Hostalaría doutro tempo.

 

Redondela. Hostalaría ata mediados do S. XX

 

Amador, Taberna de => En Santa Mariña nos anos 50.

 

América, Café => Na Pz. Constitución. Propiedade de Laureano Lago nos anos 30, e de Marcelino Cal Túnel nos 50..

 

Ángel, Fonda => Xa se chamaba así en 1929, anteriormente era La Cueva.

 

Angustias, Bar Las => Propiedade de Feliciano Domínguez, na rúa Juan M anuel Pereira alá polos anos 40. Viños do Ribeiro, comidas e mariscos.

 

Argentina, Hotel => No 1918 o seu propietario, José Docampo Montero, anunciaba que había introducido importantes melloras. Estaba na rúa Alfonso XII.

 

Bernardina Castro, Taberna de => No Muro en 1900.

 

Bienvenido, Taberna-Tenda de => Na R. da Ribeira. O dono fabricaba velas.

 

Bolera Americana=> Nos anos 50 propiedade de Jacinto Erguira na avenida de Santa Mariña. Bar dirixido á xuventude.

 

Buena Ventura, La => Bar, tenda e frutería da Señora Petra na Praza da Constitución a principios do s. XX. Nos anos 30 trocou de dono e de nome, polo de Casa Victoriano Núñez. Nos 40 recupera o nome orixinal e segue como propietario Victoriano Núñez Novás.

 

Canastro, El => No calexón entre Xeneral Rubín e a R. das Regateiras.

 

Cardalda, Casa => Na rúa Alfonso XII nos anos 40.

 

Chispa, La => Na rúa Juan Manuel Pereira. O seu dono abriría logo o Bar La Torre na rúa Alfonso XII, e que sería coñecido como o do Chispa.

 

Choco, Bar => Punto de encontra dos afecceonados do C. D. Choco. O seu dono Armindo Lorenzo Veiga, pechou o bar en 1964 co propósito de establecerse en Vigo abrindo un restaurante co mesmo nome.

 

Concha, a Casa => De Victoriano Núñez (Cagarría) na Praza Constitución. Preparaba moi ben a lamprea.

 

Cristo de Limpias, El => Na R. Cabo dos Fumeiros. Debe o nome a un día da procesión do Cristo en que empezou a chover e tiveron que gardar alí a imaxe.

 

Cueva, La => En marzo de 1910 abriu ás súas portas na rúa Alfonso XII, ofrecendo viños e comida. En 1922 o seu dono Manuel Martínez, que anteriormente tivera un restaurante homónimo en Cuntis, inaugurou outro co mesmo nome en Pontevedra.

 

Escondido, O => Na R. Meixón Frío. Bar para parellas con habitacións nos pisos superiores.

 

España, Hotel => Na R. Alfonso XII. Era de Juan Muíños Casal falecido en 1935, logo do seu fillo e, por último, de Luis Martínez. Tiña fama de boa cociña, destacando a preparación do choco.

 

Estación, Restaurante La => Na antiga estación de trens (nas proximidades do viaduto de Monforte). Os primeiros datos que atopamos falannos de Ramón Iglesias, que tiña ao seu cargo os servizos de restaurant das estacións férreas de Pontevedra e Redondela, e que xa fora propietario do Motel Universal de Vigo. Nos anos 20 do pasado século era propiedade de Joaquín Rodríguez Lourido, despois fariase cargo do negocio o seu fillo José Rodríguez Martínez. Naqueles anos tiña gran prestixio, como exemplo dicir que en 1929 o concello de Porriño encargoulle o banquete que celebrou na honra de Antonio Palacios, ao que estaban invitados persoas relevantes de toda Galicia.

 

Estrella, Bar=> Na actual Pz. Constitución. Propietario Marcelino Cal Túnel, máis tarde propietario do Café América.

 

Flor del Vino, La (ou a da Monteira) => Na rúa Xeneral Rubín, no baixo que hoxe ocupa a Pastelería Pili. Viños e marisco. Os seus propietarios eran Valentín Amoedo Táboas e Teresa Esteiro Alján.

 

Galleiro, El => Tasca ubicada na Praza Ribadavia, no solar onde hoxe se atopa o Bar La Farola. Debe o nome a que o dono era da zona onde se atopa o Monte Galleiro. Ata os anos 20 do pasado século, era coñecida como a Taberna de Matilde, pola súa dona Matilde González, quen daba nome á fonte de Matilde, hoxe desaparecida. A finais do século XIX a taberna pertenecía ao seu home, José Fernández Crespo.

 

Hermesinda Fernández, Taberna de => En Redondela a principios do s. XX.

 

Imperio, Café => Na R. Alfonso XII cando menos dende 1905. En 1925 chamado Café

 

Royalty por prohibir as autoridades o nome anterior, sendo daquela propiedade de Justo Tojeiro. Tralo falecemento deste, é rexido pola sociedade mercantil, Barros y Núñez. En 1928 os donos separáronse amistosamente, quedando o bar nas mans de Manuel Barros Rodríguez. Nesta época será coñecido popularmente como o Café de Triscallo, alcume do dono. Anos despois foi dos primeiros bares en ter unha neveira de xelados na porta. Cada vez que pasaba Nené e Triscallo estaba distraído, a cantidade de xeados menguaba misteriosamente, ata a colocación de candados para evitar tentacións. Nos 90 abriuse novamente unha cafetería neste local recuperándose o nome de Royalty.

 

José Fernández Crespo, Taberna de => Ver Galleiro.

 

Julián, Casa => Na Rúa Juan Manuel Pereira. servía comidas, merendas e café exprés. O seu dono era Julián Peitudo, que daba nome a unha ponte cercana. Nos anos 40 e 50.

 

Manuel Otero Lago, A Tasca de => Na actual rúa Padre Crespo adosada á fábrica conserveira da súa propiedade.

 

Marcelino, Casa => Nos anos 50 na Praza da Constitución. Bar-tenda que daba comidas.

 

María Armada, Taberna de => En 1892 roubaron 3.000 nesta taberna da actual R. Padre Crespo.

 

Marcha Mañán => Na Rúa Reveriano Soutullo.

 

Matilde, Taberna de => Ver Galleiro

 

Casa Marcelino => Nos anos 50, na actual Praza Constitución. Ofrecía comidas, marisco e unha selección de viños do Ribeiro.

 

Casa Miguel=> Bar de Miguel Virulegio na Praza Constitución. Preparaba merluza con allada e raia o día de Todos os Santos. Cando o dono se xubilou o bar foi rexentado pola súa filla e o seu home. Permaneceu aberto ata principios dos 90.

 

Moderno, Restaurante => En 1910 era propiedade de Justo M. Tojeiro, que daquela era concelleiro no Concello. En setembro traspasoullo a José Puig. En 1918 atopo a Luis Quijeiro como novo propietario do “Hotel Café El Moderno”, na rúa Alfonso XII.

 

Moujáns, Taberna => Na Rúa Cruceiro.

 

Nador, Taberna => Estivo na rúa Espíritu Santo e logo na Calle Oriente (R. Telmo Bernárdez). Famoso por dar tapas gratis durante un tempo. Á fronte estaba a señora Juana e o seu fillo Docho, ao que Gildo Casal lle cantaba con música de Gilda:

 

Querido Docho

 

cómprame un bolso

 

de plesiglás

 

un vestidito acampanado

 

y unos zapatos

 

forma Gildá.

 

No estoy solo => Na Praza Constitución. Recibe o nome dunha broma de Alfonso “Militón” cando lle dixo ao dono, Julián López Diego: “Julián, puxeches o bar nun sitio...; é mellor que lle poñas No estoy solo, porque tes sempre a Porfirio (dono dunha barbería a carón do bar) contigo”.

 

Nova, Taberna => Na estrada a Vigo a finais do S. XIX.

 

París, Bar => A principios dos anos 20.

 

Pepita, a Taberna de => Na Pz. Santiago Apóstolo.

 

Rafael Acero => Tenda de viño cara a 1910.

 

Ramón Bula, Tenda de Viño de => A finais do S. XX na Praza Constitución.

 

Reboreda, Casa => Na R. Xeneral Rubín os anos 40. Daba comidas.

 

Retiro, El => Merendeiro en Chapela, tiña horta con viñas

 

Ribadavia, Bar => Na Pz. Santiago Apostolo.

 

Rita Bula, Tenda de Viño de => A finais do S. XX na Praza Constitución.

 

Royalty, Café=> Ver Café Imperio.

 

Señora Anita, A da => Na R. Alfonso XII. No primeiro piso tiña habitacións para parellas. Naquel local abriría anos despois a pastelería Virita.

 

Señora Josefa, a Fonda da => Na R. Alfonso XII. Tiña diante a parada dos coches de liña. Co tempo convirtiríase na Casa Barciela.

 

Señora Matilde, Taberna da => Na Pz. Ribadavia. Daba comidas e habitacións. Posteriormente, Bar Galleiro.

 

Serranas, Taberna das => Na Pz. Ponteareas.

 

Tablón, Bar El => Na actual R. Cabo dos Fumeiros. Propiedade de Cabezo I.

 

Tres Portiñas, Las => Tres Portiñas era o nome dun barrio de Vigo que se fixera popular por ser o esceario da guerra contra os franceses. Recibiu o nome polas tres portas que tiña o bar, que abriu cando menos dende os anos 40 na rúa Alfonso XII. Comidas e marisco.

 

Triscallo => Ver Imperio.

 

Tuyo, El => Na R. dos Fornos propiedade de Julián González, alcumado Peitudo.

 

Ventura Núñez, Casa => Ver La Buena Ventura.

 

 

 

NOTA: En marzo de 1910 abriu un restaurante preto da estación Manuel Doval Sánchez, na casa onde tivera un establecimento Amalia González. A súa intención era adecuar o bosque unido ao local para celebrar “fiestas campestres amenizadas por un piano mecánico”.

 

 

 

Redondela. 2ª metade do S. XX

 

Alborada => Trocou o seu nome ao cambiar de dono.

 

Alvedosa, Hostal => Na R. Ernestina Otero cerca da Praza de Abastos. O último, ata o de agora, que ofertou hospedaxe no casco urban de Redondela. Trocou o seu nome polo de Hostal Julio César e acabou por fechar despois de varios cambios de dono.

 

Aparecido, El => Debía o seu nome a unha película de vaqueiros que pasaban no Cine Fantasio cando abriu o negocio un home de Ourense que foi bautizado con este alcume. Despois de varios trocos de propietarios pechou no 2012.

 

Autobar, Café => Na Praza Ribadavia. Despois de ser reformado abriu como Cafetería Caballo Salvaje, tamén desaparecido ao construirse un edificio no solar.

 

Barciela, Casa => Antiga Fonda da Señora Josefa. Na R. Alfonso XII, alá polos anos 40 e máis tarde na R. Meixón Frío. Mariscos e comidas. O seu dono era José Barciela Tojeiro.

 

Barriles, los => Na R. Ernestina Otero. Despois de anos como taberna reabriu como tapería pechando ó pouco tempo.

 

Búrbida, Cafetería => En Santa Mariña.

 

Canastro, Bar o => Abriu en 1968 na R. Prata. O seu propietario era José Abal Lamas.

 

Casino, Café-Auditorium => Na R. Ernestina Otero.

 

Gaucho, El

 

Jamaica, Bar => En Meixón Frío. O seu primeiro propietario foi Francisco Losada, nos anos 50. O nome do bar convertiuse no alcume dos donos e da familia que o alugou posteriormente. Estes ao non ver renovado o contrato ao rematarlle a chamada renda antiga, abriron O Novo Jamaica na R. Padre Crespo, no anteriormente chamado JB. O antigo local despois dunha reforma reabriuse como pub, pechando pouco despois definitivamente por mor das denuncias por ruído.

 

JB, Bar => Na Calle Vella. Antes de abrir A Fragua na Av. Mendiño, os seus donos xa vendían neste local os bocadillos de xamón asado e tortilla aos alumnos do instituto, daquela na Xunqueira. Despois de pasar por varias mans converteuse no Novo Jamaica.

 

Manda Truco, Bar => Américo Couñago Alonso abriu este bar en decembro de 1969 na rúa Xeneral Rubín.

 

Mariñas, Hamburguesería las => En Santa Mariña. Enchíase os domingos cos xóvenes que ían ó Miramar.

 

Moncho, a de => Na Pz. Constitución. En realidade chamábase Sónate Moneco, pero popularizouse como a de Moncho polo seu dono Ramón Acuña, quen colleu o traspaso do bar e o mantivo aberto máis de 30 anos, ata a súa xubilación.

 

Montevideo, Café-Bar => Aberto en 1968 polos irmáns Araujo na actual Pz. Constitución. En 1971 Telmo Araujo o traspasa a Ángel Nicanor Garrido Lemos. Co tempo trasladariase a un baixo cercano no que anteriormente estivera El Gaucho.

 

Novo Choco, o => Na R. José Regojo. O seu dono xa rexentara con anterioridade o Café-Bar Montevideo.

 

Nuevo Porrón, Bar El => Na R. Alfonso XII. Nos seus últimos anos os fillos dos donos convertírono en “bar heavy”.

 

Pardo, Casa => Nos anos 60.

 

Pincho, Bar => Na Praza Santiago Apóstolo. Nos anos 60, propiedade de José Gómez Rodríguez.

 

Porrón, Bar El => Na R. da Ribeira. Nos anos 50 era propiedade de Domingo Rafael. Abriu novamente en 1965. Alcanzaría a súa maior fama cando, nos anos 80, despois de reformalo se fixo cargo da dirección Enrique Tuche Crespo, quen é toda unha personaxe en Redondela. Entre as mil anécdotas protagonizadas citar que nunha ocasión o ciclista francés Luc Leblanc declarou que gañara unha etapa da Volta a Galicia grazas aos chocos que comera no Porrón antes da saída. Pechou por xubilación no 2011.

 

Prescila, Bar Fonda => En Vilavella. A súa dona Prescila Castro acabou por alugala. Cara a 1960 era rexentada por José Méndez. Viviu a súa mellor época cando daba comidas aos empregados da Fábrica de Regojo.

 

Rial, Casa => En 1971, José Rial traspasa este bar a Manuel Morales Pérez.

 

Rivas, Bar => Na Av. Mendiño. Máis coñecido como “A Mouchiña”, alcume da dona que deixou o negocio con máis de noventa anos. No 2012 os herdeiros voltaron a abrir o bar despois dunha reforma.

 

Sil, Bar => Nos anos 60, con portas ás rúas Meixón Frío e Alfonso XII.

 

Stop, Cafetería => Inaugurada en 1967, sendo os seus propietarios José Rodríguez Crespo i Enrique Tuche Crespo, si ben o segundo deixaría posteriormente este negocio para facerse cargo da cafetería do Centro Recreativo e Cultural de Redondela. A súa terraza na praza Constitución era a mellor da vila.

 

Tasca, La => Bar de Mingos na Calle Vella (Padre Crespo).

 

Torre, la => Na R. Alfonso XII. Dispuña de hospedaxe. O seu dono anteriormente tiña o bar La Chispa, nome que lle quedaría como alcume.

 

Viaductos, Los => Na R. Padre Crespo. Pechou a principios do 2015.

 

Virita, Pastelería-Cafetería => Os domingos pola mañá ofrecía almorzos á xente que saíra de troula o sábado anterior.

 

Xan Carallás => Restaurante inaugurado en 1964, de merecida fama polo bo marisco que servía. Despois da xubilación do seu dono sofreu varios trocos de propietario e de tipo de negocio (pub, bocatería, tapería...), aínda que mantendo o nome.

 

Cabeiro

Brasería, Restaurante La=> En Cabeiro.

Manuel García Álvarez, Taberna de => En Cabeiro nos anos 20.


 

 

 

Cedeira

 

O Cruceiro => Nun principio funcionou como bar-tenda.

 

Devesa, Bar => Anteriormente bar-tenda.

 

Prudencio Barcia Pení, a Taberna de => En Rande cara a 1910.

 

Rafael, Restaurante=> En Cedeira nos anos 60.

 

Rincón Verde, O => Na Formiga.

 

Salustiano Pazos González, Taberna de => En Cedeira na década dos 20 do século pasado.

 

Sube si podes => Debíalle o nome a estar situado nun primeiro piso.

 

 

 

 

 

Cesantes

 

Albariño, Bar => En Cesantes nos anos 60.

 

Bar-Budo => Bar tenda de Arturo Toucedo Míguez xunto ao paso a nivel, nos anos 50.

 

Catapeixe, Restaurante => En Cesantes nos anos 60.

 

Cesantes, Bar => En Cesantes nos anos 60. Propiedade de Gumersindo.

 

Chocomar, Bar => Na praia en 1960.

 

Gran Merendero => Reabriuse en 1915, no punto de embarque do vapor de Vigo.

 

Jaime, Bar => Abriu na praia de Cesantes en 1964.

 

Martínez, Casa => Estrada á praia. Na primeira metade do s. XX.

 

Minso, a de => Na praia de Cesantes, nos Asteleiros, alá polos anos 80.

 

Playa, Bar => Na praia nos anos 60.

 

Playa de Cesantes, Hotel

 

Punta de la Playa, Bar => Na praia de Cesantes nos anos 60.

 

Señor José, Casa Bar => Na Punta de Cesantes.

 

Sarapico, Casa => En Cesantes.

 

Soutelo, Bar Casa => Ofrecía comidas e habitacións nos anos 60 na Praia da Punta, en Cesantes.

 

Torerillo, Bar de => Na baixada ó peirao de Cesantes.

 

 

Chapela

 

Alejo, Bar de => Despois “Priorato”.

 

Baar, Bar

 

Capela, Casa => En Chapela a mediados dos anos 60.

 

Carballinés, Bar => A finais dos 60.

 

Costoya, Casa => A mediados dos anos 60.

 

Custodia, Casa => No barrio Igrexa a mediados dos anos 60.

 

Despensa, Bar la

 

Divinas=> Despois “Baiuca

 

Elvira, a de => Tenda-bar.

 

Gregorio Rivas Álvarez, A Taberna de => Nos anos 20.

 

Gumersinda, a de => Tenda-bar.

 

Japonés, Bar => Nos anos 60 no alto da Encarnación.

 

Mari, Bar

 

María López, Taberna de => Nos anos 20.

 

Maximino, Bar de => En Arealonga. Posteriormente “La Chabola

 

Orense, Bar => A mediados dos anos 60 propiedade de Antonio Nogueiras.

 

Parra, La=> Despois “Mirador

 

Perry's

 

Pirata, Bar

 

Retiro, Merendero El => En 1923 o seu propietario ofertaba o seu traspaso porque unha enfermidade impedíalle atendelo. Estaba a 50 metros da parada do tranvía.

 

Santiagués => Despois El Canario, que acadaría gran fama en vodas e banquetes

 

Valenciano, el => En Arealonga. Despois Asador Arealonga.

 

Las Viudas => En Arealonga.

 

 

 

Quintela

 

Azul, Bar => En Quintela.

 

Bernardina Castro, Taberna de => Funcionaba en Quintela en 1900.

 

Reboreda

Cruceiro => Bar-tenda en Reboreda. O bar pecharía nos anos 90 e anos despois a tenda ao xubilarse a dona.

Raxado, a Taberna de => En Reboreda na estrada a Amoedo, á beira dunha curva moi pechada, á que lle deu nome.

A Roda, Asador => En Reboreda. O churrasco era a súa especialidade.


Saxamonde


Vilar

Perfecta Vilas Souto, A Taberna de => En Vilar a principios dos anos 20.


O Viso

Carrandaina, Taberna da => Bar-tenda no cruce do Viso.


 

 

OS BAILES DE PRINCIPIOS DO SÉCULO XX.

 

Baile La Alegría => En Vilavella en 1923.

 

Baile de Arturo => Xunto ó antigo paso a nivel do Coto (Cesantes)

 

Baile de Chapela => En setembro de 1932 con ocasión da reinauguración deste baile despois dunhas reformas, comezou unha pelexada que rematou en batalla campal con paos, pedras e ata navallas, resultando varios feridos, algúns de gravidade, e producíndose varias detencións. En 1944 tamén recibiu o nome de Parque Canario.

 

Baile do Codia => No Pereiro (Cesantes).

 

Baile de Enrique

 

Baile de Figueiral => Na rúa Padre Crespo no mesmo local que estivo o Baile de Paulino.

 

Baile de Isidro Otero => Recibiu permiso para celebrar bailes en 1924.

 

Baile de José Estévez => En Cedeira cara a 1917.

 

Baile de José Pereira Míguez => En 1923 autorízaselle a celebrar bailes en Saxamonde os domingos e festivos.

 

Baile do Ladrillo => En Negros.

 

Baile do Loural

 

Baile de Marcial López => En Cesantes nos anos 20.

 

Baile de Paulino => Abriu a principios dos anos 60 na rúa Ernestina Otero como baile ao aire libre baixo o nome Baile de Paulino, polo seu dono Paulino García García, que xa fora propietario do Salón Villavieja. Para que a xente chegara ao baile os donos construiron a ponte que une a Xunqueira coa Avenida Ernestina Otero. Posteriomente se convertiría na Discoteca Diva. A finais do pasado século trocaría este nome polos de Sol Latino, Latinos en Salsa, Cafetería Latino e recuperaría finalmente o de Diva.

 

Baile do señor Sequeiros => Na Avenida de Santa Mariña.

 

Baile do Serapico => En Cesantes, logo convertiríase no Cine San Simón.

 

Baile de Víctor Reguera => De Redondela, en 1924 concédeselle permiso para celebrar bailes.

 

Casino => Sociedade que se atopaba na Rúa Alfonso XII, na primeira pranta da casa onde se atopa a Farmacia de María Rita. Noticia aparecida no xornal El Soplete (nº59/1933):“Una señorita ya entrada en años y que luce una cabellera obligadamente rubia, no perdió una pieza en el último baile del Casino”.

 

Flor de Cesantes => coñecido como o Baile do Pereiro, en Cesantes. Moi recoñecible por conservar pintados uns gaiteiros na porta.

 

Sala Parque La Junquera => Abriu en 1934 sendo propietario Manuel González Muradás. Co tempo converteuse en Sala de baile con grupos en directo. En 1968 foi reformada, o que non evitou que pechara na década seguinte. Aquí tocaría xente como Karina ou Los Tres Sudamericanos.

 

Sala Redondela=> A principios dos 50.

 

Salón de la Alegría => Nos anos 20. Ofreceu un baile a noite de San Sebastián de 1926.

 

Salón La Luz del Día=> En Chapela nos anos 30.

 

Salón Míguez => Na rúa da Ribeira, no baixo máis tarde ocupado por O Bazar. Foi o primeiro baile no que comezaron a tocar orquestras. Como exemplos: En 1910 celébrase nel un baile de entroido organizado polo Centro Científico Deportivo. No 1932 celebrouse nel un mitín galeguista e nese mesmo ano un mitín de dereitas. Ese mesmo ano durante a celebración das Festas da Coca entregou os premios as parellas gañadoras dun campionato de baile de resistencia.

 

Salón Redondela=> A finais dos anos 40 na rúa General Mola, hoxe rúa José Regojo.

 

Salón Robustino => Nel celebráronse bailes de entroido en 1910.

 

Salón San Juan.

 

La Camelia => En Vilavella a principios do S. XX. Tiña o chan de terra e un tronco de piñeiro no centro da pista de baile que suxeitaba unha viga, onde tropezaban os bailaríns. Unha sección da banda de música de Cabeiro tocaba no esceario que estaba debaixo das escaleiras.

 

Salón Villavieja => Nos anos 50, na rúa Padre Crespo. Era propiedade de José Otero González e, máis tarde, de Paulino García García, quen o pecharía para abrir o Baile de Paulino.

 

 

 

A todos estes habería que sumar os bailes organizados nas instalacións das diferentes asociacións: Centro Recreativo e Cultural de Redondela, Centro Republicano... E tamén os celebrados no Hotel España e no Café América.

 

AS DISCOTECAS.

Discoteca Diva => Ver Baile de Paulino.

Discoteca Jackson => Na Rúa José Regojo. Abriu a finais dos 80, pechando nos 90.

Discoteca Kalúa => En Chapela.

Discoteca Tornillo => En Reboreda. Discoteca que abriu as súas portas a principios dos anos 90. Reconvertida en after pechou na primeira década do século. Cambiou varias veces de nome: La Capilla, Seven...

Sala de Fiestas Miramar => En Santa Mariña. Comezou sendo un baile e convertiuse nunha das salas de festas máis grandes de Galicia no seu tempo. Reformada en 1968, pecharía definitivamente nos anos 90. Polo seu esceario pasaron grandes grupos da época: Antonio Machín, Los Tamara...


 

LOCAIS DE COPAS.

Anagrama => Na R. José Regojo. Posteriormente coñecido como Olimpus.

Apolo XII => Chamaba a atención na rúa Prata polo cohete do letreiro. Novos propietarios déronlle os nomes de Copas e Aquelarre.

Brooklyn (antesGangalus) => Na R. Prata, pechado no 2007.

Cactus => Abriu as súas portas na R. Reveriano Soutullo a principios dos 90. Logo trocaría o seu nome por Vai ver se chove Basilisa. Despois dun cambio de donos pecharía definitivamente.

Chuco´s 33=> Na R. Cruceiro. Tivo numerosos nomes: Rafagas, Sinagoga e Plural.

4X4=> Pechado no 2007.

La Guagua => En realidade non era un local senon un vello autobús chamado como a furgoneta Wolsvagen que a S.A.R. empregara nos seus desprazamentos. Era propiedade de Ucha. Estivo primeiro aparcada na Punta de Cesantes e despois entre as naves de Regojo. Suplía a falta de bares de copas nos anos 70.

Noite, Pub => Bar de “Jota” na R. Meixón Frío. Despois sería convertido en pizzería e posteriormente na cervecería A Tenda de Candelaria.

Nudos => Na Portela.

Ruina, la => Na R. Campo de Futbol. Nun principio abrira como tapería baixo o nome de A Lareira.

Servando, a de=> Na Calle Vella. Bar propiedade de Servando que o seu fillo Manolín convertiu no primeiro bar de copas da vila. Despois chamariase Bar Vidal e posteriormente a Disco Tasca.

Solapa=> Na R. Prata, pechado no 2007.

Solera => Na Subida á Estación. Nos seus inicios abriu como Tapería Casa Cuartel.

Durante un tempo foi Villa Lola, e máis tarde pasaría a chamarse Andén 24.

Tálamo, Pub => Abriu nos anos 80.

Tío Elías => Na rúa Prata. Despois Trisquel.

Xanela Pub => Na R. Reveriano Soutullo. Ambiente tranquilo para tomar a primeira copa.

Venus => Inaugurado por Álvaro Lago e Daniel Pérez en 1971 na R. Prata. Nos 90 trocou o seu nome por Mambo.

Texto: J. Migueles

Actualizado: 01-06-2019

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Aportacións orais.

 

SEREN

 

Nº2. Unha pequena homenaxe ás lavandeiras de Redondela durante a Guerra Civil. Carlos A. Antuña Soto

 

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

 

Programas de Festas e Agrupación Artística de Redondela.

 

A Memoria dun pobo. Lembranzas de Cesantes. Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy.

 

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Diario de Pontevedra, El pueblo gallego, Galicia diario de Vigo, La Opinión diario de Pontevedra, La Correspondencia Gallega, El Correo de Galicia, Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración

 

La Voz de Galicia.

 

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

 

Faro de Vigo

 

Matrícula Industrial: 1885-86, 1886-87,1887-88, 1889-90. Arquivo do Concello de Redondela.

 

Redondela Tv

 

https://galicia24horas.es>El lugar en donde el mundo se llama Arealonga, en Chapela-Redondela. Alberto Barciela

 

Escribir comentario

Comentarios: 5
  • #1

    pili (martes, 01 junio 2010 23:09)

    JUAN FALTOUCHE MENCIONAR O QUE AGORA E O ESCONDIDIÑO ANTES ERA ,NOS ANOS 60, O ESCONDIDO UN BAR PARA PARELLAS CON HABITACIONS ENRIBA ,HOXE EN DIA TODAVIA E FONDA , E TAMEN ANTES NA CANDELARIA ESTABA O PUB NOITE O BAR DE JOTA . UN SAUDO

  • #2

    PILI (martes, 01 junio 2010 23:12)

    DISCOTECA O PARQUE ESTABA DETRAS DA PARADA DE BUS NA XUNTO TRALO RIO ANOS 65

  • #3

    NURIA RODRIGUEZ (miércoles, 18 agosto 2010 18:23)

    NON FALAS DO RUADA, NA SUBIDA DA PICOTA??

  • #4

    o rincon verde (jueves, 30 octubre 2014 17:33)

    estaba na formiga en cedeira

  • #5

    taberna da carrandaina (jueves, 30 octubre 2014 17:35)

    estaba no cruce do viso e tamen tiña algo de tenda