Outras Festas.

 

Festas Gastronómicas

 

Cartel da Festa do Choco 2008
Cartel da Festa do Choco 2008

Festas do Choco.

2º fin de semana de Maio en Redondela.

            A máis importante festa gastronómica da vila, dende 1987.

Cartel da Festa do Viño da Casa 2009
Cartel da Festa do Viño da Casa 2009
 

Festa do Viño da Casa.

En xullo na área recreativa de Chan das Pipas (Saxamonde).

            Comezou a celebrarse no 2008, organizada pola Asociación Deportivo Cultural Chan das Pipas. Nela pódese degustar os viños de pequenos productores da zona acompañados por carne ao caldeiro, polvo e empanada a precios populares.

 

Festa do Mexilón.

Esta é a festa gastronómica pioneira da vila, xa que se celebrou por primeira vez en 1963. Celébrase en agosto ou setembro en Chapela.

 

 

Cartel da Festa da Mazá 2009
Cartel da Festa da Mazá 2009

Festa da Mazá.

1º domingo de outubro en Negros (diante do centro cultural).

            Festa adicada á mazá e os productos elaborados con esta froita como a tarta de mazá ou a sidra.

 

Festa do Magosto.

1ª quincena de novembro en Cedeira.

 

 

Cartel da Festa da Orella 2008
Cartel da Festa da Orella 2008

Festa da Orella de Porco.

1ª quincena de novembro en Cedeira.

 

 

Festas Relixiosas e Pagáns

 

Cartel Samaín 2009
Cartel Samaín 2009

Samaín.

Na Alameda de Redondela.

            Recuperada pola asociación Xoeira é a celebración celta do día dos difuntos. Unha exaltación da nosa historia fronte ao Hallowen estadounidense. Organízanse obradoiros, xogos populares e magosto; a festa remata con queimada e gaitas.

 

Festa de San Sebastián.

            O 20 de xaneiro en Redondela. Cóntase, que a devoción da vila por este santo, débese a que escoitou os rezos dos crentes ante a ameaza da peste, librando aos redondeláns desta enfermidade. Isto levou á creación da Hermandad de San Sebastián  no s. XVIII, que estaba vinculada ao gremio dos toneleiros. Nun vello xornal atopo varios datos sacados do libro de actas desta irmandade:

            En 1866 se había pintado la imagen, así como la capilla, importando esta obra la cantidad de 1.316 reales.

En Junta general celebrada el 3 de febrero de 1881, se acordó, con entusiasmo general dar las gracias al socio Domingo Fernández por haber regalado al Santo un bastón con puño y regatón de plata.

            El 23 de octubre de 1881 la Junta directiva de la Hermandad que presidía don Joaquín Sánchez, acordó, en vista del mal estado en que se hallaba la sagrada imagen, enviarla a pintar a Tuy, dejando a criterio del párroco la elección de artista que la deje al mejor gusto de todos. Esto se hizo con el producto de limosnas de todos los socios que aportaron según relación, 315 reales. La obra importó, según recibo, 500 pesetas, comprendiendo ojos nuevos, pestañas y llagas de cristal.

            En el año 1882 los mayordomos José Fernández Carrera y Manuel Otero dispusieron que se pintase la sagrada reliquia a sus expensas, construyendo también un anda para salir en procesión. La Junta general acordó se hiciese constar en acta a fin de que “llegue a conocimiento y recuerdo de todos los venideros”, dándose también las gracias a la mayordoma Soledad Muíños, por sus sacrificios en beneficio de la Hermandad.

            En 26 de diciembre de 1884: “A consecuencia de un gran desengaño que en muchos años está notando la Junta, prohíben terminantemente la colocación de cadenas en la imagen del Santo, ya que además de ser una risa para las personas forasteras que contemplan a este pueblo con poca civilización y causan daños en la pintura del Santo”.

            En 14 de junio de 1886 se hizo el escudo de plata que lleva el estandarte de la Asociación en la conducción de cadáveres de los hermanos fallecidos. Se emplearon tres gargantas de plata pertenecientes a la Asociación y pedazos de dicho metal que gratuitamente ofrecieron varios vocales.

A principios do século XX, a noite anterior se poñían a arder barricas cheas de alquitrán na Praza de Abastos. No día de San Sebastián, pola tarde, cando saía a procesión, na Alameda disparábase un canón e do ceo caían paracaídas e lambonadas, facendo as delicias dos nenos. Pola noite había baile na sociedade.

            Ao día seguinte era o da Astilla, festa dos carpinteiros. A familia que acollía a festa gardaba o pendón na súa casa ata o ano seguinte. Pola noite tamén se celebraba baile.

            Ata mediados de século a xente lanzaba fogos ao paso da procesión e os capitáns dos barcos competían a ver quen lanzaba máis fogos o día da festa.

A festa estaba indo a menos, xa se reducira de 3 a 1 só día, cando deixou de ser festivo alá polos anos 80. Na actualidade segue a facerse a condución da imaxe da igrexa de Redondela á de Vilavella pero con pouca asistencia de fieis.

 

Luns do Cristo (dos Navegantes).

O luns seguinte á Semana Santa. Festa local en Redondela dende 1964.

            Como moitas vilas mariñeiras, Redondela honra ao Santísimo Cristo dos Navegantes. Esta festividade é organizada pola Asociación del Santísimo Cristo de la Agonía, confraría fundada en 1883. A procesión do Cristo é a máis concurrida do Concello de Redondela.

 

Cono. 2009
Cono. 2009

 

Festas dos Maios.

1º de Maio en Redondela.

            Festa que se conserva sobre todo no sur de Galicia. Ademáis de en Redondela teñen moita fama os de cidades como Ourense ou Pontevedra.

A orixe desta tradición non está clara, algúns autores considérana celta e outros creen que provén da prehistoria. O significado é o de dar a benvida á primaveira. O armazón dos maios realízase en madeira e cúbrese con fiuncho e frores. Hai dos tipos de maios:

            O maio tradicional: é o “cono”, que como o seu nome indica ten forma cónica. En outros concellos este maio ten forma de prisma. Tamén se considera tradicional o cruceiro.

            E o maio artístico: defínese pola liberdade artística, pode ser: un canastro, a representación de oficios antiguos, os viadutos, a coca...

Existe un terceiro tipo que sería o maio vivinte: en lugar do armazón de madeira engalánase a unha persoa. Este maio ten moita tradición noutras vilas, en Redondela tan só se realizou de forma puntual.

Cada maio ten as súas propias coplas que critican con humor os feitos máis relevantes ocurridos durante o ano anterior. Estas coplas cántanse dando voltas ao maio acompañando as cancións batendo dous paos ou golpeando con legóns no chan.

En Redondela, esta festa estaba prácticamente desaparecida ata que no 1957 foi recuperada polo Centro Recreativo e Cultural de Redondela. Tan só se deixou de celebrar entre os anos 1962 e 1965 por falta de aportacións económicas, o que non impediu que algún maio saíra á rúa. En 1966 o Centro de Iniciativas e Turismo volta a retomar a organización do concurso, celebrándose ininterrumpidamente dende esta data. No 1967 formou parte do xurado o escritor ourensano Ben-Cho-Shey que realizou unhas grabacións consevadas no Arquivo Sonoro de Galicia. A participación nos derradeiros anos ronda a decena de maios, lonxe dos máis de cincuenta que se facían a finais dos anos 80 do pasado século.

Ahí ven o maio

pola carretera

a tomar un vaso

na da Montera.

 

Ahí ven o maio

pola Carambola

escapa rapaciño

que che comen a p...

 

Festa de San Xoán.

O 24 de Xuño en Cabeiro e outros.  

Festa tradicional en numerosas vilas de España. Cando se cumpren as 24 horas do día 23 acéndese a fogueira que hai que saltar. Cómense sardiñas acompañadas de bo  viño ou auga según os gustos de cada quen.

Outra tradición é a Auga de San Xoán. Nun balde de auga introducir as 0:00 horas polo menos sete das seguintes prantas: herba de San Xoán (artemisa), bieiteiro, espadaña, fiuncho, herba de Santa María, malvavisco, orégano, herba luisa, trovisco, rosa silvestre (rosa canina), ruda e romero. Esta lista pode variar. Hai xente que emprega outras prantas como follas de limoeiro e laranxeiro, tomillo ou ruda. Deixamos a auga baixo a luz da lúa e pola mañán retiramos as prantas e lavamos a cara con ela. Tamén hai quen a bebe.

Nesta noite québrase a casca dun ovo de xeito que a clara saia pouco a pouco. Se a clara sae en forma de fíos representa unha catedral. Isto significa que a persoa que escachou o ovo vai casar.

Tamén é noite de gamberradas tales como desmontar os portais e agachalos, ou como sucedeu en 1924 en Reboreda, guindar un carro de labranza ao río, suceso que rematou coa detención de tres mozos.

En Cabeiro esta é a festa parroquial polo que hai verbena. As asociacións veciñais e centros culturais realizan fogueiras en otras parroquias (por exemplo, no 2010 en Saxamonde ou Ventosela). A máis cercana ao casco urbán de Redondela é a de A Portela (Cedeira) organizada por iniciativa privada.

Ata os anos 80 do século pasado, a Confraría de Pescadores San Xoán de Redondela, celebraba a festa na Ribeira. Prendíase unha fogueira, asábanse sardiñas e logo tocaban uns gaiteiros seguidos por unha banda ou orquestra. No mesmo ano que se celebrou San Antón diante da leiteiría, na festa de San Xoán non houbo gaiteiros polo que a xente dicía: “San Juan sen gaita e San Antonio leiteiro”.

 

Cartel Festa dos Fachos 2002
Cartel Festa dos Fachos 2002

Festa dos Fachos.

Derradeiro fin de semana de xuño no Viso.

            A xente reúnese as 11 da noite ao pé do monte de A Peneda para subir con fachos ata o cumio. Unha vez arriba invócase á historia do lugar e préndese lume a un folión. De este xeito saúdase ao solsticio de verán. Esta festa era unha tradición celta que, si ben non se pode afirmar que se celebrara en Redondela, varias asociacións a recuperaron en 1997.

 

Festas do Carme.

O 16 de xullo en Cesantes e Chapela.

            Festa tradicional nas vilas da costa galega. A imaxe da virxe do Carme é paseada en barcos engalanados con bandeiras. A procesión remata cunha ofrenda de frores ao mar en lembranza dos mariñeiros que perderon a vida nel.

 

Festa de San Pedro. 

4ª semana de xullo en Cesantes.

 

Festa do Mariñeiro.

1º fin de semana de agosto en Cesantes.

 

Festa da Virxe da Peneda.

5 de agosto en O Viso.

 

Festa de Santa María.

15 de agosto en Reboreda e O Viso.

 

Festas das Angustias e San Roque. 3º fin de semana de agosto en Redondela.

            Festa celebrada na Avenida de Santa Mariña e que foi a menos nos derradeiros anos. O motivo é os continuos problemas de organización e financiación que xa provocaran a supresión da festa en 1966.

Antigamente a procesión saía da capela e daba volta no cruceiro das Angustias. O baile facíase xunto a capela e as parellas ocupaban a estrada nos tempos en que había pouco tráfico. Nos anos 60 trasladariase durante un par de edicións ao campo de Santa Mariña e poseriormente á actual Avenida Mendiño, a carón da Casa do Mar, onde se instalaban as atraccións e actuaban as orquestras.

 

 

Festa da Nosa Señora dos Dores.

Finais agosto na Teixeira (O Viso).

 

Festa de San Andrés.

30 de novembro en Cedeira.

 

Festa de San Martiño.

11 de novembro en Ventosela.

 

Festa de San Román.

18 de novembro en Saxamonde.

 

Festa de Santa Lucía
          13 de Decembro, na capela de Santa Mariña (Redondela).
          Noutros tempos tivo gran devoción. En 1927 El Heraldo Gallego de Bos Aires dicía que “estuvo concurridísima”.

Texto: J. Migueles

Actualizado: 04-11-2013

Subir

 

 

 Entroido                                                                                             Tradicións

 

Festas e Tradicións

 

Inicio

Escribir comentario

Comentarios: 0