Tranvía

        

            O 13 do 1 de 1912 constituese a compañía Tranvías Eléctricos de Vigo. Tiña como obxectivos a construcción, explotación e aproveitamento do tranvía urbán e suburbán de Vigo, o interurban de Vigo a Redondela e dos ferrocarrís eléctricos de Vigo a Val Miñor. En 1918 pasa a presidir a empresa Carlos E. Gunche fillo político do anterior presidente e moi vencellado a Redondela (o seu fillo, Raúl chegaría a ser alcalde de Redondela en 1943).

 

            En marzo de 1922 inaugúrase a estación San Fausto de Chapela, nos terreos que na actualidade ocupa o parque da avenida Vigo. En setembro  de 1924 o Gobernador Civil anuncia a concesión á sociedade Tranvías Eléctricos de Vigo da construcción da liña de Chapela a Redondela. Comezan daquela os traballos para ampliar o servizo a Redondela, pero o proxecto non chegou a prosperar e o tranvía nunca chegaría á vila.

 

           

 

 

Algunhas noticias.

 

            1925, 22 de febreiro. Ás cinco do serán, pouco antes de chegar ás cocheiras de Chapela, ao tranvía da liña Vigo-Berducido rompeulle un eixo. O conductor tentaba frear o vehículo cando un coche que viña en dirección contraria obrigouno a realizar unha viraxe. O outro eixo tamén partiu e o tranvía envorcou. Por sorte tan só unha muller resultou ferida cunha contusión leve.

 

            1934, 20 de outubro. En Vigo unha camioneta que ía con peixe cara a Redondela e na que ían varias mulleres ao chegar ao Areal atopouse nunha curva co tranvía de Chapela. Dolores López Fernández, de 56 anos, viúva e veciña de Redondela, crendo que ían chocar saltou da camioneta coa mala sorte de cair nas vías, sendo collida pola tranvía que lle seccionou a cabeza.

 

            1950, 18 de outubro. Félix González Mosquera, domiciliado en Santa Tegra, caiu do tranvía en Chapela, sufrindo varias contusións e erosións.

 

            1950, decembro. Os usuarios da liña de Chapela queixanse do exceso de pasaxeiros polo que moitos deben viaxar na plataforma, da falta de alumeado no apeadoiro e da necesidade dunha doble vía.

 

            1959, 9 de maio. En Laredo (Chapela), un turismo adiantou ao tranvía cando en dirección contraria viña un camión cargado de madeira, conducido por Benedicto Cabaleiro Villanueva. O camioneiro tentou pasar entre os dous vehículos pero non puido evitar colisionar co tranvía, que quedou apoiado contra un poste elétrico. Por sorte ta só resultou ferido leve nunha perna, o viaxeiro Benigno Torrado Hermo.

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 14-09-2016

 

BIBLIOGRAFÍA

Galiciana => El Pueblo Gallego, Galicia diario de Vigo, El Compostelano

 

Escribir comentario

Comentarios: 0