Grupos Anos 80

           No 1980 formouse AVERNO en Chapela. Este grupo adiantouse á revolución musical na vila de Redondela que tivo lugar na segunda metade desta década. Os primeiros en xuntarse foron 3 BAJO 0. Este grupo tivo o privilexio de ter un local de ensaio cedido polo concello, un dos vestiarios da pista da Xunqueira. Si temos en conta que daquela o outro vestiario era ocupada pola Banda de Música de Redondela, podemos facernos unha idea dos apoios que recibían os conxuntos musicais naquela época. A falta de medios era tan grande que, por exemplo, Pepe “Rebanadas” non tiña batería e ensaiaba cun bombo, un tambor e un platillo suxeito co pao dunha escoba.

Nun baixo da rúa Picota iniciáronse na música Lucho, Lores e Jandro con amigos de Vigo, todos eles mozos de entre 14 e 17 anos que estudaban no instituto. Os dous primeiros formaron VADO PERMANENTE e Jandro cos vigueses VIEJO MÉTODO. Compartiron o seu local de ensaio privado cos grupos que posteriormente se foron creando como EIGUALDEIXA e COITUS INTERRUPTUS.

 

 

 

3 BAJO 0

           Nos anos 80. Primeiro grupo de Redondela en grabar unha maketa directamente cun radio-cassette. Algúns dos seus compoñentes comezaron a tocar baixo o nome de “Carovel” temas como “Sangre Maldita”. A traxectoria deste grupo quedou truncada tralo tráxico falecemento de Nito.

           Estilo: Rock urbán. Ademáis de temas propios tocaban versións de grupos como Leño.

Formación 1984-88: Nito “Paisa” (guitarra e voz), Nardo “Salchicha” (baixo), Pepe “Rebanadas” (batería)

Outros: Silvio (baixo), Seve Fervenza (guitarra e voz) e Javi (guitarra).

 

AVERNO

          Grupo de Chapela, formado en 1980 e disolto en 1988. Algúns dos seus compoñentes pasaron a formar parte de grupos de Vigo. Entre os seus temas destacaba “Caballo blanco”. Facían rock setenteiro sen desprezar outros estilos como blues, soul, jazz, R&R oou pop. A súa formación variou entre os 3 e 6 compoñentes, chegando a incluir teclados e saxo, ata consolidarse como quinteto con voz, batería, baixo e dúas guitarras.

           Chegaron a tocar en Castrelos ante 2.000 persoas ou no Auditorio do Concello de Vigo nunha actuación retransmitida en directo por Cadena 100 (daquela Radio Popular), ademáis de en numerosos pobos galegos como Cangas ou Viveiro. Tamén tocaron en Redondela e nos institutos de Coia e Calvario. Ademáis actuaron nos festivais de Rock Inverno 87 e 88 celebrados no Cine Salesianos de Vigo, onde compartiron esceario con grupos como Siniestro Total.

Estilo: Hard Rock (Influencias: Judas Priest, Thin Lizzy...)

Primeira Formación: Armando “Mandi” Díaz (guitarra solista), Juan Díaz (bateria), Fernando Cruz (baixo), Nacho Rodríguez (guitarra), Miguel (teclados) e Benito (voz).

Outros Compoñentes: Veny Vázquez (voz)

 

 

 

AXENTEPASADONOME

 

Nos anos 80. Foi unha continuación de 3 Bajo 0, pero tan só chegaron a dar un par de concertos.

 

Estilo: Rock urbán.

 

Compoñentes: Miguel (guitarra), Silvio (baixo), Severino (guitarra) e Pepe “Rebanadas” (batería)

 

 

BRIGADA LIXEIRA

 

Despois de ter nomes como D.I.O.S. (Diez Increíbles Órganos Sexuales) ou La Fábrica de Kas, este grupo nace en 1989 cunha formación estable de músicos de Vigo e Chapela.

 

Estilo: Rock (Led Zeppelin, King Crimson, Joe Satriani...)

 

Compoñentes: Veny Vázquez (voz, Chapela), Armando Díaz (guitarra), Carlos Barros (guit., Vigo), Víctor Tajes (batería, Vigo) e Karlos Santos (baixo, Vigo)

 


CAROVEL

            Pre-“3 BAJO 0”

 


CITANIA

¿1981-1985?

Este grupo escomenzou chamándose "Menta y Limón", logo abreviouse a "Menta" e rematou co nome de "Citania".

Estilo: Tocaban versións de: Aztec Camera, Olé olé, Irene Cara, Mike Oldfield, Supertramp, Spandau Ballet, Pistones, The Police, La Unión, Génesis, Radio Futura, Leño, Gabinete Caligari, Cadillac, Ilegales, Miguel Bosé, Los Elegantes, Culture Club, Men At Work, Etc

Compoñentes: Juan (baixo), Seve Fervenza Fragueiro (voz), Anxo Maciel (guitarra), José Luis (batería), Elvio (saxo) e Sito Muíños (teclados).

Chegaron a tocar na sala Nova Olimpia de Vigo en abril de 1984.

 



 

COITUS INTERRUPTUS

 

1986-1991. Grabaron unha maqueta.

 

Estilo: Comezaron facendo Rock duro, pasando logo ao Pop-rock.

 

Compoñentes: Rodrigo Pérez “Rodri” (guit), Alberto Vilas (voz e teclados), Gabriel Sánchez (voz/baixo), “Ñica” Muíños (batería)

 

Outros: Carlos Carriza (batería)

 

 

 

EIGUALDEIXA

          Formado en 1986, disolveuse en 1996. Grabaron unha maqueta e actuaron tanto en Redondela como noutros municipios. En agosto do 2010 voltaron aos escearios con 6 novos temas.

Estilo: Pop “changa” e rithman blues.

Formación: Eduardo Rodríguez “Tatán” (voz), Domingos Pérez “Mingui” (guitarra), Rafa Tejo (guitarra), Alfonso Conde “Fon” (bateria) e Alejandro Blanco “Jandro” (baixo).

Outros: Alberto Vilas (teclados), Antonio Castillo (baixo), Joan Cabacés (batería), Pedro Pablo (batería), Lucho Vilas (batería), Manuel Lapexo (batería) e Gabriel Sanchez (baixo).

http://www.eigualdeixa.com/

 

ES IGUAL DEJA

            Pre-Eigualdeixa.

            Formación: J.Manuel “Dr Zivago”, Cobián, Fon e Tatán.

ESPIGA BERMELLA

Pre-“Eigualdeixa”. Formados en 1986. Deron varios concertos antes de que se lles unise “Tatán” e trocaran o nome.

Estilo: Blues.

Compoñentes: Domingos Pérez “Mingui” (guitarra), Rafa Tejo (guitarra), Alfonso Conde “Fon” (bateria) e Alejandro Blanco “Jandro” (baixo).

MARÍA PÍA E SEVE FERVENZA

            Actuaron no Pavillón de Redondela en 1981.

 

VADO PERMANENTE

 

198?-1990.

 

Entre os seus temas destacaba “La Estación”.

 

Estilo: Rock.

 

Compoñentes: Fernando Piñeiro “Fisi” (voz), Rafael Vilas “Lucho” (bat), Carlos Muíños “Charly” (guitarra) e Vito Lores (baixo)

 

Outros: Rafa Tejo (guitarra), “Oli” Giráldez (frauta traveseira), Fabián, Severino, Piñeiro (voz)

 

 

 

 

 

VIEJO MÉTODO

 

Grupo con compoñentes de Vigo do que formou parte Alejandro Blanco “Jandro” ao baixo antes de pasar a “EIGUALDEIXA”. Posteriormente este grupo converteriase en “UNIÓN PENOSA”.

 

 

 

 

 

XALGARETA

 

Tocaban principalmente versións, pero tamén temas propios como “La casa encantada”. Actuaron nos festivais organizados en Redondela a principios dos anos 90.

 

Compoñentes: “Oli” Giráldez (guitarra), Julio e Fonso Ucha e Fabián Muíños (guitarra solista).

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 23-01-2017

 

Bibliografía

 

Recopilación de grupos feita por Pedro Pérez e Alfonso Conde “Fon”, con entrevistas a: Mundo Cal, Juan Araujo, “Tatán”, Suso Ben, Tejo, Pepe “Rebanadas”, “Ogali”, Xesteira, Santos, Enrique Tuche “Pajarito”, Castillo, Silvio, Severino, Lucho Vilas, Manoliño “Zapatón”, Gabriel Sánchez “Pibe”, Rodri Souto, Berto “Buzo”, Olimpio, Agustín Lovera, Fredi, Luis Crespo, Kiko, “Potiño”, Jorgito, “Pelu” Vidal, Pepe, David Figueiral, Julián Hortas, Xoel, Santi Gesteira, Juanín.

 

La Voz de Galicia, 1995. Serie de 5 artigos publicados por Gabriel Sánchez “Pibe” narrando a historia do rock en Redondela

 

Aportacións:

 

Lucho Vilas, Manuel Migueles, Veny Vázquez e Alejandra.

 

Lixorock

 

Páxinas dos grupos (Ver enlaces).

 

 

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 2
  • #1

    alejandra (martes, 14 junio 2016 18:52)

    a xente pasa do nome eran javi guitarra silvio baixo e pepe rebanadas bateria

  • #2

    Anecdotario Redondelán (jueves, 16 junio 2016 10:36)

    Grazas pola aclaración.