Entroido de inverno e de verán.

Nas primeiras Ordenanzas Municipais da Vila das que se teñen constancia,1852 , aparecen os seguintes artigos:

Artículo15º. Estando prohibidas las máscaras y los disfraces, únicamente se podrán usar en los casos y en la forma en que se sirva conceder su permiso el Sr. Gobernador de la provincia como única autoridad competente al efecto; aún en este caso se prohibe el uso de vestiduras sacerdotales y hábitos de las extinguidas órdenes religiosas, juntamente con trajes e insignias militares usados en el día.

Artículo 16º. Ninguna persona disfrazada podrá llevar armas de ninguna especie; y solamente la autoridad y sus delegados podrán mandarle quitar la mascarilla en el caso que no hubiese guardado el decoro correspondiente y hubiese causado cualquier disgusto en el público.

A principios do século XX, as diferentes sociedades da vila organizaban bailes de entroido, pero nas rúas non había tanta animación. Así por exemplo, en 1910 tan só houbo en Redondela tres comparsas: unha de Porriño que cantou diante do Concello, outra que levaba entre outros instrumentos tres bombos e unha formada por nenas.

Estas festas nunca foron do agrado da igrexa católica polo que en 1922: “O domingo, luns e martes de entroido expúsose nas igrexas desta vila a  S. D. M., para desagraviar ao Señor das ofensas que contra El se cometen nestes días de loucura”.

Despois do golpe militar de Primo de Rivera o entroido de 1924 non se celebrou na rúa pero os bailes do Casino, Círculo, Redondela F. C. e Sociedade de Mariñeiros estiveron moi animados. A festa seguiu restrinxíndose aos locais das sociedades. Habería que agardar a 1928 para que o Círculo Mercantil sacara de novo o entroido á rúa.

En 1932 saíron variadas e boas comparsas destacándose a de Los locos cantores.

En 1933 naceu a Agrupación Artística Redondelana, gran animadora do entroido,da man de Félix Fernández, formada por xóvenes da vila que cantaban e tocaban a bandurria. Tanto éxito tivo que ese mesmo ano son invitados a actuar en Vigo. En 1935 destaca unha nova comparsa infantil chamada Los Piratillos Viaducticos dirixida por Pepito Bernárdez. Trala Gerra Civil prohibiuse que a xente se disfrazara pero, cando menos en Redondela, a xente seguiuno a facer. As forzas do orde tiveron que ceder ante as tradicións do pobo, mais cando alguén saía da casa coa cara tapada deseguida aparecían os gardas para quitarlle a máscara. En 1953, Félix Fernández e o músico Lino Muíños fixeron rexurdir a Agrupación Artística Redondelana. Esta rondalla tocaba no entroido coros a catro voces, pasodobres, fox-trot... Cantaban tanto en castelán como en galego, algo meritorio dada a situación política.  

A mediados deste século, as comparsas cantaban cancións, algo parecido ó que se segue a facer en Cádiz. Moitas veces as coplas dunha murga ridiculizaba ós compoñentes doutra e ó ano seguinte os aludidos daban a réplica. Comparsas famosas en Redondela serían: Los Angelitos, Los Estudiantes, Las Madamas, Los Peperetes, Los Postineros, Los locos Cantores... Ata os anos oitenta as comparsas, despois de desfilar polas rúas da nosa vila, subían a un escenario na praza da Constitución a interpretar as súas coplas o domingo e o martes, no que se daban os premios. Daquela causara bastante escándalo o grupo formado por Chus, Mingui, Coque Mazinger, Rodri... Disfrazados de personaxes das historias de terror (zombis, Dracula, Frankenstein...), facían unha versión dunha canción de Joaquín Sabina con estrofas coma “Pasando de Fraga y de Carlos Solchaga. ¡Pasándolo bien!”. Como comprenderedes, por aquelas datas as referencias políticas eran un tema aínda máis delicado que hoxe en día. O caso é que as comparsas subencionadas polo Concello seguen desfilando pero tan só o domingo e limitándose ó pasarrúas. Mais aínda quedan veteráns como a Comparsa do Tío Emilioe Os do Muro que siguen vivindo o entroido sen subencións e sen seguir a rixidez do desfile.

En canto ós máis xóvenes disfrutan do entroido o sábado pola noite e o martes, día para disfrazarse en grupo ben temprano para tomar uns viños e ir xantar un cocido e pasalo ben ata que o corpo aguante. A tradición iniciouse no ano ¿?, cando a pandilla formada, entre ¿outros?, por Jandouma e Xorxe decidiron disfrazarse cada un dunha cousa e ir tomar un cocido a Estacas. Ó ano seguinte sumáronse a idea Piñeiro, Juan Calvo, Wesi, Lucho, Bullman, Troni... Estes xa se disfrazaron todos igual e xantaron na vila, concretamente na desaparecida A Lareira. 

 

Sábado á noite. 2009.
Sábado á noite. 2009.

O martes tamén é o día en que se lle pranta lume ao Meco. Personaxe que ridiculiza un tema que saltara aos noticieriros durante o ano. Por exemplo, no 2010 foi o virus da gripe A. Despois os fogos artificiais poñen fin ó entroido en Redondela.

Nos anos 90 o Enterro da Sardiña, tradicional en moitas localidades costeiras de Galicia, despois de ser  sustituida durante varias edicións polo Enterro do Mono Paco, foi perdendo forza ata que deixou de celebrarse en Redondela. Por contra, en Chapela o Enterro do Berete segue a ter moito éxito, grazas en parte a trocar o día de celebración, do tradicional Mercores de cinza ó sabado seguinte.

 

Máis recentemente, Lino López preguntoulle ós seus amigos que festa se podería organizar na vila para que viñera xente de fóra. Tivérono claro, nacía así o primeiro Entroido de Verán da Península, seguindo os pasos do Mardi Grass. Esta festa foi organizada na primeira edición polos antes mencionados, nas seguintes polos donos dos pubs e discotecas da vila e a partir da terceira edición tamén contou coa participación do Concello. Esta armonía rompeuse no ano 2007 debido ó peche por parte do goberno local de tres bares de copas da rúa Prata. En protesta, moitos mozos e mozas da vila disfrazáronse de punkys. Como curiosidade dicir que a festa está rexistrada a nome de Lino López Cabaleiro e non do Concello. No 2013 calculouse que a esta festa asistiron 25.000 persoas.

 

COPLA DE ENTROIDO Nº 1 (finais anos 20 ou principio dos 30)

                                                                                                             

                                               En el baile he visto yo

una chica se cayó.

 

¡Oh, que horror!

 

Pues al caerle se le vió

un par de medias color café

que le llegaban donde adivina usted.

 

Si Porfirio llega a estar

y alcanza ese mirar...

 

¡Oh, que horror!

 

Pues le sentaría a él,

más sabroso que un pastel.

 

¡Oooooh!

 

La llevaría a la barbería

y como tiene allí el botiquín

la sentaría en un sillón

la primera cura sería con el diapasón.

 

Chica ¿qué te ha pasado?

Que en este baile has sufrido un sofocón.

Toda la gente dice

que has enseñado la exposición.

 

 

 

Copla Comparsa “Los Postineros” (finais anos 20 ou principios dos 30)

 

 

A murga de cociñeiros,

que saíron o outro ano,

chamáronnos postiñeiros.

¡Que nos dirán este ano!  

 

Pensaron que era un insulto,

que nos quixeron facer.

Nos enchémonos de gozo,

que mais podemos querer.

 

Si fritiran huevos

 éralles mellor.

Eles cociñeiros,

postiñeiros nós.

 

Éralles mellor,

éralles mellor.

Eles cociñeiros,

postiñeiros nós.

 

 

Mi tierra de amor

           

Canción interpretada pola Agrupación Artística de Redondela a principios dos anos cincuenta. Música de Lino Muíños.

Tú eres bella y dulce Redondela

tú eres dueña de nuestra ilusión,

y donde altivo dejo yo mi huella

y por ti yo me rendiré de amor

 

Los puentes que resaltan tu hermosura

tus ríos con tus playas y tu mar,

pueblo de mi esperanza y mi ternura

contigo quiero siempre yo soñar.

 

Son tus campos alegres perfumados

tu ría de riqueza sin igual,

vergel que todos sueñan al mirarlo

un nuevo paraíso terrenal.

Mi tierra de amor

yo quiero estar muy cerca de ti,

dame tu calor

que sin él yo no puedo vivir.

Tú eres mi ilusión

que ilumina mi dulce cantar

te querré con amor

como nadie te quiso jamás.

 

Es día grande para saludarte

linda princesa de fino coral,

todos venimos a felicitarte

para cantarte a ti en carnaval.

 

Son tus mujeres lindas y hechiceras

que embrujan y fascinan al mirar,

son el orgullo de nuestras quimeras

por su rica ternura y bondad.

 

A ti te ofrezco todo mi cariño

que guardo dentro de mi corazón

lejos de ti lloro yo como un niño

tu eres madre, mi tierra de amor.

 

(bis estribillo)     

 

 

Copla (nome descoñecido)

 

Se depilan, echan polvos en la cara

echan todo al olvido.

Este mundo está perdido.

¡Son unas descarriadas!

 

 

 

Subir

 

 

 Xan Carrallás                                                                                           Outras Festas

 

Festas e Tradicións

 

Inicio

Escribir comentario

Comentarios: 0