S. XVI-XVII. Invasións.

          Se algo caracterizou os séculos XVI e XVII foi os continuos ataques piratas ás costas galegas e a guerra de Portugal. Esta pretende ser unha breve recopilación do que atañe a Redondela.

1669 Pier María BaldiA.H.M.C. Colec CarlosMartínezBarbeito de estampas de Galicia n 82
1669 Pier María BaldiA.H.M.C. Colec CarlosMartínezBarbeito de estampas de Galicia n 82

Os piratas Sarracenos.

            Durante os séculos XVI e XVII, Galiza sufriu a presenza nas súas costas dos Sarracenos. Actuaban como piratas que atacaban aos barcos de pesca galegos, para secuestrar aos seus tripulantes. Os prisioneiros eran trasladados ao norte de África e logo pedían un rescate por eles.

         Aquí cobraban gran importancia como mediadores os Padres Mercedarios, que tiñan como Cuarto Voto, o de redimir aos cautivos do poder dos Sarracenos. Para predicar as redencións e recoller as esmolas e encargos persoais dividiron Galicia en oito sectores, chamados daquela veredas, que eran: Pontevedra, Tui, Lugo, Arzúa, Mondoñedo, Noia, Muros, e A Coruña. O centro da actividade era o convento de Conxo, extramuros de Santiago de Compostela.

          Redondela quedaba pois na zona de Pontevedra. Habería que puntualizar aquí que cando falamos da Orde Mercedaria e Pontevedra probablemente pensemos no Mosteiro de Poio. A realidade e que os relixiosos non poboaron este convento ata 1890. Apesares disto, os mercedarios xa actuaban na zona dende moito antes, como dan conta os censos de cobro de foros por casas e terreos arrendados.

O papel como mediadores dos Padres Mercedarios era poñer en contacto ás familias cos secuestradores; servir de recadeiros ás familias, levando alimentos ou calqueira outra cousa que o apresado necesitara; negociar o prezo de rescate, que variaba dependendo da idade e estado de saúde do prisioneiro; e conseguir mediante esmolas os cartos para pagar o rescate, xa que as familias non podían facer fronte ao pago.


          Na Chronica Sacri, et Militaris Ordinis B.Mariae de Mercede, Redemptions Captivorum..., do Padre Bernardo de Vargas, impresa en Palermo, en 1622, tomo segundo, recóllense os seguintes casos:

          No ano 1592, efectuouse unha redención en Marrocos, sendo redentores os Padres Baltasar de Paz e Jerónimo Martel. Nela foron redimidos 142 cautivos, entre os que se atopaban 5 galegos. Un era de Redondela, chamábase Benito Rodríguez e contaba tan só 8 anos de idade. Esta circustancia fixo que fora liberado por maior precio que os demáis en vvirtude ao maior risco de perecer que corría.

          Poucos anos despois, en 1598, levouse a cabo unha redención en Arxel e outros portos africanos máis numerosa que a anterior, concretamente de 208 cautivos, dos que eran galegos 4: un de Pontevedra, un de Viveiro, un de Vilanova e o cuarto sen concretar.

          Xa en 1601, o Padre Juan Bernal fai unha redención de 166 prisioneiros en Fez e Tetuán. Entre eles 3 galegos: Pedro Fernández, de Pontevedra; Francisco García, sen concretar; e Juan Lorenzo, de Redondela, que contaba 47 anos e levaba 5 cautivo.


 

Francis Drake.

Sir Francis Drake. 1590 oleo de Marcus Gheeraerts. Foto Wikipedia
Sir Francis Drake. 1590 oleo de Marcus Gheeraerts. Foto Wikipedia


          Non serían os Sarracenos os únicos piratas en atacar o noso Concello, tendo a triste honra de seres atacada polo máis famoso corsario inglés, Francis Drake, que saquea a Ría de Vigo en 1585 e con ella a Illa de San Simón. O botín debeulle cundir porque en 1589 prodúcese un novo ataque de Francis Drake. A Orde dos Pascualinos que daquela vivían na Illa de San Simón, deciden abandoala.





1640,1661 e 1665. Guerra con Portugal. Incursións portuguesas.

El Conde-Duque de Olivares a caballo (c. 1634), cadro de Diego Velázquez  Foto Wikipedia
El Conde-Duque de Olivares a caballo (c. 1634), cadro de Diego Velázquez Foto Wikipedia

En 1580 Portugal anexiónase a España, pero mantén as súas institución polo que na práctica funciona case coma un país independente. Cando o Conde Duque de Olivares tenta suprimir estes privilexios os portugueses revélanse. Da comezo así en 1640 a guerra de 27 anos polo pleito da restauración portuguesa. Os combates focalizáronse na zona de Extremadura, mentras que na nosa comunidade . En Galicia os enfrontamentos alcanzarían o seu punto álxido coa invasión dos portugueses en 1665, despois das fallidas incursións de 1640 e 1661.

         Tamén tivera certa relevancia o ataque de 1663, co que os portugueses conquistarían o punto estratéxico de Goián. Daquela en Redondela situara o posto de mando o Arzobispo de Santiago, Gobernador e Capitán Xeneral de Galicia, Pedro Carrillo de Acuña. Dende a nosa vila, o 30 de outubro, dirixe unha carta á Universidade de Santiago para que os estudantes o auxilien e saian en defensa de Monterrei. Créase así por primeira vez o chamado Primeiro Batallón Literario Compostelano.


O citado éxito en Goián e o motín popular de A Coruña en 1664, foi interpretado como un sino de debilidade polos portugueses, que estaban apoiados polos franceses e, en menor medida, por ingleses e alemáns, interesados todos estes en que Portugal debilitara a España. O plan era ocupar A Garda para lanzar un ataque contra Vigo e Baiona e dominar así a ría. O exército procedía da fronteira con Extremadura, formado por veteráns da guerra con España. Liderado polo francés Schomberg estaba composto por de tres reximentos de infantería, dous ingleses e un alemán; un de cabaleiría francesa e unidades portuguesas. En total 12.000 infantes e 1.500 de cabaleiría.

A inferioridade do exército galego, mandado agora polo capitán xeneral e Governador do Reino de Galicia, Luis de Poderico, fronte ás tropas portuguesas impedíalle atacar ao enimigo, polo que se limitou a defender as prazas fortes (Vigo e Tui), quédandolle apenas uns escuadróns cos que dificultar os movimentos do exército portugues.

Poderico emprazou as súas tropas na parroquia de Saxamonde pola súa cercanía a Redondela, onde estaban os almacéns militares; Porriño, importante polos seus fornos; e Puxeiros, monte fundamental na defensa de Vigo. Esta estratexia non evitou o saqueo de Bouzas, Porriño e posteriormente a Garda.

Logo reorganizaríase a defensa galega e o avance portugués sería freado. O 18 de febreiro de 1668 firmaríase o tratado de paz polo que se recoñece a independencia de Portugal e se determina a restitución de todas as conquistas feitas durante a guerra, excepto Ceuta.


Texto: J. Migueles

Actualizado: 21-04-2015

Escribir comentario

Comentarios: 0