Cronoloxía.

Mamoa do Rei. Redondela
Mámoa do Rei no Monte Mirallo.

3.000 a 1.800 a.C. (Neolítico): No monte Mirallo ou Penide (Cedeira/Trasmañó /Cabeiro/Negros/Chapela) atópanse catalogadas 39 mámoas desta época.

 

1.800 a 60 a. C. (Idade de Bronce): Os vestixios que nos dan constancia desta época son machadas de bronce (hoxe no museo de Pontevedra) e gravados rupestres ou petroglifos (no monte Mirallo  principalmente, pero tamén en Ventosela e O Viso).

http://www.ipdca.com/internovas/historias/penide/penide.htm

S. I a. C. (Idade de Ferro): O Castro da Peneda (O Viso) e o Castro de Negros no monte Mirallo. O primeiro conserva parte do muralla e restos de vivendas. O segundo restos da muralla e o sistema de terrazas. Ámbolos dous están sen escavar.

 

61 a. C.: A expedición de Xulio César chega a Redondela.

 

S. I-IV d. C.: Redondela era atravesada polas vías romanas XIX e XX (per loca maritima). Atopáronse en Redondela miliarios romanos en Cesantes (2), Quintela, Saxamonde e Vilar. Agás o último, coñecido como Miliario de Antas,  todos foron trasladados ó museo de Pontevedra, aínda que na actualidade un de Cesantes pode contemplarse na Casa da Torre.

http://www.ipdca.com/internovas/historias/miliarios/miliarios.htm

           Tamén se acharon moedas, restos de cerámica... Tense constancia de dúas villae romana, unha en Soutoxuste (O Viso) e outra en A Portela (Cedeira).

 

250: Redondela e a illa de San Simón aparecen baixo o nome de Búrbida no itinerario de Antonino Pío. Hoxe en día, os investigadores aínda non se puxeron de acordo sobre a ubicación desta vila situándoa algúns en Pazos de Borbén ou Ponteareas.

 

 

1ª metade do S. V: Asentamento dos Suevos en Galicia, establecen a capitalidade do seu reino en Braga.

456: Os visigodos derrotan ós suevos.

 

569: Nun concilio celebrado en Lugo, aparece o nome de Celesantes ou Cesantes.

 

821: Alfonso el Católico recupera Redondela do poder do árabe Melik despois de vencelo en Pontecaldelas.

 

968: O normando Gunderedo chega ata Fornelos do Monte, onde é vencido polo bispo Sisenando de Iria, que morre no combate.

 

997: Almanzor arrasa as Rías de Vigo e Arousa.

 

1014: A ría de Vigo é atacada polo vikingo Olav Haraldson (San Olav, patrón de Noruega).

 

1032: Os normandos, comandados polo conde danés Easl Ulf, saquean toda a comarca ata que son expulsados polo bispo de Iria e Compostela Cresconio.

 

Antes do s. XII: Un documento de 1156 deixa constancia de que antes do s. XII Redondela xa era coñecida co nome de Maniola ou Manola (Mañó). Este primeiro señorío tería a súa casa no val do Maceiras, mostra disto serían os topónimos Mañó (Quintela) e Trasmañó (detrás de Mañó); e tamén o miliario de Antas que fai as veces de límite con Mos e chamado así por atoparse no lugar daquela chamado Antas de Maniola. Todavía nos s. XVI e XVII o arciprestazgo era chamado indistintamente Mañó e Redondela.

No libro “Communicaciones al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3” recóllese que Vilavella formaba parte “dos vellos territorios de Toronio”.

 

1118: Vilavella pertence á Orden Militar de los Caballeros Templarios (orde de monxes guerreiros). Habitan a Illa de San Simón, na que construen a ermida chamada San Simón que lle da nome.

 

1120: Redondela é invadida polos portugueses, sendo recuperada por Doña Urraca.

 

1159: Fernando II de León concede o Couto de Saxamonde a Gonzalo Muñoz, que logo casaría con Estebana Aldonza Saez de Valladares, señora de Valladares.

 

S. XII: O Arzobispo de Santiago, Diego Gelmírez, “Realiza obras importantes de limpieza, población y cultivo de tierras en la villa o granja de Godegildo, hoy, Redondela”. Esta sería a orixe da vila de Redondela, provocada por unha necesidade do Bispado de Santiago de consolidar os seus límites, situados neste caso no río Alvedosa. O nome de Godegildo atopeino noutros escritos como Gosgildo (Locum gosgildi), dicíndose que se atopaba moi pouco poboado.

Illa de San Simón. Redondela
Illa de San Simón.

 

S. XIII: Redondela é unha xurisdicción dependente do arcebispado de Santiago, coñecida como Vilanova de Redondela para distinguila de Vilavella de Redondela. Tamén aparece baixo o nome de Retundela. O Arzobispo de Santiago nomeaba a un xuíz ordinario que gobernaba con 4 rexidores e 2 procuradores (un representaba ó Gremio do Mar e o outro ó Gremio da Terra).

 

1293, 19 de marzo:Doación das freguesías de San Miguel de Oya, San Saturnino de Amoedo, Santa María de Reboreda, San Martín de Nespereira, San Martín de Vilar de Infesta, Santiago de Borbén, San Esteban de Negros, e San Mamed de Quintela (Pontevedra), dada por Martín, arzobispo de Santiago de Compostela, a favor de Fernán Gómez de Valladares.

 

S. XIII-XIV: Redondela convértese no centro artesanal e comarcal máis importante da Ría de Vigo.

 

S. XIII-XIV: Mendiño escribe a cantiga de amigo que fala da Illa de San Simón.

 

1310: Nun documento do 20 de febreiro aparece co nome de Redondiella.

 

1312, 22 de Marzo: Vilavella e a Illa deixan de pertencer ós templarios pola disolución da orde, pasando á Coroa.

 

13??:Pedro I concede Vilavella a Suero Yáñez de Parada, Adelantado Mayor de Galicia.

 

1369, 1371 e 1384: Redondela é atacada polos portugueses despois do comezo da guerra entre España e Portugal.

 

1370. Trala morte de Pedro I a mans do seu irmán Enrique de Trastamara, os cabaleiros galegos e entre eles Suero Yáñez,  proclaman Rei de Castela a Fernando I, Rei de Portugal, quen entra en Galiza en 1370 séndolle entregadas entre outras a vila de Redondela. Pouco despois Fernando I é derrotado e os antigos partidarios de don Pedro fuxen a Portugal.

 

1371, 14 de Setembro: O rei Enrique II, que confiscara as posesións de Suero Yáñez,  dóalle ó Bispo de Tui, Juan de Castro, Vilavella e a Illa de San Simón, xunto co castelo de Entenza, o coto de Coia e a vila de A Guarda. O prelado e o Cabildo de Tui nomeaba en Vilavella un xuíz que exercía de alcalde, un rexedor e un procurador de causas.

 

1388. O Duque de Lancaster chega co seu exército a Galicia reclamando os dereitos ao trono de Castela da súa dona, filla lexítima de Pedro I. Despois de entregarse Pontevedra, Redondela serviulle de base aos ingleses para atacar Vigo.

 

Efixie de Alonso II de Fonseca.
Efixie de Alonso II de Fonseca.

 

 

S. XV: A cidade de Vigo é coñecida como Vigo de Redondela porque daquela é unha pequena vila formada por barracas construidas polos mariñeiros de Redondela.

 

S. XV: Época de loitas polo poder territorial entre o arzobispo de Santiago de Compostela, Alonso II de Fonseca, e Pedro Álvarez de Sotomayor (Pedro Madruga) conde de Camiña. (Ver> S. XV)

 

1417: O rei Juan II confirma a doazón feita por Enrique III, da vila de Vilavella á Igrexa de Tui.

 

1474: Como regalo de bodas Enrique IV entrégalle a Pedro Madruga un xuro de herdade de 150.000 maravedíes sobre as rendas das vilas de Redondela, Vigo e Pontevedra, pertencentes naquel tempo ó bispado de Compostela. Isto provocou as protestas do prelado e o rei revocou o privilexio. Ante tal afronta en 1474 Pedro Madruga toma pola forza estas tres vilas.

 

1475, 6 de Marzo. Os Reis Católicos, xa no trono, ordean a Pedro Madruga devolver as vilas de Redondela, Vigo e Pontevedra ao arcebispo de Santiago.

 

1497: Ventosela aparece coma un anexo de Reboreda.

 

1497: O Bispo de Tui, Pedro Beltrán da ao seu Provisor, Morguet Juan, a Maestrescolía de Tui co Beneficio de Redondela.

 

S. XVI: Ataques de corsarios franceses, holandeses, turcos, portugueses e ingleses.

 

S. XVI: Vigo iguala a Redondela en poboación.

 

1501: Comeza a construcción do Convento de Vilavella.

 

1507: Os veciños de Redondela expulsan da Illa de San Simón ás forzas dos señores de Soutomaior.

 

1517: Fray Juan Pascual funda o cenobio Custodia de los Pascualinos de San Simón  na Illa de San Simón.

 

1585: O corsario inglés Francis Drake  ataca a Ría de Vigo e a Illa de San Simón.

 

1587, censo: Redondela aparece como un arciprestazgo do Bispado de Tui formado por 16 freguesías: Redondela, Villavieja, Rebolleda, Viso, Arcade, Ostras, Cedeira, Negros, Cabeiro, Villar, Sajamonde, Nesporeira, Quintela, Amohedo, Esjantes e Trasmañen. Dentro do arciprestazgo de Fragoso atopamos a freguesía de Capella.

 

1589: Novo ataque de Francis Drake. Os pascualinos abandoan a Illa.

 

1589, desamortización de Felipe II: Cedeira, ata daquela pertencente a Redondela, foi entregada co seu porto e 68 veciños ó asentista italiano Giacomo de Berdi que a vendeu por 1.100 ducados ó bacheler Álvaro Prego. Despois pasaría a mans do Alguacil Maior Lope Osorio; a Jerónimo Saravia, xudeu portugués e rexedor de Vigo; ós Lopez Portillo e ós Pestaña, fidalguía de servicio oriunda do Bierzo.

 

1634 P. Teixeira Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo Galicia en los Siglos XVI y XVII
1634 P. Teixeira Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo Galicia en los Siglos XVI y XVII

1596: Os monxes benedictinos de San Juan de Poio instálanse na illa de San Antón.

 

1601: Os franciscanos voltan á Illa de San Simón e fan prevalecer os seus dereitos sobre os benedictinos que deciden marchar.

 

1603: O Alcalde de Pontevedra (Rodrigo Mariño de Lobera) pídelle a doña Ynés de Aballe Mariño, superiora do Convento de Vilavella: "[...] seis doçenas de biscochos; seis doçenas de mazapanes; çinco de Tur Ron de almendra; y cuatro de Cuadros de huevos reales; dos Coronas de adviento (roscón)" para agasallar ó Arcebispo de Santiago, Maximiliano de Austria.

 

1605: Redáctanse as Ordeanzas Municipais de Redondela e Vilavella.

 

1634: O rei Felipe IV encarga facer un Atlas e o cosmógrafo portugués Pedro Teixeira realiza un mapa da Ría de Vigo no que Redondela aparece ubicada no lugar de Pontesampaio.

 

1635-Maio-17: Morre na parroquia de Saxamonde o Bispo de Tui, Diego de Vela, cando se atopaba de visita pastoral. Sería enterrado na capela de San Telmo da catedral de Tui  

 

1640,1661 e 1665: Comeza a guerra con Portugal. Incursións dos portugueses.

 

1666 Celébrase en Redondela unha Xunta do Reino de Galicia, decidíase a concesión da nacionalidade (naturalización) do Padre Everardo Nithard, confesor e conselleiro da raíña Mariana.  

 

1667: José Sarmiento de Valladares y Meira (Ver Persoeiros>Nobreza) entra no sitio en que fora declarado o distrito de Redondela, polo sanguinolento motín ocurrido ante a gran suba do imposto de consumos.

 

1669, 2 de Marzo: Chega a Redondela Cosme III de Medicis, Gran Duque da Toscana. Na súa comitiva ía Pier María Valdi, que pintou dous cadros que son considerados as imaxes máis antigas da vila.

 

1696: O redondelán, nado en Saxamonde, José Sarmiento de Valladares é nomeado Virrei de México. (Ver Persoeiros>Nobreza)

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 12-06-2014

Escribir comentario

Comentarios: 0