Jazz

           En Redondela o Jazz ten tres nomes propios: Antonio L. Castillo (contrabaixo), Alberto Vilas (piano) e Nando Lago (guitarrista). Os tres, aínda que de xeracións diferentes, teñen unha traxectoria similar. Comezaron na música en grupos locais de rock para despois formarse académicamente e decantarse polo jazz.

 

Alberto Vilas Foto Facebook
Alberto Vilas Foto Facebook

 

 

ALBERTO VILAS

 

        Alberto Vilas formouse como pianista no Conservatorio de Vigo. Comezou a súa andaina en grupos de rock de Redondela. É un dos membros máis antigos do cuarteto de tango Tangata co que leva grabado tres discos. Tamén publicaría “Escenas Latinas” (2001) co tubista Eduardo Nogueroles.

 

           Adentrouse no Jazz da man do pianista Manuel Gutiérrez para continuar logo formándose no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra con Paco Charlín e Abe Rábade. Logo sería becado para estudiar no Workshop “Tavira en Jazz“ no Algarve Portugués. Recibiu formación de músicos como: Perico Sambeat, Miguel Zenón, Jaleel Shaw, Marcus Strickland, Donald Edwards, Walter Smith III, Jonh O¨Gallagher, Alán Ferver, Russ Lossing, Aruán Ortiz,Jonathan Kreisberg, Ambrose Akinmushire, Jonathan Blake, Brannen Temple, Jesús Santandreu, Carlos Barreto, Filipe Melo, Joao Moreira, Mike Moreno, E.J.Strickland, Josh Ginsburg, Lage Lung, Demian Cabaud, Guim G. Balasch, Pablo Martín, Arturo Serra, Logan Richardson, Sam Harris, Tommy Crane, Greg Ruggiero,Taylor Eigsty e Joe Sanders entre outros. 

 

          Compartiu esceario con músicos da talla de Bobby Martínez, Marc Ayza, Nuno Ferreira, Ramón Cardo, Carlos Martín ou Chris Kase e participou no Canjazz 2010 xunto a Marc Ayza, Vicente Macián, Virxilio da Silva e Juyma Estevez.

 

            Na cuarta edición do Nigrán Jazz presentou os seus propios temas con Alberto Vilas Quinteto. Con esta formación percorreu prácticamente todolos grandes festivais de Jazz da Galiza.

 

Na actualidade é profesor de piano e pianista acompañante do departamento de Canto no Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga“ de Pontevedra logo de  ter exercido a súa laboura profesional como docente nos Conservatorios de Lugo e no Superior de Vigo.

 

 

http://albertovilasquintet.wix.com/albertovilas

 

ALBERTO VILAS QUINTET

Alberto Vilas Quintet fórmase no 2008.

Estilo: Jazz

Formación: Alberto Vilas (piano), Rosolino Marinello (saxo tenor), Felipe Villar (guitarra), Juansi Santomé (contrabaixo) e Javier Barral (batería).

Discografía: Experianza (2011), Crónica Cromática (2014)

         No 2016 publica Ubuntu coa formación reducida a Alberto VilasQuartet, pola saída de Felipe, pero acompañada pola voz de Diana Tarin,

 

 

Antonio L. Castillo Foto myspace
Antonio L. Castillo Foto myspace

 

ANTONIO L. CASTILLO (Antonio López “Castillo” Crespo) (Redondela, 1958)

 

Profesor de música en Santiago e anteriormente en Coruña. Entre a súa ampla preparación musical destacar que cursou estudos de violín, contrabaixo e armonía no Conservatorio de Música de Vigo, contrabaixo en Madrid con Jaime Robles, contrabaixo clásico no Conservatorio de A Coruña con Manuel Iglesias e participou en numerosos seminarios de Jazz.

 

Iniciouse na música aos 16 anos tocando rock progresivo co seu baixo (Ver anos 60-70). Co tempo trocaría este instrumento polo contrabaixo, o violoncelo e a tuba; e o rock pola música clásica e o Jazz. Ten formado parte de numerosos grupos, algúns deles serían: Orquestra de Cámara do Conservatorio de Vigo, Four in One, Taller de Músicos de Vigo (con J. Escaned e J. Acuña), ACMM (con J. Acuña, M. Quintela e M. Castro), Orquestra de Cámara da Sociedade Filarmónica de Vigo, S.A.C. (L. Cide, J. Escaned e J. Veiga), En Duo, Tangata Trio, Jazz Only Trio (con Tony D'Arco e Sally Albaugh), Jazz Four (Carlos Mendes, Jorge Barreiros e Brendan Hemsworth), Peter Delphinich Quartet, Grupo de Cámara "Colegium Musicum", Tony D'Arco Jazz Quartet, Orquestra de Cámara da Universidade de Vigo, JAZZers Trio (con Roberto Somoza e Noli Torres), Abe Rábade trío & Llibert Fortuny, Dixie-lendas Jazz Band, Uz Folk-Music, Antonio Agra Jazz Group, Miguel Sucasas Cuarteto, Tony D'Arco Duo e Trío, Jose Acuña Jazz Quartet, Quinteto Son Real...

 

Ten colaborado con: Chouteira, Orquestra Xoven de Galicia, Milladoiro, grupo de títeres Tanxarina, Na Lúa, Vi-Gop Jazz, Renato Spencer & Café Caxaça, Travesas Jazz Cuarteto, Orquestra Clásica Divertimento, Pablo Estellés...

 

http://www.myspace.com/antoniolcastillo

 

Antonio L. Castillo Jazz Cuarteto

Formada no 2007.

Formación orixinal: Antonio L. Castillo (contrabaixo), Xose Luis Miguelez (saxo tenor), Fernando Lago (guitarra), e Noli Torres (batería).

Formación actual: Antonio L. Castillo (contrabaixo), Fernando Sánchez (saxo tenor), Marcos Pin (guitarra), Noly Torres (batería).

NOTA:

Antonio Agra Jazz Group, compuesto por Antonio Agra (Vibráfono) y Antonio L. Castillo (contrabajo).

Pablo Estellés

Pablo Estellés (saxo alto). Jorge del Río (guitarra). Antonio Castillo (contrabajo). Anxo Morales (batería).

http://www.youtube.com/watch?v=YTEA1_QZ-PY

VI-GOP QUARTET

O segundo quinteto de Miles Davis (con Wayne Shorter) e o cuarteto clásico de John Coltrane son as principais referencias musicais deste cuarteto vigués, xurdido en 2005. O seu repertorio inclúe estándares e composicións orixinais que teñen gravado no auditorio “David Russell”. A súa premisa é a interacción dos músicos, o intercambio de ideas e a liberdade á hora de improvisar.

Formación:Juan Carlos Otero: saxo tenor, Antonio López: pinao e Hammond, Antonio “Castillo”: contrabaixo e Noli Torres: batería

 

MIGUEL SUCASAS CUARTETO

Formación: Miguel Sucasas (Saxos tenor e alto), Antonio L. "Castillo" (Contrabaixo),

Emilio Atanes (Batería) e Pedro Freijeiro (Guitarra).

 

Nando Lago. Foto: myspace
Nando Lago. Foto: myspace

 

NANDO LAGO

 

Guitarrista afincado en Madrid. Iniciouse en grupos rockeiros de Redondela alá polos anos 90. Formouse no “Laboratorio de creatividad musical“ (Vigo) e no “Ateneo Jazz” co mestre Felix Santos. Continuaría a súa formación no Royal Conservatory de A Haya, tocando en varios grupos holandeses nos cinco anos que residiu naquel país. Tamén asistiu a seminarios impartidos por Dave Liebman, Barry Harris, Chris Cheeck, Avishai Cohen, Michael Brecker, Rick Margitza, Willie Jones III e Kurt Rosenwinkel.
Entre os festivais nos que ten participado podemos citar: XI Festival Internacional de Jazz de Pontevedra, II Festival de Jazz de Cangas na banda del saxofonista Miguel Fernández, Festival “Jovenes con nocturnidad” en Logroño ou no North Sea Jazz Festival coa Royal Conservatory Big Band.
Actualmente imparte clases en varias escolas de Madrid. Ademáis formou parte de grupos como: Miguel Fernández  Quintet, Nando Lago Trío, Remedios, Lucía Martínez & Nando Lago... Colaboracións con músicos como Jorge Pardo, Eric Vloimans, Román Filiu o John Ruocco. Tamén se internou no mundo do teatro poñendo música a varias obras da compañía Teatro El Zurdo.

 

 

 

http://www.myspace.com/nandolago

Vídeo Lucía Martínez & Nando Lago

http://video.google.com/videoplay?docid=4409530406443460970

 

NANDO LAGO TRÍO

Estilo: Jazz / Experimental / Otros

Compoñentes: Nando (guitarra), Antonio López “Castillo” (contrabaixo) e ¿?

Outra Formación: Nando Lago, Gustavo Hernán (Arxentina-contrabaixo) e Luis Castellanos (Ceuta-percusión).

 

NANDO LAGO JAZZ QUARTET

 

ÓLEO JAZZ TRÍO

Nado como cuarteto en 1987 con: J. Tubío, saxo; Luis Vaquero, piano; Antonio L. Castillo, contrabaixo; e Ramón Ángel Rey, batería. Renaceu anos despois como trío con Luis Vaquero e Antonio L. Castillo, xunto ao fillo deste último á batería, Xoel Schwartz.


REMEDIOS

            Grupo creado a partires dun encontro casual nunhas Jam Sessions celebradas en Madrid no 2007. 

Formación: Nando Lago (Redondela, guitarra), Carlos Mejías (Cuba, saxofón) e Jorge Garrido (Logroño, batería).

Estilo: reggae, hip hop, rock, jazz, pop, música electrónica...

http://www.myspace.com/remediosmusik

 

Tangata Foto www.todogrove.com
Tangata Foto www.todogrove.com

 

TANGATA

 

Formado en 1988. Grupo no que participa Alberto Vilas con músicos de Montevideo e Vigo.

 

Estilo: Tango e outros.

 

Compoñentes: Artigas Anelo (Montevideo), bandoneón; Alberto Vilas (Redondela), piano; Laura Quintillán (Montevideo), violín; e Gustavo Barcia (Vigo), contrabaixo.

 

Discos:

 

1998 Como en octubre

 

2001 Trece

 

2007 Calambre

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 22-01-2017

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Aportacións Antonio L. Castillo e Alberto Vilas.

 

Faro de Vigo

 

Webs dos grupos

 

Lixo Rock http://www.blogoteca.com/lixorock/

 

myspace.com

 

 

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0