Grupos 2010-2019

Os Argonotas 2012 Foto www.blogoteca
Os Argonotas 2012 Foto www.blogoteca

OS ARGONOTAS

2011

Formación: “Potiño” (guitarra, voces e percusión), Kiko (percusión e voces), Lui (baixo) e Rodri (guitarra e voces).

 

 

LA BANDA DE ROCK-E

            Grupo de Tenerife da escola de Rock de mesmo nome, na que toca o baixo a redondelá Rosana Barreiro.

Logo. Facebook
Logo. Facebook

BARRYTOWN

            Grupo de Vigo formado no 2010 con compoñentes de Chapela.

 

BLACK NOTES

 

2013

 

Formación: Varo Gil (batería), Fani Vidal (voz), Sergio (guitarra), Domínguez (voz), Pablo (teclados) e Eloy Vilaboa (baixo).

 

 

 

Chaleco Reflectante, 2015-Foto Millo Verde
Chaleco Reflectante, 2015-Foto Millo Verde

 

CHALECO REFLECTANTE

 

2013

 

Estilo: Rock. Con versións nos seus inicios de grupos como Siniestro Total e Piperrak

 

Compoñentes: Xurxo (guitarra), AndreVaqueiro (batería), Macandrew (cantante/guitarra) e Adri Vilaboa (baixo)

 

Actuou no Millo Verde 2014 e como grupo invitado no concurso maquetas Millo Verde 2015.

 

 

 

 

CHINCKENPIE!

 

2011

 

Banda con compoñentes de Vigo e Redondela.

 

Entre outros participou no concurso de bandas locais do Vento Rock 2012 e no Arde Rande 2015.

 

Estilo: Nu-Groove Metal

 

 

 

Actuando no Arrastro Rock. Facebook Millo Verde
Actuando no Arrastro Rock. Facebook Millo Verde

 

ESKORNAKABRATUA

 

No 2015 actuaron no VentoRock e o ArrastroBandFest

 

Estilo: autodefinidos como Punk de Cortello.

 

Formación: Chopi (voz), Vento (baixo), Luismi (guitarra) e Xoel (batería).

 

 

 

Facebook do grupo
Facebook do grupo

 

GREVE HC

 

2012

 

Estilo: Hardcore con influenzas do hardcore de N.Y. e grupos clasicos do punk americano.

 

Membros: Miguel (Vocalista), Pacheco (Guitarra), Anxo (2ºGuitarra), Fello (Bateria) e Anxo (Baixo)

 

Teñen actuado en Vigo, Ponteareas, A Coruña, Cangas…; compartindo cartel con bandas como Desolated, Brothers Till We Die (Madrid), Cannibal Grandpa (Madrid) ou World To Come (Benidorm).

 

 

 

 

 

HAKU

 

2013

 

Grupo con varios integrantes redondeláns.

 

Estilo: Roots Reggae

 

Participou no 2013 no II Festival de Bandas Locais.

 

 

 

Mamá Cachorra. Facebook Lipe Catalán
Mamá Cachorra. Facebook Lipe Catalán

 

HOMBRE INVISIBLE, EL

 

Nome artístico de Iván Varela “Viento”.

 

Revolucionou a rede no 2012 co videoclip “Mamá Cachorra” protagonizado polo irmán do artista que daquela exercía como concelleiro de Redondela.

 

 

KEPLER

 

2013

 

Estilo:Indie rocke rock alternativo

 

Formación: Rober A. González (Guitarra e voz), Pablo Carnero (Batería), Pablito Aguilar (Teclado) e Moncho Rodríguez (Baixo)

 

Presentáronse en agosto do 2014 en La Fábrica de Chocolate en Vigo, compartindo cartel con Woody & The Buzz Light Years.

 

 

 

MARÍA FUMAÇA

            Proxecto que naceu como libro-CD con fins benéficos da man de Uxía, e no que colaboran caras coñecidas como Carlos Blanco, participando Tanxarina e moita xentiña de Redondela.

2013 María Fumaça

2014 Xiqui Xoque Fiú Fiú

 


Martin Maez. Foto: Faro de Vigo
Martin Maez. Foto: Faro de Vigo

MARTIN MAEZ

            Actor e cantante (Ver Persoeiros>Cine, televisión e teatro). No relativo á música destacar a súa interpretación de Mogwli no musical “El libro de la Selva”, ao que seguirían “Pocahontas, el musical” (2012) e “El Patito Feo” (2013).

            No 2014 como cantante publica o seu primeiro EP con temas propios de corte Pop, “Secretos perdidos”.

Master of reality B S Tribute Foto: Gala Bravo
Master of reality B S Tribute Foto: Gala Bravo

MASTER OF REALITY. BLACK SABBATH TRIBUTE

2010

Estilo: Hard Rock

            Banda tributo a Black Sabbath. A súa primeira actuación foi no Lixo Rock 2010 e despois dalgúns cambios na súa formación estreáronse no V Arrastro Rock.

Primeira Formación: Fran Martinez (guitarra), Anxo Figueroa (guitarra), (baixo e voz) e Jonathan "Nitri" (batería).

Outros: Eloy Vilaboa (baixo) e Carli Míguez (batería) 2010.

Os mércores musicais, 2015 Foto Asoc. Lenda
Os mércores musicais, 2015 Foto Asoc. Lenda

OS MÉRCORES MUSICAIS

 

            Grupo da Asociación Lenda que debutou na presentación do festival Redondela en Curto, 2015.

 

 

 

Antía Migueroa y Virgi Rose. Facebook
Antía Migueroa y Virgi Rose. Facebook

MGK (MULLERES GALLEGAS KAÑEIRAS)

          Iniciativa dunhas trinta mulleres pertencentes a grupos de rock e heavy, para reivindicar a súa presenza neste estilo de música. Conta coa presenza das coñecidas: Teté Delgado, Mercedes Peón e Susana Seivane. Participan neste proxecto as redondeláns Antía Migueroa, como vocalista, e Virgie Rose, baixista do grupo Perpetual.

Montamos el grupo hoy 2011.  Facebook Seve Fervenza Fernández
Montamos el grupo hoy 2011. Facebook Seve Fervenza Fernández

MONTAMOS EL GRUPO HOY

            Grupo do que forma parte o guitarrista Seve Fervenza.

 

Nota Bene-Aquelarre2015. Facebook So Oit
Nota Bene-Aquelarre2015. Facebook So Oit

 

NOTA BENE

 

A finais do 2015 presentaron no Pub Aquelarre o seu proxecto "Son do Suído".

 

Formación: Lolo Nantes, Severino Fervenza, Magdalena Gamallo e Noli Torres.

 

 

 

PERPETUAL

 

Estilo: Death Metal

 

Grupo de A Coruña do que forma parte a baixista Virgie Rose, quen se formou en Redondela tocando en grupos como Zabalus e que na Coruña xa formou parte de Diabolical Monster e de Funeral de Arela.

 

Perpetual nace no 2006 con músicos procedentes de varias bandas coruñesas. A primera formación con Iván (batería), Dani (baixo), Héctor (voz) e Berto (guitarra) graba no 2009 a maqueta Visions of Death. No 2010 Dani deixa o grupo sendo sustituido por varios baixistas ata a chegada de Virgie no 2012. No 2015 autoeditan o seu primeiro album Carving a Dismembered e comezan a presentalo por toda España participando en festivais como: 981 United, Napalm Fest, Trasnoise Fest, etc.

 

 

 

RMS GROUP

2011

Estilo: Versións de clásicos do rock.

O nome está composto polas iniciais dos compoñentes.

Formación: Juan Reyes, Carlos Míguez e Xoel Schwarz

 

Logo-Facebook do grupo
Logo-Facebook do grupo

SETE CUNCAS

2012

Estilo: Rock-Bravú de Redondela. Temas propios en galego e versions de Heredeiros da Crus, Siniestro Total e The Who...

Formación: Carlos de Castro (Voz), David Martinez(Batería), Anxo Pérez (Baixo) e Luís Pérez (Guitarra).

 

SÍNDROME DEL NORTE

 

Banda tributo a Soziedad Alkólika, polo que o título dunha das súas cancións da nome ao grupo. Teñen actuado en festivais como o Arrastro Rock e o Millo Verde e en varias vilas da provincia.

 

Estilo: Trash Metal

 

 

 

 

 

 

SON TITIRITEIRO

            CD recopilatorio de grupos de Redondela (algúns creados para esta grabación) publicado con motivo do Festival de Títeres.

            2014. Sete Cuncas, A banda do Pipa, The Silence, Walter Mataos, Alberto Vilas, Black Note, Lolo Nantes, Caramuxo Vermello, Retroblues, Suso Ben, Os Croquetas, Openicoovofrito, Pipa's Banda, Os Rabaquetas, RMS e Sachodixen.

TATÁN

            Actor (Ver Persoeiros>Cine e Teatro) e cantante do grupo Éigualdeixa. No 2015 publica o seu primeiro CD, que leva por título Chapeu e no que conta coa colaboración de: Uxia, Ana Senlle, Chus Domínguez, Blanca Francés, Ana Veira, Maria Iglesias, Carlos Blanco, Alberto Vilas, Isaac Palacín, Sergio Tannus,Magín Blanco,Alfredo Teixeira, Manu Paino, Felipe Castro, Noli Torres e Adrián Cunha.

WALTER MATAOS

2014-2014

Formación: Pedro Pérez (guitarra e voz), Chus Guedella (baixo)...

Estilo: Rock

            2014. CD “Varon Dandy”.

 

Concerto en Guipuzcoa, 2014. Facebook do músico
Concerto en Guipuzcoa, 2014. Facebook do músico

XOÁN ALONSO. O PIPA

 

            Cantautor, ex-Trasgo, afincado no País Vasco. Participou no CD recopilatorio “Son Titiriteiro” e no 2014 en Redondela presentou as súas cancións recollidas como “Poemas Pentagramados”.

 

 

ZANCO DE POLO

 

2011

 

Debutou no Ventorock 2011.

 

Estilo: Música festiva sen máis pretensións que pasalo ben.

 

Compoñentes: Chopi, Viento, Kampa, Varo, Lui, Paulo Medal, Dani Chapata…

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 29-01-2017

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Faro de Vigo

 

Páxinas e facebook dos festivais Millo Verde, Vento Rock, Arde Rande e Arrastro Rock

 

Lixo Rock http://www.blogoteca.com/lixorock/

 

myspace.com

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0