Historia das parroquias

 

CABEIRO

3.000 a1.800 a. C. (Neolítico): No monte Mirallo ou Penide (Cedeira/Trasmañó /Cabeiro/Negros/Chapela) atópanse catalogadas 39 mámoas desta época.

1.800 ó 60 a. C. (Idade de Bronce): Tamén no Monte Mirallo atopáronse machadas de bronce e petroglifos.

Censo de 1587: Cabeiro aparece como freguesía deRedondela.

1752Catastro de Ensenada. Cabeiro, como Vilar, si ben dependen de Redondela, no “político y concejil”, están sometidos ó partido de Mos. O seus límites serían: “linda principiando por el N. con el campo de Melixosa, de allí al río de Buelas, de este a la porta de San Domingo do Couto circundando a la fuente da ortiga, de allí al Castro Ferreiro de este a la Chan dos Loureiros, de allí a la piedra de picos, de allí a las piedras de Cambra, de allí al puente Míguez de esta al sitio do Patelo de allí al campo ya nominado de Melixosa primera demarcación”.

 

 

CEDEIRA

3.000 a1.800 a. C. (Neolítico): No monte Mirallo ou Penide (Cedeira/Trasmañó /Cabeiro/Negros/Chapela) atópanse catalogadas 39 mámoas desta época.

1.800 ó 60 a. C. (Idade de Bronce): Tamén no Monte Mirallo atopáronse machadas de bronce e petroglifos.

S. I-IV d. C.: Tense constancia dunha villae romana en A Portela (Cedeira).

1587, censo: Cedeira aparece como freguesía deRedondela.

1589 Por mor da desamortización de Felipe II, Cedeira, ata daquela pertencente a Redondela, foi entregada co seu porto e 68 veciños ó asentista italiano Giacomo de Berdi que a vendeu por 1.100 ducados ó bacheler Álvaro Prego. Despois pasaría a mans do Alguacil Maior Lope Osorio; a Jerónimo Saravia, xudeu portugués e rexedor de Vigo; ós Lopez Portillo e ós Pestaña, fidalguía de servicio oriunda do Bierzo.

S. XVIII A mediados deste século, o señorío de Cedeira pertencía a Juan Francisco de Pestaña y Chamucero, gobernador da provincia peruana de Tucumán.

1752Catastro de Ensenada. Os seus límites eran: “principiando en el marco de la Rañada, de allí al Patrón de Frean, y sigue a las ¿mistas? de los ríos de las Lamas, hasta donde que se junta el que viene del Puerto dos Perones, de allí va por la orilla de dicho río a la fuente que viene del Castro, de esta otra que se nombra de Fernán Mallo, de allí ala Cruz de Laje do Pinede, de esta a las 3 fuentes que también se dicen do Pinede, y sigue a la Laguna de los Ollera, y por el río mayor de abajo hasta llegar a la arenta de Rande, de allí va por la orilla de la mar hasta la fuente de dicho sitio de Rande, que por allí pasa, y de allí va a la Cueva do Ouro, de esta a la fuente de Cascoña, y sigue a otra que la llaman de Canaval, de esta va al marco de mismo nombre, de allí al de Ravadeyra, siguiendo al Campo do Prado do Ameeyro todo por la orilla del río da Mazeyra arriba hasta llegar al Campo da Lova, en donde hace un rechazo y sigue al Campo de Muro Longo, y de allí a dicho marco da Rañada donde principió”.

1822: Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova e Vilavella).

1823: Restauración do réxime señorial. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella voltan a separarse de Redondela.

1835: Abolición dos señoríos xurisdiccionais.Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella únense a Redondela definitivamente.

1904. O Bispado fai un arranxo parroquial e pasa a pertencer a Vilavella o lugar de Maceira, ata daquela pertencente a Cedeira.

 

 

CESANTES

(Ver Historia da Illa de San Simón)

S. I-IV d. C.: Desta época atopáronse dous miliarios romanos no lugar de Sobreiro (Outeiro da Penas). Un se conserva no Museo de Pontevedra e outro na Casa da Torre.

569: Nun concilio celebrado en Lugo, aparece o nome de Celesantes. 

1587, censo: Aparecen como freguesías de Redondela Ostras e Esjantes

1752Catastro de Ensenada. Cesantes e O Viso se ben dependían nas cuestións de xusticia de Redondela, era o duque de Soutomaior o que nomeaba ós seus concelleiros. Os seus límites eran: “linda principiando por el N en el riego que se dice de Santa Mariña, siguiendo a la fuente llamada del Mouro de allí a la fuente de Jardón de esta en derechura al marco de la Revolta, de allí vía recta a la fuente Cova, circulando al marco nominado da Cansela, de allí a la fuente del Molino Viejo y de esta al marco de la Cancela de Folgozas, siguiendo el pilar que se nomina de San Pedro, de allí al marco de división llamado de la Mina, de este a la Portela y marco de división que en ella hay,  y de allí al Pozo do Mouriño y de este al rego citado de Santa Mariña, primera demarcación”.

1904. O Bispado fai un arranxo parroquial. A rúa de Santa Mariña, a súa capela e o Monte do Cuco todos eles de Cesantesagréganse a Redondela.

 

 

 

 

CHAPELA

3.000 a 1.800 a. C. (Neolítico): No monte Mirallo ou Penide (Cedeira/Trasmañó /Cabeiro/Negros/Chapela) atópanse catalogadas 39 mámoas desta época.

1.800 ó 60 a. C. (Idade de Bronce): Tamén no Monte Mirallo atopáronse machadas de bronce e petroglifos.

1250. Nace Rodrigo de Araujo y Vasconcelos, que sería o primeiro Señor da casa solarenga de Riofrío.

1587, censo: Dentro do arciprestazgo de Fragoso atopase a freguesía de Capella.

1752Catastro de Ensenada. Chapela e Trasmañó pertencían á xurisdicción do Val do Fragoso, concello independente de Vigo. Os seus límites eran: “principiando su demarcación a la parte de L. a la fuente de la Lamosa, dividiendo a la de San Vicente de Trasmañó, sigue a la piedra que llaman Rañagatos, de la cual confrontando con la mar va a dar con el río da Bouza, de donde partiendo con San Salvador de Teis pasa a la revolta y sitio de fuente alta, de aquí dividiendo a San Cristobal de Candeán, va a la Mina del Oro, y al sitio de fuente do Seixo, de allí partiendo con la de San Juan de Cabeiro prosigue al marco de Mina Alta, y a la fuente de Estripeiriña, de donde delimitando con dicha de San Vicente pasa a cerrarse con la citada fuente de la Lamosa”.

1820. A Xunta de Goberno da provincia de Galicia aproba unha nova distribución en 47 partidos xudiciais. Pasa ao partido de Redondela a parroquia de Chapela, que daquela seguía pertencendo ao Val do Fragoso (actual Vigo).

1935.  Noméase unha Comisión para tentar a anexión de Chapela ao Concello de Lavadores  e a súa desvinculación co de Redondela. Estaba composta por: Bº de Cidadelle: Antonio Cabaleiro, Antonio Pereira e Ángel Rivas; Bº de Parada: Francisco Rodríguez, José Veiga, Gumersindo López e Basilio López; Bº de Angorén: Arturo Domínguez, Benigno Puche, Benigno Iglesias e Antonio Santorio; Bº de Laredo: Antonio Mosquera, Ramón Díaz, Luciano Martínez e Luis López.

1942. O alcalde de Vigo, Suárez Llanos, tenta a anexión de Chapela. O alcalde de Redondela, Juan Muíños, en representación da corporación municipal, negouse, chegando a trasladarse a Madrid para facer prevalecer a ligazón de Chapela con Redondela.

 

NEGROS 

3.000 a1.800 a. C. (Neolítico): No monte Mirallo ou Penide (Cedeira/Trasmañó /Cabeiro/Negros/Chapela) atópanse catalogadas 39 mámoas desta época.

1.800 ó 60 a. C. (Idade de Bronce): Os vestixios que nos dan constancia desta época son machadas de bronce (hoxe no museo de Pontevedra) e gravados rupestres ou petroglifos (no monte Mirallo principalmente, pero tamén en Ventosela e O Viso).

S. I a. C. (Idade de Ferro): Desta época é o Castro de Negros no monte Mirallo.

1293, 19 de marzo. Doazón das freguesías de San Miguel de Oya, San Saturnino de Amoedo, Santa María de Reboreda, San Martín de Nespereira, San Martín de Vilar de Infesta, Santiago de Borbén, San Esteban de Negros, e San Mamed de Quintela (Pontevedra), dada por Martín, arzobispo de Santiago de Compostela, a favor de Fernán Gómez de Valladares.

1587, censo: Negros aparece como freguesía deRedondela.

1752Catastro de Ensenada. Os seus límites son: “principiando por el N en el camino vereda Real, al sitio nominado de Frades, de allí al marco de Frean, de este a los Pazos del Río dos ¿Perino?, de allí a la fuente del Caño, de esta a la Cruz de Penide, de allí a la Pedra do Couto, desde ahí al Porto que dicen de sr. Domingo, de este al marco de división que se halla junto a la casa de Amaro de Amoedo, siguiendo al Riego de agua do Mangueiro, de allí al molino viejo de este río, abajo al Río da Señora, y de este a la vereda Real y sitio nominado de Frades primera demarcación”.

1782, 14 de febreiro. O provisor eclesiástico tudense separa Negros e Quintela de Cedeiracreando dúas novas parroquias.

QUINTELA

S. I-IV d. C.: Dátase nestes séculos un miliario romano atopado preto da igrexa parroquial.

1293, 19 de marzo. Doazón das freguesías de San Miguel de Oya, San Saturnino de Amoedo, Santa María de Reboreda, San Martín de Nespereira, San Martín de Vilar de Infesta, Santiago de Borbén, San Esteban de Negros, e San Mamed de Quintela (Pontevedra), dada por Martín, arzobispo de Santiago de Compostela, a favor de Fernán Gómez de Valladares.

1587, censo: Quintela aparece como freguesía deRedondela.

1752Catastro de Enseada. Quintela é totalmente dependente de Redondela. O seu Xuíz Pedáneo é nomeado polo Xuíz Ordinario de Redondela. Os seus límites son: “principiando por el N en el riego de agua nominado del Morral, de allí a la fuente Sabugueiro, de esta a la fuente Abreio, desde esta sigue por el riego de agua así abajo al sitio detrás Sandín, de allí al nominado de Colbaseiras, de este a la estrada Real, de esta al sitio de Frandes y marco de división que en él hay, desde allí circulando al Rigueiro de Barro, de este a la fuente del Conde, siguiendo vía recta a la fuente del Corbo, de allí al rigueiro de Muíño Vello y de este al riego citado del Morral primera demarcación”.

1782, 14 de febreiro. O provisor eclesiástico tudense separa Negros e Quintela de Cedeiracreando dúas novas parroquias.

1904. O Bispado fai un arranxo parroquial e pasa a pertencer a Vilavella: O Muro que ata daquela pertencía a Quintela.

 

REBOREDA

1293, 19 de marzo. Doazón das freguesías de San Miguel de Oya, San Saturnino de Amoedo, Santa María de Reboreda, San Martín de Nespereira, San Martín de Vilar de Infesta, Santiago de Borbén, San Esteban de Negros, e San Mamed de Quintela (Pontevedra), dada por Martín, arzobispo de Santiago de Compostela, a favor de Fernán Gómez de Valladares.

1497. Ventosela xa aparece coma un anexo de Reboreda.

1587, censo: Aparece como freguesía de Redondela co nome de Rebolleda.

1740. Fundación do Pazo de Pousadouro, polo xeneral Francisco Marcó del Pont, de ascendencia catalana.

1752Catastro de Ensenada. Reboreda, si ben pertence a Redondela, é cabeza de Partido (circunscrición fiscal). Os lugares Castiñeira e Vilar do Mato sitos en Reboreda pertencen ó Duque de Soutomaior. Os seus límites son: “principiando por el N en el sitio de Eira Pedraza y de allí sigue al Penedo llamado do Toxo, de este al Laxeal, de allí al sitio do Campiño, de allí a la fuente Vaceira, siguiendo a la fuente Bilela, de esta sigue a la fuente do Mouro, de allí al portal de la casa de d. Antonio Gago, de allí sigue una recta al portal de la casa del Conde de San Román, de este a la fuente de Alta Meiga, y de allí al sitio nombrado de Eira Pedraza, primera demarcación”.

1786. O Bispo de Santiago de Compostela, Domingo Fernández Angulo, separa de Reboreda a capela de San Martiño de Ventosela xunto cos lugares de O Castiñeiro e Vilar do Mato, creando unha parroquia independente e construindo unha nova igrexa.

1822: Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova e Vilavella).

1823: Restauración do réxime señorial. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella voltan a separarse de Redondela.

1835: Abolición dos señoríos xurisdiccionais.Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella únense a Redondela definitivamente.

1890. As rúas Val (Isidoro Queimaliños), Rivero (Reveriano Soutullo) e Alfonso XII pertencentes a Reboreda, conseguen a súa agregación á parroquia de Redondela.

1904. O Bispado fai un arranxo parroquial. As rúas Oriente  (actual Telmo Bernárdez) e Eidos pertencentes a Reboreda, agréganse a Redondela. Pasa a pertencer a Vilavella: a rúa de Pasales (actual Juan Manuel Pereira) que tamén pertencía a Reboreda.

 

 

 

REDONDELA

(Ver tamén Vilavella)

S. XII: O Arzobispo de Santiago, Diego Gelmírez, “Realiza obras importantes de limpieza, población y cultivo de tierras en la villa o granja de Godegildo, hoy, Redondela”. Na miña opinión, e tendo en conta que Vilavella estaba en mans da orde dos Cabaleiros Templarios, esta sería a orixe da vila de Redondela, provocada por unha necesidade do Bispado de Santiago de consolidar os seus límites, situados neste caso no río Alvedosa. O nome de Godegildo atopeino noutros escritos como Gosgildo (Locum gosgildi), dicíndose que se atopaba moi pouco poboado.

S. XIII: Redondela é unha xurisdicción dependente do arcebispado de Santiago, coñecida como Vilanova de Redondela para distinguila de Vilavella de Redondela. Tamén aparece baixo o nome de Retundela.

1243: Nun documento do Mosteiro de Melón aparece xa co nome de Redondela. Nome dado pola forma redondeada coa que creceu en torno ó mar.

1587, censo: Redondela aparece como un arciprestazgo do Bispado de Tui formado por 16 freguesías: Redondela, Villavieja, Rebolleda, Viso, Arcade, Ostras, Cedeira, Negros, Cabeiro, Villar, Sajamonde, Nesporeira, Quintela, Amohedo, Esjantes e Trasmañen. Dentro do arciprestazgo de Fragoso atopamos a freguesía de Capella (Chapela).

1752Catastro de Ensenada. Os seus límites son: “linda principiando por el N con la capilla de Santa Marina y fuente nominada del Mouro, de dicho sitio circulando sigue al muelle y Río de la Junquera de allí al de los pazos contiguos, a la casa de D. Domingo Amill, y de dicho sitio va a la Puente Longa circulando al río al medio del puente que llaman de Villavieja sigue río arriba a los molinos que dicen de San Román, de allí al nominado do Carballo y de dicho sitio sigue por la huerta y viña de D. Pedro Ochoa Horcasitas al camino de los Barreiros y marco de división que en el hay, de dicho sitio al crucero viejo y de este a la fuente llamada do Mouro”.

1890. As rúas Val (Isidoro Queimaliños), Rivero (Reveriano Soutullo) e Alfonso XII pertencentes a Reboreda, conseguen a súa agregación á parroquia de Redondela.

1904. O Bispado fai un arranxo parroquial. A rúa de Santa Mariña, a súa capela e o Monte do Cuco todos eles de Cesantesagréganse a Redondela. E as rúas Oriente  (actual Telmo Bernárdez) e Eidos pertencentes a Reboreda, agréganse tamén a Redondela.

 

 

SAXAMONDE

S. I-IV d. C.: Atopouse un miliario romano desta época na propiedade chamada Socalco de Veigadeira no barrio de Padrón, que se conserva no museo de Pontevedra.

1159.Fernando II de León concede o Couto de Saxamonde a Gonzalo Muñoz, que logo casaría con Estebana Aldonza Saez de Valladares, señora de Valladares.

1180. O Rei Fernando co seu fillo Alfonso concede Saxamonde e outras posesións ao Bispado de Tui.

1374, 8 de marzo. O Provisor do Bispo de Tui, o Arcediano de Labruja Pedro Fernández, deu sentencia contra os abades de Saxamonde para “que pagasen anualmente 54 sueldos leoneses por razón de Censoría”.

1451, xullo. O Bispo de Tui confire os beneficios de Saxamonde e Vilavella, e deu unha “Pesquera” do río Míño en foro a Ruy e Álvaro Lorenzo.

1537, 8 de marzo.Probanza e apeo (restitución) a Álvaro Sarmiento de Valladares, veciño de Vigo e señor dos cotos de Valladares, Saxamonde e Meira, sobre pertencerlle a este último certos bens nas freguesías, entre outras, de Santa María de Reboreda, San Esteban de Negros, San Mamed de Quintela e San Martín de Vilar de Infesta, que lle foran arrebatados polo arzobispado de Santiago.

1587, censo: Aparece como freguesía de Redondela co nome de Sajamonde.

1608, 5 de outubro. Apeo (restitución) dos bens pertencentes ó arzobispado de Santiago de Compostela nas freguesías, entre outras, de Santa María de Reboreda, San Martín de Vilar de Infesta, San Esteban de Negros e San Mamed de Quintela.

1635, 17 de maio. Falece durante unha visita en Saxamonde D. Diego de Vela, Bispo de Tui.

1741, 17 de xuño: Felipe V ordea que se faga o apeo (restitución) e deslinde de todas as posesións pertencentes ó marquesado de Valladares, entre elas o Coto de Sajamonde e propiedades en Redondela.

1752Catastro de Ensenada. O couto de Saxamonde está dividido en 4 distritos pertencentes a: o Marqués de Valladares, o Conde de San Román (conselleiro de Indias), José Mariño (residente en Pontevedra e señor de Toutón) e o Marqués de Sierra. Os seus límites son: “en el mojón que se halla al sitio dos Valos, y de allí sigue al que se halla al sitio do Río do Louro y de allí al mojón da Fontaiña, y de allí sigue al dos Barreiros, y de allí sigue a el del sitio da fonte de Aver Covo,  y va en derechura al de las Corvazeiras, y de allí al del sitio da Veiga Longa, y de este al mojón que se halla al sitio de Lamas, hasta el Río da Zapal, y va siguiendo al del sitio da Trigueira, y de este a otro que se halla al sitio de Carrascal y fenece en el mojón referido dos Valos primera demarcación”.

1822: Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova e Vilavella).

1823: Restauración do réxime señorial. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella voltan a separarse de Redondela.

1835: Abolición dos señoríos xurisdiccionais.Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella únense a Redondela definitivamente.

 

TRASMAÑÓ

3.000 a 1.800 a. C. (Neolítico): No monte Mirallo ou Penide (Cedeira/Trasmañó /Cabeiro/Negros/Chapela) atópanse catalogadas 39 mámoas desta época.

1.800 ó 60 a. C. (Idade de Bronce): Tamén no Monte Mirallo atopáronse machadas de bronce e petroglifos.

1587, censo: Aparece como freguesía de Redondela co nome de Trasmañen.

1752 Catastro de Ensenada. Chapela e Trasmañó pertencían á xurisdicción do Val do Fragoso, concello independente de Vigo. Os seus límites eran: “principiando su demarcación en el marco de Couto a la parte de L. sigue partiendo con la de San Juan de Cabeiro, al de la Cruz de Pinide, de este limitando con el de Cedeira pasa a los que nombran la lagoa Laguna de Solleiro, y Cruz de Rande del que confinando con la mar sigue al das Cuncheiras de aquí dividiendo a San Fausto da Chapela va a los do Cavo da Pedra, Piedra do Loureiro, sitio do Tojo, Olmo do Fondón, fuente da Lamosa y al de Mirallo, de donde confrontando con San Cristobal de Candeán pasa a cerrarse al expresado del Couto”.

1758 Publícase España sagrada theatro geographico histórico... “, no que Trasmañó xa aparece como pertencente ao arciprestazgo de Redondela.




VENTOSELA 

1497. Ventosela xa aparece coma un anexo de Reboreda.

1786. O Bispo de Santiago de Compostela, Domingo Fernández Angulo, separa de Reboreda a capela de San Martiño de Ventosela xunto cos lugares de O Castiñeiro e Vilar do Mato, creando unha parroquia independente e construindo unha nova igrexa.

VILAR DE INFESTA

3.000 a1.800 a. C. (Neolítico): No monte Mirallo ou Penide (Cedeira/Trasmañó /Cabeiro/Negros/Chapela) atópanse catalogadas 39 mámoas desta época.

1.800 ó 60 a. C. (Idade de Bronce): Tamén no Monte Mirallo atopáronse machadas de bronce e petroglifos.

S. I-IV d. C.: Desta época consérvase in situ un miliario romano no límite desta parroquia con Mos, sendo coñecido como O Miliario de Antas.

1293, 19 de marzo. Doazón das freguesías de San Miguel de Oya, San Saturnino de Amoedo, Santa María de Reboreda, San Martín de Nespereira, San Martín de Vilar de Infesta, Santiago de Borbén, San Esteban de Negros, e San Mamed de Quintela (Pontevedra), dada por Martín, arzobispo de Santiago de Compostela, a favor de Fernán Gómez de Valladares.

1587, censo: Villar aparece como freguesía deRedondela.

1752Catastro de Ensenada. Vilar e Cabeiro, si ben dependen de Redondela, no “político y concejil”, están sometidos ó partido de Mos. Os seus límites son: “principiando por el Norte en el marco da fonte da Presa, de allí va al sitio llamado da Trigueira, de allí al molino de Mangoeiro, de este a la Coutada de Tumbalobos, de allí a la Piedra nominada dos Picos, de allí a la fuente do Mouro, de allí a las Piedras de Gandaris, de allí a la Piedra Lodoso, de esta al marco do Outeiro llamado da Portuguesa, de allí al Castro de Guisan, de allí a la Coutada das Cartas, de allí al Monte de Formoso y marco de división que en él hay, y de este al ya nominado da fonte da Presa, primera demarcación”.

1936. Vilarestréase como entidade local menor. Dous meses despois  serán nomeados, interinamente, os seus primeiros rexidores: Perfecto Blanco Barciela, Juan Rodríguez Barciela e Manuel Blanco Camiña. A Guerra Civil non lles deixaría moito tempo para desempeñar a súa xestión.

 

VILAVELLA

1.800 ó 60 a. C. (Idade de Bronce): En Vilavella, recuperouse unha machada de tope con tres aneis e con dúas asas do 800 antes de Cristo, sendo o vestixio máis antigo do casco urbán de Redondela.

Antes s. XII. No libro “Communicaciones al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3” recóllese que Vilavella formaba parte “dos vellos territorios de Toronio”.

Dende 1118 ata o 22 de marzo de 1312. Durante estes anos Vilavella pertenceu ós Cabaleiros Templarios. Unha vez disolta a orde Vilavella pasa a pertencer á Coroa.

13??Pedro I concede Vilavella a Suero Yáñez de Parada, Adelantado Mayor de Galicia.

1371, 14 de setembro. O rei Enrique II, que confiscara as posesións de Suero Yáñez,  dóalle ó Bispo de Tui, Juan de Castro, Vilavellaxunto co castelo de Entenza, o coto de Coia e a vila de A Guarda. O prelado e o Cabildo de Tui nomeaba en Vilavella un xuíz que exercía de alcalde, un rexedor e un procurador de causas.

1417. O rei Juan II confirma a doación feita por Enrique II, da vila de Vilavella á Igrexa de Tui.

1451, xullo. O Bispo de Tui confire os beneficios de Saxamonde e Vilavella, e deu unha “Pesquera” do río Míño en foro a Ruy e Álvaro Lorenzo.

1501: Comeza a construcción do Convento de Vilavella.

1587, censo: Vilavella aparece como freguesía deRedondela.

1752Catastro de Ensenada. Vilavella ten agregada a aldea de Anseamonde (Pazos de Borbén) e segue a depender do Bispado de Tui. Os seus límites eran: “principiando en el marco de la Cabrita hasta llegar a la fuente de el Regueyro do Varro siguiendo por derechura hasta el camino Real que va de esta villa a la Ciudad de Tuy enderezándose por dicho camino hasta otro marco que se llama de Muro longo y de allí da la vuelta a otro marco que se denomina da Rabadeyra y de allí a la fuente de el Castañal de Canaval siguiendo a la Coba do Ouro y de allí a una Cruz que se halla en la casa de d. Phelipe Mage vecino de la villa de Vigo y de esta va a la fuente de Reande y de esta sigue a la mar y de esta sigue al Crucero de la capilla de Nuestra Señora del Socorro y de allí por la orilla del río que viene de la Maceira hasta llegar a la Puente Longa que se halla en el, y desde esta y hace un rechazo y va a lo largo del Río que viene de Reboreda hasta el medio de una Puente de piedra que se halla en él, que es la que divide el término de esta población de el de Villanueva de Redondela y va por la orilla de otro río arriba y a la distancia de unas ochenta varas hace otro rechazo y va al Marco dos Paisás y de este sigue a la fuente del Canudo, y de allí al marco da Cabrita, primera demarcación”.

1822: Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova e Vilavella).

1823: Restauración do réxime señorial. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella voltan a separarse de Redondela.

1835: Abolición dos señoríos xurisdiccionais.Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella únense a Redondela definitivamente.

1904. O Bispado fai un arranxo parroquial e pasan a pertencer a Vilavella: Pasales (Reboreda, actual Juan Manuel Pereira), O Muro (Quintela) e Maceira (Cedeira).

S. XXI. Na actualidade Vilavella tan só é parroquia a nivel relixioso, si ben é atendida polo párroco de Redondela.

 

 

O VISO

1.800 ó 60 a. C. (Idade de Bronce): Os vestixios que nos dan constancia desta época son machadas de bronce (hoxe no museo de Pontevedra) e gravados rupestres ou petroglifos.

S. I a. C. (Idade de Ferro): O Castro da Peneda (O Viso)

S. I-IV d. C.: Tense constancia dunha villae romana en Soutoxuste (O Viso).

1477. O arzobispo de Santiago Alonso II de Fonseca manda construir a Fortaleza de Castrizán en A Peneda. A súa intención era vixiar de preto o castelo de Soutomaior, propiedade de Pedro Madruga que daquela se atopaba preso. Pouco tempo despois Pedro Madruga xa en liberdade destruiu esta fortaleza.

1587, censo: Viso aparece como freguesía e Redondela.

1709: Arcade (incluindo Soutoxuste) se separa de O Viso

1752 Catastro de Ensenada. Cesantes e O Viso se ben dependían nas cuestións de xusticia de Redondela, era o duque de Soutomaior o que nomeaba ós seus concelleiros. Os seus límites eran: “principiando por el N en el sitio que se dice da Roca, de allí va a la Portela de Ziguelos, de allí al Puntal, de allí al marco de la fuente dos Frades, de este sigue al monte do Cavaleiro, de allí al Outeiro dos Porros, de este al sitio da Mina, de allí a la Portela da Pía, de allí al marco do Loureiro, de este al marco de Folgosas, de allí al sitio do Lombo, de allí al campo dos Codorneiros, de este a la fuente Espiñeira, de allí a las Pedras Mouras, de allí al marco do Viso, de este a la Hermita de la Peneda, y de allí al sitio nominado da Roca primera demarcación”.

S. XVIII. A mediados deste século, San Vicente de Soutoxuste pasa a depender de O Viso.

Texto: J. Migueles

Actualizado: 09-01-2015

Escribir comentario

Comentarios: 0