Grupos Anos 90

           Co inicio da década dos 90 iníciase un novo boom musical en Redondela. Boa culpa a tivo Suso Ben que comezou a impartir clases de guitarra, convertindo o daquela novo instituto Mendiño no campo de cultivo dunha nova xeración de grupos, que tería continuidade no Centro Recreativo y Cultural de Redondela. A creación do Conservatorio de Redondela tamén favoreceu a introducción nos grupos rockeiros de novos instrumentos como o saxofón. Nesta época formouse o colectivo Grupo de grupos que representaba aos grupos redondeláns. Entre outras cousas acadou a concesión por parte do Concello de locais de ensaio no instituto vello (hoxe Multiusos da Xunqueira).

 

 

 

AGÁ DE HÓ

 

Estilo: Música Latina

 

Formado a partir de COITUS INTERRUPTUS (ver grupos anos 80). Tiña cancións como: “Samba do sol” ou “Pipa de cor”. Deron concertos en Redondela e Vigo. Despois da disolución do grupo Alberto Vilas seguiu a súa educación musical clásica da que pasaría ao Jazz e Rodri e Gabriel formarían TERAPIA DE GRUPO.

 

Compoñentes: Rodrigo Pérez “Rodri” (guit), Alberto Vilas (voz e teclados), Gabriel Sánchez "Pibe" (voz/baixo), Carlos Carriza (batería), Juan (saxo) e Xorxe Sarga (percusión).

 

 

 

ARTEFICCIÓN

 

Grupo formado a finais dos 90.

 

Estilo: Rock

 

Compoñentes: Kiko (voz e guitarra, ex-Trasgo), Ser (baixo), “Potiño” (guitarra) e Panejo II (batería).

 

 

 

 

BAJO CONTRASTE

 

1989-1991

 

Estilo: Rock urbán. Nos seus inicios ademáis de temas propios tocaban versións de Leño, Ñu...

 

Primeira Formación: Feliño (voz), Juanillo (guitarra), “Pelu” Vidal (guitarra), Luis Pérez "Lui" (bajo) e Binaro (batería)

 

Formación Consolidada: Juanillo (guitarra e voz), “Pelu” Vidal (guitarra e voz), Carliños (baixo e voz) e Jorgito (batería)

 

 

CAGARRUTO’S BAND

 

Nace no 1.989 con nome MALVERSACIÓN DE FONDOS. Nos seus concertos incluían unha motoserra sen cadea co que o cantante asustaba ao público. Despois de desaparecer a finais dos 90 voltou á escea no 2009.

 

Estilo: Autodefinido como Morro-Rock.

 

Primeira formación: Feliños (guitarra), Héctor (bateria), Pempi (guitarra), Chus (voz e baixo) e Julián (voz).

 

Formación 2009: Julián (guitarra y voz), Chus (guitarra y voz), Tonio “Canario” (baixo), Feli (guitarra solista) e Jonnhy (bateria).
Outros membros: Pedro Pérez (batería), Luis Pérez “Lui” (baixo), Carlos Carriza (bateria) e Fabián (teclados).

 

http://www.myspace.com/cagarrutosband

 

 

CERO A LA IZQUIERDA

 


CONTROL ZETA

Compoñentes: Jorge Esperón Cabaleiro, Veny Vazquez Seijo (voz, ex-Averno e Brigada Lixeira), Josman Alonso, Javier Teniente e ...(batería)


ESTRÉSS

 


 

FARLOPA

Actuaron no Marathon Cultural de 1993 e pouco despois os seus integrantes pasaron a outros grupos.

Compoñentes: Jorgito (batería), Otelo (baixo), Feliños (guitarra) e Lui (voz e guitarra).


La Gripe-Portada maqueta "Para fuera"
La Gripe-Portada maqueta "Para fuera"

 

LA GRIPE

 

1992-1999

 

Primeiro grupo de Redondela en grabar unha maketa en CD, “Para Fuera”, e primeiro en grabar un videoclip, dirixido por Fernando Carrera "Cuchi" e protagonizado por Miguel Borines.

 

Estilo: Rock.

 

Compoñentes: “Pelu” (guitarra e voz), David Figueiral (baixo) e Pepe (batería).

 

 

 

HOMENAXE A LED ZEPPELIN

            Grupo que fai versións de Led Zeppelin. Nos anos 90 comezou a celebrarse o festival de mesmo nome en Ventosela, de aí xurdiu este grupo que soe actuar no Ventorock.

Formación: Manoliño (voz), Pedro (guitarra), Lui (baixo) e ¿? (batería).

 

KEBURROÉ

1995

Compoñentes: Carlos “Quebu”


LILY MONSTER C. O.

 

LULÁS

            1990-1995

Estilo: Rock.

Compoñentes: Agustín Lovera (guit/voz), Jose Manuel Rodríguez “Vimar” (guitarra/voz), Roberto (baixo) e Panejo (bat)

 

MALVERSACIÓN DE FONDOS

            1989. Pre-“CAGARRUTO´S BAND”.

 

 

NEMBARGANTES

 

1992-1997

 

Estilo: Rock e Folk-rock.

 

            Primeiro grupo de rock de Redondela en introducir instrumentos como a gaita e o sáxofon. Mantívose en activo entre 1992 e 1997 tocando básicamente en Redondela con algunha saída a vilas próximas como Pontevedra.

 

Compoñentes: “Pempi” (voz / Baixo), Jorge “Gemelo” (guit), Juan Álvarez (guit), Pablo “Gemelo” (baixo/gaita/saxo) e Rafael Vilas “Lucho” (batería)

 

Outros: Na primeira formación estiveron Pedro Pérez (guitarra) e Berto Alonso (batería), pero axiña deixaron o grupo. Posteriormente Carlos Muíños (saxo) colaboraba tocando nalgún tema.

 

 

Nocheni CD2010 "Principe de los Payasos"
Nocheni CD2010 "Principe de los Payasos"

 

NOCHENI

 

Estilo: Heavy Metal (Punk-rock nos seus inicios).

 

Debutaron en 1996 tocando en Vigo no mítico Pedramola. A primera formación grabou unha maketa en casette: "A lo hecho, pecho". No 98 o grupo queda marcado polo tráxico falecemento de Otello. Outra demo desta época sería "Greatest hits". Trala entrada no grupo de Suso Valcárcel (batería), Ponecho (guitarra) e Tito (baixo), graban a súa primera maketa oficial en CD, "Nocheni". Trala grabación Tito abandona o grupo e Ponecho pasa a tocar o baixo. Despois do breve paso de David González entra no grupo o guitarrista Fran Almodóvar co que graban no 2005 "Entre el cielo y el infierno". Seguen os trocos na banda ata que trala entrada no 2008 de Xoel se consegue unha formación estable que dous anos despois publica“Príncipe de los payasos”. Trala grabación deixa o grupo Santi Gesteira, membro fundador, entrando Nacho. Nestes anos teñen exercido como teloneiros de grupos como: Barricada, Barón rojo, Dismal, U.D.O., Centinela, Sphinx, Boikot, Transfer, Testament, Los Suaves...

 

Primeira formación: Juanín Barreiro (voz), Otello (baixo), Laure (guitarra), Santi Gesteira (guitarra) e Dani (batería)

 

Formación 2010: Juanín (teclado, voz), David Gonzalez (guitarra), Nacho Couñago (guitarra), Dani Lemos (baixo, ex-Darwich), Xoel (batería)

 

Outros compoñentes: Suso Valcárcel (batería), Ponecho (guitarra/baixo), Tito (baixo), Fran Almodóvar (guitarra) e Aitor Rosales (batería)

 

http://www.myspace.com/nocheni

QUEROSENO

 

 

SECUESTRO LEGAL

 

Anos 1991-¿?.

 

Estilo: Rock.

 

Compoñentes: Pepe (voz), Luis Crespo (guitarra), Fredi (baixo), Carliños (guitarra e teclados) e Berto Alonso (batería)

 

         Despois da saída do grupo de Carliños e a entrada de Nando, trocou o seu nome por SURCO.

           

SURCO

            Anos 90. Grupo formado a partir de “SECUESTRO LEGAL”.

Estilo: Rock.

Compoñentes: Pepe (voz), Luis Crespo (guit), Fredi (bajo), Berto Alonso (batería) e Nando Lago (guitarra)

 

TERAPIA DE GRUPO

 

1991-1997

 

Grupo formado a partir de AGÁ DE HÓ.

 

Compoñentes: Rodrigo Pérez “Rodri” (guit), Gabriel Sánchez "Pibe" (voz/baixo) e Fabián (percusión).

 

Outros: Nardo (trompeta), Cati (voz) e Panejo (batería)

 

 

 

 

TRÁFICO

            1994-1998

Estilo: Rock.

Compoñentes: Juanillo (guit/voz), Lui (baixo), Óscar (voz) e Jorgito (bateria)

 

TRASGO

            Grupo formado en 1991 e disolto en 1996. Grabaron unha maketa en casete. Ademáis de temas propios tocaban versións de grupos como Metallica.

Estilo: Heavy-Rock.

Compoñentes: Kiko (guit/voz), Pablo (guit), Juan Alonso (baixo) e Javi Rubiñán (bat).

            Destacar a Pablo, nado en Pontecaldelas e que actualmente vive en Barcelona onde segue a tocar co grupo New Raemon, acompaña a Beth (coñecida por gañar unha das edicións de Operación Triunfo) e colabora de forma esporádica con Stand Still (en Galicia tocou con eles no Festival do Norte 2009).

http://www.thenewraemon.com/

Tocando con Beth http://www.youtube.com/watch?v=0KMkRuKGp5o

Con Stand Still http://www.youtube.com/watch?v=Xw5JVtStw2k

 

TRÍO JOHNS

            1995

 

WOLFRAN

            1995

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 23-01-2017

 

Bibliografía

 

Recopilación de grupos feita por Pedro Pérez e Fon, con entrevistas a: Mundo Cal, Juan Araujo, “Tatán”, Suso Ben, Tejo, Pepe “Rebanadas”, “Ogali”, Xesteira, Santos, Enrique Tuche “Pajarito”, Castillo, Silvio, Severino, Lucho Vilas, Manoliño “Zapatón”, Gabriel Sánchez “Pibe”, Rodri Souto, Berto “Buzo”, Olimpio, Agustín Lovera, Fredi, Luis Crespo, Kiko, “Potiño”, Jorgito, “Pelu” Vidal, Pepe, David Figueiral, Julián Hortas, Xoel, Santi Gesteira, Juanín.

 

La Voz de Galicia, 1995. Serie de 5 artigos publicados por Gabriel Sánchez “Pibe” narrando a historia do rock en Redondela

 

Aportacións:

 

Lucho Vilas, Jorge e Pablo Álvarez (“Gemelos”), Manuel Migueles, Juan Álvarez “Xeme”, Jesús Cameselle Ben, Rodri Pérez e Ana Cabaleiro.

 

Lixorock

 

Páxinas dos grupos (Ver enlaces).

 

 

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0