Música e baile tradicional-Folk (Actualidade 2000-¿?)

 

Airiños da Peneda (O Viso)

 

Grupo creado en 1998, como coro de ranchos de reis con dez compoñentes, chegando poucos anos despois aos 50. Está vinculado á comunidade de veciños de Saramagoso. No 2015 presentaron o seu primeiro CD, "Cantigas da Peneda".

 

 

Airiños de San Simón (Cesantes)

            Grupo baile e de gaitas.

 

 

Aluarado (Vilar)

 

Grupo de gaitas.

 

Anaquiños. Foto: anaquinos.iespana.es
Anaquiños. Foto: anaquinos.iespana.es

Anaquiños (Chapela)

            Grupo de pandereteiras e grupo de baile fundado en 1976 por un grupo de pais de alumnos do C. P. Igrexa en Chapela.

 

Asubíos de Portocedeira (Cedeira)

            Grupo de gaitas.

 

Beretes, os (Chapela)

            Grupo de gaitas e percusión.

 

Cacharelas (Chapela)

            Grupo de Pandereteiras formada en 1992 como acompañamento da “Agrupación Froles Mareliñas”.

http://www.chapela.org/?idpage=pandereteiras

 

O Carballo das Cen Polas (Reboreda)

 

Agrupación Folklórica formada no ano 1978 na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda. O grupo de baile actuaría por primeira vez nas festas de Santo Paíño de 1981.

 

Chan das Pipas

Grupo de baile.


Chavellos, os

            Grupo con integrantes de Reboreda, Chapela e Vigo. Destacar a presenza de tres zanfonas.

 

Choqueiras, as

            Grupo de pandereteiras de Redondela.

Coro de Danzas y Bailes de San Román (Saxamonde)

 

Fonte Do Ouro (Chapela)

            Grupo de baile galego da Asociación Cultural e Social de Chapela.

 

Froles Mareliñas (Chapela)

            (Ver Música e Baile Tradicional-Folk (Historia))

Grupo Folklórico Centro Cultural de Cedeira (Cedeira)

Grupo de Música e Baile Tradicional de Saxamonde 2011 Foto: Facebook Chan das Pipas
Grupo de Música e Baile Tradicional de Saxamonde 2011 Foto: Facebook Chan das Pipas

Grupo de Música e Baile Tradicional de Saxamonde (Saxamonde)

As Lagharteiras

            Grupo de pandereteiras con algunas integrantes de Redondela.

 

Ledicia (Trasmañó)

            Pandereteiras.

Pandereteiras de Cidadelle (Chapela)

Os Rabaquetas (Saxamonde)

Formación: Aleixo Jablonski (acordeón), Bea López (pandereta), Nacho Pérez (saxo), Daniel (tamboril), Miguel (bombo e pratos) e Pablo Jablonski (gaita)

 

 

 

Pandereteiras de Cidadelle (Chapela)

 

Semente Nova (Chapela)

Grupo de panderetas da Asociación Cultural e Social de Chapela nada o 6 de agosto de 1994. Dirixido nos inicios por Emilio Sotelino, sería sustituido en 1997 por Francisco X. Vicente e, dende o 2000, por Beatriz Cela Rojo. No 2013 esta agrupación está composta por 25 persoas de diferentes idades, tendo actuado en numerosas vilas galegas, portuguesas e asturianas.

 

Terra Meiga (O Viso)

Asociación que conta con grupos de baile, gaita e pandeiretas, organizando cursos deste tipo durante todo o ano, ademais de percusión tradicional.

http://www.terrameiga.net/

 

Tirapuxa (Trasmañó)

            Grupo de gaitas.

Os Topecañeiros (Chapela)

            Grupo de gaitas. Naceron como grupo de acompañamento da “Agrupación Froles Mareliñas”.

http://www.chapela.org/?idpage=ggaitas

 

Treixadura Foto www.treixadura.com
Treixadura Foto www.treixadura.com

 

 

Treixadura

 

Grupo de gaitas e voces (Orfeón Treixadura) formada en Redondela en 1990. Primeira formación: Toniño e Xoán López, Xaquín Xesteira, Paulo Nogueira (1995) e César Longa (1998).

 

Discografía:

 

Obrigado (1996)

 

Unha noite no muíño (1999)

 

Unha noite non é nada (2003)

 

Unha semaniña enteira (2006)

 

Vendima tarda. 25 anos (2014)

 

 

Tres Estralos

            Romances e cantos.

Vídeo de Tres Estralos en:

http://tv.uvigo.es/gl/serial/588.html

 

Xente Nova (Chapela)

Grupo de baile galego infantil da Asociación Cultural e Social de Chapela.

 

Xuveniles, Os (Chapela)

            Grupo de gaitas da Asociación Cultural e Social de Chapela. Actuaron por primeira vez o 13 de maio de 1992, dirixidos por Manolo González Cruces e composto por dúas gaitas altas, dúas baixas, tambor e bombo. Na dirección sucedéronse Manuel Oliveira Rodríguez, Telmo Costas Comesaña, Alberto Miranda Sanromán, Diego González Mariño e Abraham Fernández López. Teñen actuado en numerosas vilas galegas e varias veces en Lisboa, Coimbra e Guimaraes. Ademáis acompañan aos grupos Semente Nova, Xente Nova e Fonte do Ouro.

 

Artesáns

 

Oli Giráldez

 

Artesán de gaitas e requintas dende 1993. Ademáis posee unha longa traxectoria musical como puidemos ver no apartado anterior. Engadir que nos seus inicios musicais acompañou coa súa gaita á danza das espadas.

 

http://www.olixiraldez.com/

Vídeos de Oli traballando (Torneiro) e tocando (Xuntanza de músicos) en:

http://tv.uvigo.es/gl/serial/588.html

 

 

Benito Queimaliños

 

Creador de instrumentos de vento e percusión. Como moitos artesáns comezou tocando, cursando  "CAIM Gaita" na Universidade Popular de Vigo baixo as ensinanzas do mestre Carlos Corral.

 

http://instrumentostradicionais-queima.blogspot.com.es/

 

 

 

Carlos do Viso (O Viso)

 

Mestre luthier de zanfona, vihuelas e percusión tradicional. O seu obradoiro surte de zanfonas e instrumentos de percusión tradicionais galegos aos grandes grupos do folk galego.

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 20-01-2017

Escribir comentario

Comentarios: 0