxe o relegou ás últimas posicións, e no 4x200 libres, facendo o mellor relevo do equipo galego con 2'40”4.

Cto. Galego, 1947 (absoluto): 2º en 100 m. libres con 1’8’’ (record galego cadete), e 2º 400 m. libres con 5’40’’.

Cto. de España de Frente de Juventudes (Burgos), 1947 (absoluto):1º Campión Nacional de 400m. e 2º en 100m. libres. 2º en 4x100 (B. Núñez, Suárez, González e Pirulo). Daquela contaba 16 anos.

Cto. España, 1947 (absoluto): 7º en 400m. e 4º en 4x200 estilo libre.

Cto. provincial, 1948. Destacan os irmáns Núñez.

Cto. España, 1948: Forma parte da selección galega.

Cto. Galego, 1948 (absoluto): 1º en 100m., 1m. 34s. (record galego de cadetes).

Nadador Completo (Vigo), 1949 (juniors): 1º 100m. costas, con 1'19”.

IV Travesía Ría de Vigo, 1949: 2º, 1h. 2'49”.

Cto. Galego, (A Coruña) 1950: 1º en 100 costas e 3º en 400 m. libres.

V Travesía Ría de Vigo, 1950: 1º

Conmemoración del 18 de Julio (Coruña), 1951: 1º en 400 e 100 m. costas, formando parte do equipo “Grupo de Empresas del Sindicato Provincial de Hostelería”.

I Travesía do porto de Vilagarcía, 1951: 2º

Cto. de Espeña de Frente de Juventudes (Santander), 1951: 1º en 1.500 e 400 libres.

Cto. de España de Grupos de Empresa: 1º en 400 m. libres, 5'34”3; e en 100m. 3º en 100m. costas.

Cto Galego, (A Coruña) 1952: 1º en 1.500 libres, 22'23”; e 100 m., 1'06”. 2º en 400m. libres e 4x200 (con A. Pérez, Mumary e Febrero)

Cto. de España (Barcelona), 1952: 100 m. libres (Record Galego 1'05”)

Cto. Social C. N. Vigo, 1953: 1º en 400m. libres 5'25”9. 2º en 100 e 200m. libres.

Cto. Galego, (A Coruña) 1953: 1º 400m. libres, 5'21”05

Cto. De España (Sta. Cruz de Tenerife), 1953: 4º na 1ª eliminatoria de 100m. libres.

Cto. De España (Barcelona), 1954: 6º en 100m. libres, 1'06”04.

Probas do C. N. Vigo, 1955: 2º en 100m. Libres, 1'06”09.

Cto. Galego, 1956: 1º en 1.500 libres, 22'00”.

3º na votación para “Mejor deportista Vigués de 1956”.

Cto. Galego (A Coruña), 1958: 1º en 1.500 libres, 22'55”; e 400, 5'29”. 2º en 100m. libres e 4x100. Fíxoselle entrega da “Praca ao Mérito”.

Participa co C.N. de Vigo no Cto. De España B de Waterpolo (Tarrasa), de 1960.

Núñez Estévez, Manuel “Pirulo” (Cesantes)

Campionatos provincial, 1948. Destacan os irmáns Núñez.

Cto. Galego (A Coruña), 1948 (infantil): 1º en 400 m. libres.

En 1949, xunto ao seu irmán Bernardo ficha polo C. N. de Vigo.

Cto. Galego, (A Coruña) 1952 (cadete): 3º en 100 m. costas.

Cto Galego, 1956 (senior): 2º en 100 costas.


Soto, Gonzalo

Cto. Galego 1945: 4º en 1.500 m. libres.


Otero

Cto. Galego, 1945: 5º en 100 m. libres.


González Sánchez, Francisco “Paco Piriquito” (Redondela)

Foi campión nacional militar de natación e tamén practicaba o boxeo. Datos atopados:

Cto. Galego, 1947: 1º en 100 costas e 2º en 100 libres.

Campeonato de España do Frente de Juventudes, 1947: 4º posto en 100 m. costas e 2º en 4x100 (B. Núñez, Suárez, González e Pirulo).

Cto. Provincial 1958: 1º 100 m. costas, 1'28”.


Outros nadadores deste equipo serían: Suárez, Bravo, Torrado, Pereira, Sánchez e Otero. A todos estes habería que engadir o equipo infantil, que en 1945 estaba formado por: Suríz, J. González, Otero, Pereira Bartos, Suárez, López Torrado e Blas. En 1946: Gómez


Anos 50. Frente de Juventudes

Coa desaparición do C. D. Redondela o único equipo da vila era o de Frente de Juventudes, que competía nas categorías inferiores.

En 1950 no Campeonato Provincial del Frente de Juventudes, participa baixo o nome Puentesampaio de Redondela. Clasifícándose 2º en cadetes e 1º en “flechas”, formaban parte deste equipo: Núñez I, Núñez II, Lago, Araujo e Rivas.

No mesmo campionato, en 1954, a Centuria San Simónvenceu en todas as probas: 100, 400 e 1.500 libres, 100 costas, 200 braza, 3x100 estilos e 4x100 libres.

No campionato nacional infantil de Frente de Juventudes de 1955 celebrado en Barcelona, a selección de Pontevedra acabou 1ª de segunda categoría e 4ª no total. Dos sete nadadores que formaban o equipo cinco eran de Redondela: os irmáns Sebastián (“Batán”) e Germán Muíños Lamas, Generoso Cabaleiro, Juan José López e José Blanco Puga.

Ao superar estas idades para seguir nadando o maior poblema co que se atopaban era que para competir tiñan que entrar no Clube Naútico de Vigo e non todos podían pagar o autobús para ir a Vigo tódalas semanas. Ademáis os entrenamentos na Poza contaban co handicap de non ter un punto de apoio para dar a volta, técnica que se popularizou nesta época. Todo isto provocaría que moitos abandoaran a natación pola práctica do futbol, foi o caso de Carlos Muíños Reboredo (Ver Futbol>Xogadores); os seus curmáns Germán (Ver Futbol>Xogadores), Gonzalo (Ver Futbol>Xogadores) e Sebastián “Batán” Muíños Lamas; e Generoso Cabaleiro, o cal acadaría a fama como diseñador de moda nos 80 (Ver>Persoeiros>Empresarios)

No campionato Provincial de 1958, o equipo remataría 4º, por detrás de Vilagarcía, Vigo e Pontevedra; sendo 2º na proba de relevos 3 por 100 estilos.

A continuación cito algúns dos nadadores desta época cos datos que vou atopando:

Barreiro, Alberto (Redondela)

Cto. Galego (A Coruña), 1952 (infantil): 1º en 100m. libres, 1'19”.

Cto. Social C. N. Vigo, 1953 (infantil): 1º en 100m. libres, 1'12”6; e 200m.

Cto. Galego, (A Coruña), 1953 (infantil): 1º en 100 m. libres, 11'12”02; e 100m. costas.

Campionato Provincial, 1953: 1º en 100 costas, 100 e 400 libres.


Cabaleiro, Generoso (Redondela)

Cto. Social C. N. Vigo, 1953 (infantil): 2º en 66m. costas.

Probas do C. N. de Vigo, 1955 (infantil): 3º en 66m. Volvoreta.

Participou no Cto. de España de Frente de Juventudes (Barcelona) de 1955.

Deixou a natación para adicarse ao futbol.

López Cardama, Juan José (Redondela)

Cto. Social C. N. Vigo, 1953 (infantil):1º en 66m. costas.

Participou no Cto. de España de Frente de Juventudes (Barcelona) de 1955.

Cto. Provincial, 1958: (absoluto): 2º en 100 m. costas, 1'34”4.

En 1964 pasa a formar parte da SAR.

Travesía do porto de Vilaxoán (Vilagarcía): 7º en 1964.


Muíños Lamas, Germán (Redondela)

Probas do C. N. de Vigo, 1955 (infantil): 2º en 66m. costas.

Participou no Cto. De España de Frente de Juventudes (Barcelona) de 1955.

Deixou a natación para adicarse ao futbol. (Ver Futbol>Xogadores)


Muíños Lamas, Gonzalo (Redondela)

Campionato Provincial de Educación y Descanso 1953: 3º en 400m. libres e 2º en 100.

Deixou a natación para adicarse ao futbol. (Ver Futbol>Xogadores)


Muíños Lamas, Sebastián “Batán” (Redondela)

Probas do C. N. de Vigo, 1955 (infantil): 2º en 100 m. libres.

Participou no Cto. de España de Frente de Juventudes (Barcelona) de 1955.

Cto. Provincial 1958 (absoluto): 9º en 100 m. libres.

Deixou a natación para adicarse ao futbol.


Muíños Reboredo, Carlos “Dula” (Redondela)

Cto. Galego (A Coruña), 1956 (infantil): 2º en 200 m. volvoreta.

Cto. Provincial. 1957: 1º 200m. Braza e 1º en 100m. Volvoreta.

Cto.Social do C. N. de Vigo, 1957: 1º en 100 volvoreta e 200m. Libres

Cto. Galego, 1957 (infantil): 1º en 200m. volvoreta.

Cto. Provincial, 1958 (xuvenil): 1º 200m. Braza e 2º en 100m. Volvoreta.

Cto. Social do C. N. de Vigo, 1958: 1º en 100 volvoreta e 200m. Libres.

Participou en varios campionatos Nacionais do Frente de Juventudes.

Deixou a natación para adicarse ao futbol. (Ver Futbol>Xogadores)


Núñez Estévez, María Fernanda (Tata) (Cesantes)

Acadou a victoria en varios campionatos rexionais, sendo a primeira deportista Redondelá de éxito. Nadaba os 100 m. libres, algunhas das súas victorias:

Probas do C. N. de Vigo, 1955 (senior): 1ª en 100 m. libres, 1'34”04.

Cto. Galego, 1956 (absoluto): 1ª en 100 m. libres, 1'27”04.

Cto. Galego 1958: 1ª 100 libres

Ctos. Sociais do C. N. de Vigo, 1958: 1ª en 100 libres

Cto. Galego (Coruña), 1959 1ª en 400m. libres e 100m. costas.

Cto. Galego 1960: 1ª en 400m. libres (record galego), 100m. libres e 100m. costas.

Cto Social C. N. Vigo, 1961: 1ª en 100 libres.


Núñez Estévez, Jorge (Cesantes)

Cto. Social C. N. Vigo, 1953 (infantil): 1º na 2ª serie de 66m. libres. E 4º en 66m.costas.

Probas do C. N. de Vigo, 1955 (infantil): 1º en 66m. costas e 2º en 66m. libres.

Cto. Provincial. 1958 (infantil): 2º en 100 costas.

Cto Galego: 1959 (infantil) 2º en 100 costas.

Cto. Social C. N. Vigo, 1958 (infantil): 1º en 100 costas, 1'44, e 3º en 100 libres, 1'29.

Trofeo Secretario (Vigo), 1959 (infantil): 1º en 100m. costas, 1'33, e 2º en 400 m. libres, 7'25.

Cto. Galego (Coruña), 1959 (infantil): 2º en 100 m. libres.

Cto. Social C. N. Vigo, 1959 (infantil): 1ºen 100 costas, 100 e 400 libres.

Cto. Social C. N. Vigo, 1960 (xuvenil): 1ºen 100 costas e 2º en 400 libres.

Cto. Social C. N. Vigo, 1961 (xuvenil): 1º en 100 m. costas; 2º en 100 e 400 libres e 100 volvoreta; e 3º en 800 libres.

Cto. Social C. N. Vigo, 1962 (xuvenil): 1º en 100m. libres.

Cto. Galego, 1962 (xuvenil): 2º en 100m. costas

Nadou para o Club Naútico de Vigo ata a formación da S.A.R. en 1964.

Travesía do porto de Vilaxoán (Vilagarcía): 6º en 1964.


Núñez Estévez, Marco Antonio (Cesantes)

O pequeno da saga de nadadores de Cesantes seguiu os pasos dos seus irmáns: José Bernardo “Colón”, María Fernanda “Tata” e Jorge.

Trofeo Guillermo Oya (Vigo), 1959: 1º en 66 m. costas. (Con tan só 9 anos derrotou a nadadores de 13)

Cto. Social C. N. Vigo, 1960 (neófitos): 1º 76m. costas e 2º en 66 libres.

Cto. Social C. N. Vigo, 1961 (neófitos maiores): 1º 66m. libres e 1º 100 costas (infantil)

Cto. Social C. N. Vigo, 1962 (infantil): 1º 100m. Costas e 2º en 100m. libres.

Cto. Galego (O Porriño), 1970 (Senior): 1º 100m.costas, 1'11”9; e 200m. costas, 2'39”. 2º en 400 m. libres, 4x100 libres, 4x200 e 4x100 estilos. 3º en 100 m. libres.


Outros nadadores desta época: José Luis Ventín e L. Cabaleiro.


 

Anos 60. S. A. R.

No 1963 fúndase a Sociedad Atlética de Redondela (SAR) creando un equipo nesta disciplina en xuño de 1964 que acadaría varios campionatos galegos. Este clube contou nos seus inicios con nadadores redondeláns que xa destacaran en competicións galegas e que mencionamos anteriormente, como era o caso de José Blanco Puga “Bullo”, Jorge Núñez ou Juan José López Cardama. Ademáis, ao desfacerse durante un tempo o Club Naútico de Vigo os anteriores trouxeron reforzos daquel clube formando un equipo que chegaría a ser a base da selección galega. Algúns dos nadadores que o formaron serían: Rafael Rodríguez, José Mª Martínez, Pili García, Mª del Carmen González, Javier Sánchez, Beatriz González, Ramiro Rodríguez, Mª del Carmen Lage, Antonio Valladares, Alberto Yáñez, Ignacio Vizcaíno (Vigo), Ángel Sobral, “Maca” Lago, Marina Cubelas, Jorge Vizcaíno (Vigo), Carmen Lago...

Como exemplo no Campionato Galego de 1970 acadouse o terceiro posto de clubes na categoría masculina e o cuarto na feminina, cun total de 18 medallas, das cales 2 eran de ouro: Nacho Vizcaíno en 200 libres e Pili García en 100 libres. En 1971 repetiría o mesmo posto por detrás do Club Naútico de Vigo e o Club de Natación de Coruña. En 1972, tan só se acada o 6º posto masculino.

A nivel organizativo destacar: o I Trofeo SAR (1965) e as travesías a nado como a das Festas da Coca de 1967 de categorías infantil, xuvenil e senior e con saída dende o porto de Cesantes.

A desaparición da sección de natación da SAR, sumado á falta de instalacións, provocou unha recesión na práctica deste deporte na vila.


S. XXI

A situación cambiou coa inauguración da piscina municipal en 1998 e a formación de equipos nestes deportes.

En 1999 créase o Clube Waterpolo Redondela que participou varios anos na Primeira División Galega. No 2008, pasou a competir só en categorías inferiores porque a piscina municipal non cumpre as medidas mínimas para a práctica desta disciplina.

O Clube Natación Redondela, pola súa banda, xa conseguiu varios campionatos e records galegos tanto en categoría alevín como infantil.

http://www.cnredondela.0catch.com/

Nos primeiros anos deste equipo destacáronse:

Blanco Darriba, David (Cesantes).

Campión galego alevín en 100 e 200 metros mariposa. Seleccionado galego.

Campión galego infantil 2009.

Soutullo Bastos, María

Campiona galega infantil en 50 libre e 100 estilos. Repetiu Campionato galego 2009.

González Rodríguez, Pablo (Chapela)

Varias veces campión galego infantil en 50 e 200 costas e 100 estilos.

Varios records galegos.

2º no Campionato de España de 50 costas.




No 2012 celebrouse a Batalla de Rande a nado, unha travesía de 27 kms. entre as Illas Cíes e a Illa de San Simón. Contra todo pronóstico resultou vencedor o participante máis xoven, David Blanco de Cesantes.


 

Texto: Juan Migueles

Actualizado: 24-04-2015

Escribir comentario

Comentarios: 0