1941 II Guerra Mundial. Nazis en Redondela.

 

Durante a II Guerra Mundial a Ría de Vigo convertiuse en base de aprovisionamento e reparación dos submariños alemáns. Este punto foi confirmado nos archivos ingleses xa que a gran censura da época impídenos contar en Galicia de información de primeira man. A prensa ofrecía unha información totalmente distorsionada polo que o Faro de Vigo era coñecido en Redondela como “o Trampón”, xa que “a única verdade que dicía eran as esquelas”.

Por testimonios orais coñecemos que daquela se dicía na vila que o cargadoiro de Rande empregouse para cargar wolfram, mineral de gran importancia bélica. Este wolfram serviulle a Franco para pagar as débedas de guerra, lembremos que anos antes a lexión Condor alemana desembarcara en Vigo para apoiar ó bando nacional na Guerra Civil Española. Este mineral era moi abundante en Galicia, sobre todo en Santa Comba e Carballo, e León, mina de Coto Wagner.

            O consulado alemán de Vigo era o centro dos servicios de espionaxe na zona, ademáis nesta rexión vivían familias alemanas dende había anos que se convirtiron en colaboradores. Deste xeito, mentras os submarinos alemáns fondeaban na praia de Barra ou na Enseada de San Simón, os seus tripulantes se repoñían en propiedades de alemáns como o “Pazo do Alemán”  en Soutomaior, no “Colexio Alemán”en Vigo e noutros puntos da Ría, entre os que se cita o Pazo de Torres Agrelo, se ben é certo que non puiden confirmar este punto. Nas Illas Cíes aínda se coñece como Praia dos Alemáns ao lugar ampregado polos nazis para o seu esparcimento.

            Cara a 1942 ou 1943 publícase en Información de España. (México), as declaracións dun home recén chegado da provincia de Pontevedra, que di de Redondela:

 

Eduardo Martínez e a súa dona. Foto: Ver enlace
Eduardo Martínez e a súa dona. Foto: Ver enlace

 


O Schindler vigués.

Nesta mesma época miles de refuxiados, na súa meirande parte xudeos, eran detidos e encarcerados en Miranda do Ebro despois de atravesar ilegalmente os Pirineos. O Servicio Secreto Bitránico puido sacar a moitos deles do cárcere e poñelos a salvo a través de Portugal.

O vigués Eduardo Martínez Alonso (1903), médico da Embaixada Británica e da Cruz Vermella, foi o ideólogo da coñecida como ruta de Valença do Miño. Os refuxiados eran conducidos a súa residencia de verán en A Portela (Cedeira-Redondela). Polas noites, nun embarcadoiro cercano subían ós barcos que os levaban ata Tui. Unha vez alí, buscaban o mellor punto para cruzar a fronteira. Despois eran embarcados cara ó continente americano. A presencia dos alemáns en toda a zona nos pode dar unha idea da dificultade que suporía trasladar persoas cara a Portugal.

Exiliado a Inglaterra, dende onde seguiu dirixindo o operativo, Eduardo Martínez recibiría en 1945 a Medalla ó Valor do Goberno Británico. Poco despois voltaría a España. Xa no 2008, sería distinguido co título de Xusto entre as Nacións.

A súa filla, a antropóloga social Patricia Martínez de Vicente, publicou no 2003 un libro contando a historia do seu pai. No 2005, documentos desclasificados dos Arquivos Nacionais británicos amosaron novos datos sobre o acontecido.

http://avozdevilalba.blogspot.com/2008/09/xulia-lola-e-amparo-na-memoria.html?showComment=1221945420000

 

A División Azul

          Por outra banda, moitos españois enrolados na División Azul loitaron na fronte rusa apoiando ós alemáns. Varios redondeláns formaron parte destas forzas, un deles foi Simeón Otero Rivas que soía contar as súas aventuras na fronte de Estalingrado e como as “rusas me preparaban mi tecito”. Nunha relación de familiares con dereito a pensión polo falecemento de familiares na División Azul aparecen: Soldado Isidro Becerra Bujones. Redondela. Fillo de Eulalia Bujones Lage. +6-12-41. Soldado Inocente Vidal Lusquiños. Redondela. Fillo de María Lusquiños Alján. +2-12-41.

          Finalizada a guerra tamén voltaron a Galicia moitos compoñentes da División Azul, a meirande parte moi enfermos, postos en liberdade despois de estares presos en Siberia. Non puiden confirmar que houbera algún redondelán entre eles pero si se fala dun home do veciño concello de Soutomaior.


Momento dos disturbios en Soutoxuste. Foto: Bodas de Oro. Antonio Ocampo
Momento dos disturbios en Soutoxuste. Foto: Bodas de Oro. Antonio Ocampo

A “guerra” de Soutoxuste.

Rematada a guerra a situación daría un xiro de 180º. Entre 1946 e 1950 tanto o porto de Vigo como o de A Coruña foron a ruta de escape dos nazis para fuxir cara a Arxentina e outros países do continente Americano. Outros fixarían a súa residencia en Galicia, tal foi o caso de Heinz Ger Sauer, Comandante Submarinista e membro da Gestapo que se estableceu en Soutoxuste (O Viso). No 1966 na súa casa celebrábanse ruidosas festas nas que se practicaba o desnudismo e outros actos indecentes para a moralidade daquela época o que provocou as protestas dos veciños. O alemán enfurecido cortou o camiño público que pasaba pola súa horta e que daba acceso á praia. Os veciños, lonxe de arredarse, manifestáronse (dereito prohibido daquela polo réxime) baixo o grito de “Queremos lo nuestro”. O tema desmadrouse e os manifestantes asaltaron a propiedade arrasando todo o que atopaban incluida a filla do alemán, que foi desnudada para escarnio público. A pesares dos disturbios a xusticia déulles a razón ó pobo, optando o alemán por abandoar a súa vivenda.

Os Campos de Concentración.

            Moitos exiliados da Guerra Civil despois de abandoar España atopáronse de cheo coa II Guerra Mundial. A mala sorte cebouse con algúns deles que, capturados polos nazis, deron cos seus ósos nos campos de concentración. Os seguintes son os redondeláns que sufriron esta situación, deles descoñécese como saíron do país e cal foi o seu periplo ata chegar ós campos de concentración.

·        Lafuente Pose, Alejandro (Redondela 3-5-1909 / ¿?) Preso nos campos de exterminio de Krems-Gneixendorf XVII-B e Mauthausen no que ingresou o 19 de decembro de 1941. Liberado o 5-5-1945.

·        Miguez Pazos, Olimpio (Redondela, 8-9-1909 / Mauthausen, 18/04/1943) Morreu no campo de concentración de Mauthausen no que ingresara o 13 de decembro de 1940 procedente de Estrasburgo.

·        Piñeiro Otero, Antonio (Chapela-Redondela, 28-7-1912 - Gusen, 24/02/1942) Procedente de Estrasburgo foi trasladado ó campo de concentración de Mauthausen e posteriormente ó comando Gusen o 20-10-1941, onde faleceu.

Texto: J. Migueles

Actualizado: 26-08-2015

Escribir comentario

Comentarios: 4
  • #1

    Manoel Castro Ouzal (miércoles, 22 enero 2014 15:27)

    Collese antes a un mentiroso que a un coxo. Por qué, hay que poñer atropas nazis desfilando por Vigo. Con que intención insana e torpe queren contar unha historia que non foi certa, Os soldados que saen na foto, son españois, del Glorioso Ejercito Español. El casco español es más puntiagudo y el cubre nucas, está más hacia dentro, que en el español. Las guerreras, son del ejercito español, y el único que lleva botas, altas, es un oficial, los demás soldados, llevan calzado bajo y polainas, las inscripciones y medallas son del ejercito de tierra español. Los soldados que van delante, ya se aprecia que no son germanos, pero son Gastadores o Batidores, los que van delante en los desfiles y suelen ser los más altos y de mejor percha. Los correajes, son los oficiales del ET, hasta los 70, y con esa pinta, no pasarían las duras revisiones de policía,(nada tiene que ver con la policía, se llaman así las faltas e irregularidades en la uniformidad, barba, arrugas en el uniforme, uniforme con mala prestancia, y por último en todas las unidades de la Werhmatch, llevaban en la solapa los típicos = que no se ven en ningún lado. M E N T I R E I R O S.

  • #2

    Anecdotario Redondelán (jueves, 23 enero 2014 16:22)

    Grazas Manoel por correxir o erro da primeira foto que paso a retirar inmediatamente. Pero a outra foto de Pacheco demostra o desfile da Lexión Condor polas rúas de Vigo como acredita o diario ABC no seguinte enlace http://www.abc.es/fotos-espana/20110713/guerra-civil-galicia-80599.html …
    En canto aos insultos creo que están fóra de lugar e máis tendo en conta que non cobro nada polo blog. Saúdos.

  • #3

    Anecdotario Redondelán (jueves, 23 enero 2014 16:30)

    Máis info en El fotógrafo de Hitler, en Vigo - En Mi Opinión
    mas.laopinioncoruna.es/suplementos/_pdfs/domingo/domingo2010-11-07.pdf
    Recoméndote ler "Galicia en guerra" (Edicións Xerais) Eduardo Rolland

  • #4

    Dario (martes, 15 marzo 2016 19:10)

    Manoel Castro Ouzal, solo dicir que eres un maleducado. O que che sobra de "enterado" podíalo invertir en cultura e educación. Sobre o de mezcla-lo galego co castelán...bueno, eso xa é de nota.