Cronoloxía (dende 1700).

Batalla de Rande-J. Bafire s. XVIII-Museo de Pontevedra
Batalla de Rande-J. Bafire s. XVIII-Museo de Pontevedra

1702: Ten lugar a Batalla de Rande coa a victoria da flota anglo-holandesa sobre a franco-española. Saqueos en Redondela e na illa de San Simón.

 

1709: Arcade (incluindo Soutoxuste) se separa de O Viso

 

1719: Felipe V subleva ós escoceses para influir na sucesión ó trono en Inglaterra. Como represalia o Almirante Michells ataca as costas españolas, arrasando Redondela entre outras vilas.

 

1741, 17 de xuño: Felipe V ordea que se faga o apeo (restitución) e deslinde de todas as posesións pertencentes ó marquesado de Valladares, entre elas o Coto de Saxamonde e propiedades en Redondela.

 

1743: Amplíase a Igrexa de Cedeira. O encargado da obra será o arquitecto Fernando de Casas e Novoa, que nese momento estaba construíndo a Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago.

 

1746: Despois de numerosas invasións a orde franciscana abandoa a illa trasladándose ó lugar de Vista Real de Agrelo en Cesantes, doado polo duque de Soutomaior.

 

1752 (Catastro de Ensenada): Redondela cunha extensión de 70 km2 ocupaba a meirande parte dos actuales  concellos de Redondela e Pazos de Borbén, estando dividida en 14 parroquias (Amoedo, Borbén, Cabeiro, Cepeda, Cesantes, Moscoso, Negros, Nespereira, O Viso, Quintela, Reboreda, Redondela, Vilar e Xunqueiras). Seguía pertencendo ó Bispado de Santiago, que nomeaba un Xuíz Ordinario que exercía de alcalde, 4 rexedores ou concelleiros vitalicios e renunciables, un escribán numerario e ata 5 procuradores de causas. Cedeira era un señorío; Vilavella, unha xurisdicción pertencente ao arcebispado de Tui; Chapela e Trasmañó, pertencen á xurisdicción do Val do Fragoso.


17?? Trasmaño pasa a pertencer ao arciprestazgo de Redondela.

 

S. XVIII ou XIX. Chapela deixa de pertencer a Lavadores e pasa a depender do Concello de Redondela.

 

1782, 14 de Febreiro: O provisor eclesiástico tudense separa Negros e Quintela de Cedeira creando dúas novas parroquias.

 

Viaduto de Ourense. 2009. Foto: J. Migueles
Viaduto de Ourense. 2009. Foto: J. Migueles

1786: O Bispo de Santiago de Compostela, Domingo Fernández Angulo, separa de Reboreda a capela de San Martiño de Ventosela xunto cos lugares de O Castiñeiro e Vilar do Mato, creando unha parroquia independente e construindo unha nova igrexa.

 

1809, 13 de Abril: Invasión francesa.As tropas francesas incendian e saquean Redondela. Trala batalla de Ponte Sampaio os franceses son expulsados.

 

Antes da constitución de Cádiz de 1812 o Reino de Galicia estaba dividido en 7 provincias (pertencendo Redondela á de Tui), a súa vez formadas por Xurisdiccións e cotos redondos.

1812. Constitución de Cádiz. Galicia pasa a ser unha única provincia, cunha única intendencia, unha sóa diputación provincial e un só xefe político.

 

1812: Abolición do réxime señorial e administración municipal do territorio. Creación dos concellos de Redondela, Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella.

 

19 de marzo de 1813. Constituíuse en Santiago de Compostela a deputación co Marqués del Campo Real como presidente, que a trasladará á Coruña 2 meses despois.

 

1820. A Xunta de Goberno da provincia de Galicia aproba unha nova distribución en 47 partidos xudiciais. Pasa ao partido de Redondela a parroquia de Chapela, que daquela pertencía ao Val do Fragoso (actual Vigo).

 

13 de abril de 1822. Volven a crearse 4 provincias pola aprobación do decreto do 27 de xaneiro dese mesmo ano, sendo estas: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

 

1822: Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova e Vilavella).

 

10 de outubro de 1823 Fernando VII deroga a Constitución.  Ábrese unha loita pola capitalidade da provincia entre Tui, Vigo, Pontevedra e Redondela, se ben a nosa vila sería a que tivo menos opcións de conseguilo.

 

1823: Restauración do réxime señorial. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella voltan a separarse de Redondela.

 

30 de novembro de 1833. Galicia queda dividida nas provincias actuais: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.  

 

1833: Finaliza a construcción do cemiterio dos Eidos nos terreos do antigo hospital de pelegríns.

 

1835: Abolición dos señoríos xurisdiccionais. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella únense a Redondela definitivamente.

 

1836-Decembro-3: Constitución do Concello de Redondela como consecuencia das reformas liberais.

 

1838-Xuño-06: Unha Real Orde concede permiso para a construcción dun lazareto na Illa de San Simón dependente do porto de Vigo, co fin de tratar ós enfermos dos barcos que tiñan que pasar a corentena.

 

1840-Setembro-01: A Xunta Provisional de Governo do Partido de Redondela manifesta a súa adhesión ao pronunciamento de Madrid.

 

1843 (Ver 1843-Alzamento de Vigo)

 

1867: Suprímese o Xulgado de Redondela. O Concello de Redondela agrégase ó Xulgado de Vigo.

 

1876-Xuño-28: Primeiro viaxe de proba en tren entre Vigo e Chapela.

 

1876-Xuño-30: O viaduto de Ourense supera as probas de forza.

 

1881: Entra en funcionamento a liña Vigo-Ourense e con ela o viaduto de Ourense.

 

1883-Xaneiro-2: Polo aumento do seu vecindario e a súa constante adhesión á Monarquía, o Rei Alfonso XII concédelle ao Concello de Redondela o tratamento de Ilustrísima.

 

1884-Xuño-30: Inauguración oficial do viaduto de Pontevedra.

 

Viaduto de Pontevedra, 2009. Foto: J. Migueles
Viaduto de Pontevedra, 2009. Foto: J. Migueles


1896-Marzo-09: Chega a Redondela o coronel Antero Rubín Homent despois de loitar en Cuba.

 

1896-Abril-15: Morre en Barbañas (Ourense) o redondelán, nado en Reboreda, Juan Manuel Pereira.

 

1899: Primera proba dun cinematógrafo en Redondela na casa de Fontán na Ribeira.

 

1899, xuño. É declarado de interese xeral o porto de Redondela. Aprobándose así a proposta do deputado a cortes Francisco de Federico.

 

S. XIX, finais: Un novedoso teléfono comunica o Pazo de Torrecedeira coa casa que o seu propietario ten en Vigo, sen posibilidade de outras comunicacións.

 

S. XIX, finais: Reproducción de grabacións no chamado fonógrafo de Edison no salón teatro da rúa Alfonso XII.

 

1902, 23 de marzo: Chega a electricidade a Redondela.

 

1904: O Bispado fai un arranxo parroquial. Pasan a pertencer a Vilavella: Pasales (Reboreda), O Muro (Quintela) e Maceira (Cedeira); e a Redondela: Santa Mariña e o Monte do Cuco (Cesantes) e a rúa Oriente, actual Telmo Bernárdez, e Eidos (Reboreda).

 

1910: Créase en Río de Janeiro (Brasil) a Asociación de Hijos de Redondela presidida por José Figueroa. (Ver Persoeiros>Outros)  

 

1911: En maio remátase a instalación da comunicación telefónica entre Vigo e Redondela, quedando pendente a extensión da liña a Pontevedra. Ese mesmo mes instálase nas oficinas da Electra o primeiro teléfono público de Redondela.


1915: Inaugúrase a liña de vapores Cesantes - Vigo.

 

1915: Inicio da desviación do río Alvedosa para ampliar o recheo (futura Alameda).    

 

1920: Máis da metade dos españois son analfabetos. Redondela é o concello co índice de analfabetismo máis alto da provincia, o 60’58% .

 

1922: Inaugúrase a estación de tranvías San Fausto de Chapela.

 

1924: Comezan os traballos de recheo de: a Xunqueira, a Alameda e a Ribeira, parte da terra é sacada do Monte da Telleira. Posteriormente, canalízanse os ríos con pedras da Canteira (Rúa San Xoán de Arcal). 

 

1926, decembro. Inauguraráse a estación telefónica de Redondela.

 

1927: A Illa deixa de funcionar como lazareto, convertíndose en lugar de veraneo da crase alta viguesa.

 

1928: José Regojo establece unha pequena fábrica de camisas con 8 traballadores na rúa Alfonso XII. Co tempo chegaría a xerar cerca de 6.000 empregos e ser o motor económico da vila.


O Viaducto Vello. Redondela
Illa de San Simón, 2009. Foto: J. Migueles

1932: As monxas abandoan o Convento de Vilavella.

 

1933-Xullo: Por primeira vez ondea no Concello de Redondela a bandeira galega.

 

1934- Novembro-13: Noméase á primeira concelleira da vila, Carolina García Tenreiro.

 

1935. Os veciños de Chapela forman unha comisión para solicitar a súa agregación ó concello de Lavadores e a súa desvinculación co de Redondela.

 

1936. Vilar estréase como entidade local menor. Dous meses despois  serán nomeados, interinamente, os seus primeiros rexidores: Perfecto Blanco Barciela, Juan Rodríguez Barciela e Manuel Blanco Camiña. A Guerra Civil non lles deixaría moito tempo para desempeñar a súa xestión.

 

1936-Agosto-6: Aparece morto Jesús Reboredo Barral, de Queimadelos (Mondariz), primeiro asasinado en Redondela durante a Guerra Civil.

 

1936-Outubro-1: A Illa de San Simón convértese en centro penitenciario.

 

1941. Inicio da II Guerra Mundial

 

1942: O alcalde de Vigo, Suárez Llanos, tenta a anexión de Chapela. O alcalde de Redondela, Juan Muíños, en representación da corporación municipal, negouse, chegando a trasladarse a Madrid para facer prevalecer a ligazón de Chapela con Redondela.

 

1943: Os últimos presos abandoan a illa.

 

1948: A illa é empregada como Albergue Nacional para uso e disfrute da Garda de Franco.

 

1950-Agosto-22: Morren 43 homes da garda de Franco ó volcar a lancha que os conducía dende a Illa de San Simón ata Cesantes. O cruceiro que hai no illote chamado Cobreiro lembra o sucedido.

 

Ponte de Rande, 2008. Foto: J. Migueles
Ponte de Rande, 2008. Foto: J. Migueles

1954-Abril: Inaugúrase o Aeroporto de Peinador en terreos de Redondela, Mos e Vigo.

 

1955: A Illa é empregada como Fogar Méndez Núñez para acoller ós orfos dos mariñeiros e de familias pouco favorecidas.

 

1962: Otero Pedrayo publica a novela O Señorito da Reboraina baseada na vida de Juan Manuel Pereira, nado en Reboreda.

 

1963 O Fogar Méndez Núñez trasládase á Casa dos enanitos, sita na Xunqueira no lugar que hoxe ocupan os Xulgados. A Illa é abandoada.

 

1965: Comezan a realizarse as alfombras de frores nas Festas da Coca.

 

1968: Inaugúranse o Grupo Escolar de Santa Mariña e a Biblioteca Pública Municipal.

 

1970 e 1974: O Concello de Redondela recibe da Corporación Provincial os premios ó Mellor Conxunto Urbanístico de Pontevedra.

 

1971: O Concello cede terreos en Ventosela á institución Aldeas Infantiles S. O. S.

 

1980: Peche do Grupo de Empresas Regojo

 

1981-Febreiro-07: Inauguración da Ponte de Rande.

 

1983 Apertura do cemiterio de Mañó.

 

1984-Marzo-02: Trasládanse ao novo Convento de Trasmañó as monxas benedictinas procedentes do Mosteiro da Transfiguración do Señor de A Guardia.

 

1987: Celébrase a primeira edición da Festa do Choco.

 

1992-Xullo-18: Os creadores do documental “Aillados” organizan unha visita á Illa de San Simón para os superviventes que estiveron alí presos.

 

1996-Decembro: Comeza a emitir Radio Redondela.

 

1997: A illa de San Simón e declarada Ben de Interese Cultural, ó ano seguinte a Xunta comeza os traballos de rehabilitación.

 

1998: Inauguración das novas dependencias do Xulgado.

 

1998: Remate das obras da Casa da Torre, convertida en albergue de peregrinos.

 

2001-Maio-18: A Xunta de Galicia declara de Interese Turístico as Festas da Coca.

 

2008-Xullo: O conxunto arqueolóxico do Monte Penide é declarado Ben de Interese Cultural.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 28-07-2015

Escribir comentario

Comentarios: 1
  • #1

    Luz Marcos Buján (lunes, 24 febrero 2014 12:27)

    Moi contenta de ter dado con esta páxina. Nacín en Redondela vila, vivín en Quintela dos 2 aos 6 anos, e un ano máis en Redondela. Marchei aos 7 para A Coruña e aínda que seguín en contacto por ficar familia en Redondela, ese contacto foi pequeno na realidade. Dende hai uns anos, quixen volver establecer máis contacto, polo cal pouco a pouco fun buceando tanto nas miñas lembranzas particulares coma na historia e presente colectivo. Cando comecei a ver fotos antigas nas que semellaba que o mar chegaba diante das casas da Ribeira, semellando tamén coma porto pesqueiro...non entendía. E logo o Alvedosa, e logo a Alameda...a Xunqueira xa, polo nome aludía a marisma e soabame de ter escoitado que era zoa xe recheo...pero seguía sen entender a evolución...algo preguntei, pero non sabían moito máis que eso. Que sí, que "antes" era asî. Tampouco á xente que preguntei sabían darme razón de cando cambiara a cousa...comecei a pensar que todo, incluído a Alameda fora recheo...pero non acababa de entender o do río...por fin hoxe , botando unha ollada á historia cronolóxicamente que tes (ou tedes, non sei), na páxina...vín á luz!! Jeje...1915 comezaron as obras de nova canalización do río para as obras de recheo, incluída a Alameda...!!
    Grazas...
    Seguirei con moito gusto e interés a páxina.
    Saúdos.