1809 Invasión francesa

Pontesampaio, concello de Pontevedra. 1900. Foto: Historia de las rías
Pontesampaio, concello de Pontevedra. 1900. Foto: Historia de las rías
Mariscal Soult. Foto: Wikipedia
Mariscal Soult. Foto: Wikipedia

 

           En xaneiro de 1809 chegan a Galicia as tropas francesas do Mariscal Soult perseguindo ás inglesas do Xeneral Moore, aliadas de España, que foran derrotadas en Benavente por Napoleón. Os franceses vencen ós ingleses en Castro de Elviña, cerca da Coruña, e en poucos días toman as principais vilas galegas.

            O 30 de xaneiro entre as 8 e 9 da noite chega a Redondela o destacamento francés do Xeneral Franceschi perseguindo ó Marqués de la Romana, que fuxía cara a Vigo, para pasar a noite na vila. Os seguintes días pasan por Redondela moitas tropas a meirande parte diríxense a conquistar o norte de Portugal. No camiño arrasan o Convento de San Antonio de Vista Real de Agrelo (Cesantes).

Marqués de la Romana. Foto: Wikipedia
Marqués de la Romana. Foto: Wikipedia

           O exército francés é sitiado en Tui e as tropas do Xeneral Macunne saen de Santiago na súa axuda, pero ó chegar a Pontesampaio (Pontevedra) atópanse cun grupo de mariñeiros de Redondela que lles fan fronte armados con cañóns do fortín de Rande. Ó quedar sen municións retíranse resultando morto o xefe do grupo, o licenciado José Macedo. Para dar unha lección os franceses saquean e incendian Redondela e Porriño.

            Ó día seguinte, de regreso de Tui, Macunne volve a saquear e incendiar Redondela. Nestes dous ataques mataron en Redondela unhas 140 persoas despois de torturas e violacións. Queimaron igrexas e tamén os arquivos municipais o que nos privou da documentación de épocas anteriores.

Máis información:

http://www.galeon.com/redondelans/aficiones1045481.html

Coronel Morillo. Foto: Wikipedia
Coronel Morillo. Foto: Wikipedia

             O 7 e 8 de xuño ten lugar a Batalla de Pontesampaio. As forzas galegas co Coronel Pablo Morillo enfróntanse ás francesas do Mariscal Ney. Supuso a derrota e a expulsión do exército francés de Galicia. Nesta batalla destacouse o irlandés John O’Doherty, alférez de navío destinado no apostadeiro de A Portela, que dirixiu 3 lanchas armadas con canóns. Francia ocupou Galicia durante tan só 6 meses perdendo a metade dos 58.000 homes cos que chegou.

 

 

Lugar onde se atopaba o Apostadeiro da Portela, 2009. Foto: J. Migueles
Lugar onde se atopaba o Apostadeiro da Portela, 2009. Foto: J. Migueles

Texto: J. Migueles

Actualizado: 06-07-2010

Escribir comentario

Comentarios: 0