Colectivos e Festivais

 

 

Festivais Teatrais e Cinematográficos

 

 

 

Artistas na rúa

 

Certame organizado na Alameda dende o ano 2000 pola iniciativa de Luis Crespo. Conta coa actuación de magos, paiasos, músicos, malabaristas e equilibristas.

 

 

 

Lareta

 

Festival de monólogos en galego que dende o 2013 vén organizando o Servizo de Normalización Lingüística, tendo actuado recoñecidos monologuistas como Quico Cadaval ou Víctor Fábregas.

 

 

 

Festival internacional de títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo)

 

No ano 2000 celebrouse a primeira edición e dende aquela non parou de crecer a asistencia de público. Neste certame teñen participado grupos de puntos tan dispares coma Australia, India ou Arxentina.

 

 

 

Redondela en Curto

 

Festival internacional de curtametraxes organizado por Fernando Carreira "Cuchi" dende o 2005. A proxección divídese en bloques, elexíndose ao gañador co voto do público. Conta ademáis cun bloque alternativo chamado Sección Friki.

 

 

 

Outono Teatro

 

Programación teatral do Concello que nos derradeiros anos oferta obras de diferentes compañías galegas.

 

 

 

Teatrarte

 

Festival de teatro afeccionado organizado polo Concello e que sería suspendido no 2012 por mor dos recortes.

 

 

 

 

 

Colectivos e Festivais Musicais (Historia)

 

Arpegios

            Sociedade constituida en abril de 1932 co fin de fomentar a música e o canto. Dispuña dun local en Eidos.

 

 

Festival da S. A. R.

 

A entidade deportiva Sociedade Atlética de Redondela (SAR), que chegou a contar con equipos en 12 disciplinas diferentes, comezou a recadar fondos organizando este festival. Nas primeiras edicións celebrouse na Xunqueira, no cine Fantasio e por último na Sala Miramar. Nel tiñan cabida todo tipo de artistas tanto locais como doutras vilas. No I Festival SAR celebrado en 1965 actuaron: Amador Zabaleta (acordeón), o Mago Yosca, Santos (música lixeira: voz e frauta), “Los Troveros”, Berto, Bouzas, Paulino (melodía moderna), “Dúo Redondela”, “Los Dinámicos” (trío de armónicas), o grupo “Miramar”, Xacinto dos Carafunchos (humorista), a nena de 7 anos Mary Loli (gañadora do concurso “La Voz de Vigo”) e Lueiro Urtaza (presentador e poesía). Nas seguintes edicións subirían ao esceario: “Los Condors” (grupo de Vigo), “Los Santos” (grupo de Vigo), “El Peque” (xoven acordeonista de Amoedo), “Baby” e a súa rondalla, a Sección Femenina (baile rexional), Enrique Tuche (tenor), Eduardo Otero (cantante), Varela (recitador de poesía),... Neste festival actuarían os primeiros grupos de rock da vila. Celebrouse por derradeira vez en 1994, despois de sete edicións.

 

En 1965 tamén organizaron o concurso Salto a la Fama, para menores de 15 anos, gañando Ricardo, o que lle permitiu participar na segunda edición do festival SAR.

 

Ao ano seguinte os compoñentes do segundo festival actúan tamén no cine Vidal, de Arcade, baixo o nome Show de la SAR 66.

 

Outros festivais que organizou foi o Festival XXV Aniversario SAR e o Festival SAR de Zarzuela. Este último celebrouse no cine Fantasio e contaba co seguinte programa: Actuación da Coral Santiago Apóstol de Redondela e recital de Zarzuela a cargo de Silvia Pintos, tiple; Enrique Tuche, tenor; Carlos Lastra, barítono; Manuel Sirera, tenor; e Manuel Rodríguez, tenor. Acompañados ao piano polo mestre Margüenda e a actuación especial de Santos.

 

 

 

 

Festival a beneficio do campo de futbol de Vilar

 

Celebrado o 31 de outubro de 1968 na Sala Parque La Junquera, coa participación dos grupos vigueses Los Cuervos e Los Santos acompañados polos conxuntos vocais da S.A.R.

 

 

 

 

Festival de Bandas Locais

 

Organizado polo Concello tan só se celebraría en dúas ocasións. No 2012 con The Silence, Nocheni, Tok e Caramuxo Vermello; e na edición do 2013 con La Vaga Banda, Sete Cuncas e Haku.

 

 

 

 

Festival de Rock Redondelán

 

Celebrouse durante un par de anos a principios dos 90, coa participación dos grupos da vila.

 

 

 

 

Grupo de grupos

 

Colectivo formado polos grupos de finais dos 80 e principios dos 90. Entre outras cousas, conseguiu a concesión por parte do Concello de locais de ensaio no instituto vello (hoxe Multiusos da Xunqueira).

 

 

 

Certame de Canción Inédita

 

Festival do que tan só se celebrou unha edición a mediados dos anos 90.

 

 

 

 

Homenaje a Led Zeppelin

Concerto organizado en propiedades privadas de Ventosela tocándose versións de Led Zeppelin.

 

 

Langueitor. Metal & Rock Fest

 

Festival adicado a quen fora guitarrista de Nocheni, Otello Acosta. Celebrouse por primeira vez no 2004 no pub Solera actuando as bandas Darkwitch, Fallen Sentinel, Nocheni e The Mirage.

 

 

 

 

Marathon Cultural

 

Festival celebrado durante varios anos no Centro Recreativo y Cultural de Redondela, polos alumnos de Xesús Cameselle Ben. Nel tiñan cabida a música, teatro, pintura, caricaturismo e humor.

 

 

 

 

Rockondela

 

Celebrado por primeira vez en 1995 con La Gripe, Trasgo e Nembargantes. Festival organizado polo Concello coa finalidade de apoiar aos grupos locais. Nesta primeira edición tocaron Nembargantes, La Gripe e Trasgo no pavillón de Redondela. No 2004 o festival celebraría a súa octava edición, actuando La banda de Nash (Vigo) e os grupos redondeláns Antisozial, Darwitch e The Mirage.

 

 

 

 

Sons Redondela

 

Celebrado no 2005 coa participación de músicos veteráns que tiñan participado nos festivais da SAR: Catina, Enrique Tuche...

 

 

 

Colectivos e Festivais Musicais (Actualidade)

 

Cartel do I Arde Rande

Arde Rande

Festival baixo a Ponte de Rande dende o 2007. Diferentes estilos musicais de grupos de Redondela e arredores.

http://www.arderande.org/

Arrastro Rock Festival :

Festival de música en Reboreda dende o 2006. Na primeira edición, o cartel estaba composto por: Antisozial GZ, Estado de sitio, Gargola, Negra Sombra, Jazz Menagerie, Timbalada e DJ Jota, repartidos en dous dias. Este festival ofrece diferentes estilos musicais de grupos tanto noveis como consagrados a nivel. Os gastos corren por conta da organización e o patrocinio de locais comerciais, bares, pubs e discotecas.

http://www.myspace.com/arrastrorockfest

 

Asociación Cultural e Social de Chapela

            Formada en 1991 creou a Escola de Música de Chapela da que xurdiron a Banda de Música de Chapela e varios grupos de música e baile tradicional. Ademáis da actividade propia da Escola de Música organiza numerosos cursiños (pintura, aerobic, coiro...) ademáis de numerosas actividades culturais: festivais, campus musical, ludotecas, conferencias...

 

Berete Rock

            Festival celebrado por primeira vez no 2012 na Praia de Arealonga en Chapela. Como o seu nome indica está orientado cara os diferentes estilos do Rock.

 

Castle Records

Estudo de grabación con Santiago Gesteira e Xoel López como técnicos de son. Neste estudo grabaron os grupos locais Antisozial GZ, Marxe Eskerda, The Silence, Calämbur…

http://www.myspace.com/castlerecordstudios

 

Festival Folk Arealonga

En Chapela. Dentro das “Noites máxicas dos viaductos”, programación cultural do Concello de Redondela.

 

Lixo Rock

Concerto alternativo na Alameda. Naceu no 1995 dentro do programa da exposición de esculturas feitas con materiais de lixo, Artelixo, organizado pola desaparecida asociación Josefá como protesta polo vertedoiro ilegal que había na avenida Mendiño. Actualmente a organización corre por conta de xente como Pedro ou Toti. Póñense esceario e instrumentos a disposición de todo o que quera actuar.

http://www.blogoteca.com/lixorock/

 

 

Meixón Music

 

Os bares A Tenda de Candelaria, O Escondidiño e Café da Vila iniciaron unha programación de verán na rúa Meixón Frío con música ao vivo e contacontos, que segue a organizarse apesares das dificultades xurdidas polo troco de donos dalgúns destes negocios.

 

 

 

Millo Verde

Festival alternativo dende o 2007. Festival con área de acampada que se realiza na marisma. Os grupos participantes tocan os máis diferentes estilos: rock, ska, heavy... Paralelamente, realízanse outras actividades como charlas, xogos populares, actuacións de rúa...   

http://milloverde.blogaliza.org/

 

A Noite da Lúa Meiga: Festival de música folk que se celebra en O Viso. Organizada pola agrupación folklórica Terra Meiga vense realizando dende o ano 2001. Ademáis da música tamén ofrecen xogos populares e mostras de artesanía.

http://www.noitedaluameiga.org/

 

 

 

Programación cultural do Concello: Nela teñen cabida diferentes tipos de música dende o folk galego ata o gospel estadounidense, pero tamén o cine e o teatro.

 

 

 

 

Pro-Son

Asociación de Alxán (Arcade-Soutomaior) Fundada no 2008 por varios mùsicos e grupos da zona de Soutomaior e Redondela, conta nas sùas filas con Roneo, Ennyo, EXLDF e The Silence de diferentes estilos musicais (Hip Hop, Metal, Experimental, Rock...). Organiza o FestivaL Rocknaria en Arcade.

http://www.myspace.com/asociacionproson

 

RadioRedondela

            Radio municipal do Concello de Redondela.

http://radioredondela.com/

 

Radio Polorri: Programa da radio municipal que dende finais do 2015 ven lembrando a historia dos grupos rockeiros da vila con entrevistas, concertos en directo e reproducción de discos e maquetas.

 

 

 

 

Sala Disco Tasca

 

No 2012 revolucionou a oferta cultural de Redondela con concertos, teatro... Iniciativa privada de breve historia que rematou un ano despois.

 

 

Vento Rock

            Asociación de Ventosela que organiza o Festival Vento Rock

http://www.ventorock.es.tl/

 

Varios

Destacar ós centros culturais e tódolas asociacións e colectivos que me quedan no tinteiro. Por último, nomear ás cafeterías e discotecas que de maneira puntual organizan concertos e exposicións entre outras actividades.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 29-01-2017

Escribir comentario

Comentarios: 0