Grupos 2000-2009

 

          Co novo século acadouse por parte do Concello a concesión dun local de ensaio, se ben é certo que moitos grupos seguen buscándose a vida en locais privados. A creación das escolas de música de Redonela e Chapela, ben a cubrir unha demanda que existía para todos os músicos que non queren seguir a carreira académica que oferta o Conservatorio. En canto aos estilos seguen prevalecendo os grupos rockeiros nas súas distintas vertentes: heavy, death... Tamén destacar que se inicia unha nova etapa na que moitos músicos deixan de tocar nun só grupo para simultanear a súa participación en varios proxectos.

 

 

11 S

            2002-2005

 

 

314

 

Estilo: Rap / Hip Hop / Breakbeat

 

Continuación do proxecto Flow como Virus.

 

http://www.myspace.com/flowcomovirus

 

Agónica. Foto: myspace
Agónica. Foto: myspace

AGÓNICA

2004

Estilo: Death Metal.

Primeira Formación: Carlos (guitarra), Alvaro Santoro “Varo” (batería), Jonathan (guitarra), Ismael Couñago (baixo) e Sergio Lorenzo (voz).

Outros: David Veiga (guitarra), Carlos Herbello “Herbe” (guitarra)

Banda que conta co baixista redondelán Isma Couñago. Formada no 2004 en Arcade, cuando Carlos e Varo despois de estar tocando durante un tempo deciden formar un grupo con Jonathan (guitarra), Ismael (baixo) e Sergio (voz). Despois duns meses Jhonny deixa a banda. Logo de probar a varios guitarristas establécense como carteto. No 2006 é Carlos o que abandoa, entrando David. Despois da grabación dunha maqueta, incorpórase Herbe. No 2010 graban o EP “Portraits of suffering”.

As súas xiras os levan a percorrer toda a Península.

http://www.myspace.com/agonica

 

ANTISOCIAL GZ

 

Formado por por Xoel, Rober y Carli no 2003 para actuar no Lixo Rock. Despois dun concerto en Cuntis entran a formar parte do grupo Torio á percusión e Queima ao saxo. Despois de varias actuacións en Redondela, no 2004 únese Fabio á guitarra co que graban a súa primeira demo en CD con dúas cancións titulada "Perdido". Máis tarde entraría na formación Pasi. Grupo desaparecido no 2009.

 

Estilo: Heavy rock (Punk-Rock nos seus inicios)

 

Compoñentes: Carlos “Carli” Míguez (Guitarra e voces), Xoel López (Batería), Roberto Miguélez (Baixo e voces), Anxo Figueroa (Guitarra e voces) e David Beloso "Pasi" (Voz)

 

Outros: Torio (percusión), Queima (saxo) e Fabio (guitarra).

 

 

http://www.myspace.com/antisozialgz

 

ASPHYSXIA

 

2008-2009 Pre-Zábalus.

 

Estilo: Metal / Rock

 

Compoñentes: Eloy (guitarra, ex-Skoria), Vir (bajo, ex-Skoria), Xan (bateria, ex-Skoria), Anxo (guitarra, ex-Antisozial GZ) e Pasi (Voz, ex-Antisozial GZ).

 

Este grupo fixo a súa presentación no Arrastro Rock.

 

http://www.myspace.com/asphysxia

http://www.myspace.com/anxofigueroa

Bajoderos. Foto: myspace.com
Bajoderos. Foto: myspace.com

BAJODEROS

Grupo de Rap formado en Chapela.

http://www.myspace.com/bajoderos

Battery. Foto Páxina do grupo.
Battery. Foto Páxina do grupo.

BATTERY

Estilo: Metal/Trash

 

BEATUS ILLE

            Grupo convidado ao concurso de maquetas do Millo Verde, 2009.

 

Belop. Foto: Páxina do Grupo
Belop. Foto: Páxina do Grupo

BELÖP

Estilo: Electrónica/Indie/New wave en inglés

Formáronse en setembro del 2007. Nun principio contaba cunha vocalista feminina, establecéndose logo a formación: David González Couñago (baixo), Diego Ricón Herbella “Calía” (batería) e Fabio Cebral Otero (voz/guit/teclados). Grupo gañador do Maketón Estrella Galicia 2009, III Música Xove de Santiago de Compostela, Queixo Maquetón de Arzúa 2010 e Barakaldo Pop Rock 2010. No 2011, a súa canción “Catching Her Breath” protagonizou un anuncio da firma Mango. No 2012 vencen no Red Bull Indomesticables, o que lles permite a tocar no Festival Internacional de Benicassim (FIB), no Arenal Sound e no Día de las Alas de Red Bull en Ibiza. En setembro do 2013 lanzan o seu primeiro LP "2.5.12.15.16". Grabado entre o Red Bull Studio Madrid e Studios Reno, coa producción de Raúl Santos. No 2016 publican "Blondes".

http://profile.myspace.com/belop

 

BLUE MARKER

Estilo: Punk / Pop

 

Cadalso Foto páxina do grupo
Cadalso Foto páxina do grupo

CADALSO

Estilo: Death Metal e nos inicios Trash Metal

Primeira formación: Dani (batería), Pablo (guitarra), David (guitarra), Héctor (voz) e Luis (baixo)

Outros: Víctor (voz), Gabriel (guitarra), Jose M. (voz), Fabio (guitarra)

No 2006 grabaron a súa primeira demo, “Al garrote vil”. E no 2008 “Condenados a vivir.

http://www.myspace.com/cadals0

 

CÄLAMBUR

 

Estilo: Metal / Rock

 

Grabaron a súa primeira demo no 2008 ano no que tocaron no Arrastro Rock.

 

http://www.myspace.com/calambur

 

Caramuxo Vermello 2011 El Momento Foto Facebook
Caramuxo Vermello 2011 El Momento Foto Facebook

 

CARAMUXO VERMELLO

2005

Comezaron chamándose “Caramuxo Roxo”.

Estilo: Blues-rock

Primeira Formación: Fernando Muíños “Pina” (guit. e voz), David Figueiral (baixo) e Pepe (batería)

Outros compoñentes: Lui Pérez Souto "Lui" (Baixo), Nico Ricón (saxo), Alberto Lopez Figueroa (batería), Paulo Medal (piano) e Iván (violín).

No 2011 gravaron: “El momento”.

http://www.myspace.com/caramuxovermello

 

CENSURA

Estilo: Punk / Rock /Ska

http://www.myspace.com/censuraoficial

Circo de Pulgas Foto Blog do grupo
Circo de Pulgas Foto Blog do grupo

CIRCO DE PULGAS

Formación Actual: Alejandro Gesteira Ponce (guit), Ana Rodríguez Area (voz), Juan Soler Domenech (baixo), Pilar Álvarez García (voz), José Ángel Gesteira Pazos (guit.), Ana Gesteira Ponce (voz) e Santiago López Gesteira (bat. / ex-Nocheni e Valver)

http://circodepulgass.blogspot.com/

 

 

DANTHALION

Grupo cun compoñente de Redondela. Formado en Vigo no 2004 por Brais e Villa despois da desaparición o seu anterior grupo, Mydgard. A estes sumáronse logo Andrés (guitarra), David (baixo) e Diego (voces). Dantalion é o nome dun duque do inferno, capaz de ler e manipular a mente das persoas. Realizan xiras a nivel nacional. No 2016 presentan a Rober como novo baixista e atópanse preparando o seu sexto traballo.

Estilo: Black Metal / Doom

Primeira formación: Naemoth, Netzja, Zeukram e Maiestas

Formación actual: Zeukram (voces), Netzja (guitarra), Naemoth (batería) e Thorgrim (baixo).

Discografía:

When the Ravens Fly over Me (2006)

The Call of the Bronken Souls (2008)

All Roads Lead to Death (2010)

Return to Deep Lethargy (2012)

The Ravens Fly Again:10 Years of Desolation (2013)

Listening To the Suffering Od The Wind (2014)

DARKWITCH

Banda formada en Redondela no 2002 por Pablo Valverde (guit.), María Varela (guit. / voz), Santi Gesteira (bat./ex-Nocheni) e Daniel Lemos (baixo). No 2006 trala marcha de Dani a Nocheni pasan a chamarse Valver.

 

 

DE CUERPO ABIERTO

 

Estilo: Metal

 

Grupo de breve historia que chegou a tocar no Arrastro Rock no 2011.

 

 

 

 

DHARMA

 

Estilo: Rock / Alternativa / Metal

 

Formado por músicos de Vigo e Redondela.

 

Compoñentes: Eevah (Voz), Héktor Díaz-Valdés (Guitarra), Jordi Ribas (Baixo), Kike (Batería).

 

A finais do 2006 crean o grupo Evah, Ismael e Héctor Iván. No 2007 trala entrada de Héctor Díaz á guitarra graban “Eterno” (2 temas). Despois de varios trocos no 2009 publican “DiZiembre” (6 temas). No 2015 saiu á luz "La espiral del tiempo".

 

 

 

http://www.myspace.com/dharmametal

 

 

 

 

FLOW COMO VIRUS

Estilo: Rap / Hip Hop / Breakbeat

Participa no I Millo Verde no 2007. Tería continuación no grupo 314.

 

HAMMER

            2004-2005

 

 

HERMI

 

Hip Hop dende Chapela. No 2010 actuou na TVG.

 

 

 

 

KAMIUTA

 

Estilo: Hardcore

 

No 2009 tocaron no Arrastro Rock e na Fragua.

 

 

Ladrones de Cuerpos. Foto: Facebook
Ladrones de Cuerpos. Foto: Facebook

 

LADRONES DE CUERPOS

 

Estilo: Metal

 

Compoñentes: Manuel Fco. Pérez, Tato Souto, Xoel Schwarz, Carli Míguez e Santi López Gesteira.

 

Grupo de breve historia que chegou a tocar no Arrastro Rock no 2011.

 

http://www.myspace.com/570677610

 

 

LOS MECOS

 

Portada do CD "Marxe Eskerda", 2011
Portada do CD "Marxe Eskerda", 2011

 

MARXE ESKERDA

 

Estilo: Punk / Rock

 

Compoñentes: Gabo (voz), Orion (baixo e coros), Olih (batería), Salinas (guitarra e coros) e, dende o 2009, Rene (guitarra).

 

Despois de probar varios vocalistas e con apenas 17 anos debutan como cuarteto no Lixo Rock 2007. No 2008 o grupo graba a súa primeira maqueta, “Collendo forma” e no 2009 o seu primeiro single "Hitlipollas". Pouco despois entra Rene como segundo guitarra. No 2011 ve a luz o seu primeiro traballo con letras en español e en galego, o CD “Marxe Eskerda”.

 

 

 

http://www.myspace.com/marxeeskerda

 

The Mirage. Foto web do grupo
The Mirage. Foto web do grupo

THE MIRAGE

Estilo: Heavy Rock / Nun principio Rock Progresivo

Formación: Martín Búa (voz), Tito (baixo / ex-Nocheni), Suso Valcárcel (batería), David Estévez (guitarra) e Fran Almodóvar (guitarra).
Anteriores membros: Mandi García (voz / ex-Astarot, ex-Cosmic,…)

Grupo formado en Vigo no 2001 ao que pertencen o redondelàn Tito Pardo e Suso Valcárcel (redondelán de adopción). Trala entrada no 2003, de Mandi García actúan en: a Concentración de Motos “As Burgas”, La Fábrica de Chocolate, Mardi Grass, Sala A!, sala Breogain, Iguana Club, sala Anoeta, o festival “Xove Vigo”e o “Langueitor Metal Fest”. No 2006, deixan as cancións en inglés e comezan a escribir letras en castelán. Ese veràn telonean a Helloween no Auditorio de Castrelos ante máis de 16000 personas e acompañan a Centinela e Uzzhuaia nos seus concertos de Galicia. O seu primeiro disco sitúase entre os cincuenta primeiros postos da lista de ventas de El Corte Inglés. A partires deste momento aparecen nos principais medios: “This is Rock”, "Popular1", “Kerrang”, “Hush”, “Heavy Rock”, “Rockangels”, “Mariscalrock”, “Mondosonoro”, entre outros.

O segundo traballo sairía no 2009, sendo producido por Will Maya, reputado productor residente en Londres. A xira de presentación deste disco lévaos a dar máis de 30 concertos polas principais cidades de España. No 2011 sae o seu terceiro traballo co que repiten unha extensa xira por todo o territorio nacional. Na actualidade preparan o seguinte traballo.

Discografía:

Viviendo Rock&Roll (2006)

Revolución (2008)

A-52 (2011)

http://www.themirage.es/

 

PAUL ART

Compoñentes: Manoliño (voz) e Pedro (guitarra).

 

RANDE BOYS

            Grupo de músicos veteráns que fan versións de grupos dos anos 60-70’s: The Beatles...

 

Portada 1ª maketa
Portada 1ª maketa

 

RETROBLUES

 

Estilo: Blues / R&R

 

Primeira formación: Juan Alvarez (Guitarra e Voz), Jorge (Baixo), Lucho (Batería) e Nardo (Trompeta).

 

Novos compoñentes: Nacho (saxo) e Antía Migueles (voz).

 

2008. “Retroblues. CD con 5 cancións no que colaboraron as mozas do grupo, tamén redondelán, "Circo de Pulgas" e de Javi "Vespa".

 

2011. “En Vena”

 

http://www.myspace.com/retrobluesbanda


SIGHT MIND AND THE BLACK SIGH ARMY

Industrial / Metal / Electrónica

Vigo/Redondela

http://www.myspace.com/kamiuta

THE SILENCE

2005

Estilo: Rock & Roll / Hard Rock

Arcade – Redondela

Primeira formación: Nacho (guitarra), Tato (guitarra), Fran (baixo), Varo (batería) e Sheila (voz/teclados)

Outros: David Martínez (guitarra), Rubén Fernández (guitarra)

Formado no Nadal de 2005 participaron no Langueitor Metal Fest ou o Festival da Facultade de Turismo. Despois de dous años Tato é sustituido por David Martinez ¨Chimpy¨. Participan en festivais como: Laxal Rock, Arde Rande, Rock na Ria, Rock’n Teira, Rock in Rio de Cega (Valladolid)... No 2009 editan a súa primeira maqueta, “Hoy es el día”. En setembro do 2009 Nacho abandoa a banda e entra Rubén Fernández. No 2012 sae a luz o seu primeiro album, “Origen”.

 

http://www.myspace.com/thesilencemetal

 

SKORIA

 

2008

 

Estilo: Metal / Rock

 

Grupo de breve historia. Pasarían a formar Asphysxia. Actuaron no Arrastro Rock 2008.

 

Compoñentes: Eloy (guitarra), Vir (bajo), Xan (bateria)

 

 

 

 

 

SKY DANCER

 

Estilo: Death melódico

 

Compoñentes: Dani Soengas (guitarra e voz), Víctor Louzán (baixo), José Casal (guitarra), Dani Díaz (batería).

 

Grupo de Vigo formado no 2005 no que toca Dani Díaz, de Chapela, que compaxina este proxecto con Cadalso.

 

Discografía:

 

"Pozo de Lágrimas" (2008)

 

"Endorsed by Self-Destruction" (2009)

 

"Way of Departed" (2010) EP

 

"Underground Alive" (2011)

 

"Winterkiller" (2012)

 

"Land of the Grim" (2013)

 

 

Sleeping Luck. Foto: myspace
Sleeping Luck. Foto: myspace

 

SLEEPING LUCK

 

Estilo: Grunge

 

Primeira Formación: Zalo (Guitarras y voz), Torio (Baixo) e Salva (Batería)

 

Sleeping Luck nace no 2007 con Zalo e Salva á batería. Aos poucos meses incorpórase Torio. Comezan tocando temas propios e versións de grupos como Radiohead o Smashing Pumpkins. Presentáronse no Arrastro Rock do 2008. En 2009 Salva abandona o grupo sendo sustituido por Míchel. No 2010 Salva volta ao grupo.

 

http://www.myspace.com/slepingluck

 

THE SOUTOS

Estilo: Rock en inglés

Formación: Rodri (guit./voz), Lui (baixo), Moncho (guitarra) e Nacho (batería)

http://thesoutos.blogspot.com/

 

 

SUPA SCOOPA

 

Estilo: Hard Rock / Stoner en inglés.

 

Formación: Mano (guitarra), Quini (baixo e voz) e Jorge (batería).

 

Grupo formado no 2001 en Candeán (Vigo), que dende o 2004 conta co batería redondelán Jorge na súa formación. Teñen actuado por toda Galicia e norte de Portugal.

 

Discos autoeditados:

 

Sleepwalker (2006)

 

Storm (2008)

 

Slices of life

 

Gods of Heaven and Earth.

(http://www.stonerrock.com/features/top28master.asp)

http://www.myspace.com/supascoopastoner

 

Tok Foto Oscar Couñago
Tok Foto Oscar Couñago

TOK

2007

Estilo: Rock

Formación: Chiri (voz), Pedro (guitarra), Varo (batería) e Fran (baixo)

Outros: Miñán (baixo)

No verán de 2007 Fran, Varo, Pedro e Chiri únense para facer un tributo ao grupo redondelán Tres Bajo Cero no Lixo Rock. Coa entrada de Miñán ao baixo comezan a compor temas propios. En febreiro de 2008 dan o seu primeiro concerto no Instituto Pedro Floriani. Logo tocarían no II Arrastro Rock, no pub A Cantina (Arcade), no Vento Rock 09... No 2011 graban a súa primeira maqueta “Suerte”.

http://www.myspace.com/tokredondela

http://www.myspace.com/tokbajocero

Tridentés, 2012 Foto Facebook
Tridentés, 2012 Foto Facebook

 

TRIDENTÉS

 

Compoñentes: Viento...

 

OS VACALOURAS

Estilo: Punk-Rock

Formación: Gabi (voz), Víctor (guitarra), Adrián Navarro (batería) e Pepe (baixo).

Grupo con compoñentes de Vigo e Redondela. Gabi, Víctor e Adrián únense para dar os seus primeiros concertos na escola e no instituto. O grupo fúndase no 2007 coa entrada de Pepe. Neste ano participan en Operación Can e dan o seu primeiro concerto nunha sala, a de Anoeta. No 2011 autoedítanse o primeiro CD: “Os Vacalouras - Xa están aquí”. Despois presentarían no Festival de Cans o seu videoclip "Desbrozadora". No 2014 sacan o EP “Eres Punki I Non O Sabes”. Durante este tempo teñen actuado por toda Galicia, compartindo escenario con: Ultraqäns, Leo i Arremecághona, Heredeiros da Cruz, Cañita Brava…

 

LA VAGA BANDA

Grupo de Vigo con algún compoñente de Redondela.

Estilo: Ska / Punk / Reggae

Grupo formado no 2005 por Juan (Baixo e Voz), Víctor (Guitarra e Voz), Fran (Batería) e Nacho (Guitarra). Despois de grabar dúas maquetas no 2007 engadíronse ao grupo Miriam (Batería, flautas, gaitas, etc.), Vila (trompeta), Nico (Saxo), Peludo (Guitarra) e Miguel (Saxo tenor).

No 2008 proclamáronse vencedores do Concurso de Maquetas do Millo Verde e no 2012 do I Concurso de Bandas Locais Ventorock.

http://www.myspace.com/lavagabanda

 

VALVER

Estilo: Heavy Rock

Primeira Formación: Pablo Valverde (guit.), María Varela (guit. / voz), Santi Gesteira (bat./ex-Nocheni) e Juanchi Reyes (baixo).

Formación Actual: María Varela (Voz/guit), Juanchi Reyes (baixo), Carli Míguez (guit.), Juanjo Escudero (bat.)

Anteriormente “DARKWITCH”. Fórmase no 2006 coa entrada no grupo de Juanchi F. Reyes (Ex- Albion, Dubra). No 2008 Pablo Valverde é sustituido por Carli Míguez entra a formar parte de la banda como guitarrista (Ex- Antisozial Gz). Trala grabación da súa primeira maqueta “Carretera y manta” Santi Gesteira deixa o grupo.

 

VALMORT

            2002-2004

 

 

ZÁBALUS

 

Estilo: Heavy Metal

 

Grupo nacido a finais do 2009 trala disolución de Asphysxia. A súa primeira actuación foi o 26 de Agosto do 2011 na Discoteca Diva.

 

Formación: Sergio Soto "Pincho" (Vocalista), Anxo Figueroa (Guitarra e Coros), Virginia Rosales (Baixo e Coros), Eloy Vilaboa (Guitarra e Coros), Jonathan Amoedo "Nitri" (Batería)

http://www.myspace.com/573203144

http://www.youtube.com/watch?v=Wjcbf7uvWHQ

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 27-01-2017

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Faro de Vigo

 

Páxinas dos grupos

 

Lixo Rock http://www.blogoteca.com/lixorock/

 

myspace.com

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0