Outros Bailes e Outras Músicas

Historia

Ademáis do baile tradicional (Ver Música e Baile tradicional-Folk (Historia)) en Redondela téñense practicado outros ritmos. Así, por exemplo en 1932 coincidindo coas festas da Coca no Salón Míguez celébrase un concurso de baile de resistencia.

En 1955 o “Ballet de Redondela” despois de actuar con éxito no teatro García Barbón de Vigo, participan en dúas funcións benéficas no cine Fantasio. Despois da actuación da “Agrupación Teatral Redondela e os cantantes Jaime Tornero e Joaquín Migueles “Llan”, pecharon o programa interpretando “Dominó” e “Pavana”. 

 

 

Escolas de baile

Centro de Ballet Devorah

            Centro privado de danza multidisciplinar con clases de ballet, danza moderna ritmos latinos, danza africana, yoga… en Redondela dende 1984. Un dos seus alumnos máis aventaxados foi “Fisi”, que despois de integrar o Ballet Rey de Viana, pasou a formar parte do Ballet da RTVG.

 http://www.escueladedanza.net/

 

Escuela de Baile Salsa Rica (Cesantes)

            Desempeña a súa laboura no Círculo Cultural Deportivo de Cesantes

 

Outras músicas

           

           En Redondela a pesares de contar con orfeóns e masas corais, sempre se soubo apreciar as boas voces en solitario. Mostra disto o dan noticias como as seguintes: O baile de entroido do Casino de 1910 foi amenizado polo mestre Sotomayor, cantando tamén Antonio Garrido Pardo unha romanza italiana e un número de “La viuda alegre” e Eduardo Cuntín que interpretou “Dous amores”. Un domingo de maio de 1923 organizouse un baile que estivo moi concurrido. Accedendo á petición do público cantaron as señoritas María Tomé, que interpretou entre outras “Meus Amores”, e Pilar Pastor.

 

 

 

Outros intérpretes máis recentes:

 

 

 

 

Catina

 

Dúo formado polas irmás Carmina e Tina Pena Soto. Interpretan temas populares, tendo participado en varios programas de televisión e, en Redondela, no Festival da S. A. R.

 

 

 

Bernardino Vidal Puertas "Ducho Vidal"

 

Armónica. Interpreta dende habaneras ata tangos, boleros, pasodobres... Con 3 anos regaláronlle a súa primeira armónica e aos 9 gañou o seu primeiro concurso, "Coser y cantar" en Radio Vigo. Ten nove discos no mercado ademáis de ter colaborado con Xil Ríos.

 

 

 

Enrique Tuche Crespo (“Pajarito”)

Cantante lírico, actuou en varios programas da RTVG e no Festival da S.A.R. Publicou un disco autoeditado.

 

OGALÍ

            Cantante afeccionado, con algún tema propio como “Llueve”, que actuaba sempre nos festivais da S.A.R.


Xulia María

Escritora, compositora e cantante nada en Redondela. Ten actuado en moitas cidades, tanto españolas como extranxeiras, especialmente en Sudamérica. Escribiu o libro “Carne y ceniza” que tivo moi boa acollida no Festival de Poesía da Habana. O seu traballo discográfico en galego e español chámase “A porta aberta”.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 22-01-2017

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.

 

Galiciana=>El Pueblo Gallego, La Noche, La Integridad

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0