Hostalaría doutro tempo.

Redondela. Prehistoria da Hostalaría

Amador, Taberna de => En Santa Mariña.

América, Café => Na Pz. Constitución. Propiedade de Laureano Lago nos anos 30, e de Marcelino Cal Túnel nos 50..

Ángel, Fonda => Xa se chamaba así en 1929, anteriormente era La Cueva.

Angustias, Bar Las => Propiedade de Feliciano Domínguez, na rúa da Ribeira alá polos anos 40.

Argentina, Hotel => No 1918 o seu propietario, José Docampo Montero, anunciaba que había introducido importantes melloras. Estaba na rúa Alfonso XII.

Aurora Lusquiños, Taberna de => En Saxamonde a principios do S. XX.

Bernardina Castro, Taberna de => Funcionaba en Quintela en 1900.

Bienvenido, Taberna-Tenda de => Na R. da Ribeira. O dono fabricaba velas.

Bolera Americana=> Nos anos 50 propiedade de Jacinto Erguira na avenida de Santa Mariña. Bar dirixido á xuventude.

Buena Ventura, La => Bar, tenda e frutería da Señora Petra na Praza da Constitución a principios do s. XX. Nos anos 40 pertencía a Victoriano Núñez Novás.

Canastro, El => No calexón entre Xeneral Rubín e a R. das Regateiras.

Chispa, La => Na rúa Juan Manuel Pereira. O seu dono abriría logo o Bar La Torre na rúa Alfonso XII.

Choco, Bar => Punto de encontra dos afecceonados do C. D. Choco. O seu dono Armindo Lorenzo Veiga, pechou o bar en 1964 co propósito de establecerse en Vigo abrindo un restaurante co mesmo nome.

Concha, a Casa => De Victoriano Núñez (Cagarría) na Praza Constitución. Preparaba moi ben a lamprea.

Cristo de Limpias, El => Na R. Cabo dos Fumeiros. Debe o nome a un día da procesión do Cristo en que empezou a chover e tiveron que gardar alí a imaxe.

Cueva, La => En marzo de 1910 abriu ás súas portas na rúa Alfonso XII, ofrecendo viños e comida. En 1922 o seu dono Manuel Martínez, que anteriormente tivera un restaurante homónimo en Cuntis, inaugurou outro co mesmo nome en Pontevedra.

Escondido, O => Na R. Meixón Frío. Bar para parellas con habitacións nos pisos superiores.

España, Hotel => Na R. Alfonso XII. Era de Juan Muíños Casal falecido en 1935, logo do seu fillo e, por último, de Luis Martínez. Tiña fama de boa cociña, destacando a preparación do choco.

Estación, Restaurante La => Na antiga estación de trens (nas proximidades do viaduto de Monforte). Nos anos 20 do pasado século era propiedade de Joaquín Rodríguez Lourido, despois fariase cargo do negocio o seu fillo José Rodríguez Martínez. Naqueles anos tiña gran prestixio, como exemplo dicir que en 1929 o concello de Porriño encargoulle o banquete que celebrou na honra de Antonio Palacios, ao que estaban invitados persoas relevantes de toda Galicia.

Estrella, Bar=> Na actual Pz. Constitución. Propietario Marcelino Cal Túnel, máis tarde propietario do Café América.

Flor del Vino, La (ou a da Monteira) => Na rúa Xeneral Rubín, no baixo que hoxe ocupa a Pastelería Pili. Viños e marisco.

Galleiro, El => Tasca ubicada na Praza Ribadavia, no solar onde hoxe se atopa o Bar La Farola. Debe o nome a que o dono era da zona onde se atopa o Monte Galleiro. Ata os anos 20 do pasado século, era coñecida como a Taberna de Matilde, pola súa dona Matilde González.

Hermesinda Fernández, Taberna de => En Redondela a principios do s. XX.

Imperio, Café => Na R. Alfonso XII. En 1925 chamado Café Royalty por prohibir as autoridades o nome anterior, sendo propiedade de Justo Tojeiro. Tralo falecemento deste, é rexido pola sociedade mercantil, Barros y Núñez. En 1928 os donos separáronse amistosamente, quedando o bar nas mans de Manuel Barros Rodríguez. Nesta época será coñecido popularmente como o Café de Triscallo, alcume do dono. Anos despois foi dos primeiros bares en ter unha neveira de xelados na porta. Cada vez que pasaba Nené e Triscallo estaba distraído, a cantidade de xeados menguaba misteriosamente, ata que o final optouse pola colocacións de candados para evitar tentacións. Nos 90 abriuse novamente unha cafetería neste local recuperándose o nome de Royalty.

Julián, Casa => Na Rúa Juan Manuel Pereira. servía comidas, merendas e café exprés. O seu dono era Julián Peitudo, que daba nome a unha ponte cercana.

Manuel Otero Lago, A Tasca de => Na actual rúa Padre Crespo adosada á fábrica conserveira da súa propiedade.

Marcelino, Casa => Nos anos 50 na Praza da Constitución. Bar-tenda que daba comidas.

María Armada, Taberna de => En 1892 roubaron 3.000 nesta taberna da actual R. Padre Crespo.

Marcha Mañán => En Rúa Reveriano Soutullo.

Martínez, Casa => Estrada á praia.

Casa Miguel=> Bar de Miguel Virulegio na Praza Constitución. Preparaba merluza con allada e raia o día de Todos os Santos. Cando o dono se xubilou o bar foi rexentado pola súa filla e o seu home. Permaneceu aberto ata principios dos 90.

Moderno, Restaurante => En 1910 era propiedade de Justo M. Tojeiro, que daquela era concelleiro no Concello. En setembro traspasoullo a José Puig. En 1918 atopo a Luis Quijeiro como novo propietario do “Hotel Café El Moderno”, na rúa Alfonso XII.

Moujáns, Taberna => Na Rúa Cruceiro.

Nador, Taberna => Estivo na rúa Espíritu Santo e logo na Calle Oriente (R. Telmo Bernárdez). Famoso por dar tapas gratis durante un tempo. Á fronte estaba a señora Juana e o seu fillo Docho, ó que Gildo Casal lle cantaba con música de Gilda:

Querido Docho

cómprame un bolso

de plesiglás

un vestidito acampanado

y unos zapatos

forma Gildá.

No estoy solo => Na Praza Constitución. Recibe o nome dunha broma de Alfonso “Militón” cando lle dixo ao dono, Julián López Diego: “Julián, puxeches o bar nun sitio...; é mellor que lle poñas No estoy solo, porque tes sempre a Porfirio (dono dunha barbería a carón do bar) contigo”.

París, Bar => A principios dos anos 20.

Pepita, a taberna de => Na Pz. Santiago Apóstolo.

Reboreda, Casa => Na R. Xeneral Rubín. Daba comidas.

Ribadavia, Bar => Na Pz. Santiago Apostolo.

Royalty, Café=> Ver Café Imperio.

Señora Anita, A da => Na R. Alfonso XII. No primeiro piso tiña habitacións para parellas. Alí estivo a pastelería Virita.

Señora Josefa, a Fonda da => Na R. Alfonso XII. Tiña diante a parada dos coches de línea. Co tempo convirtiríase na Casa Barciela.

Señora Matilde, Taberna da => Na Pz. Ribadavia. Daba comidas e habitacións.

Serranas, Taberna das => Na Pz. Ponteareas.

Tablón, Bar El => Cerca dos Horreos (R. Cabo dos Fumeiros). Propiedade de Cabezo I.

Tres Portiñas, Las => Recibe o nome polas 3 portas que tiña o bar. Cando menos dende os anos 40 na rúa Alfonso XII. Comidas e marisco.

Tuyo, El => Na R. dos Fornos de Julián González “Peitudo”.

NOTA: En marzo de 1910 abriu un restaurante preto da estación Manuel Doval Sánchez, na casa onde tivera un establecimento Amalia González. A súa intención era adecuar o bosque unido ao local para celebrar “fiestas campestres amenizadas por un piano mecánico”.


 

Redondela. Pasado Recente.

Alvedosa, Hostal => Na R. Ernestina Otero cerca da Praza de Abastos. O último, ata o de agora, que ofertou hospedaxe no casco urban de Redondela. Trocou o seu nome polo de Hostal Julio César e acabou por fechar despois de varios cambios de dono.

Aparecido, El => Debía o seu nome a unha película de vaqueiros que pasaban no Cine Fantasio cando abriu o negocio un home de Ourense que foi bautizado con este alcume. Despois de varios cambios de propietarios pechou no 2012.

Autobar, Café => Na Praza Ribadavia. Despois de ser reformado abriu como Cafetería Caballo Salvaje, tamén desaparecido ao construirse un edificio no solar.

Barciela, Casa => Antiga Fonda da Señora Josefa. Nun principio na R. Alfonso XII, logo na R. Meixón Frío. O seu dono era José Barciela Tojeiro.

Barriles, los => Na R. Ernestina Otero. Despois de anos como taberna reabriu como tapería pechando ó pouco tempo.

Búrbida, Cafetería => En Santa Mariña.

Canastro, Bar o => Abriu en 1968 na R. Prata. O seu propietario era José Abal Lamas.

Casino, Café-Auditorium => Na R. Ernestina Otero.

Jamaica, Bar => En Meixón Frío. O nome do bar convertiuse no alcume dos donos e da familia que o alugou posteriormente. Estes ao non ver renovado o contrato abriron “O Novo Jamaica” na R. Padre Crespo, no anteriormente chamado “JB”. Despois dunha reforma reabriuse como pub, pechando definitivamente por mor das denuncias dun veciño.

JB, Bar => Na Calle Vella. Antes de ter A Fragua, os seus donos xa aportaban neste local os bocadillos de xamón asado e tortilla ós alumnos do instituto, daquela na Xunqueira.

Manda Truco, Bar => Américo Couñago Alonso abriu este bar en decembro de 1969 na rúa Xeneral Rubín.

Mariñas, Hamburguesería las => En Santa Mariña. Enchíase os domingos cos xóvenes que ían ó Miramar.

Mimos, Pastelería-Cafetería => Na rúa Alfonso XII. Nos seus últimos anos abría a porta de atrás as sete da mañá, para venderlle pasteis e refrescos á xente que saia da discoteca La Fábrica.

Moncho, a de => Na Pz. Constitución.

Montevideo, Café-Bar => Aberto en 1968 polos irmáns Araujo na actual Pz. Constitución. En 1971 Telmo Araujo o traspasa a Ángel Nicanor Garrido Lemos. Co tempo trasladariase a un baixo cercano no que anteriormente estivera El Gaucho.

Novo Choco, o => Na R. José Regojo. O seu dono xa rexentara con anterioridade o Café-Bar Montevideo.

Nuevo Porrón, Bar El => Na R. Alfonso XII. Nos seus últimos anos os fillos dos donos convertírono en “bar heavy”.

Pardo, Casa => Nos anos 60.

Pincho, Bar => Na Praza Santiago Apóstolo. Nos anos 60, propiedade de José Gómez Rodríguez.

Porrón, Bar El => Na R. da Ribeira. Abriu en 1965, pero alcanzaría a súa maior fama cando, nos anos 80, se fixo cargo da dirección Enrique Tuche Crespo, quen é toda unha personaxe en Redondela, protagonizando mil anécdotas. Nunha ocasión o ciclista francés Luc Leblanc declarou que gañara unha etapa da Volta a Galicia grazas aos chocos que comera no Porrón antes da saída. Pechou por xubilación no 2011.

Prescila, Bar Fonda => En Vilavella. A súa dona Prescila Castro acabou por alugala. Daba comidas, principalmente ós empregados da cercana Fábrica de Regojo.

Rial, Casa => En 1971, José Rial traspasa este bar a Manuel Morales Pérez.

Rivas, Bar => Na Av. Mendiño. Máis coñecido como “A Mouchiña”, alcume da dona que deixou o negocio con máis de noventa anos. No 2012 os herdeiros voltaron a abrir o bar despois dunha reforma.

Sil, Bar => Nos anos 60, con portas ás rúas Meixón Frío e Alfonso XII.

Stop, Cafetería => Inaugurada en 1967, sendo os seus propietarios José Rodríguez Crespo i Enrique Tuche Crespo, si ben o segundo deixaría posteriormente este negocio para facerse cargo da cafetería do Centro Recreativo e Cultural de Redondela. A súa terraza na praza Constitución era a mellor da vila.

Tasca, La => Bar de Mingos na Calle Vella.

Torre, la => Na R. Alfonso XII. Dispuña de hospedaxe. O seu dono anteriormente tiña o bar “La Chispa”, nome que lle quedaría como alcume.

Viaductos, Los => Na R. Padre Crespo. Pechou ao inicio do 2015.

Virita, Pastelería-Cafetería => Os domingos pola mañá ofrecía almorzos á xente que saíra de troula o sábado anterior.

Xan Carallás => Restaurante inaugurado en 1964, de merecida fama polo bo marisco que servía. Despois da xubilación do seu dono sofreu varios trocos de propietario e de tipo de negocio (pub, bocatería, tapería...), aínda que mantendo o nome.


Cabeiro

Brasería, Restaurante La=> En Cabeiro.

Manuel García Álvarez, Taberna de => En Cabeiro nos anos 20.


 

Cedeira

O Cruceiro => En Cedeira. Nun principio funcionou como bar-tenda.

Devesa, Bar => Anteriormente bar-tenda.

Prudencio Barcia Pení, a Taberna de => En Rande cara a 1910.

Rafael, Restaurante=> En Cedeira nos anos 60.

Rincón Verde, O => Na Formiga.

Salustiano Pazos González => En Cedeira na década dos 20 do século pasado.

Sube si podes => Debíalle o nome a estar situado nun primeiro piso.


Cesantes

Albariño, Bar => En Cesantes nos anos 60.

Catapeixe, Restaurante => En Cesantes nos anos 60.

Cesantes, Bar => En Cesantes nos anos 60. Propiedade de Gumersindo.

Flor de Cesantes => No Pereiro. Moi coñecido por ter pintados uns gaiteiros na porta.

Jaime, Bar => Abriu na praia de Cesantes en 1964.

Minso, a de => Na praia de Cesantes, nos Asteleiros, alá polos anos 80.

Playa, Bar => Na praia nos anos 60.

Playa de Cesantes, Hotel

Punta de la Playa, Bar => Na praia de Cesantes nos anos 60.

Señor José, Casa Bar => Na Punta de Cesantes.

Sarapico, Casa => En Cesantes.

Soutelo, Bar Casa => Ofrecía comidas e habitacións na Praia da Punta, en Cesantes.

Torerillo, Bar de => Na baixada ó peirao de Cesantes.

Chapela

Alejo, Bar de => Despois “Priorato”.

Baar, Bar

Capela, Casa => En Chapela.

Divinass=> Despois “Baiuca”

Mari, Bar

Maximino, Bar de => Posteriormente “La Chabola”

Parra, La=> Despois “Mirador”

Perry's

Pirata, Bar

Santiagués


Quintela

Azul, Bar => En Quintela.


Reboreda

Cruceiro => Bar-tenda en Reboreda. O bar pecharía nos anos 90 e anos despois a tenda ao xubilarse a dona.

Raxado, a Taberna de => En Reboreda na estrada a Amoedo, á beira dunha curva moi pechada, á que lle deu nome.

A Roda, Asador => En Reboreda. O churrasco era a súa especialidade.


Saxamonde


Vilar

Perfecta Vilas Souto, A Taberna de => En Vilar a principios dos anos 20.


O Viso

Carrandaina, Taberna da => Bar-tenda no cruce do Viso.


 

OS BAILES DE PRINCIPIOS DO SÉCULO XX.

Baile de Arturo => Xunto ó antigo paso a nivel do Coto (Cesantes)

Baile de Chapela => En setembro de 1932 con ocasión da reinauguración deste baile despois dunhas reformas, comezou unha pelexada que rematou en batalla campal con paos, pedras e ata navallas, resultando varios feridos, algúns de gravidade, e producíndose varias detencións. En 1944 tamén recibiu o nome de Parque Canario.

Baile de Enrique

Baile de Figueiral => Na rúa Padre Crespo no mesmo local que estivo o Baile de Paulino.

Baile do Ladrillo => En Negros.

Baile do Loural

Baile de Paulino => Abriu a principios dos anos 60 na rúa Ernestina Otero como baile ao aire libre baixo o nome Baile de Paulino, polo seu dono Paulino García García, que xa fora propietario do Salón Villavieja. Para que a xente chegara ao baile os donos construiron a ponte que une a Xunqueira coa Avenida Ernestina Otero. Posteriomente se convertiría na Discoteca Diva. A finais do pasado século trocaría este nome polos de Sol Latino, Latinos en Salsa, Cafetería Latino e recuperaría finalmente o de Diva.

Baile do Pereiro => En Cesantes nos anos 20. Na recta da Pantalla na marxe esquerda da estrada a Pontevedra.

Baile do señor Sequeiros => Na Avenida de Santa Mariña.

Baile do Serapico => En Cesantes, logo convertiríase no Cine San Simón.

Casino => Atopábase na Rúa Alfonso XII, na primeira pranta da casa onde se atopa a Farmacia de María Rita. Noticia aparecida no xornal El Soplete (nº59/1933):“Una señorita ya entrada en años y que luce una cabellera obligadamente rubia, no perdió una pieza en el último baile del Casino”.

Sala Parque La Junquera => Abriu en 1934 sendo propietario Manuel González Muradás. Co tempo converteuse en Sala de baile con grupos en directo. En 1968 foi reformada, o que non evitou que pechara na década seguinte. Aquí tocaría xente como Karinaou Los Tres Sudamericanos.

Sala Redondela=> A principios dos 50.

Salón de la Alegría => Nos anos 20. Ofreceu un baile a noite de San Sebastián de 1926.

Salón La Luz del Día=> En Chapela nos anos 30.

Salón Míguez => Na rúa da Ribeira, no baixo máis tarde ocupado por O Bazar. Como exemplos: En 1910 celébrase nel un baile de entroido organizado polo Centro Científico Deportivo. No 1932 celebrouse nel un mitín galeguista e nese mesmo ano un mitín de dereitas. Ese mesmo ano durante a celebración das Festas da Coca entregou os premios as parellas gañadoras dun campionato de baile de resistencia.

Salón Redondela=> A finais dos anos 40 na rúa General Mola, hoxe rúa José Regojo.

Salón Robustino => Nel celebráronse bailes de entroido en 1910.

Salón San Juan.

Salón Villavieja => Nos anos 50, na rúa Padre Crespo. Era propiedade de José Otero González e, máis tarde, de Paulino García García, quen o pecharía para abrir o Baile de Paulino.


        A todos estes habería que sumar os bailes organizados nas instalacións das diferentes asociacións: Centro Recreativo e Cultural de Redondela, Centro Republicano... E tamén os celebrados no Hotel España e no Café América.


AS DISCOTECAS.

Discoteca Diva => Ver Baile de Paulino.

Discoteca Jackson => Na Rúa José Regojo. Abriu a finais dos 80, pechando nos 90.

Discoteca Kalúa => En Chapela.

Discoteca Tornillo => En Reboreda. Discoteca que abriu as súas portas a principios dos anos 90. Reconvertida en after pechou na primeira década do século. Cambiou varias veces de nome: La Capilla, Seven...

Sala de Fiestas Miramar => En Santa Mariña. Comezou sendo un baile e convertiuse nunha das salas de festas máis grandes de Galicia no seu tempo. Reformada en 1968, pecharía definitivamente nos anos 90. Polo seu esceario pasaron grandes grupos da época: Antonio Machín, Los Tamara...


 

LOCAIS DE COPAS.

Anagrama => Na R. José Regojo. Posteriormente coñecido como Olimpus.

Apolo XII => Chamaba a atención na rúa Prata polo cohete do letreiro. Novos propietarios déronlle os nomes de Copas e Aquelarre.

Brooklyn (antesGangalus) => Na R. Prata, pechado no 2007.

Cactus => Abriu as súas portas na R. Reveriano Soutullo a principios dos 90. Logo trocaría o seu nome por Vai ver se chove Basilisa. Despois dun cambio de donos pecharía definitivamente.

Chuco´s 33=> Na R. Cruceiro. Tivo numerosos nomes: Rafagas, Sinagoga e Plural.

4X4=> Pechado no 2007.

La Guagua => En realidade non era un local senon un vello autobús chamado como a furgoneta Wolsvagen que a S.A.R. empregara nos seus desprazamentos. Era propiedade de Ucha. Estivo primeiro aparcada na Punta de Cesantes e despois entre as naves de Regojo. Suplía a falta de bares de copas nos anos 70.

Noite, Pub => Bar de “Jota” na R. Meixón Frío. Despois sería convertido en pizzería e posteriormente na cervecería A Tenda de Candelaria.

Nudos => Na Portela.

Ruina, la => Na R. Campo de Futbol. Nun principio abrira como tapería baixo o nome de A Lareira.

Servando, a de=> Na Calle Vella. Bar propiedade de Servando que o seu fillo Manolín convertiu no primeiro bar de copas da vila. Despois chamariase Bar Vidal e posteriormente a Disco Tasca.

Solapa=> Na R. Prata, pechado no 2007.

Solera => Na Subida á Estación. Nos seus inicios abriu como Tapería Casa Cuartel.

Durante un tempo foi Villa Lola, e máis tarde pasaría a chamarse Andén 24.

Tálamo, Pub => Abriu nos anos 80.

Tío Elías => Na rúa Prata. Despois Trisquel.

Xanela Pub => Na R. Reveriano Soutullo. Ambiente tranquilo para tomar a primeira copa.

Venus => Inaugurado por Álvaro Lago e Daniel Pérez en 1971 na R. Prata. Nos 90 trocou o seu nome por Mambo.

Texto: J. Migueles

Actualizado: 06-04-2015

Escribir comentario

Comentarios: 5
  • #1

    pili (martes, 01 junio 2010 23:09)

    JUAN FALTOUCHE MENCIONAR O QUE AGORA E O ESCONDIDIÑO ANTES ERA ,NOS ANOS 60, O ESCONDIDO UN BAR PARA PARELLAS CON HABITACIONS ENRIBA ,HOXE EN DIA TODAVIA E FONDA , E TAMEN ANTES NA CANDELARIA ESTABA O PUB NOITE O BAR DE JOTA . UN SAUDO

  • #2

    PILI (martes, 01 junio 2010 23:12)

    DISCOTECA O PARQUE ESTABA DETRAS DA PARADA DE BUS NA XUNTO TRALO RIO ANOS 65

  • #3

    NURIA RODRIGUEZ (miércoles, 18 agosto 2010 18:23)

    NON FALAS DO RUADA, NA SUBIDA DA PICOTA??

  • #4

    o rincon verde (jueves, 30 octubre 2014 17:33)

    estaba na formiga en cedeira

  • #5

    taberna da carrandaina (jueves, 30 octubre 2014 17:35)

    estaba no cruce do viso e tamen tiña algo de tenda