Música Clásica.

 

Ademáis da referencia fundamental que foi en Redondela Reveriano Soutullo outros músicos destacados serían:

 

 

 

Marcos Sotomayor

 

Pianista, foi un gran promotor da música na nosa vila. Unha mostra disto e que dirixiu a Rondalla Armonía e animaba co seu piano os bailes e os entreactos das funcións teatrais na nosa vila a principios do s. XX.

 

 

 

Jesús Padín Lorenzo

 

Aparece nun censo de actividades de 1910 como mestre de música.

 

 

 

Manuel Soto

 

A única noticia que atopo é cando en xuño de 1925 na Sociedade Agraria do Viso ofrece un festival o seu grupo de teatro, actuando o seu paisano, Manuel Soto, violinista procedente do conservatorio D'andrea, de Buenos Aires, que foi acompañado ao piano polo profesor de música do Colegio de P. P. Jesuítas, de Vigo, José Iglesias.

 

 

 

Virgilio González

En 1948 participa como acordeonista nun concurso organizado pola Radio Pontevedra, interpretando o pasodobre “Puenteareas” e o intermedio “La leyenda del beso”. Noutra noticia de 1962, aparece como pianista acompañando na igrexa de Vilavella a un afinado coro nos exercicios relixiosos do “Mes de María”.

 

 

Alejo Amoedo Foto: www.vigomusica.com
Alejo Amoedo Foto: www.vigomusica.com

Alejo Amoedo (piano) (Redondela, 1966)

Estudou nos conservatorios de Pontevedra, Santiago y Vigo, acadando altas calificacións nas carreiras de piano, solfeo, repentización, acompañamento e música de cámara. Baixo a dirección de Miguel Zanetti (catedrático da escola superior de canto de Madrid) especializause no acompañamento vocal.

Foi profesor titular no conservatorio de Porriño, impartiu clases no colexio H. Quiroga da mesma localidade e exerceu de pianista acompañante nos conservatorios estatales profesionais de Pontevedra e Vigo, onde desempeñou respectivamente os cargos de secretario académico e vicedirector.

  Foi becado pola Xunta de Galicia como pianista no “1º programa de práctica orquestal”, convocada polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Foi galardonado co “Premio Círculo 2004” na modalidade de música concedido polo Circulo Recreativo y Cultural de Porriño.

Como dúo de pianos xunto a Carlos Pérez acadou: primeira medalla “finalistas” no Concours Musical de France na disciplina de piano a catro mans celebrada en Girona e posteriormente o segundo premio na final celebrada en París; Diploma de honra no Torneo Internacionale di Musica en Zaragoza.

Actualmente exerce como pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo, sendo xefe de departamento de piano acompañante, e na Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo de Porto (Portugal) na aula do tubista Eduardo Nogueroles.

Entre os seus traballos discográficos máis recentes destacan o triplo C.D. Antoloxía de Compositores Galegos gravado co clarinetista Asterio Leiva; os realizados xunto ao trompetista Rubén Simeó titulados Virtuosismo Barroco e Fantasy Trumpet e o máis recente acompañando á mezzosoprano Iria Cuevas, titulado Mélodies.

A todo isto habería que engadir a súa faceta de estudoso e coleccionista de partituras, libros e fotos de músicos galegos.

 

            http://www.alejopianista.info/   

 

Conservatorio Victor Ureña / Escola de Música de Redondela

 

            A inauguración do Conservatorio Municipal de Redondela nos anos 90 permitiu os estudos musicais (principiante e medio) na nosa vila. No 2004 trasladouse á Avenida de Santa Mariña. Recibe o nome de Víctor Ureña na honra de quen fora director da Banda de Música de Redondela na década dos 50 e que, xa nos 90, colaborou con esta institución. Recentemente creouse como alternativa aos estudos do conservatorio a Escola de Música de Redondela.

 

 

 

Orquesta de Saxos de Redondela Foto www.vigoalminuto.com
Orquesta de Saxos de Redondela Foto www.vigoalminuto.com

 

Orquestra de Saxos de Redondela

 

Nace en 1996 da man de Elisa Arias Trigo. Agrupa a mozos e mozas entre os 8 e 27 anos. Grabaron dous discos: Sempre Crescendo (1996) e Re-swing-dondela (2001).

 

http://www.orquestadesaxos.com/

 

 

 

Escola de Música de Chapela

 

Fundada o 7 de setembro de 1991 por Alejandro Bastos Fernández, dentro da Asociación Cultural e Social de Chapela. Da súa actividade xurdiron a Banda de Música de Chapela e varios grupos de música e baile tradicional.

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado:27-01-2017

 

BIBLIOGRAFÍA

Aportacións Fernando Casas, Alejo Amoedo

Galiciana > Ciudad, El Pueblo Gallego

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0