Grupos 60´s-70´s-Pioneiros do Rock

ANOS 60

 

 

No 1965, a entidade deportiva Sociedade Atlética de Redondela, que daquela contaba con equipos en 12 deportes diferentes, comezou a recadar fondos coa organización do Festival da S. A. R. Celebrábase no cine Fantasio e máis tarde na Sala Miramar. Nel tiñan cabida todo tipo de artistas como o Mago Yosca, a Sección Femenina (baile rexional), Santos (música lixeira), Enrique Tuche (tenor), Xoán das Canicas (humorista)... Nestes primeiros anos do festival tamén participarían grupos que partindo dunha música melódica foron endurecendo o seu estilo cara ao rock. Estaban formados polos musicos locais: Mundo Cal, or irmáns Xesteira, Soler... Tiñan nomes como: REVÓLVER, LA DILIGENCIA ou SORPRESA. Por desgraza a súa traxectoria foi pouco máis alá destes festivais.

 

Entre os primeiros grupos que actuaron na nosa vila podemos citar "Los Acevedos", nas festas das Angustias de 1960. Para as Festas da Coca de 1966, contratouse ao conxunto "Galas de España" e organizouse un concurso de grupos “ye-yes” patrocinado por Pedro Regojo. O premio era de 6.000 pesetas e houbo participantes de Vigo, Pontevedra e Redondela.

 

Grazas á iniciativa da S. A. R. a verdadeira canteira de rockeiros da vila foron as barberías de Chucho e Juan Crespo “Padilla”. Nestes locais os rapaces aprendían dos maiores a afinar as voces e a tocar a guitarra, a bandurria e ata algún laúd. Cóntase que Juan Crespo asubiaba cando algún novato desafinaba tocando, e que Chucho deixaba de barbear aos seus clientes para correxir os rasgueos. Estes mozos axiña deixaron de tocar as cancións dos máis veteráns. Nacían así os dous primeiros grupos de rock and roll de Redondela que actuarían entre 1966 e 1968:

 

 

 

 

LOS ÁTOMOS

 

Influencias: Los Salvajes, Los Bravos, Gatos Negros e The Rolling Stones.

 

Primeira Formación: Juan Araujo, Xaquín Iglesias, Pepito Piragua e Mundo Cal.

 

Outros: Jorge “Chispa”.

 

 

 

LOS PINOS

 

As malas linguas contan que este grupo tiña máis éxito entre o público feminino que “LOS ÁTOMOS” por ser máis melódico.

 

Influencias: Los Brincos, Beatles, Mustang...

 

Compoñentes: Santi Pujin, Miguel López, Fonso Garoto e Tucho “Gasolinera”.

 

 

         Estes dous grupos fixeron as súas primeiras actuacións no Baile Parque de la Junquera e no clube da Praza Constitución. Especializáronse en tocar nos guateques dos clubes e nos descansos dos concertos dos grupos de Vigo. Máis tarde, algúns dos seus compoñentes seguirían as súas carreiras musicais en orquestras profesionais.

 

          A finais dos 60 tamén temos que destacar a tres grupos que actuaban habitualmente na salas de festas de Redondela e que influiron notablemente nos conxuntos que se formarían na seguinte década.

 

 

LOS CUPERS

 

Grupo formado en Amoedo (Pazos de Borbén) e polo que pasaron varios redondeláns. A súa formación variou entre os 4 e 5 compoñentes. Tocaban temas de: The Beatles, Rolling Stones, Los Brincos... Chegaron a tocar no Casino de Estoril, onde causaron sensación porque daquela non era usual en Portugal escoitar grupos que tocaran rock.

 

Compoñentes: Pepe Couto (teclados), Miguel “Pirri” (batería, de Amoedo, daquela contaba 17 anos e co tempo fundaría o Grupo América), Miguel Cabadas (baixo) e ¿? (guitarra)

 

Outros: Soler, Mundo Cal, Jandro Gesteira, “Rachón”...

 

 

 

 

LOS SANTOS

 

Grupo de Vigo que tocou nas salas Parque La Junquera e Miramar a finais dos 60 e principios dos 70.

 

Primeira formación: Gustavo (voz), Tato (teclados), Paco (batería), Fandiño (guitarra), Chato Nogueira (saxos), Serafín (trombón) e Jorge (baixo)

 

Formación estable: Tato (teclados), Paco (batería), Fandiño (guitarra), Julio Suñer (saxos), Serafín (trombón) e Nando Pereira (baixo)

 

Outros: Tato foi sustituido por Toñito e Gilles sustituiu a Julio.

 

Chegaron a realizar alguha xira por Europa, unha delas acompañando a Suiza a Ana Kiro. Tamén actuaron en TVE no programa de J.Luis Uribarri.

 

 

 

DON PABLO

 

Grupo de Vigo.

 

Compoñentes: Luis Dompablo, Arturo, Calvera e Nando Pereira

 

Amenizaron a Sala Miramar durante un par de tempadas a principios dos anos 70, primeiro con Senra de batería e logo con Emilio (ex-Queimada). Precisamente despois de actuar no Miramar con Queimada, Emilio e Nando marchan a ese grupo, sendo sustituidos por Toñin, Moncho e Luis, procedentes de Los Cirios:.

 

 

 

 

 

ANOS 70

 

         Nesta década conviven grupos de rock con conxuntos melódicos. Destacar a primeira grabación dun single por parte de Salomón e a actuación televisiva de Vento do Norte.

 

 

CRIPTA

 

1978-1979.

 

Primeira banda de Redondela que actuou fóra do noso concello. Tocaba temas propios. Actuou en salas como Totem de Porriño, sendo o segundo clasificado no “Festival Abrente” (Vigo). Algúns dos seus temas máis destacados serían: “La tortilla cósmica”, Fandanguillos siderales” ou “Éxtasis en X menor”. Juan Manuel vivía enriba do Hotel España, onde escoitaban a Chicago, Paul McCartney, Yes, Pink Floyd, e moitos outros, xogaban ao scalextric, e ensaiaban con piano ou guitarra. Chegaron a grabar unha maqueta en casette.

 

Estilo: Jazz-rock.

 

Influencias: Chick Corea, Yes, Stanley Clarke, Whisbone Ash...

 

Compoñentes: Rafa Tejo (guitarra), Antonio L. Castillo (baixo) e Juan Manuel Conde Muiños (batería)

 

Outros: Pepe de Haz "Gándara" (batería)

 

 

 

 

 

ERUPCIÓN

 

            Pre-CRIPTA. 1976-1977.

 

Ensaiaban nun pequeno local da rúa Meixón Frío e tocaban nos descansos do "Grupo Armonía", á que as veces sustituían amenizando vodas. Tocaban composicións propias e temas de: Santana, The Beatles, The Who, Los Brincos...

 

Compoñentes: Rafa Tejo (guitarra), Antonio L. Castillo (baixo), Juanma Conde e Manuel Crespo (batería).

 

Outros: J. Carlos "Fran" Táboas (batería)

 

 

 

 

GRUPO ARMONÍA

 

1976-¿1981?

 

Era un grupo que tocaba pasodobres e os temas pop de moda. Actuaban en salas de baile, vodas e nas festas de: Pazos de Borben, Moscoso, Fornelos de Montes, a Ermida, a Insua, Caritel, Ponte Caldelas, Gaxate, Berducido, Ventín, San Vicente... Durante un tempo tamén fixeron de grupo de acompañamento dun cantante de Vigo.

 

Compoñentes: Pepe Couto (teclados, de Amoedo), Manolo “Pequeno” (batería e voz, de Cesantes), Cándido (Saxo, de Negros) e Jose (guitarra, de Vigo)

 

Outros: Antonio L. Castillo (guitarra e voz, de Redondela)

 

 

 

INVIERNO

Compoñentes: “Tatán”, Soler, Quinete e Alejandro Xesteira

 

MUNDO E CLOTI

            Cantaban cancións comprometidas e en galego.

Dúo formado por Mundo Cal (guitarra) e Cloti (voz).

NUNTIOS

            algúns dos seus compoñentes en 1978 serían: Antonio López, Marisa, Carlos, Luis, Tere, Blas...

 

RETRATO DE FAMILIA
           Grupo que desapareceu despois dun único concerto na discoteca Diva.
Compoñentes: J. A. Xesteira, Cloti, Antonio L. Castillo (violín), Soler e Tatán (acordión diatónico).

SALOMÓN

            Canción Melódica. Solista. Ten grabado un single.

 

VENTO NORTE

            Grupos de voces e guitarras con versións da música folklórica. Participou no concurso da TVE, Gente Joven cara a 1978 ou 1979. 

            Compoñentes: Luis Míguez, Fina, Blas, Antonio López, Carlos, Juan, Teresa, Alejandro e Nieves.

 

XESÚS BEN

            Xesús Cameselle Ben: cantautor, guitarra e voz. Formou parte de “Os Quintelas”. A finais dos anos 80 comezou a dar clases de guitarra na nosa vila, ensinando dende entón a moitos futuros músicos.

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 22-01-2017

 

 

Bibliografía

 

Recopilación de grupos feita por Pedro Pérez e Fon, con entrevistas a: Mundo Cal, Juan Araujo, “Tatán”, Suso Ben, Tejo, Pepe “Rebanadas”, “Ogali”, Xesteira, Santos, Enrique Tuche “Pajarito”, Castillo, Silvio, Severino, Lucho Vilas, Manoliño “Zapatón”, Gabriel Sánchez “Pibe”, Rodri Souto, Berto “Buzo”, Olimpio, Agustín Lovera, Fredi, Luis Crespo, Kiko, “Potiño”, Jorgito, “Pelu” Vidal, Pepe, David Figueiral, Julián Hortas, Xoel, Santi Gesteira, Juanín.

 

La Voz de Galicia, 1995. Serie de 5 artigos publicados por Gabriel Sánchez “Pibe” narrando a historia do rock en Redondela

 

Aportacións: Antonio L. Castillo, J. A Xesteira

 

Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela

 

www.misaventurasmusicales.blogspot.com.es Por Nando Pereira

 

Lixorock

 

 

 

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 1
  • #1

    JA Xesteira (domingo, 29 enero 2012 23:25)

    Juan, Retrato de Familia éramos Cloti, Castillo (ao violín), Soler, Tatán (acordión diatónico) e máis eu. Actuamos en Diva e desaparecemos.