Libro de Visitas

         Pasados os tempos de invasións nos que chegaron a Redondela dende Julio César ata Francis Drake, a nosa vila aínda foi visitada por reis, xefes de goberno e outras personalidades destacadas. Esta é unha breve mostra:

 

Gaspar Melchor de Jovellanos. Foto: wikipedia
Gaspar Melchor de Jovellanos. Foto: wikipedia

1782: Gaspar Melchor de Jovellanos estivo en Santiago e en carta ao seu tio D. Miguel de Jovellanos e Carreño, Abad de Villoria, datada o 8 de Outubro, dille, que acompañado do Coengo Cardeal don Antonio Péramo, fora a comer o venres a Arcos da Condesa; que de alí foron a durmir ao Mosteiro de San Salvador de Lérez, que ao día seguinte xantaron ostras, rematadas de saír da auga, na Ponte de San Paio; que pasaron a comer a Redondela e que seguiron a durmir a Vigo. "O domingo, segue dicindo, de mañá, despois de oír misa, visto o porto e fortificacións, embarcámonos e seguimos ata Ponte San Paio,que son tres leguas, vendo as fértiles e fermosas beiras da ría de Vigo, cheas de bos portiños que é a cousa máis excelente que ten o Rei de España".

http://es.wikipedia.org/wiki/Gaspar_Melchor_de_Jovellanos

Alfonso XII. Foto: Wikipedia
Alfonso XII. Foto: Wikipedia

1814-Xullo-08. O día 8 comeu en Redondela o Bispo de Santiago (Rafael Múzquiz Aldunate), onde lle regalaron varios obsequios.

 

1843-Xaneiro-20. Procedente de Santiago e con dirección a Tui, Antonio Arias Seoane Deputado a Cortes pola provincia de Pontevedra, pasou por Redondela. Nesta vila homes de mar o recibiron con cohetes como agradecemento pola defensa dos seus intereses en Madrid.

 

1856-Setembro-03. O pasado día 27, chegou o marqués de Albaida á casa de campo que en Reboreda ten o seu compañeiro o deputado demócrata, Juan Manuel Pereira. Foi homenaxeado cun banquete ao que asistiu o xuíz de primeira instancia, motivo polo que foi suspendido xunto ao promotor fiscal.

 

1858-Abril-30. Sen que houbera noticia, chegou ao convento de Vilavella o Prelado e Ilmo. Sr. Bispo de Tui, sendo obsequiado con música e voadores. As 4 do serán viu na dilixencia o Bispo de Astorga a quen se festexou de igual xeito. Pouco despois emprenderon xuntos a viaxe a Vigo, para seguir a Tui.

 

1877-Agosto-1. Pasou por esta vila no ferrocarril con dirección a Vigo Don Alfonso XII, Rei de España.

http://es.wikipedia.org/wiki/Alfonso_XII

 

1880-Novembro-11. Despois da súa estancia en Santiago sairá da estación de Redondela cara a Vigo, o Gran Duque Constantino de Rusia.

 

1881-Agosto-28. Despois de pasar o día no castelo de Soutomaior ás 9 da noite saíron SS. MM. o Rei Alfonso XII e a Raíña María Cristina, con dirección a Vigo, onde na súa ancha bahía se atopaba a escadra. En menos de dúas horas se verificou, por terra, a corta viaxe, ata a famosa vila de Redondela, en coches do Sr. Ministro de Estado, e dende alí a Vigo, por ferrocarril, no suntuoso tren rexio que tiña disposta a Compañía constructora da liña.

http://es.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Cristina_de_Austria

 

El presidente Emilio Castelar y Ripoll. Pintura de Joaquín Sorolla, 1901 Foto Wikipedia
El presidente Emilio Castelar y Ripoll. Pintura de Joaquín Sorolla, 1901 Foto Wikipedia

 

1883-Xullo- 29. Pasou por Redondela cara á súa posesión de Soutomaior o ministro de Estado, Sr. Marqués de la Vega y Armijo.

 

http://es.wikipedia.org/wiki/Antonio_Gonz%C3%A1lez_de_Aguilar_y_Correa

 

 

 

1883-Agosto: Visita a vila o presidente da antiga República, Emilio Castelar. Invitado pola familia Tapias na súa finca da Regasenda e por Xoán Manuel Pereira en Reboreda.

 

http://es.wikipedia.org/wiki/Emilio_Castelar

 

 

 

1884-Setembro-05. O Presidente do Consello de Ministros, Sr. Cánovas del Castillo, chegou á estación de Redondela con intención de dirixirse a Pontevedra. Mais alí recibiu a noticia do regreso do Rei Alfonso XII á corte, con motivo da entrada do cólera en España, polo que decidiu voltar a Madrid.

 

 

 

1886-Setembro. Saiu de Vigo cara a Pontevedra o ex-presidente da República e insigne filósofo Nicolás Salmerón Alonso, acompañado dos señores Chao, Armesto e Ojea. O Sr. Salmerón detívose breves horas na quinta que preto de Redondela ten o ex-ministro de España en China, Sr. Pereira, e continuo a súa viaxe no tren correo da tarde.

 

 

 

1887-Novembro-02. No tren de antonte saiu para Madrid o diputado a cortes Sr. Vicenti. Ata a estación de Redondela acompañáronlle varias persoas de Pontevedra.

 

 

 

1888-Agosto-13. Chegou a Redondela o presidente do Congreso D. Cristino Martos, que pasará a tempada na quinta de Agrelo, propiedade da viúva de D. José Carreras. O día 30 visitou Pontesampaio acompañado de Juan Manuel Pereira entre outros amigos.

 

 

 

1892-Setembro-30. O ilustre republicano Francisco Pi y Margall, visitou Vigo pola mañán, saíndo logo cara a Pontevedra para celebrar un meeting. Algúns correlexionarios acompañaron ao xefe do partido ata a estación de Redondela.

 

 

 

1898-Setembro-20. O ex-gobernador militar da praza de Santiago de Cuba, o xeneral Toral, trasladouse ó Lazareto nun bote procedente do trasatlántico León XIII. De alí pasou á praia de Cesantes para dirixirse en coche á estación acompañado do director e do farmacéutico do Lazareto. Antes de coller o tren foi increpado por un grupo de mulleres.

 

Maria Isabel de Borbón coa Marquesa de Nájera, óleo sobre lenzo, hacia 1915. Foto Wikipedia
Maria Isabel de Borbón coa Marquesa de Nájera, óleo sobre lenzo, hacia 1915. Foto Wikipedia

1900-Setembro-02. A bordo do “Urania” S. M. o Rei realizou unha xira pola ría de Vigo, visitando o Lazareto de San Simón e achegándose ata Pontesampaio.

 

1901-Setembro-30. Chega procedente de Monforte o Ministro de Mariña, Duque de Veragua acompañado do xefe de departamento de Ferrol, Xeneral Cámara. Visitará os principais portos da provincia para poñer fin á problemática do uso da traíña para a pesca. En Redondela foi recibido polas comisións do Concello e da Cámara de Comercio.

 

1902-Setembro-18. O Deputado, señor Raimundo Fernández Villaverde e a súa familia foron recibidos en Redondela polo Marqués de Riestra e o diputado señor Besada. Na estación foi recibido polas autoridades civís e militares e por unha comisión do distrito de Candelas, que representa en Cortes.

http://es.wikipedia.org/wiki/Raimundo_Fern%C3%A1ndez_Villaverde

 

1904-abril-13. Chegou o señor Montero Ríos e saiu inmediatamente para Lourizán. Na estación saudáronlle gran número de persoas significadas de Pontevedra. Ao chegar a Redondela tivo coñecemento do atentado que sofreu o señor Maura, causándolle a noticia fonda impresión

 

1906-Xullo-20. Ás once da mañá a Infanta dona Isabel visitou ao Marqués de Molins, trasladándose despois ao Vasco Núñez de Balboa para realizar unha xira ata Redondela. Don José Pravia ofreceu á infanta os terreos necesarios para construir un hotel onde pasar o vrán. A infanta, agradecendo o obsequio, dixo que o pensaría.

http://es.wikipedia.org/wiki/Isabel_I_de_Castilla

 

Retrato de Antonio Aguilar y Correa, marqués de la Vega y Armijo. Grabado de Bernardo Rico sobre foto de Alviach Foto Wikipedia
Retrato de Antonio Aguilar y Correa, marqués de la Vega y Armijo. Grabado de Bernardo Rico sobre foto de Alviach Foto Wikipedia

1907-Setembro-23. O Concello de Vigo e o Marqués de la Vega de Armijo saudarán ao Rey Alfonso XIII en Redondela e na estación de Pontevedra o cumplimentarán a Diputación provincial  e os señores Montero Ríos e Echegaray. Dende Redondela acompañarán ao Rei o gobernador civil, xefe da benemérita e o ex-ministro señor De Federico.

http://es.wikipedia.org/wiki/Alfonso_XIII_de_Espa%C3%B1a

 

1909-Outubro-21. Despois de pasar unha tempada na súa finca de Rubiáns, saíron onte para Madrid os señores marqueses de Aranda cos seus fillos. A marquesa vai moi delicada de saúde. Para acompañala viñeran de Madrid os seus parentes, as marquesas de Rocamora e Villasinda e a señora de Sanjuanena. Tamén lle acompañaba o médico señor Piay. Ata Redondela lle acompañan os señores marqueses de Riestra e o omandante de Artillería Sr. Calderón.

http://es.wikipedia.org/wiki/Condado_de_Aranda

 

1909, Decembro. Federico Barreras Massó obsequiou cun banquete na illa de San Simón ao escritor Mr. Walter Wood, quen ten o encargo da Compañía Booth de vapores transtlánticos de escribir un libro que serva de guía para os turistas que visiten Galicia. Ao xantar servido polo Continental Hotel de Vigo, foron convidados os directores dos xornais vigueses e de Vida Gallega.

 

1911-Marzo-2. Onte á noite chegou a Santiago o xefe dos integristas españois, elocuente orador parlamentario e director de El Siglo Futuro, D. Ramón Nocedal. Moitos dos amigos cos que conta en Santiago foron a esperalo á estación de Redondela. Tamén acudiu unha comisión a saudarlle e reiterarlle a súa adhesión á doctrina que defende.

http://es.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Nocedal

 

Alfonso XIII. Foto: Wikipedia
Alfonso XIII. Foto: Wikipedia

1911-Xuño-21. No rápido de onte chegou a Vigo o senador vitalicio e ex-secretario de Gracia e Justicia D. Álvaro López Mora. Ao seu paso por Redondela foi saudado polo gobernador civil da provincia  Sr. Boente.

 

1911-Xullo-23. No tren correo de onte chegou a Pontevedra o xa célebre violinista Manolo Quiroga. Á estación de Redondela foran a esperalo numerosos xóvenes da boa sociedade pontevedresa.

http://es.wikipedia.org/wiki/Manuel_Quiroga_Losada

 

1911-Agosto-23. Na estación de Redondela foi recibido o aviador Garnier por un delegado do gobernador civil da provincia e dous axentes, que lle informaron que no seu contrato hai unha cláusula que lle obriga a voar só na cidade de Pontevedra durante o mes de agosto. Este feito causou gran indignación en Vigo, onde se comprometera a voar.

 

1912-Setembro-22. Saiu cara a Redondela o ilustrado xuíz municipal de A Coruña, D. José Rodríguez Rey.

 

Gonzalez Besada Foto: Ilustración Gallega 1-8-1914
Gonzalez Besada Foto: Ilustración Gallega 1-8-1914

1913- Abril-04. Chegou o señor Augusto González Besada recentemente posto en liberdade coa súa esposa e filla María Teresa. Acompañoulles dende Redondela o ex-ministro señor Bugallal. Á estación acudiu a recibirlle numeroso público. O señor González Besada pasará aquí oito días.

http://es.wikipedia.org/wiki/Augusto_Gonz%C3%A1lez_Besada

 

1914-Abril-19. A sociedade de Santiago La Congregación de la Anunciada y San Luis Gonzaga organizou unha excursión a Vigo. Na estación de Redondela uniúselles o Ilmo. Sr. Bispo de Tui, Arzobispo electo de Valencia.

 

1914-Maio-15. Chegada do cadáver de Montero Ríos á estación de Redondela no tren correo de Madrid. De Vigo o agardan varias comisións do Concello, Cámara de Comercio, Círculo Mercantil e da Xunta de Obras do Porto. Ademáis había comisións de Ponttevedra, Santiago e outras localidades galegas.

 

1916-Setembro. Relevantes persoas de Ponteareas agasallaron cun paseo en barco e un banquete no Lazareto de San Simón ao ex ministro Sr. Gabino Bugallal.

http://es.wikipedia.org/wiki/Gabino_Bugallal_Ara%C3%BAjo

 

Abd al hafid coñecido como Mulay Hafid, Sultán de Marrocos entre 1908 e 1912 Foto: Wikipedia
Abd al hafid coñecido como Mulay Hafid, Sultán de Marrocos entre 1908 e 1912 Foto: Wikipedia

 

1918-Agosto-08. Pola estación de Redondela pasaron no tren correo para Pontevedra cinco relixiosos destinados ao colexio fundado no edificio situado en Los Placeres, e cedido por D. Avelino Montero Ríos. Procedentes de Sevilla, entre eles atópase un irmán do embaixador de Arxentina, Sr. Avellaneda, a quen veu a saudar a Redondela o cónsul arxentino en Vigo.

 

1918-Setembro-2. O ex-Sultán de Marrocos Mulay Hafid realizou unha excursión ao Lazareto de San Simón.

http://fr.wikipedia.org/wiki/Moulay_Abd_al-Hafid

 

1919-Agosto-4. Chegou a Redondela en tren o ex-presidente do Consello de Ministros Manuel García Prieto, Marqués de Alhucemas, proseguindo viaxe en automóvil a Lourizán.

http://es.wikipedia.org/wiki/Manuel_Garc%C3%ADa_Prieto

 

Miguel Primo de Rivera, Marques de Estella. Foto: Wikipedia
Miguel Primo de Rivera, Marques de Estella. Foto: Wikipedia

1921-Agosto-04. Os reformistas galegos, aproveitando a venida a Mondariz de don Melquiades Alvarez, teñen preparada unha seria propaganda nas principaies cidades de Galicia, pero o xefe do reformismo, en consideración ás circunstancias actuais suspendeu todos os actos, xuzgando un crimen de lesa patria toda campaña partidista. Nembargantes, onte veu á inmediata vila de Redondela para despedirse dos amigos, que lle obsequiaron cunha comida íntima de cen cubertos.

http://es.wikipedia.org/wiki/Melquiades_Alvarez

 

1922-Xaneiro-22. Atópase en O Viso o célebre escritor e director do xornal Vida Gallega, Jaime Solá.

 

1923-Marzo-29. Chegou a Redondela o Primeiro Lord do Almirantazgo, Sir Leopold Amery M. P., a quen esperaba o almirante da frota británica fondeada na Ría de Arousa, barón John Michael de Robeck e o vicecónsul Mr. Reinaldo Cammeron-Walker.

 

1923-Abril-11. No correo chegou o domingo a Pontevedra o insigne músico galego director do Conservatorio Nacional o señor Fernández Bordas. A Redondela foron a esperalo varios directivos da Filarmónica, o presidente da Deputación e varias persoas mais.

http://es.wikipedia.org/wiki/Antonio_Fern%C3%A1ndez_Bordas

 

Melquiades Álvarez Foto: asturieslliberal.nireblog
Melquiades Álvarez Foto: asturieslliberal.nireblog

1923-Agosto-11. Invitado por don Manuel Sanjurjo Otero, pasou onte á tarde en Vigo o presidente do Congreso, Melquiades Álvarez, ao que acompañaron numerosos amigos políticos de Pontevedra, Redondela e Vigo. Obsequiouselle, así como a os seus acompañantes, cunha xira ao Lazareto de San Simón e cun «lunch» a bordo do vapor de turismo que os levou á illa. Á noitiña regresaron a Mondariz, onde veranea.

 

1924-Abril-7. Onte se celebrou o solemne acto pola entrada do señor Lago González na archidiocese compostelana. Na viaxe a Santiago, ao entrar o tren en agullas en Redondela, disparáronse multitude de bombas e a afinada banda musical de Cabeiro tocou a Marcha Real. Os espaciosos andéns da estación atopábanse ateigados de xente e, en canto se detivo o tren, unha morea de persoas de todas as clases sociais rivalizaron por bicar o anel do Prelado. Na estación agardaban ao novo Arzobispo a comisión capitular compostelana e unha comisión do Concello de Santiago.

http://es.wikipedia.org/wiki/Manuel_Lago_Gonz%C3%A1lez

 

1924, xullo, 30. O percorrido da visita presidencial modificouse despois de que unhas 800 persoas foran en tren a Vigo. A visita do xeneral Primo de Rivera foi anunciada esa mesma noite dende a cidade olívica polo delegado guvernativo Del Río e o alcalde Saturno Cal. No recibimento participaron todas as personalidades e colectivos da vila. O marqués de Estella foi recibido con solta de pombas e foi agasallado con ramos de frores por mozas da vila vestidas contraxes rexionais.

 

1924-Outubro-09. Acaba de sair para Madrid, en auto, o marqués de Alhucemas, acompañado, ata Redondela, pola súa esposa que sigue viaxe en ferrocarril.

 

1925-Maio-03. Os batallóns de Zaragoza e Toledo, repatriados de África, sairán de Vigo cara a Santiago facendo parada en Redondela onde se lles servirá unha comida.

 

1925-Outubro-02. Vai presidir o Congreso Antituberculoso en A Toxa, o ilustre xeneral galego e subsecretario de Gobernación, Severiano Martínez Anido. En Redondela foi recibido con bombas, música e frores, ofrendadas estas por bellas señoritas da vila. Logo foi obsequiado cun banquete na finca do ex-alcalde Avelino Giráldez ao que asistiron uns 150 comensais. Despois saiu para A Toxa e o fin de semana visitara Vigo, pernoctando no lazareto de San Simón.

Jaime de Borbón y Borbón-Parma. Foto wikipedia
Jaime de Borbón y Borbón-Parma. Foto wikipedia

1927-Xaneiro-28. A bordo dun trasatlántico alemán chegou onte a Vigo o Príncipe Waldeck, coa súa dona, que é a filla menor do gran duque de Oldemburg. Os augustos viaxeiros fixeron unha excursión a Redondela e o castelo de Soutomaior. Os príncipes de Waldeck diríxense a Funchal, onde pasarán unha tempada.

 

1928-Abril-03. Ás seis da tarde saiu o Xefe do Goberno, Primo de Rivera  marqués de Estella, de Porriño para Redondela, onde se lle fixo un gran recibimiento, entregándolle señoritas ramos de frores. Ás sete da tarde saiu de Redondela para Pontevedra.

http://es.wikipedia.org/wiki/Miguel_Primo_de_Rivera_y_Orbaneja

 

1928-Abril-06. De volta dun viaxe científico por varios países de Sudamérica chegou a Vigo o ex-Zar Fernando de Bulgaria. Aproveitou a ocasión para visitar Porriño e Redondela, onde saudou ao alcalde de Vigo que se atopaba naquela vila por mor da visita do xeneral Primo de Ribera.

 

1928-Maio-11. Chegou a Vigo a bordo do "Electra", Marconi e señora. O Concello ofreceulle un xantar no Hotel Moderno, celebrando despois unha xira marítima ata as illas Cíes e a illa de San Simón.

 

 

1929-Outubro-20. Constiuiu un acontecemento o paso do Infante Don Jaime de Borbón por esta vila con dirección a Vigo. O pobo redondelán acudindo ao chamamento da primeira autoridade local, engalanou as súas casas e a corporación municipal e demáis autoridades, tanto locais coma de Vigo e Pontevedra, se reuniron frente ao Recheo para esperar ao infante. Á súa chegada a Banda de Música de Arcade interpretou a Marcha Real e lanzáronse palenques. O alcalde Saturno Cal ofreceulle os seus respetos e un grupo de fermosas mozas da vila ofrecéronlle un ramo de frores cunha cinta coa bandeira española e fotos de Redondela.

http://es.wikipedia.org/wiki/Jaime_de_Borb%C3%B3n_y_Borb%C3%B3n-Parma

 

1930-Xullo-03. No express pasou cara a Madrid o Ministro de Gracia e Xustiza. Na estación foi saudado polo xuíz e o secretario do xulgado de instrución, e polo secretario do concello. En tan breves momentos faláronlle da necesidade da construción dun novo  cárcere do partido. O Sr. Estrada amosouse favorable a tal pretensión.

 

1932-Abril-03. O Bispo de Tui (Ilma. Antonio García y García) chegou a Redondela onde se atopa predicando no quinario do Santo Cristo, que se celebra na igrexa parroquial. Varios centos de persoas tributaron ao prelado un agarimoso recibimento. En xullo deste mesmo ano visita aos nenos da “Casa de Caridad” que pasan o vran  na Illa de San Simón.

 

1933, Xuño. Disfruta das Festas da Coca o vicecónsul de España en Maceio (Brasil), José Carpintero Simóns, acompañado da súa dona e a súa filla Bernice.

 

1935-Agosto-03. Chegou a Vigo no tren expreso o ilustre home público, D. Rafael Sánchez Román. Foi a recibilo a Redondela no nome do Comite local de Vigo da Esquerda Republicana o seu presidente, D. Elpidio Villaverde.

 

Francisco Franco-Foto Wikipedia
Francisco Franco-Foto Wikipedia

1944-Agosto-08. A señorita Carmen Franco Polo, invitada polo alcalde de Pontevedra, don Luis Ponce de León, estivo xantando no Pazo de Maruxa de Rande (Redondela). Chegou acompañada entre outros pola súa tía, dona Isabel, e do Xefe da Casa Civil de Su Excelencia, don Julio Muñoz Aguilar. Tamén asistiron o Presidente da Deputación e o director da Escola Naval de Mariña acompañados polas súas esposas. No Pazo foi cumprimentada polo Governador Civil e Xefe Provincial do Movemento. Pola tarde, a filla do Caudillo, con outras distinguidas señoritas e damas da localidade realizou unha excursión marítima, trala que voltou ao Pazo de Meirás.

   

1946-Xullo-15. Procedentes de Madrid o Ministro de Marina, Almirante Francisco Regalado Rodríguez, acompañado do Gobernador Civil, don Luis Ponce de León, foron recibidos na estación de Redondela polo Capitán General del Departamento Marítimo, Almirante Moreu; General Jefe de la Agrupación de las Rías Bajas, don Siro Alonso, Comandante de la Provincia Marítima, Contralmirante Piñeiro Bonet; Comandante Director de la Escuela Naval Militar, Capitán de Navío don Alejandro Molins; Presidente de la excelentísima Diputación Provincial en funcións de Gobernador, don Rafael Picó; Delegado de Hacienda; Fiscal de Tasas e outras autoridades e personalidades. Despois de oír misa continuaron a viaxe en coche cara ao palacio de Lourizán en Pontevedra.

http://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_Regalado_Rodr%C3%ADguez

 

1947-Setembro-12. A esposa de Su Excelencia el Jefe de Estado, dona Carmen Polo, acompañada da súa filla Carmen Franco Polo, e do Ministro de Mariña, almirante Regalado e esposa comerá na finca A Maruxa, obsequiada polo Governador Civil. O público ao advertir a presenza das ilustres viaxeiras, fixéronlle unha cordial acollida, vitoreandoas e aplaudíndolles.

  

1950-Xullo-11. O Ministro da Mariña, Almirante Francisco Regalado, chegou onte procedente de Madrid, no expreso. Na estación de Redondela agardaban a súa chegada o Governador Civil da provincia, o Almirante Xefe da escadra española surta en Marín e o director da Escola Naval Militar. Acompañado destas personalidades  e os seus familiares, o ministro oiu misa na igrexa parroquial de Redondela; e inmediatamente continuou viaxe á súa residencia de vran en Cháncelas, na inmediata vila de Poio. A súa intención é estar presente en Marín durante as festas do Carme.

 

1953-Agosto-30. Procedente de A Toxa chegou o Ministro do Aire, señor González Gallarza, co obxeto de visitar o aeroporto de Peinador, onde lle esperaban o Xeneral Roa, director de Aeropuertos e outros altos xefes da armada de Aviación, así como o alcalde da cidade de Vigo. O ministro recorreu o campo de aviación, expresando a súa satisfacción polo estado das obras, que se levan a ritmo intenso e se esperan inauguradas dentro, de dous meses, xa que a pista Norte-Sur de 1.500 metros, permite perfectamente a aterrizaxe e despegue dos aparatos. Terminada a visita, o señor González Gallarza foi obsequiado polo alcalde cunha copa de viño español. Despois seguiu viaxe a Redondela.

http://es.wikipedia.org/wiki/Eduardo_Gonz%C3%A1lez-Gallarza

 

1955-Setembro-17. Visita de Francisco Franco. A vila de Redondela tivo un comportamento digno con motivo do paso por aquela localidad de SS. EE. Toda a rúa de Alfonso XII cubriuse de guirnaldas e gallardetes e todas as casas do povo, especialmente as da expresada vía, engalanábanse con bandeiras e cortinaxes. Dende o lugar de Santa Mariña ata o final da mencionada rúa de Alfonso XII, extendíase a todo o longo do traxecto gran cantidade de público, especialmente xente mariñeira, que acramaba con verdadeiro entusiasmo ao Xefe do Estado, tendo o coche en que viaxaba SS. EE. que aminorar a marcha para que o Caudillo e a señora de Franco puideran corresponder aos saúdos e mostras de adhesión e entusiasmo do público que se apiñaba ao longo do percorrido Desde os balcóns axitábanse lenzos que misturados cos aplausos e vítores da multitude e salvas de bombas de palenque, así como as notas do himno nacional, interpretado pola banda municipal deste povo, constituiron unha respetuosa e simpática despedida ao Caudillo. Ao frente da multitude hachábanse as autoridades de Redondeia. No barrio de Vilavella. á saída de Redondela, congregouse infinidade de nenos, que axitanan lenzos e fixeron obxeto a S. E. dun respetuoso e cordial saúdo. NOTA: É curioso como este mesmo texto aparece en diferentes xornais, tanto galegos como de fóra da nosa comunidade.

http://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_Franco

 

Texto: Juan Migueles

Actualizado: 26-12-2016

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Galeguismo e Sociedade na Redondela da II República.

 

Aportación J. L. Cofán, sacada de Documentos para escribir la biografía de Jovellanos Madrid : [s.n.], 1911 : Imp. de los Hijos de Gómez Fuentenebro)

 

ABC

 

http://www.abc.es/hemeroteca

 

La Vanguardia (dende 1881)

 

www.lavanguardia.es/hemeroteca

 

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Hoja Oficial del Lunes (Vigo), El Compostelano (Santiago), El Correo de Galicia (Bos Aires), La Correspondencia Gallega, Diario de Galicia (Santiago), El Pueblo Gallego (Vigo), Vida Gallega...

 

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es

 

La América (Madrid), El Año Político, Atalaya de la Mancha en Madrid, La Construcción Moderna, La Correspondencia de España…