1702 Batalla de Rande

Grabado de la época, del holandés Jan Van Call. Colección Rijksmuseum Amsterdam. Foto: Historia de las Rías
Grabado de la época, del holandés Jan Van Call. Colección Rijksmuseum Amsterdam. Foto: Historia de las Rías

 

           Cando Carlos II, derradeiro Rei da casa de Austria, morre sen descendencia deixa o trono a Felipe de Borbón neto do Rei de Francia. As potencias europeas (Inglaterra, Holanda e Austria) queren evitar que Francia aumente o seu poder. Teñamos en conta que daquela España dominaba o Milanesado, Sicilia, o Reino de Nápoles e gran parte dos territorios americanos; continente co que tiña o monopolio comercial. Isto levoulles a apoiar ó arquiduque Carlos de Austria desencadeando a Guerra de Sucesión.

            A Flota de Indias viña tódolos anos cargada con metais preciosos e todo tipo de mercadorias como madeiras, peles...; procedentes de América. En xuño de 1702, 18 galeóns baixo o mando de Manuel Velasco Tejada saen da Habana escoltados polo almirante Chateau-Renault con 24 navíos e fragatas franceses. O seu destino obrigatorio era Cádiz pero chegan noticias de que a frota anglo-holandesa está atacando a súa costa e deciden refuxiarse na Ría de Vigo. Un dos condicionantes desta decisión pudo ser que nun dos galeóns voltaba a España o antigo virrey de Nueva España, o redondelán José Sarmiento y Valladares, Conde de Moctezuma y Tula.

            Esta decisión non foi do agrado do Duque de Barbazón, Gobernador e Capitán Xeneral de Galicia, porque as tropas coas que el contaba eran poucas e ademáis  os fortes do Estreito de Rande (un en Rande e outro en Corbeiro) atopábanse en estado ruinoso.

Unha vez estiveron os barcos na Enseada de San Simón, armouse os fortes con canóns dos barcos e cerrouse o estreito cunha cadea de estacas. Todo estaba disposto para recibir a frota anglo-holandesa composta por 140 barcos, si ben só uns 50 eran buques de guerra. Ó fronte da frota holandesa estaba o Almirante Van der Goes e da ingresa o Almirante George Rook, Duque de Ormond.

Gravado da obra Representatio blli ob successionem in Regno Hispanico. Foto: Historia de las Rías
Gravado da obra Representatio blli ob successionem in Regno Hispanico. Foto: Historia de las Rías

 

           Entre o serán do día 23 e a noite do 24 de outubro de 1702 tivo lugar a Batalla de Rande. O enimigo avanzou pola ría pegado á península do Morrazo para evitar os disparos dos canóns de Vigo. Ó atopar o paso cortadono estreito o Duque de Ormond con 14.000 homes desembarcou para destruir o forte de Rande. Unha vez conseguido o obxetivo, os barcos poideron entrar na enseada de San Simón disparando contra o forte de Corbeiro e rompendo a cadea de estacas. Cando todo estivo perdido os almirantes españois e franceses ordearon hundir os barcos que seguían a flote para evitar que caíran en mans enimigas. Na batalla morreron uns 800 ingleses e holandeses por cerca dos 2.000 españoles e franceses.

            Ó día seguinte os enimigos enviaron buzos a recuperar todo o posible, ó mesmo tempo que unha brigada holandesa saqueaba Redondela, profanando igrexas e destruindo o convento franciscano de San Simón.

            Unha semana despois os enimigos abandoan a ría, quedando a escuadra inglesa de Shovel, que chegara o día 27. Despois de acumular provisións asaltando granxas e hortas, derriban os fortes do estreito, intercambian prisioneiros e reparan os barcos apresados. Cando marchan cara a Inglaterra un destes galeóns afúndese ó pouco de saír, cerca das illas Cíes.

            Máis información:

http://www.arrakis.es/~rojea/rande/ranindex.htm

Extracción dunha caderna en 1955. Foto: Historia de las rías
Extracción dunha caderna en 1955. Foto: Historia de las rías

           O botín que acadaron era moi inferior ó cargamento que levaban os barcos. A dúbida que quedou trala batalla foi ¿antes do ataque a Flota de Indias tivo tempo de desembarcar as súas mercadorías ou seguen no fondo da ría? Aquí comeza a lenda do Tesouro de Rande.

            Os poucos anos comezarían as exploracións na búsqueda destas riquezas. Xa se ten constancia dun intento en 1717. Despois de varias iniciativas en 1870 Hipólito Magen atopou 44 kg. de prata, ademáis de canóns, instrumentos de navegación, áncoras... Este feito disparou o número de cazadores de tesouros que visitaron a Ría, quedándonos para sempre a dúbida de si declararon todo o que atoparon, e tamén disparou a imaxinación de Julio Verne que conta como o Capitán Nemo e os seus homes recuperan o Tesouro de Rande no seu libro 20.000 leguas de viaxe submariño.

A situación cambiaría nos anos 80 cando as competencias para autorizar a exploración foron cedidas ó goberno autonómico que denegou as concesións e denunciou a varias expedicións estranxeiras que operaban ilegalmente. Máis recentemente, no 2007, investigadores da Xunta atoparon os restos de 15 galeóns e se estudia a viabilidade da súa extracción co fin de crear un museo da Batalla de Rande.

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2007/10/26/0003_6262062.htm

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2007/10/26/0003_6262063.htm

Como curiosidade engadir que en Inglaterra foi coñecida como a Batalla de Vigo, polo que hoxe en día no rueiro de Londres podemos atoparnos coa rúa Vigo Street.

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 23-06-2010

Escribir comentario

Comentarios: 0